Boletín informativo 08 de Febreiro de 2017 Nº: 353
Segunda edición de Líderes de futuro, programa de liderado e innovación social
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a segunda edición de Líderes de futuro, un programa de liderado e innovación social que ten como obxectivo desenvolver as competencias clave dos mozos e mozas participantes, así como facilitarlles as ferramentas conceptuais e prácticas necesarias, que lles permitan enfrontarse con éxito a proxectos de innovación social na súa contorna.

Esta actividade formativa pretende facilitar o contacto entre mozos e mozas líderes na nosa comunidade autónoma, construíndo unha rede que favoreza a colaboración en proxectos de impactos social positivo entre entidades xuvenís e de acción voluntaria e mozos e mozas a título individual.

Prazas:20 prazas

Prazo de inscripción
:Do 1 ó 15 de febreiro.

Destinatarios/as

Persoas que formen parte das entidades inscritas non censo de Entidades Xuvenís ou no Rexistro de Acción Voluntaria dá Dirección, Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos que a título individual participasen nalgún dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e demostren calidades para liderar na súa contorna proxectos innovadores cun impacto social positivo.

Metodoloxía e contidos
Tendo en conta as dificultades que habitualmente supón a participación en actividades de formación extracurricular para os mozos e mozas, ao esixirlles afastarse das súas rutinas académicas, laborais ou de lecer, óptase por un formato áxil que comprende catro sesións intensivas de tres días de duración cada unha.

1. Participación e empoderamento xuvenil. (3-4-5 de marzo)

2. Innovación e emprendemento no ámbito da sociedade civil. (31 de marzo, 1-2 de abril)

3. Emprendemento e modelos de negocio disruptivos. (5-6-7 de maio)

4. Liderado social: características e competencias. (8-9-10 de septembro)

Lugar de celebración:

Albergue xuvenil de Gandarío

Cornida, 20

15.167 Bergondo (A Coruña)



Consulta aquí toda a información


Formulario de inscrición

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.