Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN XARUMA

Representante legal: IGNACIO VALVERDE VIQUEIRA
C.I.F.: G27746486

Coordinador técnico:

Enderezo:
TRAVESÍA DE VIGO, 4 - 6º B
36206 - VIGO - PONTEVEDRA

Teléfono: 986127949
FAX:
Móvil: 698142158

URL: http://www.xaruma.org/
Email: xarumaorg@gmail.com

Nº de voluntarios: 12

Novas

(31-10-2017)

Actividades integración 1ª quenda novembro 17

Actividades de integración 1ª quenda de novembro

Novas actividades para este novo mes

Faite voluntario/a! Aprende, divírtete, sé útil! Colabora!

Descarga asociada

(28-08-2017)

Actividades de integración 1ª quenda de setembro de 2017

¡¡¡ Novo calendario de actividades de integración para a 1ª quenda de setembro de 2017 !!!

Recordade que o día 28 de setembro comezamos cun obradoiro de Mindfulness, se estades interesadxs seguide os pasos de inscrición no seguinte enlace:
http://www.xaruma.org/evento/330_eventosxaruma.html

Descarga asociada

(17-08-2017)

Actividades de integración 2ª quenda agosto 2017

Recordade que o día 28 de setembro comezamos cun obradoiro de mindfulness, se estades interesados/as seguide os pasos do seguinte enlace:

http://www.xaruma.org/evento/330_eventosxaruma.html

Descarga asociada

(15-08-2017)

Actividades de integración 1 quenda de agosto de 2017

Informárvos de que en setembro comezamos un obradoiro de mindfulness, se queredes inscrivirvos so tedes que seguir os pasos do seguinte enlace:

http://www.xaruma.org/evento/330_eventosxaruma.html

Tamén informárvos de que en stembro realizaremos un curso de director/a de actividades de tempo libre en Xaruma, se estades interesados/as tendes toda a información no seguinte enlace:

http://www.xaruma.org/evento/329_eventosxaruma.html

¡¡¡Esperámosvos!!!

Descarga asociada

(30-05-2017)

Actividades de integración 1ª quenda de xuño de 2017

Novo calendario de actividades de integración para a 1ª quenda de xuño de 2017


Descarga asociada

(28-04-2017)

Actividades da primeira quenda de maio 2017

Aquí tendes as novas actividades da primeira quenda de maio.

Recordámosvos que neste mes ten lugar a festa popular dos maios, para celebrar a chegada da primaveira mantendo o contacto coa natureza. Esperamos que pasedes un bo comezo deste novo mes.

Descarga asociada

(11-04-2017)

Actividades de integración 2 quenda abril 2017

Novas actividades de integración para a segunda quenda de abril de 2017.

Recordade que o venres 21 de abril ás 18:30h, proxectaremos un documental polo día mundial da saúde para todos/as os/as que desexen asistir.
¡¡¡ Esperámosvos !!!

Descarga asociada

(06-04-2017)

Portas abertas Abril 2017

Proxeción documental saúde mental + coloquio.

Bo día compañeir@s!

Comprácenos convidarvos á xornada de portas abertas que terá lugar no noso local o venres 21 de abril. Proxectaremos o documental "Voices" dunha hora de duración e posteriormente abriremos un coloquio onde reflexionar comunmente sobre os retos da sociedad en materia de inclusión coa saúde mental.

Deixámosvos o tráiler, unha pequena reseña e o cartaz para que o compartades!

Tráiler: https://vimeo.com/9290964


"Voices, significa voces, é unha mirada ao panorama da saúde mental europea. Esta película pretende dar voz ás persoas que traballan no sector da saúde mental, ás das persoas que toman decisións políticas sobre o tema, ás familias e tamén, sobre todo, ás das persoas que sufren en primeira persoa algún trastorno mental grave. Estas voces son as importantes, as que nos poden axudar a comprender a complexidade da saúde mental. Ademais de dar voz aos afectados/as, enfócase o documental dende unha perspectiva positiva, en termos de empoderamento, recuperación, capacitación, asociacionismo, independencia..."

Descarga asociada

(16-03-2017)

2º quenda de marzo 2017

Actividades 2º quenda de marzo do 2017


Descarga asociada

(13-02-2017)

Actividades de integración 2ª quenda febreiro 2017

Recordade que o sábado 18 de febreiro de 10:00 a 14:00 faremos o curso de cosmética natural no local de Xaruma. Se queres participar só tes que inscribirte no seguinte enlace:
http://www.xaruma.org/evento/301_eventosxaruma.html

Tamén faremos próximamente o curso de monitor/a de tempo libre. Toda a información en:
http://www.xaruma.org/evento/293_eventosxaruma.html

E por último, comunicárvos que o sábado 25 de febreiro celebraremos o entroido en Xaruma. Haberá concurso de disfraces, música e baile, karaoke, pinchos e animación. Esperámosvos!!!

Descarga asociada

(10-02-2017)

ENTROIDO EN XARUMA

PORTAS ABERTAS

O sábado día 25 de febreiro celebraremos o entroido en Xaruma. Haberá música, baile, concurso de disfraces, karaoke, pinchos e animación. Estades todos/as invitados/as...esperámosvos!!!

Descarga asociada

(31-01-0016)

Actividades de integración 1ª quenda de febreiro de 2017

Recordade que o día 18 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas no local de Xaruma, realizaráse o curso de cosmética natural...inscríbete!!!

Tamén faremos un curso de monitor de tempo libre que comezará en marzo...esperámosvos!!!

Descarga asociada

(16-01-2017)

Cartaz

Portas abertas en Xaruma

I Encontro sobre a influencia da propiedade en man común na parroquia

En Xaruma recibimos a comunidade de Montes en Man Común de Teis que nos achegarán a súa visión e proxecto co título de "A influencia da propiedade en man común na parroquia"

Descarga asociada

(14-12-2016)

Actividades de integración 2ª quenda decembro de 2016

Nova programación de actividades para os últimos días do ano!!!

Recordade que aínda temos lotería (ata o día 20), para o sorteo do día 22 de Decembro, xa queda pouca e é da que toca, apresurádevos!!!

Tamén recordade que facemos cestas de xabóns para agasallar de forma diferente nestas fechas!!! (Consúltanos)

O equipo de Xaruma deséxavos a todos/as que teñades unhas felices festas e un bo comenzo do ano novo!!!

Descarga asociada

(16-11-2016)

Cartaz

MAGOSTO EN TEIS

Xente! O sábado 19 temos Magosto!
Estará connosco o ilustre castañeiro "PACO VERÍN", coñecido por tódalas veciñas/os para servirnos a mellor castaña.

E ademais:
♫ CONCERTO NA IGREZA DE ÁLEX L. OLCOZ
♫ FOLIADA: BANDA DE GAITAS NAUTILUS
♫ O GAITEIRO DE XARUMA: LEO ROBLA
E MÁIS...

Descarga asociada

(11-11-2016)

Actividades de integración 2ª quenda de novembro de 2016

Novas actividades de integración para a 2ª quincena do mes de novembro. Recordade que o día 19 celebraremos o Magosto e estades todos/as convidados!!!


Descarga asociada

(07-09-2016)

Cartaz IV Concurso MentalizARTE

AMPLIAMOS PRAZO: IV Concurso MentalizARTE

Participa na Saúde e Cultura Galega

Un ano máis volve o Concurso MentalizARTE, desta vez, na súa cuarta edición.

O prazo para participar ábrese o 30 de xuño ata o 17 de novembro. Este ano poderás participar en dúas categorías: fotografía e relato curto.

A túa misión será reflexar unha imaxe positiva da saúde e/ou da Cultura Galega en torno ao Ano Castelao. Colle unha das súa viñetas e lévaas á realidade, ou escribe sobre ela, o crea un relato que se mesture co tema da saúde... Deixa voar a túa creatividade!

Podes descargar as bases un pouco máis abaixo ou na nosa páxina web www.xaruma.org

Descarga asociada

(28-10-2016)

Samaín na biblioteca!

Este venres ás 18:00, na biblioteca do colexio Santiago Apóstol, organizamos un obradoiro de Samaín para nen@s de entre 3 e 8 anos. Faremos contacontos e tamén manualidades! Animádevos.
(13-10-2016)

Obradoiro de cosmética natural

O día 19 de novembro impartiremos un obradoiro de cosmética natural no que faremos cremas e labiais personalizados, remedios para contusións e aceites contra queimaduras, entre outros. Dito obradoiro impartirase no local Xaruma de 10 a 14 horas. a aportación é de 19€ para socios/as e de 21€ para non socios/as.

Para máis información ou inscricións dirixirse www.xaruma.org ou nos teléfonos de contacto 986127949 ou 698142158.

Animádevos a participar!!! Vos esperamos!!!

Descarga asociada

(31-10-2016)

Actividades de integración 2ª quenda outubro 2016

Actividades de integración 2ª quenda de outubro de 2016

Nova programación de actividades para a segunda quenda de outubro!!!



O sábado 29 de outubro ímos de excursión á Illa de San Simón, inscríbete e ven pasar un bó rato connosco, prazas límitadas!!!

Recordade tamén que os mércores e venres temos o Obradoiro de Taichí!!!

Anímate a participar!!!!

Descarga asociada

(06-10-2016)

Excursión a Catoira

Imos de excursión!!!

O vindeiro 26 de novembro temos unha excursión en colaboración coa Deputación de Pontevedra a Catoira. Visitaremos Catoira e a súa contorna natural, Vilagarcía de Arousa onde faremos unha parada para mirar o Pazo O Rial e o Convento das beneditinas e por último Cuntis, donde veremos o Parque Maráns, a Praza das árbores e o hospitalillo e a Casa Grande dos Castro.
Animádevos, as prazas son limitadas!!!!


Adxuntamos o enlace a páxina web onde atoparedes o formulario de inscrición:
http://www.xaruma.org/evento/268_eventosxaruma.html

Descarga asociada

(04-10-2016)

Día mundial da saúde mental. Portas abertas.

Cinefórum no local Xaruma.

Co gallo do día mundial da saúde mental, queremos convidarvos á xornada de portas abertas que organiza Xaruma o vindeiro luns 10 de outubro e que consistirá no visionado e debate de “Elling”. Unha película de Peter Naess que amosa a realidade de dous amigos que son propostos para ser reintegrados na comunidade. A traballadora social acaba de concederlles un apartamento onde deberán ser capaces de coidarse a si mesmos. Así, Elling e Kjell deben afrontar a súa volta ao mundo real tras dous anos de ingreso nunha clínica psiquiátrica. Unha nova vida agarda por eles.
O visionado terá lugar nas instalacións de Xaruma sita na rúa Sanjurjo Badía 79 no interior do centro Gárate. O día e a hora: o luns 10 de outubro ás 18:00. A actividade é gratuíta e a entrada é limitada ata completar aforo.
Esta película trasládanos os retos e desafíos que nos corresponden afrontar como sociedade en materia de inclusión das persoas en risco de exclusión social. Consideramos este visionado de interese para familias, colectivos e xente con interese e/ou vencellados co ámbito social, sanitario e educativo que queira ter unha aproximación á realidade social das persoas que precisan coidados especiais no eido da saúde mental. Tamén é unha oportunidade para disfrutar do bo cine sen máis pretensións!

(03-10-2016)

Excursión á Illa de San Simón

Imos de visita!!

O sábado 29 de outubro imos de excursión á Illa de San Simón. Visitaremos o museo de Meirande, visitaremos Redondela e aproveitaremos para realizar unha pequena andaina do camiño portugués do Norte. Á tarde achegarémonos ata a Illa de San Simón para coñecer todo o seu encanto e historia.
Animaivos, que as prazas son limitadas!

Adxuntamos enlace á web de Xaruma onde atoparedes o formulario de inscrición: http://www.xaruma.org/evento/267_eventosxaruma.html

Descarga asociada

(15-10-2016)

Actividades integración 1ª quincena Outubro 2016

Actividades de integración 1ª quincena Outubro 2016

Benvido Outubro!!! Queda pouco para rematar o Verán polo que temos que exprimilo ao máximo!!!

(14-09-2016)

DÍA DO BARRIO DE TEIS!!

DÍA DO BARRIO DE TEIS!!

Gústanos Teis, por iso cremos que Teis merece unha celebración coma esta! Únete a participar e colaborar, calquera minuto do teu tempo pode ser multiplicado se te implicas.

O 24 de setembro será un día no que todas e todos nos uniremos para colaborar no barrio. Pretendemos unha festa de xuntanza, unha xornada de convivencia, colaboración e solidariedade onde tecer vínculos e redes, para conseguir unha comunidade máis participativa e implicada.

Para elo, organizaremos varios grupos de traballo e convivencia:

- Recollida de alimentos nos supermercados do barrio

- Patrullas medioambientais (recollida de lixo e concienciación sobre reciclaxe)

- Patrullas de mellora das beirarrúas, detectando necesidades e barreiras, para facer deste un barrio máis accesible.

- Posta en marcha da iniciativa cafés pendentes.



Ademais, tamén contaremos cun Feirón de productos artesanos de diferentes entidads sociais, grupos de música e folclore amenizando, xogos populares nos parques do barrio... E moitas máis sorpresas e actividades en favor do barrio e da sociedade.

Por todo elo, precisamos da túa colaboración! Únete a participar, sen ti non poderá ser posible. Ponte en contacto connosco a través do correo electrónico xarumaorg@gmail.com ou por teléfono no 986 127 949 ou no 698 142 158. Non se precisan coñecementos, simplemente gañas de participar e aportar algo, pois todos temos algo que aportar.



O día elixido será o sábado 24 de setembro, de 10:00 a 14:00 O punto de quedada será ás 10 no aparcadoiro do Colexio sito en Sanjurjo Badía 79, mais precisamos saber se contamos contigo antes, polo que fáinolo saber! Xa que vamos a colaborar, se tes problemas co horario, non te preocupes, cóntanol, seguro que buscamos un xeito de contar coa túa participación, pois a actividade durará toda a mañá.

Reserva tamén o día 22 de setembro, haberá unha pequena reunión para ter claro todo o que vamos facer.

RECORDA!

"Moita xente pequena, nun lugar pequeno, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".



PRECISÁMOSTE! COLABORA NO DÍA DO BARRIO!

Descarga asociada

(14-09-2016)

Actividades de integración 2ª quenda de Setembro 2016

Actividades de integración 2ª quenda de Setembro 2016

Anímate a colaborar!!!!!

Esta é a nosa programación para a primeira quenda de setembro, anímate a participar!!!!!

Descarga asociada

(15-09-2016)

Actividades de integración 1ª quenda de Setembro 2016

Actividades de integración 1ª quenda de Setembro 2016

Anímate a colaborar con nós!!!

Esta é a nosa programación para a primeira quenda de setembro, anímate a participar!!!!!

Descarga asociada

(15-08-2016)

Actividades de integración 1ª quenda de Agosto 2016

Actividades de integración 1ª quenda de Agosto 2016

Anímate a colaborar con nós!!!

Esta é a nosa programación para a primeira quenda de agosto, anímate a participar!!!!!

Descarga asociada

(13-07-2016)

Actividades de integración 2ª quenda de xullo de 2016

Actividades de integración 2ª quenda de xullo de 2016

Anímate a colaborar con nos este verán!!!

Esta é a nosa programación para a segunda quenda de xullo,temos un montón de actividades nas que podes participar non perdas esta oportunidade e anímate a colaborar!!!!!

Descarga asociada

(01-07-2016)

Roteiro Senda da Auga

Roteiro Senda da Auga

Unha ruta fresca para este caluroso mes

A senda da auga é unha ruta natural de Vigo que discorre entre Vigo e o embalse de Eiras en Fornelos de Montes. O tramo a realizar, ata o municipio de Redondela, discorre por unha zona de gran beleza entre bosques e riachuelos, observando a Ría de Vigo e a Ponte de Rande dende diferentes perspectivas. Este camiño é na súa maioría chairo, polo que é unha ruta fácil e moi levadeira. A presenza de auga durante todo o camiño fará que non sintamos as altas temperaturas e que nos topemos con fontes cada pouco.

Se te animas a pasar unha xornada diferente con nós, en contacto coa natureza e coñecendo un pouco máis a nosa cidade, non dubides en apuntarte! Simplemente deberás traer comida e bebida!

Para apuntarte, enche o formulario que atoparás na nosa páxina web.

Esperamos por ti!

Descarga asociada

(01-07-2016)

Actividades integración 1ª quenda xullo 2016

Actividades de integración 1ª quenda de xullo de 2016

Disfruta connosco do verán

Empezamos novas actividades para inaugurar este caluroso mes!
Colabora en http://www.xaruma.org/evento/253_eventosxaruma.html

Descarga asociada

(15-05-2016)

Actividades 1 maio

Actividades de integración 1ª quenda maio 2016

Disfruta a primavera connosco

Este mes seguimos co Club de Lectura, e empezamos unha nova actividade: "O valor da palabra", un espazo para expresarte, para falar, para escoitar, ...
Esperámoste!


Descarga asociada

(02-03-2016)

Actividades 1ª quenda marzo 2016

Actividades de integración 1ª quenda marzo 2016

Faite voluntari@ e participa!

Comezamos o último mes do inverno con novas actividades. Faite voluntari@!

Descarga asociada

(14-01-2016)

Actividades 2ª quenda xaneiro 2016

Actividades de integración 2ª quenda de xaneiro de 2016

Colabora connosco!

Novas actividades para rematar este chuvioso mes! Recorda que o 22 de xaneiro volvemos co Club de Lectura, apúntate e colabora connosco!


Descarga asociada

(11-01-2016)

Actividades 1ª quenda xaneiro 2016

Actividades de integración 1ª quenda xaneiro 2016

Novas actividades para o 2016

Comezamos o ano con novas actividades! Anímaste a participar?

Descarga asociada

(02-12-2015)

Actividades de integración primeira quenda decembro 2015

Actividades de integración 1ª quenda decembro 2015

Club de Lectura, excursións... Non podes faltar!

Xa non queda nada para rematar este bonito ano, pero nós seguimos ao pe do cañón con novas actividades!

Recorda que o 5 nos vamos de excursión a Ourense, onde desfrutaremos dun fermoso routeiro literario sobre A Esmorga.

E volvemos co Club de Lectura o día 11!

Esperámosvos!

Descarga asociada

(17-11-2015)

Actividades 2 quenda novembro 2015

Actividades de integración 2ª quenda de novembro de 2015

Unha quenda chea de excursións!

Rematamos este outonal mes con novas actividades!

Recorda que podes vir connosco de ruta o día 21! Coñezamos Vigo! Ou o 28 a Poio e Combarro. Ou ambas, o importante é disfrutar en boa compañía!

Descarga asociada

(14-10-2015)

Actividades de integración segunda quenda outubro 2015

Actividades de integración 2ª quenda de outubro de 2015

Participa, implícate e integra!

Ven e participa nas novas actividades que temos preparadas para rematar este mes de outuno.

Recorda que o 30 de outubro temos Club de Lectura, co libro Alehop, de José Antonio Fortuny, unha novela orixinal que a converte nunha lectura amena e moi especial.

Descarga asociada

(01-10-2015)


Exposición: Áreas mariñas protexidas

Dende o 2 ata o 21 de outubro, Xaruma ofrece a posibilidade de desfrutar da Exposición "Áreas mariñas protexidas". Dita exposición, estará nunha aula do centro Gárate, co seguinte horario:

-Martes a Venres: 16-17,30h.
-Mañás: Grupos concertados.


A exposición, aberta a todo o público e totalmente gratuíta, explica a importancia de manter e coidas as áreas mariñas protexidas, unhas das principais ferramentas das pesqueiras na actualidade; ó que hai que engadirlle a súa importancia na conseración da biodiversidade.

Dende a Aula Medioambiental de Xaruma....Esperámoste!!

Descarga asociada

(01-10-2015)


Actividades de integración 1ª quenda de outubro de 2015

Así lle damos a benvida ó outono:

Descarga asociada

(30-10-2015)


Actividades de integración 2ª quenda setembro 2015

Despedimos o mes de setembro coas seguintes actividades:

O día 18 de setembro haberá club de lectura
E o día 19-20 faremos un Respiro a Merza.

Descarga asociada

(31-10-2015)


Excursión Barro-Cuntis

En colaboración coa Deputación de Pontevedra, voltamos sacar unha excursión para todos e todas! Tras o éxito dos anos anteriores das rutas do programa “Coñece á túa provincia”, repetimos un ano máis, esta vez Barro, Portas, Caldas de reis e Cuntis. Contamos coa túa presenza!

Descarga asociada

(28-08-2015)


Actividades de integración 1ª quenda setembro 2015

Damos a benvida a setembro coas seguintes actividades. Esperámoste!
E lembra que o sábado día 5 vámonos de excursión!

Descarga asociada

(15-08-2015)


Actividades de integración 2ª quenda agosto de 2015

Presentamos as novas actividades para rematar o mes de agosto. Únete, involúcrate e participa!

Descarga asociada

(01-08-2015)


Actividades de integración 1ª quenda agosto de 2015

Comenzamos o mes de agosto con dous respiros: Tomiño e Merza! Iso sen olvidarnos das nosas actividades cotiás!

Descarga asociada

(13-07-2015)

Actividades segunda quenda xullo 2015

Actividades de integración 2ª quenda de xullo de 2015

Participa nas nosas actividades de verán!

Novas actividades para rematar este caluroso mes. Ven participar connosco, prometemos sorrisos e moi bos momentos! Séguenos a pista en www.xaruma.org

Descarga asociada

(02-07-2015)


Actividades de integración 1ª quenda de xullo de 2015

Este mes chega con novidades!


Durante o mes de Xullo, Xaruma pon a dispoción dos seus usuarios/as un piso de respiro, no que poder relaxarse e deconectar durante un días. Con esta iniciativa, preténdese fomentar a convivencia e a autonomía entre os mozos e mozas; pois consideramos de vital importancia a necesidade de promover e levar a práctica habilidades básicas para unha vida autónoma. Sin olvidarnos nunca, de fomentar un ocio saudable entre eles e elas.

Dicir tamén que durante este mes e o seguinte teremos actividades tanto de mañá (de 11:0 a 12:00 h), como de tarde (17:30 a 19:30 h).

Ademáis disto, o venres día 10 haberá club de lectura. E o sábado día 11 faremos unha excursión ó Castelo de Vilasobroso e a Praia Fluvial de Mondariz.


Descarga asociada

(16-06-2015)


Actividades de integración 2ª quenda de xuño de 2015

Rematamos o mes de xuño do seguinte xeito!!

Recordarvos que o sábado día 20 celebraremos o Día do Barrio, onde realizaremos actividades comunitarias para promover o desenvolvemento do mesmo. Será unha xornada de convivencia na que se fomentarán a colaboración e a solidaridade para conseguir unha comunidade máis participativa e implicada.

O luns día 22, se o tempo acompaña, desfrutaremos dunha maravillosa tarde de praia. E o día sábado 27, realizaremos unha excursión as Illas Ons, onde podremos disfrutar das súas rutas así como das súas praias.

Descarga asociada

(29-05-2015)


Actividades de integración 1ª quenda de xuño de 2015

As actividades previstas para a primeira quincena do mes de xuño son as seguintes:


Descarga asociada

(27-05-2015)


DÍA DO BARRIO DE TEIS!!

Pretendemos facer unha festa de xuntanza, unha xornada de convivencia, colaboración e solidariedade onde tecer vínculos e redes, para conseguir unha comunidade máis participativa e implicada.

Para elo, organizaremos varios grupos de traballo e convivencia:

- Recollida de alimentos nos supermercados do barrio

- Patrullas medioambientais (recollida de lixo e concienciación sobre reciclaxe)

- Patrullas de mellora das beirarrúas, detectando necesidades e barreiras, para facer deste un barrio máis accesible.

Ademais, tamén contaremos cun Feirón de productos artesanos de diferentes entidads sociais, grupos de música e folclore amenizando, xogos populares nos parques do barrio... E moitas máis sorpresas e actividades en favor do barrio e da sociedade.

Por todo elo, precisamos da túa colaboración! Únete a participar, sen ti non poderá ser posible. Ponte en contacto connosco a través do correo electrónico xarumaorg@gmail.com ou por teléfono no 986 127 949 ou no 698 142 158. Non se precisan coñecementos, simplemente gañas de participar e aportar algo, pois todos temos algo que aportar.

O día elixido será o sábado 20 de xuño, de 10:00 a 14:00 h. O punto de quedada será ás 10 no aparcadoiro do Colexio sito en Sanjurjo Badía 79, mais precisamos saber se contamos contigo antes, polo que fáinolo saber! Xa que vamos a colaborar, se tes problemas co horario, non te preocupes, cóntanolo, seguro que buscamos un xeito de contar coa túa participación, pois a actividade durará toda a mañá.

Reserva tamén o día 12 de xuño, haberá unha pequena reunión para ter claro todo o que vamos facer.

RECORDA!

"Moita xente pequena, nun lugar pequeno, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".


PRECISÁMOSTE!! COLABORA NO DÍA DO BARRIO!!

Descarga asociada

(15-05-2014)


Actividades de integración 2ª quenda maio 2015

Comenzamos a segunda quenda de maio cun formidable respiro a Tomiño, onde poderemos desfrutar da súa natureza e o seu paisaxe.

Tamén terá lugar o sabado día 16, un monográfico de "Cosmética Natural II", onde poderedes aprender a elaborar desodorizantes, champús, xel, mascarillas, labiais, etc.

O luns 18, con motivo do Día Internacional do Museo, faremos unha visita ó Museo "Quiñones de León".

O día venres 29, terá lugar a seguinte sesión do club de lectura.

E por último, o sábado día 30, un monográfico de "Ferramentas para unha Educación Saudable", onde poderedes aprender técnicas de ioga aplicables nos contextos educativos.

Descarga asociada

(04-05-2015)

Actividades de integración 1ª quenda de maio 2015

Damos inicio ó mes das flores!

Ademais disto, levaremos a cabo dous monográficos.

O primeiro deles, "Monográfico de Cosmética Natural II", terá lugar o día sábado 16 de maio de 10:00-14:00 h, onde aprenderemos a facer pasta de dentes, desodorizantes, champús, labiais, etc.

O seggundo deles, "Monográfico de Ferramentas para unha Educación Saludable", será o 30 de maio de 10:00-14:00h, onde se falará das posibilidades e beneficios que ten a implementación do ioga nos espazos educativos, tanto individuais como colectivos.

Descarga asociada

(17-04-2015)


Monográfico Cosmética Natural II

Esta vez gustaríanos convidarvos o derradeiro curso de cosmética deste curso.
Nel aprenderemos a facer cousas moi útiles na nosa vida cotiá, como son os dentífricos respetuosos cos nosos dentes, desodorantes que non levan produtos antitranspirantes, labiais sen derivados do petroleo, champús e acondicionadores para o cabelo e xel que non agrede a nosa pel.

Esperamos que vos guste e que veñades!!

Descarga asociada

(17-04-2015)


Día Internacional do Libro!

O próximo xoves 23 de Abril, con motivo do Día Internacional do Libro, Xaruma realizará xogos e dinámicas relacionados coa lectura. Trátase de actividades abertas a todo o público entre as que se inclúen: relatos curtos; xogos de mímica, debuxo, canto e cultura xeral sobre literatura; bingo literario; creación de títulos e portadas; etc.

Anímate a pasar un bo rato connosco!!

Descarga asociada

(15-04-2015)


Actividades de integración 2ª quenda abril 2015

Así rematamos o mes de abril!!


Descarga asociada

(30-03-2015)


Actividades de integración 1ª quenda de abril 2015

Aquí podedes ver as actividades coas que comezaremos o mes de abril.

Non esquezades que o día 11 de abril, de 10:00 á 14:00 h terá lugar o Monográfico de Cosmética Natural; onde poderás aprender a elaborar os teus propios cosméticos (desodorizantes, pasta de dentes, xabóns, etc.).

Descarga asociada

(12-03-2015)


Actividades de integración 2ª quenda marzo 2015

Este quenda, ademais das actividades ordinarias, cabe destacar:
- Paseo "Coñecendo A Guía" o día 20 ás 17:30 h.
- Obradoiro de productos de limpeza o día 21 dende ás 11:00-13:00 h.
- Coro benéfico de Gospel o día 21 ás 20:00 h na Igrexa S. Francisco
Javier (Xesuítas).
- Club de lectura o 27 de marzo ás 18:30 h.
- Asamblea Xeral o 28 de marzo ás 18:30 h.

Descarga asociada

(29-01-2015)


Actividades de integración 1ª quenda de febreiro 2015

En Xaruma, propomos empezar o mes de febreiro da seguinte maneira. Esperámosvos!

http://xaruma.org/evento/165_eventosxaruma.html

Descarga asociada

(26-12-2014)


Actividades de integración 1ª quenda de xaneiro de 2015

Aquí tendes as actividades coas que pretendemos darlle a benvida ó 2015!

Descarga asociada

(15-12-2014)


Actividades de integración 2ª quenda decembro 2014

Aquí tendes as actividades coas que pretendemos rematar o ano; como non, cun bo sabor de boca!


Descarga asociada

(04-12-2014)


II Concurso Mentalizarte

Debido a un erro nas bases do concurso... gustaríanos comentar o seguinte:

Contestamos e confirmamos todos os correos, se nos mandaches a túa participación e non contestamos, vólvenola enviar a infoxaruma@gmail.com

Desculpade as molestias que vos puidéramos ocasionar!

Descarga asociada

(25-11-2014)

Actividades de integración 1ª quenda de decembro 2014

Aquí temos as novas actividades para dar comezo ó mes de decembro!

Recordade que durante este mes, do 1 ó 28 de decembro, terá lugar o Monografico de Organización e Dinamización de Ludoteas. E o día 12 remata o prazo para participar no II Concurso Mentaliz-arte!


Esperámosvos!

Descarga asociada

(20-11-2014)


II Concurso Mentalizarte

Estades de sorte!

Todos aqueles que queirades participar no II Concurso Mentalizarte, da Deputación de Pontevedra, debedes saber que ampliamos o prazo para que nos poidades mandar as vosas obras. Tedes ata o 12 de decembro para enviárnolas!

Esperámosvos!


Descarga asociada

(13-11-2014)

Actividades de integración 2ª quenda novembro 2014

Aquí están as seguintes actividades do mes de novembro!

Non esquezas que o día 28 de ás 18:30 comeza o club de lectura e que ás 19:00 proxectaremos a película: "Frozen"!

Ademáis tamén debédes recordad que durante este mes esperamos as vosas obras de arte para participar no "II Concurso Mentalizarte"!

Descarga asociada

(20-12-2014)

Excursión Arousa- O Grove

Sábado 20 de Decembro, en Xaruma vámonos de excursión pola zona de Arousa e o Grove, a través do programa "Coñece a túa provincia" da Deputación de Pontevedra.

A salida está prevista para as 09:30h e a chegadas para as 20:0h. O prezo é de 12€ e inclúe: autobús e guía durante toda a xornada, xantar, merenda, e degustación de productos típicos da Ría.

Polo tanto, se queres pasar un día diferente, coñecer o noso entorno e xente nova, non o dubides e vente connosco!

Para apuntarte, cubre o formulario que atoparás en: http://www.xaruma.org/evento/146_eventosxaruma.html

Date presa! Hai prazas limitadas!


Descarga asociada

(04-11-2014)


II Concurso Mentalizarte

Participa no II Concurso Mentaliz-arte!

Envíanos, antes do 30 de novembro, fotografías, vídeos ou maquetas onde se plasme unha imaxe positiva do medioambiente e a saúde. Aquelas obras que maís gusten ó xurado serán premiadas!

Podes consultar as bases do concurso en: http://www.xaruma.org/data/1414599232.pdf



Esperamos a tua participación!

Descarga asociada

(28-10-2014)

Club de lectura

Se che gusta a lectura e queres pasar un rato agradable animámoste a que participes no club de lectura.

Desta forma poderás utilizalos libros para acercarte a diferentes mundos e culturas e intercambiar a túa experiencia con outras persoas.

Non o dubides máis e inscríbete no formulario da nosa páxina web!

Descarga asociada

(15-08-2014)

Actividades de integración 2ª quenda de agosto 2014

Seguimos con actividades para rematar o verán

Anímate a participar nas nosas actividades: www.xaruma.org

(31-07-2014)

Actividades 1 agosto

Actividades de integración 1ª quenda agosto 2014

Un verán cheo de emoción!

Luns, fabricamos
Martes, natureza
Mércores, praia
Xoves, internet
....
Todos os días podes colaborar ao mesmo tempo que pasas un bo rato, anímaste a participar connosco?
http://www.xaruma.org/sensibilizarte.html

Descarga asociada

(14-07-2014)

Actividades 2 xullo

Actividades de integración 2ª quenda de xullo 2014

Queres vir pasar un día de praia?

Anímate a participar nas nosas actividades, faite voluntario/a!

Descarga asociada

(27-06-2014)

Actividades 1 xullo

Actividades de integración 1ª quenda de xullo 2014

Estrenamos con actividade de cociña todos os días!

Presentamos novas actividades para o verán, anímaste a participar?

Descarga asociada

(20-05-2014)

calendario 2 quenda de maio

Calendario de Actividades de integración da 2º quenda de Maio de 2014

Presentámosvos o novo calendario desta quenda.

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!

Descarga asociada

(01-05-2014)

1quendamaio

Calendario de Actividades de integración da 1º quenda de maio de 2014

Presentámovos o novo calendario de actividades para esta primeira quenda de maio.

Animámosvos a participar!

Descarga asociada

(14-04-2014)

calendario 2 quenda de abril

Calendario de Actividades de integración da 2º quenda de Abril de 2014

Presentámosvos o novo calendario de actividades de integración desta 2º quenda de abril.

Descarga asociada

(28-03-2014)

calendario 1º quenda de abril

Calendario de Actividades da 1º quenda de abril de 2014

XA É PRIMAVERA E XARUMA PRESÉNTAVOS AS ACTIVIDADES PARA ESTA PRIMEIRA QUENDA DE ABRIL.

NON O DUBIDES, FAITE VOLUNTARIO E PARTICIPA! TI CONTAS!

PD: SEGURO QUE CO COMEZO DA PRIMAVERA A HORTA PONSE PRECIOSA ¿QUERES VIR A COÑECELA E COLABORAR?
AGARDÁMOSTE!

Descarga asociada

(15-03-2014)

calendario 2º quenda de marzo

Calendario de Actividades da 2º quenda de Marzo de 2014

Novo calendario de actividades da 2º quenda de Marzo.
Animámosvos a participar!

Descarga asociada

(21-04-2014)

Campamento de Semana Santa Xaruma

Para desfrutar das vacacións!

Non sabes con quen deixar ós teus fillos e fillas durante as vacacións de Semana Santa? Resúltache moi dificil conciliar a vida familiar e laboral?

Non o dubides máis e apunta ós teus fill@s ó campamento de Semana Santa de Xaruma. Un lugar onde poderán realizar diversas actividades como, por exemplo:

- Cociña creativa.

- Obradoiros.

- Grandes Xogos.

- Apoio escolar.

ENTRE OUTRAS.

Máis información: xarumaorg@gmail.com e http://www.xaruma.org/evento/107_eventosxaruma.html

Descarga asociada

(01-03-2014)

calendario 1º quenda de marzo

Calendario de Actividades da 1º quenda de Marzo de 2014 asociación Xaruma

Presentámosvos o novo calendario para a primeira quenda de marzo. Este mes retomamos a actividade de respiro familiar, comida nas casas.

Descarga asociada

(12-02-2014)

Calendario de Actividades de Integración 2º quenda deFebreiro 2014

Xa estamos aquí unha quenda máis presentándovos o novo calendario de actividades.

Esperamos que sexa do voso agrado e convidámosvos a participar

Descarga asociada

(31-01-2014)

Calendario de Actividades de Integración 1º quenda de Febreiro 2014

Presentámosvos o calendario da 1º quenda de Febreiro do 2014.


Descarga asociada

(14-01-2014)

Calendario de Actividades de Integración 2º quenda de Xanerio 2014

Presentámosvos as actividades da 2º quenda de Xaneiro.

Animámosvos a participar.

Descarga asociada

(01-01-2014)

Actividades primeira quenda xaneiro 2014

Actividades de integración primeira quenda de xaneiro

Comezamos o ano con novas actividades

A Saúde Mental é cousa de todos/as. Anímate a colaborar connosco nas nosas actividades!

Descarga asociada

(31-12-2013)

Actividades 2 decembro 2013

Actividades de integración segunda quenda de decembro de 2013

Últimas actividades do ano

Rematamos o 2013 para comezar o 2014 con novas ilusións! Agardámoste!

Descarga asociada

(03-12-2013)

Actividades primeira quenda decembro 2013

Actividades de integración primeira quenda de decembro

Anímate a participar!

Actividades de integración para decembro.

Descarga asociada

(15-11-2013)

Actividades 2 novembro 2013

Actividades de integración segunda quenda novembro 2013

Únete á Saúde Mental e participa!

Actividades de integración 2ª quenda de novembro de 2013. Únete!

Descarga asociada

(01-11-2013)

Actividades integración primeira quenda novembro 2013

Actividades de integración primeira quenda de novembro

Novas actividades para esta época de Magostos!

Anímate a colaborar! Faite voluntari@!

Descarga asociada

(31-10-2013)

Actividades integración 2ª outubro 2013

Actividades de integración segunda quenda de outubro 2013

Novas actividades para rematar o mes de outubro.

A novidade desta quenda é a actividade de Amnistía Internacional, en favor dos dereitos das persoas, onde, despois dun debate, escribiremos unha carta protesta.

Anímate a participar con nós!!

Descarga asociada

(12-10-2014)

Illas Cíes

Xaruma viaxa ao paraíso

O 12 de outubro andaremos polas Illas Cíes, un paraíso noso!


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds