Coordinador técnico: Tania Vázquez
Enderezo:
Apartado de Correos 3232 VIGO
36205 - VIGO - Vigo - PONTEVEDRA
Teléfono: 986 127 949
FAX:
Móvil: 698142158
URL: www.xaruma.org
Email: xarumaorg@gmail.com
Nº de voluntarios: 19
Comezamos a primavera cunha das nosas formacións favoritas dentro da Educación Non Formal. Unha formación con ampla saída laboral para traballar con nenos/as, adolescentes, adultos, persoas maiores, colectivos en risco de exclusión, natureza...
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 17 de marzo - 10 de xuño
Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30/21 segundo a fin de semana. Entregarase calendario co horario concreto de cada fin de semana.
Lugar: Vigo (barrio de Teis)
Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.
Contidos:
Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
Animación
Educación para a Saúde
Educación Medioambiental
Organización e Recursos
Aportación: 200 € socios/as e desempregados; 225 € tarifa ordinaria*
Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)
Reserva de praza, antes do 15 de marzo: 70/90
Segundo pago, antes do 15 de abril: 65/70
Terceiro pago, antes do 15 de maio: 65/65
Documentación a entregar:
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
- Foto de carné
- Resgardo bancario do pago da matrícula
- Tarxeta de desempregado (de ser o caso)
Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.
Para preinscribirte so tes que dirixirte ao seguinte enlace:
http://www.xaruma.org/evento/358_eventosxaruma.html
Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.
Foinos imposible recoller todas as experiencias dun barrio tan dinámico como Teis, mais estas son as primeiras miguiñas dalgo que pode ter continuidade.
O produto final non só recolle as diferentes experiencias que se dan en Teis, senón que tamén reflexa o traballo en equipo, a constancia, a superación dos medos, a iniciativa, a ledicia e a dedicación dos chicos e chicas de Xaruma que, dun xeito ou doutro, participaron no proxecto.
Convidámoste a compartir este momento connosco no lanzamento do documental, que terá lugar o 2 de decembro en Sanjurjo Badía 79 (Centro Gárate), ás 16.00 da tarde.
Despois do coloquio posterior ao documental, poderemos disfrutar coa música de Vacaluras, Cinta Adhesiva, o gaiteiro de Xaruma e Jandro Olkoz. Tamén haberá maxia para todas as idades da man do mago Cali. E como non podía faltar... Tamén contaremos coa presenza do noso querido Paco, o mellor castañeiro de Teis (e do mundo...).
Esperamos contar coa túa presenza!
Non te esquezas de correr a voz!
Este ano queremos rematar o 2017 cunha formación que ascende un nivel dentro do mundo do tempo libre, ademais de seres unha titulación cada vez máis demandada tanto por empresas e asociacións como por particulares. Non remates o ano sen facerte director/a!
O curso terá lugar as fins de semana e venres comprendidos entre o 6 de outubro e o 3 de decembro, atendendo ao horario que atoparás na nosa páxina web.
As fins de semana do 7 e 8 de outubro e o 4 e 5 de novembro non haberá curso.
Tanto as datas como o horario do curso está aberto a cambio se así o manifesta o alumnado (sempre que sexa factible por parte da entidade).
Haberá tres xornadas abertas á sociedade de actividades de dinamización social directamente relacionadas coa titulación, organizadas polo propio alumnado, coa finalidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos na xestión e coordinación de actividades de lecer.
APORTACIÓN: 150 € para voluntariado, socios/as e persoas en desemprego con tarxeta de demandante de emprego, e 175 € para o resto das persoas.
Haberá posibilidade de facer o pago fraccionado en tres partes:
Matrícula e reserva de praza (antes do 1 de outubro): 60€ / 75€
Segundo pago (antes do 20 de outubro): 60€ / 60€
Terceiro pago (antes do 20 de novembro): 30€ / 40€
Requisitos (Decreto 50/2000):
* Título de monitor/a de actividades de tempo libre
* Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional.
* Experiencia de traballo como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento. Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral ou contratos. As horas deberán ter sido traballadas despois da obtención do título de monitor/a.
Contidos
1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:
Dirección de equipos e liderato
Análise das realidades sociais
2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:
As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
Educación en valores: o ideario educativo.
Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
Asociacións como espacio educativo.
3ª parte (85 horas). Área de xestión:
Planificación e deseño de proxectos de intervención
Estratexias de xestión
Organización e modelos organizativos
Administración, xerencia e xestión económica
Lexislación
Políticas e recursos institucionais
Para inscribirte, simplemente deberás encher o formulario que atoparás na páxina web de Xaruma: http://www.xaruma.org/evento/329_eventosxaruma.html
O curso non se realizará se non hai un mínimo de 12 persoas apuntadas.
Os cartos non se devolverán salvo que a praza sexa cuberta ou o curso finalmente non se realice.
Neste obradoiro aprenderas a elaborar xabóns, sales, bombas de baño... entre outras cousas co fin de formarte na elaboración de produtos naturais, aprendendo a sacarlle o maior partido a estes produtos e o mesmo tempo aforrando cartos na súa compra.
Non o dubides!
INSCRÍBETE!!!!
http://www.xaruma.org/evento/301_eventosxaruma.html
Comezamos o primeiro trimestre do ano cunha nova formación no eido do tempo libre. Un título moi importante se te dedicas á área da educación ou do social, e moi útil para complementar a túa profesión, sexa cal sexa o teu ámbito.
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 4 de marzo - 28 de maio.
Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30. O fin de semana correspondente ás vacacións de Semana Santa non haberá formación.
Lugar: Vigo (barrio de Teis)
Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.
Contidos:
Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
Animación
Educación para a Saúde
Educación Medioambiental
Organización e Recursos
Aportación: 190 € socios/as e desempregados; 200 € tarifa ordinaria*
Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)
Reserva de praza, antes do 2 de marzo: 70/80
Segundo pago, antes do 5 de abril: 60/60
Terceiro pago, antes do 5 de maio: 60/60
Documentación a entregar:
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
- Foto de carné
- Resgardo bancario do pago da matrícula
- Tarxeta de desempregado (de ser o caso)
Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na nosa web e enviarémosche un correo: http://www.xaruma.org/evento/293_eventosxaruma.html
Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Agardamos por ti!
A través do programa "Conectadas" da Deputación de Pontevedra, promovemos este obradoiro.
Persoas destinatarias, por orde de prioridade:
1. Mulleres socias de Xaruma
2. Mulleres non socias de Xaruma.
3. Homes
O obradoiro terá lugar todos os mércores e venres de 18:30 a 20:00. Comezaremos o 7 de setembro e remataremos o 30 de novembro, facendo un total de 30 horas.
A aportación total será de 6€, sendo subvencionada unha parte pola Deputación de Pontevedra.
Para inscribirte, simplemente enche o formulario que verás neste link:
http://www.xaruma.org/evento/255_eventosxaruma.html
No prazo de tres días recibirás un correo electrónico coa resposta e os seguintes pasos.
Prazo de inscrición: ata o 5 de septembro.
O ano pasado comezamos con pequenos obradoiros adicados á cosmética natural e biolóxica, sendo un éxito! Non podíamos deixar de facelo, polo que voltamos cunha nova edición e con moitas cousas novas que ensinarvos!
Aprenderás a facer:
- Aceite aftersun
- Dous perfumes sólidos (un con aroma oriental e outro de aroma libre, escolles ti :) )
- Auga aromática de lavanda (perfecta para vaporizar na almofada, pois axuda a descansar mellor).
- Auga aromática de limón, para eliminar malos olores como o do tabaco.
- Aceites de masaxe para dores musculares e tonificante.
- Ungüentos para contusiones.
Para inscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na nosa páxina web e espera a nosa resposta.
O voluntariado activo da entidade poderá desfrutar do obradoiro de forma gratuita.
Esperámoste! O mellor deste obradoiro é que todas as plantas, collerémolas directamente da nosa horta.
Aprende e fórmate!
Fórmate nesta titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia.
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademáis, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 9 de abril - 11 de xuño.
Horario: Venres de 16 a 20.30. Sábado e domignos de 10 a 14 e de 16 a 20.30.
Lugar: Vigo
Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.
Contidos:
1. Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
2. Animación
3. Educación para a Saúde
4. Educación Medioambiental
5. Organización e Recursos
Aportación: 195 € socios/as e desempregados; 205 € tarifa ordinaria*
Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)
Reserva de praza, antes do 7 de abril: 75/85
Segundo pago, antes do 18 de abril: 60/60
Terceiro pago, antes do 18 de maio: 60/60
Documentación a entregar:
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
- Foto de carné
- Resgardo bancario
- Tarxeta de desempregado/a
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final que atoparás na nosa páxina web www.xaruma.org
Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
No mes de abril levaremos a cabo esta nova formación de 8 horas de duración, para poder traballar a través da música e do movemento.
Contidos xerais:
1. Danzas e cancións para diferentes idades
2. Danzas e cancións de aprendizaxe
3. Danzas do mundo
4. Animación dende a percusión
Aportación: 10€ socios/as, 15 € non socios/as*
Enviarase un cancioneiro final con todas as danzas e cancións levadas a cabo durante o monográfico.
Para inscribirte simplemente enche o formulario que atoparás na nosa páxina web.
Agardamos por ti!
O 12 e o 19 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20, ven aprender connosco a elaborar o manter unha horta escolar!
Contidos:
1. Planificación da horta escolar: Motivación. Posibilidades pedagóxicas da horta. Elección da situación e dimensións. Organización previa do traballo. Follas de planificación. Elección das especies a cultivar
2. O ecosistema natural anterior a horta: Aspectos físicos, químicos e biolóxicos do solo. Plantas espontáneas: propiedades medicinais e curiosidades. Microclima local
3. Primeiras actuacións: Preparación da terra. Formas de Rego. O abonado: abono verde e esterco. Compostaxe e vermicompostaxe. Asociacións e rotacións favorables. A colleita. Sistemas de protección dos cultivo
4. Labores xerais de cultivo: Mantemento dos cultivos. As ferramentas
5. Reprodución vexetal: As sementes. Outras formas de reprodución. A sementeira directa e en sementeiros. O repicado e o transplante. Calendario anual de sementeiras
6.Os problemas da horta: Pragas e doenzas máis comúns. Métodos de control. Plantas insecticidas e reforzadoras.
7. A lúa e os traballos na horta: A horta mes a mes
8. As plantas aromáticas e medicinais
9. Obradoiros e xogos a partir da horta
APORTACIÓN: 15 € socios/as, 20 € non socios/as. Voluntariado activo da entidade: gratuito.
Para inscribirte simplemente enche o formulario que atoparás na nosa páxina web www.xaruma.org
O curso consta de 300 horas divididas en 150 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 27 de febreiro - 1 de maio.
Horario: intensivo en fins de semana. de 10 a 14 e de 16 a 20.
Lugar: Vigo
Requisitos (Decreto 50/2000):
- Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional.
- Posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre.
- Experiencia de traballo de 250 horas ou 30 días de campamentos e/ou colonias.
Contidos:
1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:
Dirección de equipos e liderato
Análise das realidades sociais
2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:
As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
Educación en valores: o ideario educativo.
Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
Asociacións como espacio educativo.
3ª parte (85 horas). Área de xestión:
Planificación e deseño de proxectos de intervención
Estratexias de xestión
Organización e modelos organizativos
Administración, xerencia e xestión económica
Lexislación
Políticas e recursos institucionais
Aportación: 180 € socios/as e desempregados; 190 € tarifa ordinaria*
Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)
Reserva de praza, antes do 25 de febreiro: 60/70
Segundo pago, antes do 8 de marzo: 60/60
Terceiro pago, antes do 8 de abril: 60/60
Documentación a entregar:
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia título de bacharelato, formación profesional ou equivalente
- Acreditación de 250 horas de experiencia ou 30 días de campamento, mediante certificados de empresa, vidas laborais ou contratos.
- Copia do título de monitor/a de actividades de tempo libre.
- Foto de carné
- Resgardo bancario
- Tarxeta de desempregado (de ser o caso)
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na nosa páxina web, e no prazo máximo de 3 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
Do 2 ao 28 de febreiro, a través da nosa plataforma de formación e cunha sesión presencial, levaremos a cabo o monográfico de Organización e Dinamización de Ludotecas, un monográfico que sen dúbida contrubuirá na túa especialización no eido do lecer.
CONTIDOS
1. CONCEPTO
a. Definición de Ludoteca
b. Historia e evolución
c. Persoas destinatarias
d. Obxectivos
e. Funcionalidade
2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
a. Lexislación
b. Instalacións e organización de espazos
c. Programación de actividades
d. Recursos Humanos
3. DINAMIZACIÓN (presencial)
a. Xoguetes. Clasificación
b. Xogo. Tipos
c. Creación de espazos.
d. Actividades innovadoras. Novas tecnoloxías.
e. Educación transversal: voluntariado, aprendizaxe e servizo.
4. EMPRENDEMENTO
a. Elaboración dun proxecto de ludoteca
b. Formas de emprendemento.
5. EMPREGO E MARKETING PERSOAL
a. Currículo e carta de presentación.
b. Métodos e técnicas de procura de emprego.
c. Marketing persoal e entrevistas.
Para inscribirte simplemente enche o formulario que atoparás na nosa páxina web e agarda contestación. Non deixes pasar a oportunidade de especializarte!
Unha das excursións máis esperadas do ano.
O día 5, vámonos a Ourense! E por tan só 5 €.
Disfuta connosco dun roteiro literario da Esmorga, e percorre cada un dos puntos nos que Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas e Aladio Milhomes pasaron un día e medio de esmorga.
E pola tarde, relaxarémonos nas termas de Outariz.
Máis información: www.xaruma.org
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciales, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 4 horas de duración (formación en liña).
Datas: 3 de outubro - 13 de decembro.
Horario: intensivo en fins de semana. de 10 a 14 e de 16 a 20.
Lugar: Vigo
Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.
Aportación: 195 € socios/as e desempregados; 205 € tarifa ordinaria*
Posibilidade de pagos fraccionados
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na nosa páxina web www.xaruma.org cos datos correctos, e no prazo máximo de 3 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
Título oficial homologado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Máis información en www.xaruma.org
Xaruma promove este obradoiro de Musicoterapia para adquirir e desenvolver habilidades musicais.
Persoas destinatarias, por orde de prioridade:
1. Mulleres socias de Xaruma
2. Mulleres non socias de Xaruma.
3. Homes
O obradoiro terá lugar todos os xoves de 18 a 20. Comezaremos o 10 de setembro e remataremos o 18 de decembro, facendo un total de 30 horas.
A aportación total será de 6€, sendo subvencionada unha parte pola Deputación de Pontevera.
Para inscribirte, simplemente enche o formulario que verás máis abaixo con todos os datos correctos. No prazo de dous días recibirás un correo electrónico coa resposta e os seguintes pasos.
Máis información en: www.xaruma.org
O monográfico ten como obxectivo prioritario sensibilizar e dar a coñecer algunhas das posibilidades do método “Respirando Alegría” como un método facilitador da educación integral, holística e da saúde, un método para implementar o Ioga nos espazos educativos individuais e grupais.
Como medicina, o Ioga pode otorgar beneficios tanto a persoas sas como a enfermas. Non debemos facer caso das imaxes de ioguis en complicadas posturas que fan que pensemos que é algo difícil ou imposible. Esta proposta amosaranos que calquera persoa pode facer Ioga.
O Ioga é algo que hai que aprender a facer, e unha vez comecemos coa práctica, e nos corresponsabilicemos coa súa realización, será a experiencia a que dicte, ou non, os seus beneficios. Se descobres que a súa práctica non te aporta nada, non terás perdido nada; nembargante, se a experiencia te abre os ollos e te axuda a espertar, terás un mundo incrible por gañar e coñecer.
O Ioga é un camiño, unha potente ferramenta para o corpo e a mente.
Este monográfico motivarate a incorporar exercizos de respiración, relaxación e posturais nas túas actividades lúdico/educativas e na túa vida cotiá. Non perdas a oportunidade de formarte nunha temática moi esquecida en Galicia.
Para inscribirte, enche o formulario que atoparás na web www.xaruma.org
Presentamos un novo monográfico diferente e meramente práctico. Levábades tempo pedindo unha formación do estilo, e por fin, o 13 de xuño, levaremos a cabo un monográfico cheo de grandes xogos.
Data: 13 de xuño
Horario: 11 a 14h, XANTAR, 15 a 19.30h, CEA, 21-23-30
A comida non está incluida, pero propomos convertilo nun momento para compartir. Dispomos de espazo, tanto aberto como pechado, para poder disfrutar deste momento tod@s xunt@s mentres compartimos experiencias e soños.
Aportación: 13 € socios/as, 16 € non socios/as*
Para inscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na web www.xaruma.org. ÚNICO REQUISITO DE MATRICULACIÓN: en observacións dinos cal é o teu gran xogo favorito e cóntanos as túas expectativas.
Se eres monitor/a, ben sabes que é raro revelar o gran xogo que toca, pois todo forma parte da sorpresa e da maxia, polo que tan só adiantaremos algún dos grandes xogos que faremos:
- O Feiticeiro
- África-Europa
- Improvisse
- Códigos
- Rommel & Montgomery (velada nocturna nun parque da cidade)
EMITIRASE DIPLOMA
*Non se devolverán os cartos salvo que se encha a praza ou o curso finalmente non se realice.
**O curso non se realizará cun grupo menor de 20 persoas.
Os contidos anteriormente citados poden variar segundo as expectativas amosadas.
Obradoiro de elaboración de xabóns, ideal para os que queren iniciarse neste divertido mundo.
Contidos:
- Xabón caseiro a partir de aceite usado.
- Xabón líquido para lavadora.
A maiores, entregaremos recetas para que poidas aplicar nas túas actividades ou na túa casa sempre que queiras. Ademais, daremos as pautas necesarias e básicas para que nunca te falte de nada!
Destinado a monitores/as de tempo libre, educadores/as e calquera persoa interesada nesta temática, pois pódese aplicar en numerosos contextos.
Para inscribirte, enche o formulario da web!
Se che gustaría coñecer máis en profundidade cómo se traballa nunha ludoteca, ademais de aprender novos recursos, non o dubides! Apúntate!
Máis info e inscricións en: http://www.xaruma.org/evento/144_eventosxaruma.html
A música, no traballo con grupos, esperta un sentimento de pertenza, ademais de permitirnos traballar educativamente moitísimos valores sen nomealos.
Se queres aprender recursos dentro da Educación Non Formal ademais de pasalo moi ben, non podes perderte este monográfico!
Inscricións e máis info en: http://www.xaruma.org/evento/140_eventosxaruma.html
Este ano apostamos polo medioambiente, e seguimos coa nosa proposta de traer a horta á cidade!
Se queres cultivar verduras e hortalizas, pero cres que non tes o espazo... Esquécete desa idea! Coa opción do maceto horto poderás ter a túa propia horta en casa, queres saber como?
Contidos:
Funcionamento das plantas
Instalación do horto
Semilleiros
Abonado
Planificación de cultivos
Plagas e enfermidades
Data: 21 - 24 de xullo
Horario: de 10 a 14 (16 horas)
Lugar: Vigo, Local Xaruma
Prezo: 30€ persoas socias, 35 € non socias. VOLUNTARIADO GRATUÍTO.
Descarga asociada
Novo curso de formación no eido do lecer:
CONTIDOS
1. CONCEPTO
a. Definición de Ludoteca
b. Historia e evolución
c. Persoas destinatarias
d. Obxectivos
e. Funcionalidade
2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
a. Lexislación
b. Instalacións e organización de espazos
c. Programación de actividades
d. Recursos Humanos
3. DINAMIZACIÓN (presencial)
a. Xoguetes. Clasificación
b. Xogo. Tipos
c. Creación de espazos.
d. Actividades innovadoras. Novas tecnoloxías.
e. Educación transversal: voluntariado, aprendizaxe e servizo.
4. EMPRENDEMENTO
a. Elaboración dun proxecto de ludoteca
b. Formas de emprendemento.
5. EMPREGO E MARKETING PERSOAL
a. Currículo e carta de presentación.
b. Métodos e técnicas de procura de emprego.
c. Marketing persoal e entrevistas.
Máis info e inscricións en: www.xaruma.org/formarte.html
CONTIDOS:
- Realización de papel de auga. Técnica e práctica.
- Realización de cadernos de papel de auga.
Dúas edicións, mañá ou tarde, escolle a túa!
Máis info e inscricións en: http://www.xaruma.org/evento/104_eventosxaruma.html
*Non se devolverán os cartos, a non ser que a praza sexa ocupada por outra persoa.
Un curso moi práctico para iniciarse na preparación da horta, dirixido a educadores e particulares, xa que se os contidos a desenvolver baséanse en criterios ecolóxicos e na montaxe de hortas de uso escolar e/ou terapéutico. Este curso forma parte dun bloque máis extenso; Así, nos vindeiros meses, celebraránse novas acción formativas, avanzando no nivel de coñecementos.
Inclúe a creación dunha horta comunitaria real. De moito proveito!
Máis info: www.xaruma.org
xarumaorg@gmail.com
Un curso teórico-práctico de 8 horas de duración, para coñece-las técnicas de poda, tipos e épocas en froiteiras, cítricos, camelias e rosais, entre outras plantas.
Celebraráse os días 27 e 28 de febreiro.
Inscrición
CARTAZ DA ACTIVIDADE
Anímate a comezar o ano formándote, e anímate ao monográfico de Introdución á Globoflexia e Figuras Compostas.
Dirixido a profesionais do tempo libre e calquera persoa interesada na materia. Non o dubides, e apúntate!!
Máis información, na nosa páxina web:
http://www.xaruma.org/evento/90_eventosxaruma.html
Persoas destinatarias:
Persoas co título de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
Experiencia no eido do lecer de 250 horas, ou 30 días en colonias ou campamentos.
Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional.
Data: do 28 de decembro de 2013 ao 23 de febreiro de 2014.
Horario: intensivo en fins de semana: sábados e domingos de 10 a 14 e 15 a 19, salvo día específicos de xornada de 10 horas.
Lugar: Local Xaruma, Vigo
Prezo: 220€*
Pago en dous prazos: reserva de praza e matrícula: 100€. Segundo pago na primeira metade de xaneiro.
Documentación a entregar:
- Xustificante bancario do pago da matrícula.
- Copia do DNI
- Copia do título de Monitor de Actividades de Tempo Libre
- Certificación que acredite a experiencia profesional (certificados de empresa...).
- Copia da cartilla de desemprego
- Foto de carné
Dita documentación deberá entregarse escaneada por correo electrónico.
Contidos:
1. Área de psicosocioloxía
1.1. Dirección de equipos e liderado.
1.2. Análise de realidades sociais. 1.2.1. Técnicas básicas de intervención social.
2. Área de intervención educativa
2.1. As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
2.2. A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
2.3. Educación en valores: o ideario educativo.
2.4. Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
2.5. Asociacións como espacio educativo.
3. Área de xestión
3.1. Planificación e deseños de proxectos de intervención. Elementos básicos. .
3.2. Estratexias de xestión.
3.3. Organización e modelos organizativos.
3.4. Administración, xerencia e xestión económica.
3.4.6. Intendencia.
3.5. Lexislación.
3.6. Políticas e recursos institucionais.
Inscricións en: http://www.xaruma.org/evento/85_eventosxaruma.html
É por iso que vos presentamos o Obradoiro de Reciclaxe para o Nadal, un obradoiro onde utilizareemos material de refugallo que doutra maneira tiraríamos, dándolle un toque non só útil, se non tamén fermoso.
Data: 30 de novembro e 1 de decembro
Horario: 10 a 14 e 16 a 20 (16 horas)
Expedirase diploma acreditativo
Lugar: Local Xaruma, Vigo
Prezo: 25 € socios/as, 30€ non socios/as
Contidos:
Árbore de Nadal coa técnica de cánulos de papel
Campás con material PET
Estrela en 3D
Bolas de árbore
Peonzas
Servilleteros de retais
Árbores con revistas
E moito máis!
Anímate a participar!
Presentámosvos o I Concurso de Fotografía MentalizARTE, un concurso onde poderás presumir de creatividade e orixinalidade a través da fotografía, representando o que para cada un significa a Saúde Mental.
Inscrición completamente gratuíta
Premios:
1º premio: pase por circuíto termal para dúas persoas (por valor de 60 €).
2º e 3º premio: pase por circuíto termal para dúas persoas (por valor de 30 € cada un).
Non deixes pasar a oportunidade!!
Máis info e descarga de bases en www.xaruma.org
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciales, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán.
Inicio en setembro, remate principios de xuño
Horario: mércores de 19 a 22. Vacacións de Nadal intensivo.
Lugar: Vigo
Prezo: 225 €. 4 pagos: 75 (setembro), 50 (decembro) 50 (febreiro) 50 (abril)
Título oficial homologado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Máis información e inscricións en www.xaruma.org
Xarumada de Xogos tradicionais o día 17.
E excursión ao Monte Aloia o día 25.
Anímate a participar!!
Terá lugar os sábados 8, 15 e 22 de xuño, en horario de 9 a 14 e de 15 a 20, un total de 30 horas, na sede de Xaruma sita en Vigo.
Expedirase diploma acreditativo.
PREZO: 30€ persoas socias, 35 € persoas non socias.
PERSOAS DESTINATARIAS: profesionais do tempo libre e calquera persoa interesada na materia maior de idade.
CONTIDOS
1. CONCEPTO
a. Definición de Ludoteca
b. Historia e evolución
c. Persoas destinatarias
d. Obxectivos
e. Funcionalidade
2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
a. Lexislación
b. Instalacións e organización de espazos
c. Programación de actividades
d. Recursos Humanos
3. DINAMIZACIÓN
a. Xoguetes. Clasificación
b. Xogo. Tipos
c. Creación de espazos.
d. Actividades innovadoras. Novas tecnoloxías.
e. Educación transversal
4. EMPRENDEMENTO
a. Elaboración dun proxecto de ludoteca
b. Formas de emprendemento.
5. RECURSOS E BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
INSCRICIÓN
Encher o formulario que acompaña ao final a este documento e, tras a confirmación da praza, realizar o ingreso da cota correspondente no seguinte número de conta: 2100 4333 12 0200097263 La Caixa *
Anímate a complementar a túa formación desta maneira! Agardámoste!
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.
Animádevos a pasar un fin de semana de aventura, diversión, xogos e moitas risas nun entorno inolvidable.
+info: http://www.xaruma.org/evento/49_eventosxaruma.html
Achégase a nosa Xarumada en conmemoración do Día das Letras Galegas. Unha xornada de Xogos tradicionais en Xaruma, aberto a todos os públicos, valo perder?
Actividade gratuita, e cunha merendola final
Máis info: http://www.xaruma.org/evento/44_eventosxaruma.html
Dende Xaruma prácenos presentarvos un novo curso de formación no eido do tempo libre que terá lugar o 18 e 19 de maio: Monográfico de Globoflexia e Obradoiros.
Contidos:
1. Globoflexia:
1.1. Anudado e inflado de globos.
1.2. Distintos materiais para a realización de globoflexia.
1.3. Técnicas básicas manipulativas.
1.4 Figuras simples:
o Oso.
o Can.
o Xirafa.
o Espadas (dous tipos).
o Cinto de espadas.
o Loro.
o León.
o Rata.
o Cisne.
1.5. Figuras compostas:
o Frores.
o Pingüín.
2. Obradoioros
2.1. Obradoiros de modelado:
o Papel de auga.
o Boneco de serpentina.
o Marcos de papel de fotos.
o Pulseiras de papel de revista.
o Cestos de papel de periódico.
2.2. Obradoiros de fíos:
o Cometas de fíos.
2.3. Obradoiros de reciclaxe:
o Bruxas de coca.
Inscrición
Para inscribirte segue este link e enche a ficha que atoparás na parte inferior, e recibirás un correo confirmando a túa praza e o número de conta onde deberás facer o ingreso.
Anímate a complementar a túa formación, e apúntate! Estamos agardando por ti!
Máis información e pre-inscrición en:
www.xaruma.org
Dentro da "pestaña" FORM-ARTE
DURACIÓN: 16 horas (Vigo). Entregarase Certificado de Asistencia
DATAS: sábado 28 de abril e sábado 12 de maio
HORARIO: de 10´00h-14´00h e de 16´00-20´00h
PREZO: 20 euros( gratuito para voluntarios/as activos de Xaruma)
LUGAR: Xaruma (Sanjurjo Badía 79.Vigo)
Dentro das instalacións do Colexio Apóstol Santiago-Jesuitas.
(Entrando polo aparcadoiro, no Centro Gárate, que está pola parte de atrás do hórreo que veredes ao fondo)
DURACIÓN: 32 horas (Vigo). Entregarase Certificado de Asistencia
DATAS: 3- 4- 10 -11 de decembro 2011
HORARIO: de 10´00h-14´00h e de 16´00-20´00h
PREZO: 35 euros( gratuito para voluntarios/as de Xaruma)
CONTIDOS:
HISTORIA E EVOLUCIÓN
CONCEPTO E XUSTIFICACIÓN
¿PARA QUÉ E PARA QUENES?
PROGRAMACIÓN E ORGANIZACIÓN
CLASIFICACIÓN DOS XOGOS E XOGUETES
O EQUIPO HUMANO
ELABORACIÓN DUN PROXECTO DE LUDOTECA
TEMAS TRANSVERSAIS PARA TRABALLAR NA LUDOTECA
Curso de monitor/a de tempo libre subvencionado polo Concello de Vigo.
Consta de 200 horas teórico-prácticas repartidas entre os fins de semana entre o 12 de xaneiro e o 24 de marzo, en horario de 10 a 14h, e de 16 a 20.
O custe é de 161€ coas taxas de expedición do título á Xunta de Galicia xa incluídas.
Non deixes pasar esta oportunidade e este ano, regala formación!
Máis info
A Escola de Tempo Libre Xaruma organiza un curso monográfico de CONTACONTOS para completar a súa oferta formativa dentro do campo do Tempo Libre.
O curso, de 7h de duración, desenvolverase empregando diferentes dinámicas grupais para descubrir e potenciar a capacidade comunicativa e expresiva de cada un dos participantes.
Achegarémonos ao mundo dos contos dende distintas perspectivas e con diferentes obxectivos: contos infantís, xuvenís e para adultos; contos tradicionais, contos para a animación á lectura, contos como ferramenta educativa. Ofreceremos recursos para realizar unha sesión con contos.
LUGAR
Asociación Veciñal "VAL DO FRAGOSO"
r/ Val Miñor 1-3, Vigo
(xunto ao estadio de Balaídos)
DATA E HORARIOS
Día 24 de outubro de 2009
de 10.00h a 13.30h e de 17.00h a 20.30h
PRAZAS: máximo: 20, mínimo: 15. Por rigorosa orde de inscrición
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 16 de outubro
PREZO: 12 € (Voluntariado Xaruma: de balde)
visita a nosa páxina