Boletín informativo 21 de Abril de 2015 Nº: 306
Programa de Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas - Ons 2015
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha por terceiro ano consecutivo o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.

O programa de voluntariado ten como obxectivo principal sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional (Illa de Ons).
As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade das illas do Parque.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días, de luns a venres, e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 6 persoas voluntarias realizarán as seguintes actividades:
• Campaña de eliminación de alóctonas (Acacia melanoxilum, Rubina pseudoacia e Eucaliptus globulos e Arctotheca calendula).
• Apoio as tarefas de guías e información.
• Avistamentos de costeiros de aves e mamíferos mariños.
• Seguimento plan de anfibios.
• Apoio as tarefas de mantemento.
• Adecuación de camiños, construción de sinais indicativos.
• Reforestación con especies autóctonas.
• Limpeza de praias e sistemas dunares.

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento e pensión completa na illa de Ons.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
4. Desprazamento dende o porto de Bueu ata a illa de Ons.

Os voluntarios/as deberán desprazarse por conta propia ata o punto convenido desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado á Illa.

QUENDAS:
- Do 4 ao 8 de maio
- Do 11 ao 15 de maio
- Do 18 ao 22 de maio
- Do 25 ao 29 de maio
Se estás interesado neste programa preme a seguinte ligazón para obter máis información e para cubrir o formulario de inscrición.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.