Boletín informativo 03 de Xullo de 2017 Nº: 361
PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2017
PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2017
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral do Patrimonio Natural poñen en marcha un ano máis diversos programas de voluntariado no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Nos meses de xullo e agosto levaránse a cabo as seguintes actividades:

**Voluntariado para apoio e acompañamento a persoas con diversidade funcional no entorno das Illas Cíes. (Para poder participar é obrigatoria a realización dun curso de formación previo). Para máis información preme na seguinte ligazón.

**Voluntariado ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas Sálvora e Cortegada.. Para máis información preme na seguinte ligazón.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.