Boletín informativo 07 de Novembro de 2013 Nº: 246
AÍNDA QUEDAN PRAZAS PARA PARTICIPAR NO PROXECTO MOCIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Precísanse mozas e mozos de entre 20 e 29 anos para participar no proxecto MOCIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (Proxecto de cooperación DCI-NSAED/2012/304-689).

Ademáis da idade, os criterios de selección incluirán:`
*Participar en actividades sociais e de voluntariado dentro de asociacións e grupos xuvenís en Galicia.
*Currículum vitae.
*Interese específico sobre o tema.
*Competencias linguísticas: Inglés.
*Habilidades sociais.
Aínda quedan prazas e o período de formación comeza nos próximos días. Se estás interesada/do en participar preme a ligazón e anótate

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.