Boletín informativo 15 de Xuño de 2017 Nº: 358
VAGA DE CALOR
A partir do venres entra o aire cálido en Galicia. A madrugada do xoves para o venres aínda non se agardan temperaturas mínimas moi elevadas, será a partir do mediodía do venres cando as temperaturas comecen a acadar valores extremos.
Dada a previsión de anticiclón e práctica ausencia de vento, a persistencia deste aire cálido sobre Galicia pode dar lugar a unha situación de vaga de calor, que comezaría o sábado, xa que na noite do venres ao sábado xa se agardan temperaturas mínimas superiores aos 20ºC en puntos do sur da Comunidade. Durante sábado, domingo e luns a previsión pasa por temperaturas máximas en valores extremos e temperaturas mínimas por riba dos 20ºC, co que a día de hoxe consideramos que a probabilidade de situación de vaga de calor é moi elevada para os vindeiros días.
Os concellos máis afectados poderían ser os correspondentes ao Miño de Ourense, Valdeorras, Miño de Pontevedra, interior de Pontevedra e suroeste da Coruña."

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.