Boletín informativo 02 de Maio de 2014 Nº: 270
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA O ACOMPAÑAMENTO HOSPITALARIO A MENORES
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Dirección Xeral de Familia e Inclusión, poñen en marcha un novo programa de acompañamento hospitalario a menores baixo a garda ou tutela da Xunta de Galicia.

Obxecto: acompañamento hospitalario a menores que estean baixo a garda ou tutela da Xunta de Galicia. Esta función non implica a asunción da responsabilidade da garda dos menores, que seguirá correspondendo á familia ou centro que a teña outorgada.

Duración: dependendo das características do ingreso e as ecesidades dos menores, pode precisarse o acompañamento durante todo ou parte do día, se ben se estima que será máis necesario durante os horarios de comida e as tardes.

Zona xeográfica: en toda Galicia, nas localidades onde existan centros hospitalarios, con maior incidencia nas grandes cidades.

Requisitos das persoas voluntarias: persoas maiores de 18 anos, de ambos sexos. Non se require ningunha característica específica con carácter xeral, sen prexuízo de que poida seleccionarse o perfil mais adecuado para cada menor en concreto que o necesite.
Formulario de inscrición
Máis información na páxina www.voluntariadogalego.org e no facebook de Voluntariado Galego

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.