Boletín informativo 21 de Xaneiro de 2015 Nº: 295
Aberto o prazo de inscrición dun novo curso en liña: Aprendizaxe-servizo:Unha metodoloxía para a formación e a acción voluntaria 2015

O prazo de inscrición estará aberto do 20 de xaneiro ao 19 de febreiro ás 14.30 horas
Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia
Nº. de horas: 20
Nº. de edicións: 1
Nº. de prazas: sen límite
Contidos:

Módulo I: Aprendizaxe-servizo: Un marco de educación e compromiso da cidadanía
- Aprendizaxe-servizo: definición
- Características esenciais dun proxecto de aprendizaxe-servizo
- Tipoloxía de experiencias de APS
- Escola e APS
- Entidades de voluntariado e APS

Módulo II: As claves dun proxecto de aprendizaxe-servizo
- O carácter integrador da APS: O proceso de aprendizaxe e o servizo á comunidade
- O traballo en rede na comunidade. De onde parte a APS?. Posibilidades para a acción
- APS Versus Voluntariado: sinerxias para a mellora dende unha perspectiva comunitaria

Módulo III: O deseño dun proxecto de aprendizaxe-servizo
- A aplicación dun proxecto de aprendizaxe-servizo na miña realidade (escola, entidades sociais, concellos...)
- As fases nun proxecto de APS
- Traballo práctico: Deseño do noso proxecto de APS - Bosquexo dunha proposta adaptada a nosa realidade.
Modalidade: en liña
Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org
Data de inscrición: do 20 de xaneiro ao 19 de febrerio
Data de realización: do 20 febreiro ao 23 de marzo

Formulario de incrición:
Recorda que si xa eres alumno da plataforma de teleformación de voluntariado debes darte de alta a través do panel de alumno

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.