Boletín informativo 05 de Setembro de 2017 Nº: 369
Programa Dinamizando o Medio Ambiente nos parques naturais de Monte Aloia, Complexo Dunar de Corrubedo e Serra do Xurés
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social) e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) convocan 150 prazas no marco do programa Dinamizando o medio ambiente para tres xornadas que descorrerán ao longo do mes de setembro do 2017.

Dentro destas actividades, os próximos días 9, 16 e 30 de setembro desenvolveranse unhas xornadas de lecer educativo nos parques naturais do Monte Aloia, Complexo Dunar de Corrubedo e Serra do Xurés.
Obxectivo.- Achegar a riqueza natural e paisaxística dos parques naturais de Galicia aos mozos e mozas da nosa Comunidade Autónoma.

Destinatarios/as.- Mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.

Inscrición.- A través de formulario de inscrición dentro do prazo establecido.

Admisión.- será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para cada xornada. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación, entenderase que non obtivo praza para as xornadas.
Máis información e formulario de inscrición.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.