Boletín informativo 04 de Xullo de 2017 Nº: 362
Abre a inscrición para o Curso presencial: Voluntariado en proxectos de dinamización de envellecemento activo e saudable 2017
O prazo de inscrición estará aberto do 3 ao 13 de xullo ás 14:30h.

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de prazas: 25
Módulo 1: CONCEPTOS CLAVE NO ÁMBITO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO
 O ABC do envellecemento activo: definición, determinantes, áreas e evolución.
 Radiografía do perfil das persoas de 55 e máis anos en Galicia: estereotipos, novos perfís, novas necesidades.
 Estado da arte na nosa comunidade: a ESGAEN (Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 da Xunta de Galicia): liñas estratéxicas, mapa de valor (entidades, recursos e programas), etc.
 O papel do voluntariado no Envellecemento Activo.
 Boas prácticas e experiencias innovadoras no ámbito do voluntariado.
Módulo 2: METODOLOXÍAS E ÁREAS DE INTERVENCIÓN
 O modelo de atención centrado na persoa e o paradigma de curso vital en envellecemento activo. As actividades significativas.
 O concepto de aprendizaxe permanente ou “longlife learning”.
 Tipoloxía de actividades con persoas de 55 e máis anos: estimulación cognitiva, actividade física, intelixencia emocional, uso das TIC como “medio” non como “fin”, terapias integrais (musicoterapia, terapia con animais, arteterapia, mindfulness, etc…)
 Novas tendencias: os “serious games” como ferramenta de detección precoz de Envellecemento Activo.
Módulo 3: TIPOS DE INTERVENCIÓNS E ROL DO VOLUNTARIO.
 O voluntariado sénior: definindo un novo rol mais alá do acompañamento.
 Desenvolvemento de competencias clave: comunicación interpersoal e intrapersoal, escoita activa, dinámicas de comunicación asertiva, dinámicas de traballo en equipo, ferramentas para o traballo en rede (sinerxias)
 Fases no proceso de intervención: intervencións grupais e individuais.
 Dinámicas de interese e recursos prácticos.
Módulo 4: DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS INTEGRAIS DE Envellecemento activo e saudable
 Intervención comunitaria e proxectos interxeracionais
 Construíndo o noso propio proxecto de envellecemento activo :
o Elaboración de itinerarios e programas
o Descrición do perfil de participante
o Definición de obxectivos
o Búsqueda de recursos
o Indicadores e medición do impacto.

Modalidade: Presencial

Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (R/ Ramón Piñeiro 17-19 - Santiago de Compostela)

Data de realización: Do 17 ao 21 de xullo.

Horario: de 16:00 a 20:00 horas
Se estás interesada/o en inscribirte preme na seguinte ligazón.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.