Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACION ENXEÑERIA SEN FRONTEIRAS GALICIA

Representante legal: Miño Guerreiro Rodríguez
C.I.F.: G36774271

Coordinador técnico: Alba Lestón Casais- Responsable Voluntariado

Enderezo:
E.T.S.E. Camiños, Canais e Portos - Campus de Elviña, s/n
15071 - A CORUÑA - A CORUÑA

Teléfono: 881 011 479
FAX: 981 167 170
Móvil:

URL: http://galicia.isf.es/
Email: info@galicia.isf.es

Nº de voluntarios: 45

Novas

(10-11-2014)

I CERTAME MICRORRELATOS DAS XORNADAS “É NEUTRAL A TECNOLOXÍA?, DE ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA

Con motivo da celebración das Xornadas "É neutral a tecnoloxía?”, que terán lugar en Santiago de Compostela o 22 de novembro co apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia (e das que se pode ter máis información aquí), convócase o I Certame de microrrelatos sobre Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF).

Os relatos, dunha extensión máxima de 150 palabras, terán como tema a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH) e deberán estar escritos en galego. Aquí podedes consultar as bases.

O prazo de presentación pechará o 16 de novembro ás 23:59 horas

Animádevos a participar!

(25-10-2017)

Xornadas sobre xénero e tecnoloxía

Dende Enxeñería Sen Fronteiras estamos a promover, xunto co Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña (CEXEF), coa cofinanciación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia e o apoio da Normal e a Libraría Berbiriana, estas Xornadas de Xénero e Tecnoloxía.

Nesta edición, continuación das I Xornadas de Xénero e Tecnoloxía, intentaremos dar a coñecer iniciativas galegas para romper coa fenda de xénero no uso e acceso ás novas tecnoloxías da información e comunicación xunto con un obradoiro específico sobre o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a denuncia da violencia de xénero desde un enfoque intercultural (uso de streaming, redes sociais e impacto de xénero). A diferencia nos usos e accesos ás novas tecnoloxías provoca enormes desigualdades que poden verse na eleccións nas formacións entre homes e mulleres. Por esto resulta importante continuar coas tarefas de sensibilización e aportar referentes diversos do que as novas tecnoloxías poden facer por lograr a equidade de xénero, na liña de poñer a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e a emancipación que promove ESF, para o que conta coas especialistas do CEXEF.

LUGAR: A Coruña.

DÍAS: xoves 26 e venres 27 de outubro 2017

INSCRICIÓN: Serán de balde, simplemente inscribíndose aquí (naturalmente, eses datos só se empregarán a efectos de notificacións para estas xornadas)

PROGRAMA DAS XORNADAS

26 outubro. 16:30-20:30h (IMPORTANTE: traer ordenador, darse de alta en wikipedia e traer unha foto).
Taller na Normal (UDC) Paseo de Ronda, 47 (Riazor).
. Patricia Horrillo [Coordinadora de Wikiesfera de Medialab-Prado, fai parte de Wikimujeres]. “Visibilidade, coñecemento aberto e mulleres na rede”.
27 outubro . 19:00-21:00h
Librería Berbiriana. Mesa Redonda: “Nodos feministas na Galicia dixital: a relación ciberactivismo e territorio”. Uqui Permuy [Deseñadora gráfica e artista visual] Paula Rios [Feminista ciberactivista/Community Manager] Revista Revirada [Revista Feminista Online]

(28-03-2014)

Día mundial da loita labrega

O vindeiro martes 1 de abril, Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego) estará no campus de Lugo onde nos explicará a importancia das Loitas labregas e a súa implicación nelas.

Lugar e hora:
-18:00 h. Aula 15 (Ampliación), Escola Politécnica Superior, Lugo.

A través desta participación, ESF comeza coa campaña do "17 de Abril, día mundial da loita labrega", onde se reivindica mundialmente a acción e movilización global en defensa das loitas labregas con énfase nas sementes campesiñas e na soberanía alimentaria.
Desde 1996 en memoria da masacre de 19 labregos sen terra de Brasil que foron brutalmente asasinados pola policía militar e por intereses do agronegocio, a Vía Campesina declarou o 17 de abril como día mundial das loitas labregas, organizando accións que visibilizan as distintas loitas que se dan nos territorios.

"A terra non nos pertence, nós pertencemos á terra"

Anímate e axúdanos a difundilo!

(29-03-2011)

ESF Galicia organiza Mesa Redonda sobre a “Lei de Augas de Galicia”

Dentro da campaña de sensibilización “Mes da Sustentabilidade”,  Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organiza unha mesa redonda na que se abordarán, entre outras cousas, os puntos controvertidos da nova Lei de Augas de Galicia, vixente dende finais de 2010. O obxectivo é achegar á poboación en xeral e máis concretamente á universitaria o debate que está tendo lugar sobre un tema clave dende o punto de vista social e ambiental como é a xestión da auga.
A cita será o xoves, 31 de marzo de 2011 ás 16:00h na Sala de Grados 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña).
Entrada libre

Co obxectivo de poñer algo de luz, aportar o maior número de opinións e tocar moitos dos puntos de vista que se están a dar no debate, ESF Galicia conseguiu reunir para este evento a algunhas das persoas máis implicadas nese debate e tamén a algúns expertos e organizacións que poden aportar novas visións:
D. Francisco Menéndez, Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia
D. Joaquín Suárez, Dr. Enxeñeiro de Camiños, profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños e membro do GEAMA.  
D. Manoel Docampo, membro da dirección executiva do Sindicato Labrego Galego
Dna. Montserrat Valencia, asesora xurídica da Asociación Amigos da Terra.   
D. Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común
Representante da empresa privada de xestión e tratamento de augas.(p.c)

(24-11-2014)


IV XORNADAS DE SOBERANÍA ALIMENTARIA

Os vindeiros días 28, 29 e 30 de novembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza as IV Xornadas de Soberanía Alimentaria, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. O curso é de balde. As xornadas estarán divididas; venres 28 pola tarde (16:00-20:30), sábado 29 (9:30-14:00 e 16:00-20:30) e domingo 30 (9:30-14:00 e 16:00-20:00). Realizarase na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo.

As xornadas son uhna aposta dentro da educación formal universitaria por incluir temáticas relacionadas co actual sistema de produción, distribución e consumo de alimentos, e coa presentación de alternativas posibles.
Organízanse en sesións temáticas de carácter expositivo e participativo nas que, coa colaboración de persoas expertas na materia, se abordarán aspectos relacionados coas situacións de pobreza, modelos alimentarios e se presentarán as distintas alternativas que se insiren dentro da proposta da Soberanía Alimentaria.

Cómo inscribirse?
Enviando un correo a lugo@galicia.isf.es incluíndo:
- Nome e apelidos
- DNI
- Facultade ou Escola á que pertence (se se realizan estudos universitarios)
- Asunto: Inscrición nas IV Xornadas de Soberanía Alimentaria.

Data límite: xoves 27 de novembro

Apúntate! É de balde!

Para calquera dúbida ou información:
lugo@galicia.isf.es
esf.lugo@gmail.com

blog: http://esfgalicia.blogspot.com.es/2014/11/xornadas-de-soberania-alimentaria.html

(24-11-2014)

Segunda vida para o teu ordenador - Santiago

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, dentro da campaña de obradoiros prácticos con tecnoloxías apropiadas que cofinancia Cooperación Galega da Xunta de Galicia, organiza o vindeiro martes, 2 de decembro, a partir das 17:00 na Facultade de Dereito (Aula Informática 03) da USC: "Segunda vida para o teu ordenador".
A Oficina de Software Libre do CIXUG axudarannos instalar outros sistemas operativos que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais.

O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es

(13-02-2017)

Aberta a Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade 2017

Un ano máis, convocamos as prazas do Programa de Coñecemento da Realidade nos nosos países de traballo (Honduras).

Son 4 prazas, 2 dentro do programa de Dereito Humano á Auga e outras 2 dentro do programa de Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria.

A data límite para a presentación de solicitudes é o 24 de febreiro.

Aquí podes consultar as bases.

Calquera dúbida podes preguntala en info@galicia.isf.es

(17-03-2015)

Conta atrás para o Día Mundial da Auga, o 22 de Marzo!

Con motivo desta celebración, dende Enxeñería Sen Fronteiras organizamos unha serie de actividades de sensibilización sobre as problemáticas relacionadas.

Aproveitando o marco ofrecido polas Nacións Unidas para este ano "Auga e desenvolvemento sostible", tratamos de poñer o foco de atención na Auga como un elemento fundamental para acadar un futuro sustentable. Fundamental en calquera das tres dimensións que comprenden o desenvolvemento sustentable, a social, a ecolóxica e a económica.



O Luns 23 de Marzo, as 12:45 contaremos coa presentación do Dr. José Anta Álvarez, do Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente, que nos falará sobre Auga e Desenvolvemento Humano. Tamén co grupo de Programas Internacionais de Enxeñería Sen Fronteiras que nos falarán de experiencias reais en Cooperación Internacional.

O Xoves 26 de Marzo, as 12:45, presentaremos o vídeo resumo das Xornadas da Auga. Poderemos disfrutar da poñencia de Pedro Vega Marcote, profesor na UDC de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostible, que nos falará sobre a Pegada Ecolóxica, facendo especial fincapé na pegada hídrica como instrumento para a sustentabilidade.

Por último, e como peche as actividades, o grupo de Sensibilización e Incidencia Política levará a cabo a Dinámica da Sustentabilidade, donde aprenderemos de forma diferente o concepto de Sustentabilidade na explotación dos recursos, en especial da Auga.

As Xornadas serán no Salón de Actos da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC, de libre acceso.

Ademais, o longo de toda a semana, poderedes desfrutar das exposicións "Auga con Fronteiras" e da fotográfica "Outras realidades", unha recopilación de fotos realizadas por persoas que participaron nos Programas de Coñecemento da Realidade en Enxeñería Sen Fronteiras.


Máis info:
info@galicia.isf.es
Tel: 981 167 000 ext. 1479

Descarga asociada

(24-11-2014)

Obradoiro de Instalación Software Libre - Vigo

O vindeiro venres día 28 de novembro terá lugar en Vigo un obradoiro sobre Software Libre, no que aprenderemos como instalar un sistema operativo de Linux nun ordenador.

O obradoiro terá lugar no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media.
Será impartido por Daniel Vila, voluntario da asociación, especializado nestas temáticas. Axudarannos instalar outros sistemas operativos que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais.Trae o teu ordenador e proba, é de balde!


Como sabedes, considerase software libre aqueles software cuxo código está aberto para ser lido, copiado, difundido ou modificado para calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Como resultado, adoitan ser tan bós ou mellores que o software privativo, e como resultado de seren desenvoltos por múltiples usuarios particulares, tamén adoita ser gratuito. Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera.

Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así aos usuarios.

Non vos perdades este obradoiro e participade con nós da tecnoloxía baseada no Software Libre!

(17-11-2014)

Xornadas: É neutral a tecnoloxía? As múltiples caras do feito tecnolóxico

Desde Enxeñería Sen Fronteiras temos o pracer de invitarvos ás Xornadas “É neutral a tecnoloxía? As múltiples caras do feito tecnolóxico", que terán lugar o vindeiro 22 de novembro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, por esas datas haberá diversos obradoiros en distintas cidades galegas, vinculados á temática da soberanía tecnolóxica e aos movementos "faino tí mesma". Pódese coñecer o programa das xornadas e obradoiros aquí.

(19-03-2013)

Enxeñería sen Fronteiras organiza un obradoiro práctico para a elaboración de gasolinas caseiras

O mércores 20 de marzo celébrase na Facultade de Física no Campus Vida un taller de transformación de aceite vexetal en combustible para motores diésel.

Dentro do ciclo de obradoiros prácticos en tecnoloxías apropiadas que está a organizar a asociación Enxeñería sen Fronteiras, inclúese este segundo módulo sobre gasolineiras caseiras no que se aprenderá a reciclar o aceite vexetal para empregalo como combustible. Nesta segunda sesión, que terá lugar o mércores 20 de marzo ás 19:00 horas no hall da Facultade de Física, contarase coa colaboración da asociación de estudantes Isaac Newton (AISNE).
A actividade planificada para esta semana consiste nunha exposición práctica sobre a reciclaxe de aceite vexetal usado como combustible en motores diesel. Explicarse todo o proceso, desde a recollida, filtrado, mesturas e proporcións; ata as normas a ter en conta, propiedades e rendementos. Tamén se fará referencia á diferenza que existe entre o aceite filtrado e o biodiesel, ao tempo que se dará a coñecer a rede de “Gasolineiras caseiras". Non hai que esquecer que, a parte dun importante aforro económico, este tipo de practicas implica unha diminución do impacto ambiental dos combustibles fósiles. 

Que é a Tecnoloxía? Unha tecnoloxía é un conxunto de coñecementos, unha forma de pensar, de solucionar as dificultades que se nos presentan. Toda tecnoloxía pode ser apropiada ou non en función dos factores exteriores, que non dependen da mesma, pero que si a condicionan na súa utilización como mecanismo de resolver problemas sen crear outros novos.

Máis información: patricia.iglesias@isf.es

(16-08-2017)

Xornadas de Bioconstrución

Ola!

Convidámosvos a que participedes nas Xornadas de Bioconstrución, organizadas por ESF-Grupo Agro e a Asociación Treze Catorze, e que se van realizar en Salceda de Caselas os próximos 15,16,17,23 e 24 de setembro.

Construiremos unha estufa Rocket:

Estufa de leña para calefacción, empregando barro do lugar, metais reciclados e ladrillos, cun consumo de leña/kW moi inferior ás estufas convencionais, ademáis duns niveis de emisión de gases tóxicos tamén moito máis baixos. Por outro lado, o intercambiador fume-barro, en forma de banco de inercia térmica, proporciona unha calor resilente que dura ata máis de 24 horas despois de deixar apagar a estufa.
A combinación dos inxenios finlandeses con sistemas de dobre combustión e o contrafluxo, nos permite alcanzar niveis de eficiencia para o funcionamento deste sistema.

O prezo é de 20€/persoa e inclúe: formación do obradoiro (teórico-práctica), seguro de Responsabilidade Civil e un pequeno entremés. Para realizar as inscricións poderedes facelo a través do correo electrónico trezecatorze@gmail.com.

A selección d@s participantes farase por orde de inscrición, dándolle prioridade ás persoas pertencentes aos grupos organizadores. A data límite de inscrición é o domingo 10 de setembro.



(28-11-2016)

Black Friday: pásate do negro ao verde

Despois das compulsivas compras desta fin de semana Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras queren concienciar cara un consumo más consciente e responsable.

Que é a obsolescencia programada? Existe a electrónica ética?
Data: 28 de novembro
Hora: 18:00
Lugar: Sala de graos Escola Superior Enxeñería de Telecomunicacións.
Campus Lagoas-Marcosende (Vigo)

Tras a resaca de compras desta fin de semana vinculada ao Black Friday, estas dúas organizacións falarán hoxe na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións sobre as implicacións deste consumismo, sobre todo no ámbito tecnolóxico, e a súa relación ca obsolescencia programada. Sen esquecer que existen alternativas como a electrónica ética.

María Fernández, de Amigos da Terra, achegaranos ao fenómeno da obsolescencia programada así como as súas implicacións sociais e ambientais no uso dos recursos naturais no norte e no sur. Así mesmo, tamén se mostrará a vinculación da obsolescencia ca redución, reutilización e a reciclaxe de residuos. Por outra banda, Daniel Vila, de Enxeñería sen Fronteiras, comentarannos de como afecta este concepto aos aparellos eléctricos e se realmente é posible falar de electrónica ética.
Durante a charla proxectaranse o corto de "Longa vida á materia" onde se explica dun xeito breve e didáctico o proxecto Alargascencia dende o punto de vista de A Canalla, un dos establecementos de Vigo que participa.


Para máis información:
María Fernández 629 831 089

(18-03-2016)

X Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a décima edición do curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano" que se desenvolverá no campus compostelán.

A través del perséguese mostrar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.

Tamén se quere amosar a importancia de pór a tecnoloxía e a enxeñería ao servizo do desenvolvemento das persoas en todo o mundo, inseparablemente do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.

Recoñecido con 2 E.C.T.S ou créditos de libre configuración (plans antigos) para todas as titulacións dos campus de Santiago de Compostela e de Lugo.

Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñaria

Primeiro fin de semana: 8, 9 e 10 de abril
Segundo fin de semana: 22, 23 e 24 de abril

•O curso estrutúrase en dúas sesións de 10 a 14 e 16 a 20 horas o venres e sábado e unha sesión de 10 a 14 horas o domingo.

Duración total: 60 horas

• A duración estimada de cada apartado do curso é de 1 hora e 15 minutos. Descansos de 15 minutos.

Podedesvos informar enviando un correo-e a: compostela@galicia.isf.es

Custe:

50€ non socios/as de ESF
25€ base social de ESF

Prazo de inscrición:

Ata o 1 de Abril

Proceso de matrícula:

Inscrición no curso a través do seguinte formulario:

Clic aquí para acceder ao formulario de inscrición

Unha vez realizada a inscrición e se lle comunique á persoa interesada a confirmación de reserva de praza deberá realizar o pago da matrícula no prazo de cinco días laborais na seguinte conta de ABANCA:

ES92 2080 0012 3130 4003 1586 (Titular: Enxeñería Sen Fronteiras Galicia)

É importante que no ingreso ou transferencia figuren polo menos os seguintes datos:
Nome e apelidos da persoa
Nome do curso: X Curso Tecnoloxía e Cooperación

Unha vez que se teña feito a matrícula deberase enviar unha copia resgardo de pagamento por correo electrónico a:

compostela@galicia.isf.es

Esperamos contar coa vosa participación!


Recoñecemento de créditos:
Para o recoñecemento dos dous créditos E.C.T.S ou de libre configuración será imprescindible cumprir cos seguintes requisitos:

Asistencia mínima a un 90% das horas do curso e participación activa.
Ademais o alumnado deberá realizar os traballos ao longo do curso, que se avaliarán xunto coa asistencia e participación no mesmo.


Programa completo do curso:

BLOQUE I. INTRODUCIÓN

A cooperación para o desenvolvemento humano. Conceptos básicos
O modelo actual de desenvolvemento e a pobreza.
Alternativas ao desenvolvemento actual.
Precedentes históricos das relacións Norte-Sur. O colonialismo
A pobreza no norte ou o Cuarto mundo
Consecuencias da desigualdade Norte-Sur: o feito migratorio.

BLOQUE II. A COOPERACIÓN E OS ENFOQUES TRANSVERSAIS DA COOPERACIÓN.

A Educación para o desenvolvemento (EpD)
Participación social, sensibilización e incidencia política.
Movementos sociais no Sur. Introducción á Soberania Alimentaria
A comunicación como ferramenta no desenvolvemento
A perspectiva de xénero na cooperación
As culturas indíxenas.
Mesa redonda: Politicas e axentes de cooperación para o desenvolvemento.


BLOQUE III. TECNOLOXÍAS E PROXECTOS

Ferramentas na cooperación: os proxectos
O acceso a auga como dereito universal.
A xestión do proxecto. Introdución ao marco lóxico.
O papel da agricultura no desenvolvemento no Sur
Ordenación territorial e fortalecemento institucional
O concepto de Tecnoloxías apropiadas.
O modelo enerxético actual e alternativas
Implicación persoal na cooperación e banca ética
Pesca sostible
Software e Hardware Libre na cooperación
Charla e dinámica IAP (Investigación-Acción Participativa)


BLOQUE IV. A AVALIACIÓN

A avaliación para o achegamento á realidade
Dinámica participativa e proxección documental
Clausura do curso

Mais información:
Para calquera dúbida ou mais información podédesvos poñer en contacto con nosco no seguinte enderezo: compostela@galicia.isf.es

(02-11-2014)

​ ​​ I Certame de fotografía e poesía

nxeñería Sen Fronteiras convídate a compartir a túa mellor fotografía ou poesía sobre Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH), dereito á auga e xestión de recursos hídricos. A motivación central do concepto TpDH é que a tecnoloxía xoga un papel fundamental nas nosas vidas e no desenvolvemento e vertebración da sociedade, por este motivo debémonos preocupar de que as tecnoloxías que desenvolvamos sexan un medio para promover un mundo máis equitativo, xusto e solidario.

Aquí podes saber máis sobre o certame de fotografía [1]

Aquí podes saber máis sobre o certame de poesía [2]

[1] https://esfgalicia.blogspot.com.es/2016/10/bases-i-certame-fotografia-de-enxeneria.html

[2]

Descarga asociada

(18-03-2014)

XORNADAS GALEGAS DA AUGA

Compostela acolle o encontro galego pola auga, que reunirá a máis dunha ducia de persoas expertas e colectivos.

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC albergará unha longa xornada de debate sobre os servizos de abastecemento e saneamento da auga.

ENTRADA LIBRE

As Xornadas Galegas da Auga xorden coa vontade de ser un espazo de encontro do sector público e organizacións da sociedade civil, no que se debata e reflexione sobre as diferentes vertentes que engloban á xestión do ciclo integral da auga.

Dende a asociación de Enxeñería Sen Fronteiras, membro da Red Agua Pública, se promove este evento no que participará máis de unha ducia de expertos e colectivos que traballan directamente sobre a materia. Nestas xornadas contaremos coas especiais participacións de D. Jaime Morell, xerente do Consorcio Provincial de Aguas de Sevilla, que agrupa tódalas entidades públicas de Sevilla (cerca da totalidade) con responsabilidade en materia de augas, ademáis de D. Francisco López, coordinador da Marea Azul del Sur, que reúne a tódolos colectivos que loitan pola auga pública en Andalucía.
Dende Galicia acudirán diferentes colectivos ecoloxistas, plataformas, sindicatos e asociacións veciñais, que abordan os diferentes conflictos en torno a auga, así como a entidade pública Augas de Galicia.


O espazo consistirá nunha longa xornada que abordará os aspectos técnicos sobre a xestión do ciclo urbano da auga e os modelos alternativos de saneamento, durante a mañá.

Durante a tarde levaranse a cabo dúas mesas redondas que expoñerán as diferentes vertentes nos conflictos que conforman o movemento galego pola auga e as experiencias nos procesos de remunicipalización dos servizos de abastecemento e saneamento.


As xornadas terán lugar o día 29 de marzo, no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, no Campus Vida da USC (Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida)

ENTRADA LIBRE

Podedes consultar o programa aquí

Descarga asociada

(21-10-2010)

Faltas ti! Descubre o voluntariado

A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organizará unha serie de conferencias informativas coas que se pretende presentarse e dar a coñecer e achegar a todo o público en xeral, as actividades e proxectos que está a desenvolver esta ONGD

"Por qué unha persoa é voluntaria?", "Que significa ser voluntario?", "Para que ser voluntario?" ou
mesmo "Como e onde se pode ser voluntario?" A todas estas cuestións intentarase respostar na charla, onde se
mostratán as experiencias de voluntariado en temas como a sensibilización ou a educación.
Estas conferencias de presentación están abertas a todas aquelas persoas interesadas na Cooperación para o
Desenvolvemento, así como voluntarios, responsables de programas e proxectos de cooperación, organizacións non-
gobernamentais, medios de comunicación, etc…

Día: Xoves, 21 de outubro de 2010
Hora: 20:15 h
Lugar: Aula 4 da Facultade de Ciencias da Educación e Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.


(08-04-2016)

Escuela de verano - Cursos online

¡Llega el verano a Ingeniería Sin Fronteras!

Llevamos dos días seguidos de sol y chaqueta ligera y no lo hemos podido evitar, somos así de optimistas… ¡Ya es verano en Ingeniería Sin Fronteras!

Sabemos que sois personas inquietas y que tenéis claro que el verano solo es una excusa para no ir a clase, así que hemos preparado una nueva edición de nuestra refrescante Escuela de Verano que os permitirá llevaros la clase a la playa, al parque, a la casita del pueblo o a las Antípodas.

Para esta edición abrimos tres cursos online que, del 2 de junio al 27 de julio, os permitirán huir de las fotos de piestureo de tus amistades:

- Derecho Humano al Agua

- Proyectos de Abastecimiento de Energía en Zonas Rurales

- Gestión de Proyectos de Cooperación Internacional de Base Tecnológica

Cerramos inscripciones el 26 de mayo.

¡Os esperamos!

Mas info: http://formacion.isf.es/escuela-de-verano-2016/#sthash.9mKE0kyP.4iOuJJE0.dpuf

(14-03-2012)

FORO INTERNACIONAL DA AUGA

Do 20 ao 24 de marzo Galicia acolle un encontro Norte-Sur que reunirá a máis dunha ducia de organizacións de todo o mundo.
As cidades de Coruña, Santiago e Vigo serán os escenarios dunha semana de debate e reflexión sobre o dereito á auga.

QUE? O Foro Internacional da Auga (FIA) xurde coa vontade de ser un espazo de encontro Norte - Sur no que se debata e reflexione sobre as distintas vertentes que engloban ao Dereito Humano á Auga.

QUEN? Enxeñería sen Fronteiras é a ONGD encargada de organizar este evento, pero sen dúbida o protagonismo recae nas entidades que nos acompañan neste Foro, aportando os seus discursos, reflexións e boas prácticas. Neste encontro Norte Sur contaremos coa presenza de catro organizacións de América Central e máis de dez entidades de Galicia e do resto do Estado que traballan directamente co tema da xestión do recurso hídrico.

COMO? Ao concibirse como espazo de debate e reflexión colectiva o FIA organízase en sesións temáticas de carácter expositivo e participativo nas que se abordarán aspectos como o conflito da auga en Galicia, modelos de xestión, xénero e auga ou a privatización deste recurso en Centroamérica.

ONDE E CANDO?
Días 20 e 21: A Coruña. Sala de Graos I da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña.
Días 22 e 23: Santiago de Compostela. Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería. Campus Vida da USC.
Día 24: Vigo. Salón de Actos da Galería de Sargadelos. Rúa Urzaiz, 17.

Máis detalles no programa completo AQUÍ.


POR QUE?  
Porque o acceso á auga é un dereito básico e universal segundo a Observación Xeral número 15 do Consello Económico e Social das Nacións Unidas.
Porque a Organización Mundial do Comercio non declarou a auga coma un dereito fundamental, senón coma un ben privado.
Porque hoxe en día 1100 millóns de persoas non teñen acceso a auga potable e 2600 millóns non dispoñen de saneamento sustentable.
Porque a auga é un ben común que non pode estar ao servizo dos intereses económicos das empresas, senón que debe estar ao servizo de todos e de todas.
Pero, sobre todo, celebramos o Foro Internacional da Auga porque hai alternativas, porque hai colectivos que están a impulsar iniciativas exitosas que permiten entender a auga como un dereito humano.

PARTICIPA!

Todas as sesións son de libre acceso.

Cubre este formulario para participar de público. Inscripción gratuita.

Formulario. Foro Internacional da Auga.

Contacto:
info@galicia.isf.es - 981167000 Ext. 1479

Guillermo Alberto Castro Botello: Coordinador do FIA. guillermoalbertobotello@gmail.com

Alicia López Fariña: Responsable de prensa do FIA.
alicia.lopez.farinha@gmail.com 

(02-11-2016)

CERTAME DE POESÍA E FOTOGRAFÍA DE ENXEÑERÍA SIN FRONTEIRAS GALICIA

Enxeñería Sen Fronteiras convídate a compartir a túa mellor fotografía ou poesía sobre Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH), dereito á auga e xestión de recursos hídricos. A motivación central do concepto TpDH é que a tecnoloxía xoga un papel fundamental nas nosas vidas e no desenvolvemento e vertebración da sociedade, por este motivo debémonos preocupar de que as tecnoloxías que desenvolvamos sexan un medio para promover un mundo máis equitativo, xusto e solidario.

Aquí podes saber máis sobre o certame de fotografía


Aquí podes saber máis sobre o certame de poesía

(26-09-2016)

II XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN

As Xornadas de Bioconstrución ESPIGA – ESF xorden da colaboración da Asociación galega para a Bioconstrución ESPIGA e Enxeñería Sen Fronteiras co apoio do programa Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Levarase a cabo en Vigo a partir do xoves 29 de setembro do 2016, en colaboración co Departamento de Edificación e Obra Civil do IES Politécnico de Vigo.
As xornadas desenvolveranse ao longo de 6 semanas cun ciclo de conferencias (no salón de actos do IES Politécnico de Vigo), un obradoiro de construción coa técnica do COB dun banco no xardín do centro) e unha exposición de materiais, sistemas construtivos empregados en bioconstrución e fornos e cociñas solares empregados como recurso didáctico para o aprendizaxe da enerxía solar, rematando cunhas visitas técnicas na zona de Vigo.

Contacto: xornadasbioconstrucionvigo@gmail.com

Inscrición as Conferencias neste enlace>>>

Inscrición Obradoiro-Visitas técnicas neste enlace>>>



PROGRAMA

VENRES 30 SETEMBRO.

INTRODUCIÓN Á BIOCONSTRUCIÓN

16:00 h Presentación das Xornadas e dos organizadores.

16:30 h Introdución á bioconstrución. Juan Bello, CIFP SOMESO

18:00 h Descanso.

18:30 h Bioconstrución e Autoconstrución. Juan Bello, CIFP SOMESO

20:00 h Materiais empregados en Bioconstrución. Juan Bello, CIFP SOMESO

21:00 h Peche das xornadas.


XOVES 6 OUTUBRO

TECNOLOXÍAS APROPIADAS

16:00 h Construción con madeira. Casabío.

16:45 h Construción con bambú. Bambusa.

17:30 h Descanso.

18:00 h Construción con terra. Javier Ovejero.

19:00 h Construción ecolóxica. As Corcerizas.

20:00 h Mesa redonda.

21:00 h Peche das xornadas.


XOVES 13 OUTUBRO

EFICIENCIA ENERXÉTICA

16:00 h Construción Passivhaus. Mike Lehmhaus de Casadobe.

16:45 h Estufas de alta eficiencia. Manuel Vázquez de Ecofogar.

17:30 h Descanso.

18:00 h Enerxías renovables. Galivoltaica.

19:00 h Domótica na bioconstrución. David Camiños, IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra).

20:00 h Mesa redonda.

21:00 h Peche das xornadas.


XOVES 20 OUTUBRO

CONSTRUCIÓN SAUDABLE

16:00 h Saúde do hábitat e xeobioloxía. Xulio Fernández.

17:00 h Revocos e calidade do ambiente interior. Cruz Iglesias.

18:00 h Descanso.

18:30 h Procedimiento para determinar si la madera necesita un tratamiento protector. Cruz Iglesias.

19:30 h Pinturas naturais. Alexandre Domínguez de Decologic.

20:00 h Mesa redonda.

21:00 h Peche das xornadas.

(10-03-2016)

Fin de Semana de Tecnoloxía para as Persoas e Inventos Solidarios

A vindeira fin de semana colaboramos co Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) de A Coruña na organización do Fin de Semana de Tecnoloxía para as Persoas e Inventos Solidarios.
Os garantizamos que vai ser moi movidiño...

O venres será día de coles. Sábado e domingo, aberto a todos os públicos!! Por suposto, a entrada ao museo e os obradoiros serán de balde.

En obradoiros paralelos que se irán repetindo durante a fin de semana, aprenderemos a facer unha bomba de mecate, filtros "máxicos" que convirten auga marrón en auga limpa, fornos solares e mesmo xoguetes caseiros. Non faltarán xogos e dinámicas, e tamén a reflexión sobre por que fan falta moitos destes "inventos solidarios", que non deixan de ser en ocasións parches para situacións moi comprometedoras para a calidade de vida das persoas (e onde a loita polos dereitos humanos e o ben común debe tomar o protagonismo, sendo moi conscientes de que a tecnoloxía pode paliar algo, pero sen deixarse adormecer por ela).

Ademais dos obradoiros, tamén paga moito a pena aproveitar para ver o museo!

(15-02-2016)

Xornadas ESFeiras en Vigo - Cooperación ao desenvolvemento e tecnoloxías apropiadas

A sede de Vigo de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia ten o pracer de anunciar que o vindeiro sábado 12 de marzo realizaranse unhas xornadas formativas sobre cooperación ao desenvolvemento e tecnoloxías apropiadas, os grandes eixo de traballo da asociación.
O programa de actividades é o seguinte:

18:00 Experiencia dunha PCR en Honduras: Aqui Paula vainos relatar a súa experiencia en Honduras visitando os proxectos internacionais de ESF Galicia, enfocados en Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria. (encontra mais información no noso blogue sobre as actividades en Honduras)
18:45 Facendo frente á sequía en África Subsahariana: Nesta charla, Sabela vai contar o proxecto levado a cabo en Savanes, Togo (no África Subsahariana), consistente na dotación de infraestructuras de auga cun enfoque de xénero, complementadas con actividades de formación e capacitación das comunidades rurales. Este proxecto foi levado a cabo por Arquitectura Sen Fronteiras.
19:30 Pausa-café.
19:45 Os ordenadores vellos, reviven? Nesta charla-obradoiro, Dani Vila, Nikole Pérez e Andrés Suárez farán unha breve introducción ao concepto de Software Libre, e despois pasarase a unha formación práctica na que se instalará Linux en ordenadores que as persoas asistentes traian. Trátase de mostrar como ordenadores que parecen chatarras inútiles ante a constante renovación de sistemas operativos de Windows, poden ter unha proveitosa segunda vida se se lles instala un sistema operativo de Linux, moito mais lixeiro e práctico. Tamén se realizará a montaxe de máquinas virtuais cos ordenadores mais novos. A finalización das xornadas está prevista para as 21:00.

Inscrición (de balde):

https://docs.google.com/forms/d/1PEdqpGFy1fCdm_gInwfHNdJ0xF4VsPjMq85II8le7B0/viewform?c=0&w=1

Lugar:

Café Uf, en Rúa do Pracer, nº 19, Vigo (ao lado do Concello)

Material necesario:

Para sacarlle o máximo partido ao obradoiro aplicado de instalación de Linux, recoméndase traer o ordenador propio, especialmente se se ten un ordenador en casa que xa non se usa por vello pero que ainda funciona.

Contacto:

Para calquer dúbida ou consulta, non dubides en contactar connosco e Andrés resolverá as túas dúbidas! ansuga@gmail.com

Esperámoste o sábado 12 de marzo no Café Uf!!!

(10-12-2015)

Xornadas de Xénero e Tecnoloxía

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) lanza o sábado día 12 de decembro ás 11 da mañá e durante todo o día a primeira edición das Xornadas de Xénero e Tecnoloxía que se celebrará no Salón de actos do Museo Nacional de Ciencia y Tecnoloxía (MUNCYT) de A Coruña. As xornadas son unha aposta dentro da educación para o desenvolvemento por incluír temáticas relacionadas coa actual situación de desigualdade entre xéneros e a súa relación directa con o mundo da tecnoloxía.

Ao concibirse como espazo de debate e reflexión colectiva, as Xornadas de Xénero e Tecnoloxía organízanse en sesións de mesas redondas de carácter expositivo e participativo nas que, coa colaboración de persoas expertas na materia, se abordarán aspectos relacionados coa a fenda de xénero dentro de as tecnoloxías e o desenvolvemento, o activismo e a súa relación coas TIC ou o uso das tecnoloxías como fonte de desigualdade.

Entrada libre

Podedes consultar o programa aquí

(18-02-2014)

V Obradoiro: Políticas enerxéticas actuais, solucions enerxéticas racionais

Enxeñería Sen Fronteiras (ESF), en colaboración con Cooperación Galega da Xunta de Galicia, continúa co ciclo de obradoiros prácticos en tecnoloxías apropiadas en Compostela. O quinto, Políticas enerxéticas actuais, solucions enerxéticas racionais, realizarase o vindeiro mércores 26, as 20:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Estas actividades abertas a calquera persoa interesada, tanto dentro como fora do ámbito universitario, consistirán, nunha primieira parte máis teórica onde se fará unha breve introducción sobre as enerxías renovabeis e as distintas tipoloxías básicas. Tamén se analizará o marco normativo actual, as actuais controversias e as alternativas de instalación illadas ou illas enerxéticas. A continuación, nunha segunda parte máis práctica, analizaranse facturas que aporten as persoas asistentes, ademais de explicar opcións de reducción de consumos. Xa por ultimo, plantearase unha instalación aillada para unha vivenda vendo a súa viabilidade económica e estimación de aforro enerxético. O relatorio será a cargo de Samuel Prieto, enxeñeiro de Montes e Master en Enerxías Renovables e sostenibilidade enerxéticada da USC.


Breve introducción sobre as enerxías renovabeis. Tipoloxías básicas.
Marco normativo actual das enerxías renovábeis e tendencias.
Que é o Balance neto? Controversias.
Alternativas de instalación illadas ou illas enerxéticas
A factura da luz. Análise e reducción de consumos
Plantexamento alternativa dunha instalación aillada para unha vivenda.


O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es


Vente e trae a túa factura da luz!!

(14-02-2014)

Obradoiro novas masculinidades

Enxeñería Sen Fronteiras organiza en A Coruña un Obradoiro de Novas Masculinidades.
Coa colaboración de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, está aberto a todas as persoas que desexen participar.
Fecha: 8 de marzo de 2014.
Duración: 8 horas.
Lugar: pendiente de confirmación.
As prazas son limitadas e o prezo da matrícula é de 5 euros que se abonarán o día do obradoiro.

PROGRAMA
1. O SISTEMA SEXO-XÉNERO
Que é o sexo? Que é o xénero?
Cales son os espazos de socialización da desigualdade?
Currículum oculto e explícito.

2. HISTORIA DOS FEMINISMOS
Precursoras, sufraguistas e filósofas.
Feminismo da igualdade. Feminismo da diferenza.
Novas tendencias do feminismo actual: Ecofeminismo, Ciberfeminismo e Feminismo Queer.

3. A IGUALDADE DE XÉNERO DENDE A ÓPTICA DA MASCULINIDADE
Implicacións dos condicionantes de xénero nas condutas dos varóns: prover, procrear e protexer.
A esferas de socialización nos varóns: Produtiva, reprodutiva e comunitaria.
Breve historia dos homes ante as desigualdades patriarcais.

4. QUE É SER HOME NO SECULO XXI ?.
A construir no obradoiro.

Para formalizar a inscrición é preciso cubrir a enquisa desta ligazón.

(04-02-2014)

Obradoiro de bici urbana, outra forma de entender a cidade.

Enxeñería Sen Fronteiras (ESF) está a realizar unha serie de obradoiros prácticos en tecnoloxías propiadas. O cuarto, obradoiro de bici urbana, outra forma de entender a cidade, realizarase o vindeiro mércores 12, as 20:00 horas na sala Polivalente do CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) situado no camiño da Ameixaga dentro do propio Parque de Belvís en Santiago de Compostela.

Estas actividades abertas ao calquera persoa interesada tanto dentro como fora do ámbito universitario, consistirán, neste cuarto obradoiro, na revisión dos modelos de movilidade urbán e a proposta da bicicleta como unha realidade sostible. Ademais deste interesante debate, os compañeiros de Composcleta mostrarannos un caso práctico centrado na rúa de San Pedro e se o tempo o permite, realizaras e un paseo nocturno cas persoas que traian as súas bicicletas. A entrada é libre pero será necesario realiza runha preinscrición no correo-e compostela@galicia.isf.es

ESF somos unha asociación independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a Cooperación para o desenvolvemento e poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano. Polo tanto, a tecnoloxía é un concepto clave, pero nun senso amplo e fuxindo dos seus uso máis frecuente asociado a aparatos, maquinaria ou a novas tecnoloxías.

E, entendéndoa como un conxunto de coñecementos, unha forma de pensar, de solucionar as dificultades que se nos presentan.
Tendo en conta que a tecnoloxía está presente en cualquera actividade humana hoxe en día, é un dos medios para contribuir ao seu desenvolvemento, pero dun xeito sostible e proporcionando novas capacidades. De aí xurde o plantexamento destes obradoiros para estimular o pensamento crítico e concienciar sobre a problemática dos residuos, a reciclaxe e o emprego doutro tipo de enerxías. Así, a través
dunha metodoloxía participativa e co emprego dunha serie de técnicas e ferramentas prácticas preténdese a implicación tanto a nivel persoal
como colectiva das persoas participantes e xerar maior conciencia acerca da importancia das nosas accións e os impactos que estas xeran.
No primeiro obradoiro levouse a cabo a construcción de fornos solares caseiros. No segundo explicouse a posibilidade de empregar
aceite usado doméstico como biodiesel, mesturándoo con combustible convencional. No último, levarouse a cabo un obradoiro de cosméticos a través do emprego e reciclaxe de productos naturais.



Descarga asociada

(19-11-2013)

Obradoiro de cosméticos naturais

O próximo mércores 20 de novembro en Santiago de Compostela ás 19:30, Enxeñería Sen Fronteiras realizará outro dos seus exitosos obradoiros tratando de fomentar o uso de tecnoloxías axeitadas. Neste, aprenderemos a facer cosméticos naturais de maneira artesanal, sen necesidade de recurrir a engadidos químicos contaminantes. Non vos podedes perder este novo obradoiro!

Realizarase na aula verde do SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), no número 8 en Casas Reais (onde están tamén as oficinas de Relacións Exteriores no casco vello, e tamén de orientación laboral). Para asistir, non tendes mais que preinscribirvos no correo compostela@galicia.isf.es, de maneira totalmente gratuita. O curso vai dirixido a toda a comunidade universitaria, dende os estudantes ata o persoal funcionario e os profesores e investigadores, pero tamén ao resto da poboación interesada.

Aprenderemos en primeiro lugar como facer un protector de labios a base de mandarina, i en segundo lugar, como facer un ungüento cicatrizante, antiinflamatorio e bacterizida a base de herbas silvestres e cera de abella.

Este obradoiro enmárcase nun proxecto de actividades sobre tecnoloxías axeitadas coa fin de difundir a idea do desenvolvemento sostible e fomentar o pensamento crítico sobre as tecnoloxías presentes na nosa realidade cotiá. É o terceiro despois dun obradoiro sobre fornos solares caseiros (aquí tes o post onde o contamos) e doutro de biodiesel a base de aceite vexetal (pincha aquí). O obradoiro basearase na metodoloxía participativa, tratando de involucrar aos asistentes e así dinamizar a experiencia. Esperámosvos o día 20 deste mes na aula verde do SEPIU ás 19:30!!

(21-02-2013)

Obradoiros Prácticos en Tecnoloxías Apropiadas

Enxeñería Sen Fronteiras (ESF) realizará nos vindeiros meses unha serie de obradoiros prácticos en tecnoloxías apropiadas. O primeiro, cómo realizar fornos solares caseiros, realizarase o vindeiro mércores 27, as 19 horas na aula de proxectos da Escola Técnica Superior de Tecnoloxía (ETSE) no Campus Vida, antigo campus Sur da USC.

(O material necesario será proporcionado no mesmo obradoiro).
No primeiro obradoiro levarase a cabo a construcción de fornos solares caseiros. No segundo explicarase a posibilidade de empregar aceite usado doméstico como biodiesel, mesturándoo con combustible convencional para conseguir non só un importante aforro económico senon unha diminución do seu impacto ambienta. E xa por último, levarase a cabo un obradoiro de cosméticos a través do emprego e reciclaxe de productos naturais.

As actividades están a abertas a participación de toda a comunidade universitaria, estudantado, persoal administrativo e de xestión da universidade e perosal docente e investigador.

Máis información: info@galicia.isf.es

(16-01-2013)

I XORNADAS DE VOLUNTARIADO DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD, levarán a cabo as I Xornadas de Voluntariado de Cooperación para o Desenvolvemento que se celebrará o venres, 25 de xaneiro, en Santiago de Compostela.

O obxectivo de ditas xornadas é crear un espacio de reflexión en torno ao voluntariado de cooperación ao desenvolvemento no que compartir experiencias e visións xunto a persoas voluntarias de distintas organizacións, administracións e outras persoas que xestionen voluntariado.
Neste enlace>>>  podedes ver o programa completo.

Para inscribirse é necesario enviar os teus datos (nome, apelidos, correo-e de contacto e asociación ou entidade a que pertences) a seguinte dirección de correo: compostela@galicia.isf.es

(04-12-2012)

Obradoiro de Teatro Social

Dende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia convidámosvos a participar no primero obradoiro de Teatro Social con Perspectiva de xénero.

Este obradoiro está dirixido principalmente ás bases sociais das ONGDs que desexen achegarse ao Teatro Social de cara a facilitarlles unha nova ferramente de incidencia e sensibilización social.

O taller estará dinamizado polo Grupo de Teatro da Oprimida da Coruña e contará co apoio de voluntarios e voluntarias de ESF-Galicia.


Obradoiro de balde. Máximo 25 persoas.

Para inscribirse é necesario descargar o formulario de inscrición aquí e envialo a info@galicia.isf.es antes do 13 de Decembro.

Neste mesmo enderezo podes solicitar máis información

Cando: 15 e 16 de decembro.

Horario: 10-14 e 16-20.

Onde: Escola de Camiños, Campus de Elviña (UDC)

A organización encargarase da comida dos dous días. O prezo será 5 euros por día como máximo, dependendo do número de asistentes.

Agardámoste!

(30-10-2012)

Alternativas fronte á crise - organiza: Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

ALTERNATIVAS FRONTE Á CRISE: Asociacionismo e cooperativismo.

Coas seguintes intervencións:

-Asociación FIARE, banca ética. Economía sostible.
-Filé FENTO, comunidade de redes. Cooperación e solidaridade

O sábado 3 de novembro ás 12:00h no local de Vento do Sul (Librería Torga) Rúa da Paz 12, Ourense


Colaboran: Xunta de Galicia, Cooperación Galega, Universidad de Vigo,

(15-02-2012)

II Edición - Curso de Introducción aos SIG para a cooperación ao desenvolvemento

Xa se abriu o prazo de matrícula para o curso online de Introducción aos sistemas de información xeográfica (SIX) para a cooperación ao desenvolvemento que coorganizan Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Enginyeria Sense Fronteres Catalunya e o SIGTE co apoio técnico do CartoLab da UDC, Icarto e o LaboraTe da USC.

Plazo matrícula: 15/febreiro/2013

Máis información sobre programa, matrícula e prezos

http://www.sigte.udg.edu/formasig/

Máis información: info@galicia.isf.es

(24-05-2011)

Ciclo audiovisual - Enxeñería Sen Fronteiras - Santiago de Compostela

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza para o MARTES 24 E O XOVES 26 DE MAIO un ciclo de audiovisual na Facultade de Xeografía e Historia en Santiago de Compostela. O horario será de 18:00 A 21:00 HORAS ámbolos dous días e se proxectarán vídeos, curtas, documentais e filmes relacionados con Nicaragua, Honduras, Sáhara e tecnoloxías apropiadas.

Ademais non faltará espazo para o debate e a reflexión, e contaremos coa presenza do profesor da USC Jose Manuel Vazquez que nos falará sobre a importancia de coñecer o contexto do lugar onde se levan a cabo proxectos de cooperación.

Entrada Gratuita

esperámosvos!

(10-12-2010)

IV Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano na Universidade de Vigo

Os próximos días 15, 16 e 17 de decembro celebraranse no paraninfo da escola de Enxeñeiros Técnicos Industriais as IV Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano.

Estas Xornadas, organizadas pola ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, nacen coa intención de aportar unha visión ampla e realista da situación enerxética mundial. Os poñentes participantes nas Xornadas, expertos a nivel nacional en diversos temas relacionados coa situación enerxética mundial, falarán de temas que irán dende a insostenibilidade enerxética do sistema alimentar, ata a enerxía nuclear. As xornadas serán inauguradas por José Cidrás, catedrático da Universidade de Vigo en Enxeñería Eléctrica. Entre os poñentes cabe destacar a José Luis García

Ortega, responsable de Proyectos de Energía Limpia de Greenpeace, que intervirá o día 15 ás 12:30, e a Jose María Vélez, presidente da Asociación de Productores de Enerxías Renovables (APPA), que falará do presente e futuro das enerxías renovables en España o día 17, ás 10 da mañá.

Toda a información relativa ás xornadas está dispoñible na web http://galicia.isf.es/enerxia/ e
tamén na dirección de correo vigo@galicia.isf.es.

O horario completo das xornadas pode consultarse na seguinte URL:
http://galicia.isf.es/enerxia/programa_galego.php

(18-03-2010)

cartel de A Coruña

Estreno de FLOW: Por amor al agua. 22 de marzo

El 22 de marzo, Día Mundial del Agua, ESF Galicia proyectará en A Coruña y Lugo este galardonado documental sobre la crisis mundial del agua a la que nos ha conducido la privatización de los recursos en todo el planeta.

A CORUÑA: Auditorio sede - Sede Fundación Caixa Galicia (A Coruña). 22 marzo 2010. 19:00 h.

LUGO: Sala de Juntas. Escuela Politécnica Superior. USC. Campus Unversitario s/n. Campus de Lugo. 22 de marzo 2010. 19:00 h.

Este galardonado documental de Irena Salina investiga lo que los expertos catalogan como el tema político y medioambiental más importante del siglo XXI: la crisis mundial del agua a la que nos ha conducido la privatización del recurso en todo el planeta.

Más allá de la mera denuncia, Flow también muestra las alternativas propuestas por aquellas personas y organizaciones que luchan para que el agua se considere un bien común. El problema no es la falta de conocimiento, sino la falta de voluntad política. El reto hoy es construir colectivamente esta voluntad política, por amor al agua y a todo lo que representa.

FLOW


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds