Boletín informativo 01 de Xuño de 2017 Nº: 357
ORDE do 18 de maio de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado
Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2017.

Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017. Os programas e actividades de acción voluntaria presentados polas entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro, deberán desenvolverse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 18 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Contía
A contía global da convocatoria é de centro trinta e sete mil oitenta con trinta e dous céntimos (137.080,32 €) para entidades de acción voluntaria. Finánciase o 75 % do proxecto cuxo orzamento non poderá ser superior a 4.000 euros.
Solicitudes, prazo de presentación e documentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal..
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de
identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).


Onde solicitar Chave365
Outros datos
Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de beneficiarios. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias coas que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada un dos/das voluntarios/as e do número de días que participará cada un, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso doutra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26484

Acceso ao espazo de procedementos e solicitudes


Descarga pdf

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.