Boletín informativo 29 de Abril de 2015 Nº: 308
VOLUNTARIOS PARA A 'OPERACIÓN KILO'
Outro ano máis as cadeas de supermercados Carrefour Market e Supercor realizaran nos seus establecementos una Operación Kilo a favor dos Bancos de Alimentos durante os días 8 e 9 de maio. O venres e o sábado estarán voluntarios que atenderán as mesas de recollidas que estarán en cada un dos establecementos.
Como sempre, calquera alimento é benvido pero para os que moitas veces nos preguntan que doar, podemos dicirvos que sempre fan moita falta leite, aceite, conservas, sal, fariña, azucre, café, cacao e nos últimos meses pídennos cada vez máis merendas para os nenos.

Tipo de actividade: Operación Kilo de recollida de alimentos

Datas: O venres 8 e sábado 9 de maio

Hora: De 9:00 ata as 22:00 horas

Lugar: Supermercados Carrefour Market e Supercor da comarca de Santiago de Compostela

Teléfono de contacto: 620309513

O prazo límite para anotarse será o martes 5 de maio ás 13:00 horas por cuestións organizativas.
Formulario de inscrición

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.