Boletín informativo 03 de Xuño de 2014 Nº: 275
XXVI Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía.
Se algunha entidade se anotou o 03/06/2014 ao congreso, pregamos que cubra de novo os datos xa que tivemos problemas informáticos.
Moitas grazas e perdoen as molestias

O próximo 20 e 21 de xuño de 2014 organízase en Pontevedra o XXVI Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía.
Con este congreso preténdese que tanto os membros da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, como os profesionais e empresas do sector, estudantes, voluntarios, asociacións do ámbito dos maiores e todos aqueles outros colectivos interesados no envellecemento, encontren un marco de formación e discusión que contribúa a incrementar o nivel desta disciplina, onde Galicia xa se empolicou aos primeiros postos, tanto polo envellecemento poboacional en que se acha inmersa, como pola especialización dos seus profesionais e a calidade dos recursos dispoñibles.
A Subdirección Xeral de Voluntariado e Participación dispoñerá no congreso de dúas mesas para todas aquelas entidades que estean interesadas en participar.
Se estás interesad@ preme aquí

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.