Boletín informativo 21 de Febreiro de 2014 Nº: 259
VOLUNTARIADO NOS ESPAZOS XOVES DA REDE GALEGA DE CENTROS XUVENIS
Xa está á vosa disposición o formulario de inscrición do PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS XUVENIS para persoas de entre 18 e 35 anos, onde poderedes anotarvos para colaborar nos Espazos Xoves de Noia, Betanzos, Curtis, Pontedeume, Ourense, Tui, Vilagarcía, Viveiro, Chantada e Vilalba.
Formulario de inscrición
Aproveitamos tamén para recordarvos que o vindeiro 28 de febreiro rematarán os prazos de inscrición dos cursos en liña "Os procesos participativos na acción voluntaria"e "Actuacións do voluntariado para a rexeneración dos montes queimados" e o curso presencial "Iniciación á lingua de signos española para voluntarios" en A Coruña.
Inscrición aos procesos participativos na acción voluntaria (en liña).

Inscrición a actuacións do voluntariado para a rexeneración dos montes queimados(en liña).

Inscrición a Iniciación á lingua de signos española para voluntarios (presencial en A Coruña).

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.