Boletín informativo 29 de Outubro de 2014 Nº: 288
XUNTOS, E VOLUNTARIOS, NO NADAL 2014
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora, por terceiro ano consecutivo, coa Secretaría Xeral de Política Social no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.

O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. Con esta finalidade ofertanse 120 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 120 na de Panxón en Nigrán (Pontevedra).
Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015.

Se queres saber máis e anotarte ao programa como voluntario para acompañar nestas datas tan sinaladas ás 240 persoas maiores que se anoten como usuarias do mesmo, preme na seguinte ligazón

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.