Boletín informativo 10 de Novembro de 2014 Nº: 291
Xornada "A educación non formal en programas de mobilidade e voluntariado: asimilando valores, aptitudes e competencias"
Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convídavos a participar na xornada “A educación non formal en programas de mobilidade e voluntariado: asimilando valores, aptitudes e competencias”, que terá lugar o venres 14 de Novembro de 2014 en Santiago de Compostela (Hotel Congreso, Montouto).
Un encontro destinado aos participantes en campos de traballo, que estará aberta a participación en xeral a todas as persoas interesadas e involucradas na educación non formal (técnicos de xuventude, persoal de OMIX, concelleiros de xuventude, membros de entidades ou asociación xuvenís,entidades de voluntariado, e mozos/as en xeral).

Consulta aquí o programa.

INSCRICIÓN: en liña, cubrindo este formulario ata o día 12 de novembro.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.