Boletín informativo 18 de Febreiro de 2014 Nº: 258
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA ILLA DE CORTEGADA
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha este inverno un novo programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas
Nesta ocasión o programa de voluntariado desenvolverase na Illa de Cortegada e nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.

O programa levarase a cabo os fins de semana do mes de marzo e poderán participar nel un total de 6 voluntarios por quenda.
Se queres máis información sobre este programa e inscribirte ao mesmo preme aquí

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.