Boletín informativo 18 de Novembro de 2013 Nº: 249
¡¡Necesitamos voluntarios!!!
Os días 29 e 30 de Novembro, realizarase unha recollida de alimentos a nivel nacional para loitar contra a fame e a dilapidación. Os Bancos de Alimentos teñen como reto conseguir que máis de 5.000 tendas de alimentación en toda España participen na campaña, co obxectivo de conseguir recoller 10.000 toneladas de alimentos que poidamos repartir máis de 1 millón de persoas necesitadas. Farán falta uns 60.000 voluntarios.

Dende a dirección xeral de Xuventude e Voluntariado e o Banco de Alimentos Rías Altas, queremos poñer o noso granito de area para conseguir o obxectivo da Gran Recollida de Alimentos, pero non poderemos sen a vosa axuda. Necesitamos estar eses dous días no maior número posible de superficies de alimentación. Para iso necesitamos voluntarios que colaboren connosco, moitos máis do habitual, polo que queremos propoñervos que vos sumedes tamén a este reto.

Podedes axudarnos de moitas maneiras: como voluntarios e mesmo organizando o voso propio grupo de voluntarios con amigos e/ou familiares e tamén difundindo esta mensaxe entre os vosos coñecidos para crear unha cadea solidaria que nos permita chegar a moita máis xente.

O éxito depende da resposta a esta "chamada de axuda", así que non o pensedes máis, apuntádevos aquí e traede alguén convosco. Imos demostrar unha vez máis que Coruña se move por unha causa solidaria.


¡ ¡ ÚNETE AO RETO!!!

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.