Boletín informativo 17 de Marzo de 2017 Nº: 354
Programa de Intercambio Xuvenil Internacional REAJ- 2017
A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) desenvolve por cuarto ano consecutivo o Programa de Intercambios Xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, un programa para mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas que permitirá vivir unha experiencia única nun marco internacional.

Mediante o desenvolvemento deste programa, queremos dar aos mozos/as socio/as da Rede Española de Albergues Xuvenís unha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar nos albergues xuvenís doutros países co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.
Obxectivo principal do programa

Potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues xuvenís.

Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

1. A quen vai dirixido?

A mozos e mozas de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma, que reúnan as seguintes características:

• Ter ganas de vivir unha experiencia internacional que mellorará o seu Cv.
• Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
• Ter un coñecemento fluído do idioma principal do país de destino (ou na súa falta INGLÉS, nivel mínimo esixido B1).

2. Como inscribirse?

Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición que atoparás un pouco máis abaixo.
Despois de completar o formulario tes que enviar por email a voluntariado@xunta.gal a seguinte documentación (aínda que sexa unha dirección mail da Xunta, poden participar mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas):

• Fotocopia escaneadada do carné de alberguista en vigor.

• Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés ou certificado de Selectividade.

• Carta de motivación sobre a inscrición neste programa de intercambio en albergue (Opcional).
Máis información
Formulario de inscrición



AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.