Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN FILANTRÓPICA. INCLUSIÓN SOCIAL ACTIVA. BOA VIDA

Representante legal: Jose Antonio Ramirez Amor e Josefa Vázquez Martínez
C.I.F.: G94056215

Coordinador técnico: Pepa Vázquez Martínez

Enderezo:
Rúa Santa Clara, 35 e Rúa Marquesa, 5, 2ºA
36004 - PONTEVEDRA - PONTEVEDRA

Teléfono: 886 160 950
FAX:
Móvil: 698124762

URL: http://boavidainclusionactiva.blogspot.com.es/
Email: itinerariosboavidainclusion@gmail.com, boavidainclusionactiva@gmail.com

Nº de voluntarios: 62

Novas

(30-08-2017)

PROXECTOS ACTUALIZADOS

QUE FACEMOS. CONTACTO
SE LOITAMOS PODEMOS PERDER, SENÓN ESTAMOS PERDIDOS

BOA VIDA TRAPERA


Ocúpase da recollida, manexo e venda de residuos útiles (roupa, calzado, etc). Os materiais recollidos selecciónanse, clasifícanse e véndense na tenda se son aptos para iso. O resto envíase para reciclaxe. Nestes momentos temos catro bolseiros formados, que fan recollida, selección, clasificación e atención na tenda, e almacén, e o voluntarios, que ensinan e axudan.

RECOLLIDAS

TENDA SOLIDARIA E OFICINAS






Horario de 10 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres
Rúa Santa Clara, 35 Pontevedra
Telf: 886 160 950 ou 605 399 142

Correo: boavidainclusionactiva@gmail.com

Blog: boavidaiclusionactiva.blogspot.com

Facebook: boavidainclusionactiva
Twiter: BoaVida_IA


ALMACÉN








Almacén Ctra. Vigo num 2 (Cabanas-Salcedo) debaixo de FIDAUTO.

Atendemos os XOVES de 10 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 para doazóns e venda.
Se tedes voluminosos como mobles ou outros obxectos
contactade con nós e iremos a recollelo


Telf: 886 160 950 ou 605 399 142 para información, recollidas e/ou reservas


Se queres colaborar económicamente:
Nº de conta A Banca: ES07 2080 5480 9830 40129689



OFICINA DE DEREITOS E DEBERES SOCIAIS (ODDS)




Oficina de Dereitos e Deberes Sociais

Un espazo para intercambio de información e formación. Un espazo de apoio e tamén para defender e avanzar no logro de dereitos, tales como emprego, axudas sociais, vivenda… elabóranse itinerarios de inserción laboral. Nos últimos dous anos, demos información de calidade a 200 persoas, acompañamos en itinerarios de inserción a 50 e facilitamos formación en cursos a 120 persoas. Todo isto con apoio financeiro público (da Xunta de Galicia) e achegas solidarias de particulares


Horario de Luns a Venres de 10 a 13. Sen cita previa luns de 10 a 13

Rúa Marquesa nº5, 2º andar, porta A. Pontevedra
Telf: 698 124 762

Correo: oficinadereitosociaisboavida@gmail.com
itinerariosboavidainclusion@gmail.com

Se queres colaborar económicamente:
Nº de conta A Banca: ES07 2080 5480 9830 40129689


Descarga asociada

(30-08-2017)

NOVAS DO DERRADEIRO CUATRIMESTRE DO ANO

A ASOCIACIÓN BOA VIDA INICIA O ÚLTIMO CUATRIMESTRE DO 2017
CUNHA MESA REDONDA SOBRE ECONOMIÁ E SOLIDARIEDADE.
A asociación pontevedresa, continua a súa labor solidaria na Rúa Santa Clara 35, no novo centro de consumo responsable coa Asociación Amarante.
Presentan as actividades para o ultimo cuatrimestre do ano coas que pretenden seguir acompañando a persoas en situación de pobreza e exclusión facilitandolles empregro, formación e información, e solicitar a solidariedade da cidadanía para que sigan achegando os obxectos que xa non precisan e acudindo a facer as compras na súa tenda.
A actividade estrela de inicio de temporada é a VI Escola de Veran, que nesta 6ª edición continua achegando formación tanto a persoas en situación de exclusión como a cidadáns que queiran coñecer como funciona o voluntariado, esta actividade financiada pola Xunta de Galicia, concretamente a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, consta de dúas xornadas, e unha mesa redonda, na primeira presentarase a páxina web de dita dirección xeral, e explicaranse os dereitos e deberes que teñen os voluntarios en calquera organización, na segunda afondarase sobre o voluntariado en Boa Vida, especialmente aquel que ten como orientación o apoio no emprego. Nesta mesma Liña, o mércores 30 ás sete e media no mesmo local no que se atopa a tenda na rúa Santa Clara 35, realizarase unha mesa redonda na que a coordinadora da asociación, presentará a evolución do traballo realizado ate agora no proceso de creación da empresa de inserción “Boa Vida Trapera”, para isto contarán convidaron á ás tres administracións públicas coas que compartir a inquedanza da necesidade da creación de emprego para as persoas en situación de exclusión, e contarán no publico con persoas dos diferentes partidos politicos con representación tanto municipal como provincial e autonómico, xa que estes son os axentes finais responsables do deseño e apoio a este tipo de iniciativas.

Para asistir a estas actividades gratuitas e preciso inscribirse por mail ou telf. Datos que se atopan no blog da asociación boavidainclusionactiva.blogspot.com. Telf, 698124762

A segunda actividade é a volta ao cole, a asociación coñecedora das necesidades das familias no inicio do curso contará cun espacio dedicado a roupa, calzado e material escolar para os mais pequenos todo a partir dun euro, coma sempre anima as familias que teñen materiais que xa non usan no domicilio a que os acheguen á asociación e aquelas que estan preparandose para a volta ao cole que pasen pola tenda antes de realizar gastos extras. Como promoción este ano sortearan un lote de libros infantiles e xuvenís entre os 50 primeiros clientes. Asemade para facilitar a chegada a fin de mes, materán a ultima semana de cada mes de agosto a novembro a campaña todo a mitade de prezo durante 6 días.

Outras actividades que irán anunciando son:
Obradoiro permanente de reciclaxe. Financiado pola Deputación de Pontevedra.
Inicio de actividades no Centro Sociocomunitario da Alameda, grupo PARTICP-ando.
Incio de curso de formación en reciclaxe, financiado pola Xunta de Galicia.
17 de outubro. Día internacional de loita contra a pobreza. Tema. Os traballadores pobres. Un representante de Boa Vida irá a bruxelas. Encontro Europeo da EAPN, Rede europea de loita contra a pobreza, con esta temática, realizarase unha charla o 10 de outubro e unha acción de rúa o 17.
Continuan as campañas de cambio de armario e recadación de fondos, 100x120, coa que se levan redadados 3.285 euros que se manterá ate o 31 de decembro para poder chegar aos 12.000 euros precisos para seguir traballando.

Pola súa parte Amarante, retomará o traballo na segunda quincena de setembro despois das vacacións do persoal, co inicio do grupo de consumo responsable, as accións de voluntariado e de sensibilización da campaña CONSUME-NÓS.
(30-08-2017)

VI ESCOLA DE VERÁN

VOLUNTARIADO E EMPRESAS DE INSERCIÓN

Mércores 30 de agosto
9:30 a 13:00 Novas tecnoloxías e voluntariado (AULA CEMIT)
19:30 a 21:00 Mesa redonda: Empresas de inserción. Economía e solidariedade. (TENDA SOLIDARIA, RÚA SANTA CLARA, 35)

Xoves 31 de agosto

9:30 a 13:00 Voluntariado e empresas de inserción

(30-08-2016)

V ESCOLA DE VERÁN

V ESCOLA DE VERÁN. PRESENTACIÓN DE GUÍA AXUDAS SOCIAIS

A asociación BOA VIDA, no marco da V Escola de Verán convida á cidadanía pontevedresa a coñecer as axudas sociais ás que teñen dereito.

Coa presentación da Guia de Axudas Sociais, co-financiada polo concello de Pontevedra, pretende un doble obxectivo, primeiro facilitar información de calidade ás persoas con necesidade de axuda, que achegaran outras que xa pasaron polos trámites oportunos e segundo alixeirar o traballo tanto da administración pública como doutras entidades que traballan no sector.

As xornadas contan con dúas sesións o 30 de agosto presentaranse o listado de axudas que aparecen na guia, o formato é de mesa redonda na que se lle dará especial importancia a RISGA. Renda de Integración Social de Galicia.

O 31 de agosto, aclararanse as dubidas que queden pendentes e farase un percorrido polo directorio que contén a guia, coa presenza de profesionais do Colexio Oficial de Traballo Social e de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia.

Para acudir a ditas xornadas é precisa inscrición previa, por telefono ao 886 160 950 ou enviando mail a boavidainclusionactiva@gmail.com, ou en persoa na Tenda Solidaria da R/Cruz Vermella num 16. Pontevedra.

Coma sempre o obradoiro é gratuito para persoas sen recursos.

O lugar de celebración é o Centro Epa. Na avenida de Bos Aires, 25, biblioteca. E o horario é de 10 a 13 horas.
Máis información en http://boavidainclusionactiva.blogspot.com.es/

(07-04-2016)


Obradoiro textil e reciclaxe

O 13 de abril dará comezo o noso taller de reciclaxe textil.
A participación é de balde.
Se queres participar ten máis información no seguinte cartaz.

Páxina do facebook
(08-12-2015)


CAMPAÑA: A TÚA SOLIDARIEDADE TEN PREMIO.

Seguimos recollendo roupa, calzado e xoguetes, pero durante un mes (do 8 de decembro ao 8 de xaneiro) coa túa entrega darémosche un ticket co que poderás elixir un tratamento facial ou un estudo nutricional gratuíto.

Grazas á colaboración de Centro Estilo de Vida Activo e a un gran número de salóns de estética e perruquería de Pontevedra, cafeterías e outros comercios que colaboran na visibilización desta campaña.

Mostramos así os seus servizos a persoas que colaboran con Boa Vida e os seus clientes habituais poderán ser informados do noso traballo e a nosa campaña de recollida con fins sociais.
O traballo en rede pode xurdir de moitas maneiras e desde moitos puntos diferentes.

Grazas a quen o fai posible!

http://boavidainclusionactiva.blogspot.com.es/2015/12/campana-tua-solidariedade-ten-premio.html?spref=fb

Se queres máis información podes contactar con nós no teléfono 605 399 142 ou con Caty Argibay 633 376 769.

(05-12-2015)


Charla: Guía de axudas sociais,

Boa Vida en colaboración coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia - Vigo organizamos unha charla para dar a coñecer a GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS.
O vindeiro mércores 16 de decembro ás 20:00 no salón de actos da EPA de Pontevedra (Escola de Adultos) na Avda. de Buenos Aires, 22-23.

Esta guía realizada pola ODS de Coia-Vigo xunto coas charlas teñen como obxectivo empoderar ás persoas máis empobrecidas así como facer chegar dita información a profesionais ou colectivos interesados en mellorar as condicións de vida de todas.

As Oficinas de Dereitos e Deberes Sociais nacen como punto de información, con espírito de loita colectiva, para ser unha ferramenta de apoio e denuncia social en materia de dereitos e deberes das persoas e gritar que non estamos sós, que xuntos podemos transformar a nosa contorna e o mundo en algo xusto, igualitario, e digno.

En Pontevedra podes contactar connosco a través de:
- a oficina situada en rúa Curz Vermella nº 16
- teléfono: 886-160-950 ó 605-399-142
- por correo electrónico oficinadereitosociaisboavida@gmail.com


Podedes descargar a guía nesta ligazón:
http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_axudas_sociais_outubro_2015.pdf

Descarga asociada

(01-12-2015)


Lotería y solidaridad

Xa sabedes da nosa campaña Pobreza 0: obxectivo compartido da que podedes consultar máis detalles neste evento facebook

Ademáis para seguir recadando fondos este ano temos participacións de Lotería de Nadal que podes adquirir na nosa Tenda Solidaria na Rúa Cruz Vermella nº16 en Pontevedra.

Anímate e axúdanos, con cada participación donarás 1€ á nosa causa!

(01-12-2015)


Calceta solidaria

Hai un par de semanas tivemos unha visita e unha entrega moi especial na asociación.
O grupo de Calceta e punto da Asociación de veciños Zona vella de Vigo fixéronnos chegar un traballo que realizaron estes meses atrás.

Unhas mantas, uns amigurumis e 2 xogos de ropita de bebé dos que damos fe da súa elaboración, tempo e custo.
Merche (profesora de Calceta e punto) explicounos todos os detalles con moito mimo.
Estamos moi moi moi agradecidas por esta achega altruísta e solidaria que seguro cumpre o seu obxectivo.
Témolas á venda na nosa tenda solidaria.
Se queredes coñecer máis traballos destas grandes das agullas aquí tedes a súa facebook e o seu blog:
https://www.facebook.com/Calceta-e-punto-448924375311263/…
http://calcetaepunto.blogspot.com.es/

href=https://www.facebook.com/media/set/?set=a.661123223924138.1073741834.476941289009000&type=3 class=tEnlac>álbum fotos

(04-11-2015)

Campaña Pobreza Cero: Obxectivo compartido

A raíz da actividade realizada o sábado 17 de outubro comezamos oficialmente a campaña Pobreza 0: obxectivo compartido.

Solicitamos o compromiso dos partidos políticos na loita contra a pobreza materializándose este na doazón do 0.7% dos seus ingresos anuais á nosa causa.

Tamén ampliamos esta solicitude a toda a cidadanía, precisamos mercar unha furgoneta que nos permitirá realizar as recollidas de forma autónoma e independente así coma ampliar os nosos servizos.

De superar o obxectivo invertiremos o recadado no desenvolvemento dos nosos proxectos sociais de cara a seguir acompañando e axudando a persoas que día a día teñen que loitar contra a pobreza e exclusión na nosa cidade.

Porque a nós non nos exclúe ninguén, non nos rendemos e somos parte activa na nosa loita pola dignidade!

Nesta páxina do noso blog atoparás a actualización do que nós solicitamos e do que imos conseguindo, así coma a orixe (sempre respetando a intimidade das persoas que o solicite) das doazóns recibidas.
En principio tivemos resposta económica de Ciudadanos Pontevedra.
Tamén nos reunimos con Marea Pontevedra, quen están a valorar dita proposta.
Podemos Pontevedra comprometéronse en facer unha achega.
Do resto de partidos: PP, BNG e PSOE Pontevedra estamos á espera de que nos contesten para concertar unha reunión.

Descarga asociada

(04-11-2015)

PROXECTO ITINERE

Como ben sabedes moitos dos que nos seguides, levamos realizando Itinerarios Personalizados de Inserción, enmarcados no proxecto da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais, dende o ano 2014.

O Proxecto Itinere é un programa especial de formación e emprego enmarcado no Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación” e desenvolvido pola Asociación Boa Vida.


OBXECTIVOS DO PROGRAMA:
- Fomentar a Inclusión Social mediante o acompañamento no proceso de formación e capacitación das persoas participantes.
- Posibilitar o acceso ao mundo laboral.

- Dotar de habilidades sociais e potenciar as capacidaes individuais de cara a busca de emprego, a mellora persoal e a inclusión social.



Este ano a Xunta de Galicia fináncianos de novo estas actuacións que son desenvolvidas no denominado Proxecto Itinere que pasamos a explicar brevemente:

Realizaranse Itinerarios Individualizados de Inserción segundo o Plan Galego de Inclusión Social no que se fixarán unha serie de obxectivos axeitados a cada participante.
Levaranse a cabo actuacións formativas, capacitadoras e de acompañamento tanto individuais como de grupo para acadar ditos obxectivos.

Sen olvidar o carácter integrador de ditas actuacións que se farán baixo unha filosofia de TRABALLO EN REDE

CONTACTO:
Para participar no programa solicita a túa cita telefónicamente, a través de correo electrónico ou persoalmente en:

R/Cruz Vermella 16 Pontevedra
886 160 350 e 691 201 517
itinerariosboavidainclusion@gmail.com

Descarga asociada

(04-11-2015)

Precísase voluntaria/o psicóloga/o infantil.

Para neno de 11 anos. En Pontevedra.
Si estás interesada/o ponte en contacto con nós a través de:
oficinadereitosociaisboavida@gmail.com
886-160950/691-201517

(03-10-2015)

Precisamos persoa voluntaria para apoio escolar en Pontevedra.

Precísase voluntario/a, preferible senior, para impartir clases de apoio escolar nas materias: matemáticas, inglés e francés nivel 1º bacharelato.

Cualidades: paciencia y delicadeza, capacidad de motivación.

Contacto: itinerariosboavidainclusion@gmail.com
886-160950/691-201517
(21-10-2015)

Ciclo de charlas en defensa dos nosos dereitos.

Recordade que mañá 21 de outubro tendrá lugar a charla: "Consumo para persoas maiores e as súas familias" ás 18 horas na Casa da Luz - Praza da Verdura, Pontevedra.

(04-11-2015)

Ciclo de charlas en defensa dos nosos dereitos.

Este xoves 5 de novembro terá lugar a última charla do ciclo no que xunto con Adicae organizamos para dar información e asesoramento dos dereitos en materia de consumo á cidadanía.

"Orzamento e financiamento familiar: crédito non hipotecario", ás 18 horas.
Esperámosvos na Casa da Luz - Praza da Verdura e agradecémosvos tanto a asistencia como a difusión do evento.
Seguiremos na loita! Boa Vida!

A raiz do traballo que ven desenvolvendo Boa Vida Inclusión Activa en materia de información e asesoramento dos dereitos da cidadanía, organiza xunto con Adicae-Vigo (Asociacion de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros) un ciclo de 5 charlas, abertas ao público interesado en materia de defensa dos nosos dereitos como persoas consumidoras que se celebrarán Casa da luz, ubicada na Praza de Verdura en Pontevedra.

Ademáis de Boa Vida, colaboran nestas actividades ó AECOSAN (Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición) ea Casa da Luz do Concello de Pontevedra.A continuación detallamos as datas, títulos das sesións e horarios:

(16-10-2015)


Pobreza Cero: Obxectivo compartido

17O- Día Internacional pola erradicación da pobreza.
Visita noso blog para ver o resultado da xornada
http://boavidainclusionactiva.blogspot.com.es/2015/10/17-outubro-dia-internacional-pola.html?spref=fb

Este sábado 17 de outubro a Asociación Boa Vida realizaremos unha actividade na rúa co obxetivo divulgativo e informativo sobre a pobreza, causas e alternativas.
Visítanos na Rúa Sierra fronte ao Mercado de Abastos e axúdanos a visibilizar este día a través dos hashtags:

@BoaVida_IA
#17O
#ContraAPobrezaDignidade
#erradicaciondapobreza
#alternativaspobreza
#esixeresponsabilidades

https://www.facebook.com/events/1643787735878514/

(08-10-2015)


Curso de formación: 'Recollida do lixo e reciclaxe textil'

En breve dará comezo un dos nosos cursos de Reciclaxe Téxtil. Se estás interesado/a ponte en contacto con nós a través do correo:

boavidainclusionactiva@gmail.com ou no telf: 886 160 950

Formación de balde con bolsa de asistencia de 4.5 euros/día-formación.

O próximo será en Vilaboa

(18-08-2015)

IV Escola de Verán Aprendendo XESTIÓN INTERNA E RELACIÓNS HUMANAS

26 e 27 de agosto de 10 a 13 horas.

Centro de Educación de Adultos de Pontevedra. Avda de Bos Aires 26, Aula 11

A formación continua en xestión de asociacións é unha das claves fundamentais para que a participación poida conter espazos de reflexión e acción nos que desenvolver inquietudes individuais e colectivas de forma que se poida avanzar nos obxectivos da organización.


Ata agora realizamos tres escolas de verán a primeira centrouse en elaboración de proxectos e reunións eficaces, a segunda na xestión de recursos humanos, na terceira ecoloxía e incidencia política, agora abordaremos:

OS REGULAMENTOS DE RÉXIME INTERNO. O noso modelo.

Máis información: http://www.voluntariadogalego.org/web/asocia.php?asc=995&mod=age&ide=831&dia=0&mes=0&ano=0&pag=0

(03-08-2015)

Boletín informativo Boa Vida nº 3

Neste número queremos agradecer a colaboración das novas persoas voluntarias e toda as que dunha ou outro xeito fan que Boa Vida poida desenvolver a sua actividade.

Descarga asociada

(25-06-2015)

A estatística chámase Alberto

Grazas a EAPN -Rede Galega contra a pobreza- puxémoslle cara aos datos da enquisa que fixo o Faro de Vigo nun artigo publicado o pasado 31 de maio.

As desigualdades da recuperación económica (artigo no Faro de Vigo).

Baixo o título "O 60% dos galegos non chegan a renda media" explícannos a situación dos fogares españoles e particularmente a situación pola que pasan milleiros de persoas en Galicia.

Como sinala a OCDE, "a recuperación estase producindo con incrementos de desigualdade, porque ao final a recuperación onde si chega é ás rendas máis altas". Isto inflúe a colorear non moi negro as estatísticas e axuda a que o golpe da crise non aflore en toda a súa dureza.

Cambiaron os indicadores para saber quen é pobre e quen non.
Os recortes salariales, as reformas laborais e o nivel de desemprego fan que a probabilidade de estar en situación de risco sexa maior.
E si a este risco de pobreza engádenselle (como ben reflicte o artigo)carencias como atrasos en pagos de recibos ou aumento no número de fogares que piden axuda a familiares ou amigos, Galicia sitúase na terceira comunidade con peores condicións familiares.

Outro dato importante é o aumento dos novos perfís de persoas en risco de exclusión ou pobres.
Persoas con estudos superiores ou con formación profesional como é o caso do noso compañeiro da asociación Alberto Montes, sen dúbida un loitador ao que a crise afectou sen preguntar antes. Un exemplo máis das miles de persoas nunha situación similar que non por iso deixan de ser un exemplo de superación a seguir.

Descarga asociada

(25-05-2015)

Aurora e Josué, representando a Boa Vida.

VI ENCONTRO DE PARTICIPACIÓN E CIDADANÍA INCLUSIVA 2015 NA EAPN

A nosa participación no encontro.

Por cuarto ano consecutivo, o pasado sábado 16 de maio participamos no VI Encontro de Participación e Cidadanía Inclusiva da EAPN.

Tivemos a oportunidade de compartir e contar a nosa experiencia xunto coa do Plan Comunitario de Teis, Barrios Abertos de Compostela e Cáritas Bizkaia.

Foi unha experiencia de grande aprendizaxe para nós e tamén de participación da que saímos moi satisfeitos e contentos.

Participamos igualmente dos obradoiros que nos permitiron coñecer outras entidades e persoas que están na rede e ao mesmo tempo reflexionar sobre a importancia da incidencia política se queremos ser visibles e que se nos teña en conta.

Seguiremos participando na EAPN, na nosa comunidade, facendo incidencia política para que Concello de Pontevedra nos teña en conta, xa que traballamos no día a día para mellorar a calidade de vida das persoas e para a defender os dereitos cidadás que a administración ten a obriga de facer cumprir, independentemente de cal sexa a situación persoal, social ou económica de cada quen.

(25-05-2015)

Xente pobre en terra rica

O Quinteiro Do Umia fixo recentemente esta reportaxe sobre a pobreza, invitámosvos a velo polo tanto por ser un tema de grande interese, coma polo seu enfoque e tratamento da información.

Pepa Vázquez fala sobre a pobreza neste documental e tamén sobre Boa Vida ‪#‎Inclusión‬ Activa.

https://quinteirodoumia.wordpress.com/2015/05/23/xente-pobre-en-terra-rica/

(15-04-2015)

Tenda solidaria Boa Vida

O pasado 7 de abril abrimos a nosa tenda solidaria con carácter permanente na rúa Cruz Vermella nº 16 - Pontevedra.
Un pequeno paso máis na mellora das oportunidades das persoas en exclusión.

Adxuntamos o noso boletín informativo no que explicamos os nosos proxectos e actividades.

Descarga asociada

(26-03-2015)

Boletín informativo Boa Vida

Retomamos o boletín informativo co que difundir doutro xeito as nosas actividades e proxectos, así como colaboraciones coas entidades afines.

Descarga asociada


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds