Boletín informativo 04 de Xullo de 2017 Nº: 363
Programa Dinamizando o Medio Ambiente: Parque Natural de O Invernadeiro
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a través do programa Dinamizando o Medio Ambiente busca achegar a riqueza natural e paisaxística dos parques naturais de Galicia aos mozos e mozas da nosa Comunidade Autónoma.

Dentro destas actividades, os próximos días 14, 15 e 16 de xullo de 2017 desenvolveranse unhas xornadas de lecer educativo no Parque Natural de O Invernadeiro (Ourense).
Destinatarios/as.- Mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.

Prazo de solicitudes.- ata o 12 de xullo de 2017.

Número de prazas.- 50

Inscrición.- A través do formulario de inscrición dentro do prazo establecido.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación, entenderase que non obtivo praza para as xornadas.

Cobertura.-
•Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto múltiple.
•Transporte de ida e volta dende Santiago (en función da procedencia dos/as participantes o servizo de autobús poderá realizar parada nalgún/s municipio/s coincidentes na ruta Santiago- Parque Natural do Invernadoiro).
•As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.

Equipamento necesario
•Saco de durmir
•Calzado cómodo, chanclas para as actividades acuáticas e traxe de baño.
•Útiles de aseo
•Toallas

Non esquezades a tarxeta sanitaria.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.