Boletín informativo 05 de Febreiro de 2014 Nº: 257
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS XUVENIS
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas de entre 18 e 35 anos.
Con este programa preténdese fomentar a participación e solidariedade da poboación xuvenil entre iguais, adquirir unha formación non formal no ámbito das actividades formativas e lúdicas que se realizan nos Espazos Xove e servir de plataforma para o desenvolvemento dunha xuventude dinámica, participativa, solidaria e comprometida.

Se estás interesado preme aquí para informarte sobre este programa e inscribirte nel.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.