Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN VALPONASCA

Representante legal: PALOMA REDONDO PEREZ DE LA OSSA
C.I.F.: G24504425

Coordinador técnico: SILVIA VEIGA GALLEGO

Enderezo:
AVDA. RAMÓN FERREIRO, 30
27002 - LUGO - LUGO

Teléfono:
FAX:
Móvil: 648072679

URL: www.valponasca.org
Email: valponasca@valponasca.org

Nº de voluntarios: 20

Novas

(05-03-2012)

CASA LUGO VISITA ASPNAIS

O proxecto CASA Lugo visitou a semana pasada o centro ocupacional de ASPNAIS (Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo).

Esta visita organizouse, despois de traballar previamente o tema da discapacidade física e intelectual cos nosos/as usuarios/as e con dous obxectivos fundamentais: concienciar e sensibilizar aos usuarios/as do proxecto CASA sobre a discapacidade e tomar consciencia de que todas as persoas temos capacidade para desenvolver diferentes actividades.

A visita foi organizada en dous grupos: o mércores 29 de febreiro realizou a visita o grupo de maiores e o xoves 1 de marzo o de pequenos. O persoal de ASPNAIS puxo á nosa disposición unha furgoneta para poder trasladar aos rapaces/as ata o centro ocupacional, ademais de guiarnos durante toda a visita explicándonos os diferentes talleres que alí se realizan: cerámica, envasados, carpintería, fregonas, etc.

Os/as nosos/as rapaces/as disfrutaron da visita, mostrándose interesados en coñecer todo o que alí se facía, e algún incluso se animou a probar co taller de carpintería.

Agradecemos a ASPNAIS a posibilidade que nos ofreceron de realizar esta actividade tan enriquecedora, así como pola súa colaboración e boa acollida. ¡¡Grazas!!

(07-02-0011)

A ASOCIACIÓN VALPONASCA PARTICIPOU NO XIV CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO

A Asociación Valponasca participou a pasada semana no XIV Congreso Estatal de Voluntariado celebrado en A Coruña os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.

Os obxectivos que pretendíamos acadar coa nosa participación neste evento eran claros: darse a coñecer e establecer novas relacións con outras entidades. Neste sentido estamos satisfeitas xa que fixemos unha boa labor de difusión e interesámonos en coñecer ás outras entidades participantes.

Así, Valponasca participou con estand propio proporcionando información sobre a entidade e o seu xa coñecido programa CASA, presente en Lugo, Vigo, León e Madrid, a toda persoa interesada que se achegaba a coñecernos. Ademais disto, tamén puxemos á venta productos na Tenda Solidaria do congreso, camisetas e chapas deseñadas por Kukusumuxu, co obxectivo de recadar fondos para os nosos proxectos.

Por último destacar que polo noso estand pasaron, ademais de numerosos congresistas e persoas visitantes, Beatriz Mato (Concelleira de Traballo e Benestar), Ovidio Rodeiro (Director Xeral de Xuventude e Voluntariado), o equipo local de baloncesto de A Coruña, Alberto Núñez Feijóo (Presidente da Xunta) e os Príncipes de Asturias, que asistiron para clausurar o Congreso e facer a entrega dos Premios de Voluntariado Social.

(16-11-2011)


NOVA ACTIVIDADE NO PROXECTO CASA LUGO

Este ano, grazas á Fundación Balogal, o Proxecto CASA Lugo conta cunha nova actividade: baloncesto.

A Fundación Balogal, ligada ao Clube de Baloncesto Breogán da cidade de Lugo, puxo en marcha o proxecto “Todos, ¡a Xogar!”, a través do cal nos ofreceron a posibilidade de participar nesta interesante actividade de forma gratuíta. Puxéronse en contacto con nós a finais de outubro e, desde entón, unha vez feita a inscrición, todas as semanas un monitor da fundación desprázase ata a sede do Proxecto CASA para adestrar dúas horas cos nosos/as rapaces/as: unha hora os martes co grupo de pequenos e outra hora os xoves co grupo de maiores.

As sesións desenvólvense a base de xogos co fondo do baloncesto e pretenden, non só que aprendan a xogar e fomentar o deporte, senón transmitir tamén unha serie de valores como a participación e o traballo en equipo. Son sesións moi divertidas e os/as rapaces/as están encantados de participar, xa que é unha hora que lles serve para desconectar, liberar estrés e, por suposto, pasalo ben cos seus compañeiros/as.

Destacar por último, que a actividade, que terá unha duración aproximada de seis meses, desenvólvese no pavillón do colexio María Auxiliadora, o cal nos cede a instalación de forma desinteresada estas dúas horas semanais.
(13-04-2011)


A Asociación Valponasca participou na Feira de Asociacións Socioculturais de Lugo

A pasada fin de semana, 8, 9 e 10 de abril, celebrouse na Praza da Soidade de Lugo unha Feira de Asociacións na que participaron 25 entidades da cidade, entre elas, a nosa.

Nesta Feira, ademáis de haber postos onde as asociacións facilitaron información, explicaron os seus proxectos e venderon productos para recaudar fondos; houbo numerosas actividades como: sesións de Reiki, xogos cooperativos, contacontos en lingua de signos, obradoiros de fabricación de velas e de papel reciclado, concerto de música senegalesa, etc., para que tanto pequenos como maiores puideran participar e pasar un rato agradable e divertido.

Valponasca, que compartiu stand con outras dúas entidades, participou na Feira co obxectivo de darse a coñecer e de captar voluntariado para o Proxecto CASA Lugo. Como aspecto máis positivo, podemos destacar o contacto con outras entidades sociais e o bo ambiente que se respirou durante toda a fin de semana: un ambiente de compañerismo e solidariedade.
(28-02-2011)


Proxecto Vértice en Lugo

O pasado luns, 21 de febreiro, tivo lugar unha nova sesión do proxecto Vértice en Lugo, a primeira deste ano.

Esta nova sesión formativa do Proxecto Vértice, dirixido ás familias dos nosos/as usuarios/as, centrouse na "Resolución de conflitos", xa que é un tema que a moitas das familias do Proxecto CASA Lugo lles preocupa.

A sesión foi preparada e impartida por unha psicóloga voluntaria e contou coa asistencia de 8 persoas. Nun principio, había algunha persoa máis inscrita, pero por problemas de saúde e algún que outro imprevisto non puideron asistir.

O resultado da sesión foi satisfactorio para todos, tanto pola asistencia e participación por parte das familias como polo interés dos contidos tratados.

E, para marchar cun bo sabor de boca, as familias asistentes levaron un pequeno regaliño como agradecemento pola súa asistencia e colaboración.

(23-04-2010)

Programa CASA Lugo: apostando por unha educación intercultural

Este mes de abril, con motivo da celebración do día Internacional do Pobo Xitano, centramos as actividades de habilidades sociais no tema da interculturalidade, estereotipos e prexuizos, e no respecto polos demáis, empezando polos seus propios compañeiros.

A parte de realizar varias actividades relacionadas con este tema, sinalar a celebración do 8 de abril, día Internacional do Pobo Xitano, coa participación activa dun dos destinatarios de etnia xitana, que falou da súa cultura e amenizou o día cos seus timbales e as súas cancións favoritas.

Outra actividade que podemos destacar, foi a charla intercultural, que de forma voluntaria impartiu a primeira muller xitana universitaria de Lugo, que traballa na Fundación Secretariado Xitano.

[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds