Boletín informativo 28 de Xullo de 2014 Nº: 281
Programa de intercambio xuvenil internacional (REAJ- Asociación de Inglaterra e Gales de Albergues Xuvenís)
A Dirección Xeral de Voluntariado inicia un programa de intercambios xuvenís en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís e a Asociación de Inglaterra e Gales de albergues xuvenís.
Mediante o desenvolvemento deste programa, queremos dar aos mozo/as socio/as da Rede Española de Albergues Xuvenís unha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.

O obxectivo principal do programa é potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues.
Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

Para máis información preme aquí.

Formulario de inscrición

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.