Boletín informativo 18 de Agosto de 2017 Nº: 366
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2017: ILLA DE ONS
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, xunto coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, poñen en marcha o derradeiro programa para este ano de voluntariado no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Neste caso desenvolverase na Illa de Ons.
Poderán anotarse un máximo de 10 voluntarios en cada unha das dúas quendas que se levarán a cabo nas seguintes datas:

Primeira quenda: Do 18 ao 22 de setembro.
Segunda Quenda: Do 25 ao 29 de setembro
Para máis información e inscrición preme a seguinte ligazón.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.