Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

UNIVERSIDADE DA CORUÑA - OFICINA DE COOPERACION E VOLUNTARIADO (OCV)

Representante legal: JULIO ERNESTO ABALDE ALONSO
C.I.F.: Q6550005J

Coordinador técnico: LORENA RILO PEREZ

Enderezo:
Facultade de Socioloxía (campus de Elviña, Coruña); Centro Cultural Universitario (campus de Esteiro, Ferrol)
15071 - A CORUÑA e FERROL - A CORUÑA

Teléfono: 981 167 000 - Ext:1752/1740 (Coruña)/3677 (Ferrol)
FAX: 981 167 151
Móvil:

URL: http://www.udc.gal/ocv
Email: ocv@udc.es;ocvfer@udc.es

Nº de voluntarios: 150

Novas

(23-10-2017)

Cartel curso

Curso Básico de formación en voluntariado

O curso celebrarase no campus universitario de Esteiro (Ferrol), e está especialmente enfocado para aquelas persoas que se van a incorporar como voluntarias, e inclúe 8 módulos de formación que tratan temas como os dereitos e deberes, o traballo en grupo, o voluntariado en cooperación ao desenvolvemento, a asertividade na relacións de axuda, etc.


Descarga asociada

(23-10-2017)

Cartel Xornada

XII XORNADA INMIGRACIÓN E INTERCULTURALIDADE

MOBILIDADES HUMANAS, COMUNICACIÓN E DDHH

O vindeiro 8 de novembro, celebraremos a XIII Xornada de Inmigración e Interculturalidade, co título "Mobilidades Humanas, Comunicación e Dereitos Humanos" na facultade de Dereito do campus de Elviña.

Na dita xornada, abordaranse as distintas realidades que viven e sofren migrantes e refuxiadas no estado español, dende un ton de denuncia de vulneracións de dereitos humanos, mais tamén ofrecendo outras visións positivas do traballo desenvolvido na defensa das persoas migrantes e da interculturalidade.

Descarga asociada

(01-09-2017)

Curso de formación específica de posgrao en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento

Curso de posgrao (título propio da UDC) destinado a profesionais, licenciados/as e estudantes que queiran coñecer o traballo en cooperación e educación ao desenvolvemento.

DATAS DE IMPARTICIÓN: DO 05/10/2017 ao 30/11/2017

Preinscrición: Do 01/09/2017 ao 22/09/2017

Matricula: Do 26/09/2017 ao 29/09/2017

HORARIOS: 16:00 a 20:30

REQUISITOS DE ACESO:

Serán admitidas as persoas que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

1- Ser titulado universitario

2- Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

3- Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios


MODALIDADE: Presencial

CRÉDITOS: 6 créditos ECTS

AULAS: Facultade de Dereito. Campus de Elviña

MÁIS INFORMACIÓN

(30-06-2017)

Curso de verán: a igualde de xénero na axenda para o desenvolvemento

Este curso de verán terá 4 eixes fundamentais aredor dos casles versarán as ponencias:

- Economía, xénero e desenvolvemento. enfoques e estratexias para a xustiza social/de xénero
- A construcción de indicadores igualdade de xénero os proxectos de cooperación ao desenvolvemento
- A comunicación sobre a cooperación ao desenvolvemento en clave feminista?
- A relación entre migracións e (co)desenrolo e o papel das ongd na loita pola igualdade de xénero: experiencias de intervención feminista

Terá lugar no salón de graos da Facultade de Socioloxía do 11 ao 14 de setembro.

Prazo de matrícula
Do 19 de maio ata o 6 de setembro de 2017
Horas de duración: 18h
Prezo
Prezo público xeral: 50 €
Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera universidade, persoas desempregadas, persoas xubiladas, voluntariado e persoal de Enxeñería sen Fronteiras e comunidade universitaria da UDC.
Recoñecemento académico
Titulacións a extinguir: 1 crédito de libre elección para alumnado da UDC
Titulacións de graos: 1,5 créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC
Matrícula no seguinte enlace: goo.gl/1FxnRM

Descarga asociada

(05-05-2017)

COOPERACIÓN E AXUDA AO DESENVOLVEMENTO: CULTURA E ACCIÓN

Estas xornadas nos permitirán coñecer a cooperación ao desenvolvemento dende un punto de vista institucional da man de persoas tan relevantes como Paloma Durán, a directora do Fondo de Nacións Unidas para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ou representantes do departamento de cooperación Sectorial da AECID.

Programa Provisional

9:00 Recepción das persoas asistentes
9:20 Apertura da xornada. Alfonso Vallés Sales e Julio Abalde Alonso
9:30 Gonzalo Fanjul. Director de ISGLOBAL
9:55 Waldo Fernández Ramos. Coordinador de proxectos para Centroamédica e o Caribe de Mans Unidas.
10:20 Domingo Gómez-Pamo y Guerra del Río. Estado Maior da Armada
11:00 Mesa redonda cos relatores anteriores.
11:20 Descanso
11:50 Javier Gavilanes. Departamento de cooperación Sectorial da AECID.
12:15 Pedro Carlos Cavadas Rodríguez. Ciruxán do Hospital "La Fe" de Valencia.
14:10 Xantar.
15:45 Visita ao museo Exponav
16:30 Graciela Rico Pérez. Cáritas Internacional
16:50 Manuel Gracia Santos. Investigador do Real Instituto El Cano.
17:10 Mesa redonda relatores anteriores.
17:50 Paloma Durán. Directora do Fondo de Nacións Unidas para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
18:10 Carlos Mataix Aldeanueva. Director do Centro de Innovación en tecnoloxía para o desenvolvemento Humán da Universidade Politécnica de Madrid.
18:30 José Manuel Rey Varela. Conselleiro de Política Social, Xunta de Galicia.

Descarga asociada

(05-04-2017)

Cartel

Cooperación e voluntariado local e internacional. Claves para dar o paso

Campus: A Coruña

Lugar: Salón de graos da Facultade de CC. da Educación

Data
: 20 de abril

Horario: De 16:00 a 20:30

Programa

16:00: presentación das xornadas pola Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

16:10- 16:25 Actividades de voluntariado propostas pola Universidade. Posibilidades de voluntariado e Axudas para voluntariado internacional dende a UDC. Lorena Rilo Pérez. Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC. .

16.30-17: 00. O voluntariado en India. Jordi Gilabert, biólogo, licenciado en filoloxía inglesa e recén chegado da India, a onde regresará en breve, para seguir coas suas clases de inglés a persoas con diversidade funcional.

17:05-17:20. Voluntariado internacional médico e a suúa problemática. Rosa Arroyo. Oftalmóloga. Vicepresidenta do Colexio de Médicos da Coruña, con experiencia en voluntariado internacional ( África, Asia, Sudamérica... ).

17.25- 17.50. Avances, experiencias internacionais. Orientación a asistentes.Vivi Fraga López, experimentada voluntaria internacional en India, África. Luis Álvarez, director de 'Colores de Camerún', e con amplia experiencia en cooperación e voluntariado internacional en Sudamérica, África.

Descanso (18.00-18.30)

18.35- 18.50. Financiación de Ong. Diferencias e semellanzas cunha empresa privada, e como inflúe positivamente o apoio a ongs, para unha empresa. José Ramón Molinero Saenz. Licenciado en CC Económicas e Empresariais pola Universidade de Navarra, con máis de 20 años de experiencia na financiación e posta en marcha de proxectos empresariais.

18.55-19.35 A revolución India. Lancy Dodem. Primeiro apadrinado de Vicente Ferrer e portavoz da Fundación Vicente Ferrer en España.

19.40-20.00-Cooperación internacional dende a Arquitectura. Rubén Fernández Prado. Profesor da UDC con experiencia en cooperación internacional.

20.05-20.20. Trámites legais, normativa e problemática para constituír unha ong con sede en Galicia, de cooperación internacional ou non. Experiencia en India dende o punto de vista dunha muller extranxeira. M. Teresa Vila Paz. Abogada, voluntaria dende fai 25 anos en España e India e Presidenta da Escola Shantidi



Estas xornadas están financiadas pola convocatoria de EpD, sensibilización e participación social da OCV.
Preinscrición

Descarga asociada

(31-08-2016)

Foto difusión curso posgrao

Curso de especialización de posgrao en cooperación e educación ao desenvolvemento

Curso de posgrao (título propio da UDC) destinado a profesionais, licenciados/as e estudantes que queiran coñecer o traballo en cooperación e educación ao desenvolvemento.

Descarga asociada

(11-04-2016)

VII Xornadas sobre persoas sen teito: puntos de vida

A Oficina de Cooperación e Voluntariado, en colaboración co área de Servizos Sociais do Concello da Coruña organiza estas Xornadas sobre persoas sen teito.
Contaremos coa participación da Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia), de dúas reprentantes de PRISEMI e dunha simulación dun programa de radio organizado polo Albergue de acollida Padre Rubinos.

Máis información e inscricións: http://www.udc.gal/ocv/actualidade/2016/VII_Xornadas_SenTeito.html

Descarga asociada

(07-03-2016)

Curso Básico de Formación en Voluntariado

Curso Básico de Formación en Voluntariado (16 h), enfocado ás persoas que se inician no voluntariado.

O curso, impartido por un equipo multidisciplinar, permite adquirir os coñecementos básicos para iniciarse no voluntariado. Divídese en oito módulos, nos que se tratan cuestións como os dereitos e deberes das persoas voluntarias, as habilidades sociais, o traballo en grupo, a ética e a confidencialidade, a asertividade, a educación ao desenvolvemento, etc.
O curso é gratuito para o voluntariado da OCV así como das outras entidades de voluntariado, sempre e cando se acredite a dita condición coa presentación do carné, acordo de compromiso ou certificación asinada pola persoa responsable da entidade. Ten un custe de 15 € para o resto.
A data límite de preinscrición será o 16 de marzo.
Para máis información e inscricións: http://www.udc.es/ocv/actualidade/2016/Curso_basico_Ferrol_2016.html

Descarga asociada

(15-10-2015)

Cartel Xornadas

XII Xornadas de Inmigracion e Interculturalidade

As XII Xornadas de Inmigración e Interculturalidade, inclúen interesantes conferencias nas que se abarcarán temáticas de plena actualidade (barrios multiculturais, racismo e xenofobia, crise...), un obradorio práctico sobre ensinanza de español para estranxeiros, así como a degustación de produtos interculturais na pausa café. Aínda sen confirmar, habería unha representación teatral como colofón.


Descarga asociada

(31-03-2015)

Seminario sobre Condutas Adictivas e Prevención para Persoas Mediadoras

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC e ACLAD (Asociación Cidadá de Loita contra a Drogadicción), organizan este seminario especialmente dirixido ao voluntariado que colabora en proxectos con distintos colectivos (menores, reclusos/as, etc.), e para todas as persoas interesadas en xeral.

A formación correrá a cargo dun nutrido grupo de persoas expertas de distintas especialidades (sicoloxía, educación social, etc.) de varias entidades de Coruña e Ferrol.

Descarga asociada

(16-03-2015)

Cartel das xornadas

VI Xornadas de persoas sen teito: as fronteiras do sistema

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza, xunto co área de Servizos Sociais do Concello da Coruña, as VI Xornadas sobre persoas sen teito, que medran ano tras ano, tanto en profesionalización como en participación, chegando á súa vez en cada edición, a máis e máis xente de todos os sectores da poboación.

Data: 17 de abril de 2015.
Lugar: Centro Cívico de Labañou
09:00 Entrega de documentación
09:15 Presentación das xornadas.
Miguel Lorenzo Torres. Concelleiro de Servicios Sociais do Concello da Coruña.
Natalia Álvarez Lata. Vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación da Universidade da Coruña

09:30 Os límites éticos na abordaxe dunha situación de rúa. D. Fernando Márquez Gallego, Presidente da Comisión de Deontoloxía e Ética do Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

10:30 Os límites legais na abordaxe dunha situación de rúa. Juan Aguirre Seoane. Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

11:30 Descanso e almorzo solidario a cargo da ONG Solidaridade Internacional.

12:00 Proxecto Habitat. Housing First para persoas sen Fogar. Patricia Bezunartea Barrio Directora da Unidade de Desenvolvemento Estratéxico da Fundación Rais
13:00 Cárcere de cartón. As fronteiras do desequilibrio ocupacional. Jose María Almendro Vazquez. Terapeuta ocupacional do Centro Cedia de Cáritas Madrid.


16:00 Inicio dos obradoiros de traballo
Opción A:
16:00 – 18:00 Cárcere de cartón. As fronteiras do desequilibrio ocupacional. Coordinado por Jose María Almendro Vázquez, Terapeuta ocupacional do centro Cedia de Cáritas.
Opción B:
16:00 – 18:00 Delitos de odio, que son e como previlos. Coordinado por Maribel Ramos Vergeles Coordinadora Técnica do programa Hatento, Observatorio de delitos de odio
contra as persoas sen fogar da Fundación Rais
18:00 Descanso.
18:30 Conclusións e posta en común.
20:00 Clausura das xornadas.
Máis información e inscrición en: http://www.udc.gal/ocv/actualidade/2015/VI_Xornadas_SenTeito.html

(25-02-2015)

COMPRENDER E DAR APOIO ÁS PERSOAS CON TEA DENDE O VOLUNTARIADO

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza este curso en colaboración coa Asociación ASPANAES para dar a coñecer os TEA e a labor que pode desenvolver o voluntariado, colaborando na intervención.

Programa
Coñecendo o TEA
Epidemioloxía e prevalencia
Pronóstico
Novas perspectivas de intervención. Modelo de Calidade de Vida
Intervención educativa TEA
- Ocio
- Saúde
- Tránsito á vida adulta
Estudantes universitarios con TEA (Síndrome de Asperger,/Autismo Alto funcionamento).
ASPANAES. Red de Servicios.

Máis información e inscricións en: http://www.udc.gal/ocv/actualidade/2015/Comprender_TEA.html

(27-02-2015)

Foto cartel curso

Curso Básico de Formación en Voluntariado

No Curso Básico de Formación do Voluntariado, trátanse aspectos como o concepto de voluntariado, as súas motivacións e actitudes, a lexislación, a ética e a confidencialidade, a cooperación internacional ao desenvolvemento, etc, e supón un requisito imprescindible para o novo voluntariado que se incorpora aos diferentes programas.


Descarga asociada

(29-01-2015)

Animación para o voluntariado con maiores e con persoas con diversidade funcional

Un dos obxectivos principais deste curso será capacitar ao voluntariado coas ferramentas básicas para levar a cabo acción de animación-atención con persoas maiores e con diversidade funcional.


Descarga asociada

(21-10-2014)

Foto cartel

Curso de Formación Básica en Voluntariado e Cooperación

Formación básica en voluntariado e cooperación.
MÓDULOS DO CURSO:

1. Dereitos e deberes da persoa voluntaria.
2. Riscos do voluntariado.
3. Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
4. O voluntariado en cooperación internacional.
5. As motivacións do voluntariado.
6. O traballo en grupo.
7. Asertividade nas relacións de axuda.
8. As habilidades sociais.

16 horas presenciais.

METODOLOXÍA
O curso utilizará unha metodoloxía dinámico – participativa.

OBXECTIVOS DO CURSO
Que as persoas participantes poidan acadar as habilidades básicas para o comezo da súa labor no ámbito de voluntariado.


Descarga asociada

(05-03-2014)

Curso de Persoas Mediadoras da Saude e Prevencion en Drogodependencias

O curso para persoas mediadoras de saúde e prevención de drogodependencias, busca sensibilizar e formar ao alumnado do campus de Esteiro para, a través da OCV, poder vencellarse a futuros proxectos de prevención e promoción da saúde no seu ámbito máis próximo.

Posto que a aprendizaxe de contidos e destrezas debe ser proactivo e fomentar a participación para buscar a súa efectividade, a metodoloxía do curso será eminentemente práctico.


Descarga asociada

(06-02-2014)

Cartel curso

Curso de Primeiros Auxilios especializados en bebés e infancia

Data: 22 de febreiro
Duración: 8 horas
Horarios: 9.30-14.00 e de 16.00-20.30 h
Lugar: Centro de Formación de Cruz Vermella Española. Rúa Médico Devesa Núñez, A Coruña (zona cuartel Lonzas)
Prezo: Gratuíto para o voluntariado (5 € para o resto)
Docente: Xosé Puente Grela, axente de emerxencias e formador especialista en Primeiros Auxilios.

Obxectivo:

Proporcionarlle ao voluntariado os coñecementos máis elementais para:
• Aprender a previr accidentes.
• Aplicar os procedimentos e técnicas axeitadas en autoprotección e soporte aos primeiros auxilios.
• Identificar e resolver situación de urxencia vital.

Contidos:
• Caracterísiticas especiais na atención á infancia
• Cadea de supervivencia
• Pautas de actuación ante unha situación de emerxencia: conduta PAS.
• Paro cardiorespiratorio en pediatría: causas, consideracións
• Valoración: triángulo de valoración pediátrica
• Soporte vital básico. Algoritmo universal, adecuación para bebés e infancia. Secuencia de actuación. Posición lateral de seguridade
• Exploración secundaria
• Primeiros auxilios ante:
o Obstrucción da vía aérea por corpo estrano
o Hemorraxias e shock
o Feridas
o Queimaduras
o Traumatismos
o Patoloxias pediátricas máis frecuentes
• O botiquín
• Prevención: conduta AVA

Metodoloxía:

A metodoloxía proposta para o desenvolvemento dos diversos contidos, baséase no papel activo que desempeñarán as persoas participantes na procura e asimilación de conceptos, mediante un traballo participativo e práctico, supervisado en todo momento polo formador. Para elo, seguirase o seguinte esquema:
• Breve explicación teórica introdutoria cos fundamentos da actividade a traballar polo grupo
• Modelado da execución técnica por parte do formador
• Entrenamento por parte das persoas asistentes baseada na conduta observada
• Reforzo verbal e suxestións da mellora: o formador supervisa e corrixe si é preciso
• Durante a sesión formativa procederase a realizar simulacións e entrenamentos de situación habituais na atención de primeiro nivel
• Esta dinámica de traballo facilitará tamén a creación de habilidades de relación e axuda que melloren a atención, tando da vítima como das testemuñas do incidente
TECNOLÓGICOSación.

Descarga asociada

(06-02-2014)

Cartel curso

Curso de Globoflexia e Maquillaxe infantil

PROGRAMA
Módulo I: Maquillaxe infantil
Horario: 9.30-14.00 h
1. Introducción á maquillaxe de nenos/as
2. Materiais.
3. Hixiene.
4. Psicoloxía á hora de establecer un contacto con menores á hora de maquillalos.
5. Opcións de maquillaxe ‘’estandar’’ que se poden adaptar a cada neno/a
6. Personaxes en concreto que soen demandar.
7. Efectos especiais.
8. Prácticas
Módulo II: Globoflexia
Horario: 16.00-20.30 h
Práctica da globoflexia

Descarga asociada

(29-01-2014)

Curso de animación creativa para o acompañamento con adultos

O curso está orientado a todo o voluntariado que leva a cabo tarefas de acompañamento con persoas adultas, tanto no entorno hospitalario como noutros contextos (xeriátricos, residencias, etc.). O que se pretende é dotarlles de ferramentas creativas para enriquecer o tempo libre dos doentes e convertilo en tempo de lecer, aprendizaxe, reto e satisfacción.


Descarga asociada

(29-01-2014)

Curso de Resolución de conflitos con menores

A través dunha metodoloxía eminentemente práctica, abordaranse as situacións de conflito que acontecen nas relacións con e entre menores, e aportaranse exemplos de xestión dos mesmos.
O curso está especialmente dirixido ao voluntariado que participa en programas con menores.


Descarga asociada

(29-10-2013)

Cartel curso

Curso de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento

OBXECTIVOS:
- Ofrecer ao persoal de ONG, asociacións e á comunidade universitaria (estudantado, PDI e PAS), un espazo de información e reflexión sobre a Educación e Comunicación para o Desenvolvemento.
- Dotar de instrumentos teóricos e prácticos para a pedagoxía da Educación para o Desenvolvemento.
- Dotar de instrumentos teóricos e prácticos para a formulación de propostas de proxectos, a través do Enfoque de Marco Lóxico.

Horas lectivas: 16

Módulo 1: Educación para o desenvolvemento
o Marco Normativo/Definicións
o Evolución da Educación para o Desenvolvemento
o Evolución da EpD en España
o Obxectivos da EpD
o Axentes da educación para o desenvolvemento
o Ámbitos e Grupos obxectivo da EpD
o Enfoques metodolóxicos

Módulo 2: Comunicación para o Desenvolvemento
o Conceptualización
o Obxetivos
o Metodoloxias
o Boas prácticas

Módulo 3: Xestión do ciclo de vida dun proxecto
o Identificación
o Formulación
o Execución e Seguimiento
o Avaliación



Descarga asociada

(23-10-2013)

Cartel XI Xornadas de Sensibilización sobre Inmigración e Interculturalidade

XI Xornadas de Sensibilización sobre Inmigración e Interculturalidade

Dende o ano 2003,a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, vén organizando as Xornadas de Sensibilización sobre Inmigración e Interculturalidade, nas que se misturan charlas-coloquio, debates e actividades cun carácter máis lúdico, nas que persoas migrantes, investigadoras, activistas e organizacións, apostan polo intercambio de información e saberes, promovendo e potenciando a interculturalidade.

Nesta edición, as actividades terán lugar na cidade escolar en A Coruña. A parte de conferencias e mesas redondas terá lugar no salón de actos do Centro Universitario de Riazor, pola mañá, e os obradoiros interculturais na NORMAL, pola tarde.

Descarga asociada

(20-09-2013)

II XORNADA DE COOPERACION AO DESENVOLVEMENTO E ACCIÓN HUMANITARIA

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC organiza estas xornadas como parte da programación anual de formación transversal.
Estas xornadas pretenden achegarnos ao traballo humanitario e ao dereito á saude na situación de conflito.
Celebraranse o día 17 de outubro no aula Magna da Facultade de Humanidades do Campus de Esteiro, en Ferrol.

Programa
Día 17 de outubro
MAÑÁ
9.30 h. Presentación da Xornada e entrega de documentación

9.45-11.45 h. Conferencia: Fundamentos e actores da Acción Humanitaria. Documental.
Dona Laura García Varela. Delegación Médicos Sen Fronteiras Galicia.

11.45-12.15 h. Pausa café de comercio xusto.

12.30-14.00 h. Conferencia: A asistencia humanitaria á infancia nas situación de conflito
Maira Pizetta Dias. TIERRA DE HOMBRES

TARDE
16.00-17.00 h. Conferencia: A importancia da resposta comunitaria en contextos de emerxencia.
Alejandro Quiñoá Casteleiro. Delegado de Asemblea de Cooperación Pola Paz Galicia e responsable de Centroamérica da organización.

17.00-19.00 h. A acción humanitaria dende o ámbito local: Xogo de Rol en vivo: A Saúde non é un xogo.
Activistas do Grupo de Inmigración de
Médicos do Mundo-Galicia
Charla-debate: O dereito á saúde aquí.
Dona Ana Mateo. Coordinadora de Médicos do Mundo-Galicia

19.00-19.30h. Pausa.

19.30-20.30 h. Conferencia:O fotoperiodismo como denuncia social?. Gabriel Tizón. Fotógrafo

Acceso á matrícula: http://www.udc.es/ocv/actualidade/Xornadas_cooperacion.html

Descarga asociada

(08-03-2013)

Cartel xornada

Xornada sobre Voluntariado en Contexto Penitenciario

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, desenvolve distintas accións no CP de Teixeiro dende hai máis dunha década, dentro dun programa de voluntariado penitenciario.
A través dun “Aula de Cultura” para a promoción e difusión da solidariedade, da ciencia e da cultura, así como da realización de distintos talleres e outras actividades formativas, promóvese a interacción entre persoas reclusas e voluntarias, co fin de fomentar o diálogo e a estimulación de habilidades e competencias, que favorezan a reinserción social das persoas destinatarias das accións.
Con esta xornada, pretendemos ofrecer dende unha vertente práctica, un coñecemento do medio penitenciario que favoreza a labor voluntaria no dito contexto, así como achegar ao público en xeral, a realidade do día a día nunha prisión e o labor desempeñado polo voluntariado universitario.

Descarga asociada

(08-03-2013)

Curso de orientación laboral con perspectiva de xénero

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, dentro do seu itinerario formativo para o voluntariado, oferta un curso de Orientación Laboral con perspectiva de xénero, de 8 h de duración.
Celebrarase no campus de Esteiro (Ferrol), o venres 15 de marzo.
De balde, as prazas son limitadas.

Descarga asociada

(13-02-2013)

Curso de formación básica en voluntariado

A Oficina de Cooperación e Voluntariado abre o prazo de inscrición para o curso de formación básica en voluntariado, que se impartirá os día 21 e 22 de febreiro no campus de Elviña. A Coruña

O curso vai dirixido ás persoas intersadas en iniciar a súa labor como voluntarias.
Os contidos que se abordarán son os seguinte:

1. Ámbitos do voluntariado
2. Dereitos e deberes da persoa voluntaria.
3. Asertividade nas relacións de axuda.
4. As habilidades sociais
5. Riscos do voluntariado
6. As motivacións do voluntariado
7. O traballo en grupo 8. Voluntariado en cooperación
Este curso é gratuíto para personas voluntarias da OCv ou doutras organizacións de voluntariado

Descarga asociada

(01-02-0013)

Didáctica e práctica na participación voluntaria con menores en contexto intercultural

CONTIDOS

1. INTRODUCIÓN: Claves para comprender o sistema educativo español.

2. VARIABLES CULTURAIS: Achegamento á cultura xitana e aos diferentes sesgos culturais da poboación inmigrante.

3. O PAPEL DA FAMILIA: Como involucrar á familia no proceso educativo do/a menor.

4. O CONFLITO: Xestión de conflitos no ámbito intercultural.

5. ESTEREOTIPOS culturais e sexistas.

6. DIDÁCTICA EDUCATIVA:

- Desenvolvemento evolutivo do/a menor
- Achegamento ao/á menor: estudo de necesidades.
- O papel do voluntariado no desenvolvemento integral do/a menor
- Obxectivos a acadar co/coa menor.
- Motivación:
- Intrínseca
- Extrínseca

- Organización do tempo e o espazo.
- A conduta do/a menor: Técnicas de modificación de conduta.
- Técnicas de estudo: Optimización dos recursos do voluntariado e das habilidades do/a menor.

7. RECURSOS DIDÁCTICOS ÚTILES

8. DINÁMICAS DE GRUPO

Descarga asociada

(21-11-2012)

Curso persoas mediadoras da saúde e prevención en drogodependencias

O curso para persoas mediadoras da saúde e prevenciónn de drogodependencias busca sensibilizar e formar ao alumnado do campus de Ferrol para, a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), poder vencellarase a futuros proxectos de prevención e promoción da saúde no seu ámbito máis próximo.

Xa que logo a aprendizaxe de contidos e destrezas debe ser activo e participativo para que sexa efectivo, a metodoloxía do curso contará con algunha exposición e gran parte de traballo práctico.
A prevención das consecuencias relacionadas co consumo de drogas é un tema multicausa, de xeito que calquera enfoque tanto preventivo como de tratamento ten a súa base no modelo biopsicosocial. Por outra banda, a promoción da saúde inclúe a promociónn dun estilo de vida saudable, onde os aspectos da alimentación, a imaxe corporal, a sexualidade, o pracer e a anticoncepción axudan a completar o mapa de factores de protección e de risco para a saúde.

Descarga asociada

(29-10-2012)

Xornadas de sensibilización sobre inmigración e interculturalidade: modelos de atención social e sanitaria

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC e a Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña celebran esta xornada que pretende amosar, dende unha perspectiva teórica e práctica, como está a afectar de forma máis inmediata a crise nos colectivos de persoas migrantes, así como coñecer cales son as súas inquedanzas.
A dita xornadas celebrarase o 16 de novembro no Centro Cívico de Eirís.

Podedes inscribirvos a través do seguinte enlace:
http://www.udc.es/ocv/novidades/xornadas_inmigracion.html

Descarga asociada

(10-10-2012)

Curso Básico Formación en Voluntariado

O curso utilizará unha metodoloxía dinámico – participativa, e ten como obxectivo que as persoas participantes poidan acadar as habilidades básicas para o comezo da súa labor no ámbito de voluntariado.

Folla de inscrición

Descarga asociada

(16-04-2012)

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña, organiza xunto coa Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga (ACLAD)unhas mesas informativas sobre prevención de condutas de risco a través da promoción de hábitos saudables.

Nas mesas ofreceráse información acerca da prevención de condutas de risco a través da promoción de hábitos saudables, enfatizando no consumo de drogas, a sexualidade e os trastornos alimentarios. Así mesmo, darase información das diferentes entidades que traballan estas materias.

De xeito paralelo, haberá obradoiros e actividades relacionadas cos temas tratados.

As mesas estarán á entrada das seguintes facultades: Escola de Arquitectura Técnica (23 de abril), na Facultade de Ciencias da Educación (24 de abril), na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias (25 de abril) e na Facultade de Informática (26 de abril) en horario de 11:00 a 14:00 horas.

Máis información:
www.udc.es/cooperacion


Descarga asociada

(11-04-2012)


As persoas sen teito: unha realidade sen voz

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, organiza a Xornada As persoas sen teito, unha realidade sen voz, coa que se pretende dar visibilidade a este colectivo a través das experiencias dos equipos de profesionais dos Concellos de A Coruña, Xixón, Bilbao e Barcelona, que traballan con programas referentes a nivel nacional no eido dos sen teito.

A xornada terá lugar o día 26 de Abril no Salón de Actos do Centro Cívico de Labañou, de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Á inauguración acudirán a Vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación da Universidade da Coruña, D.ª Natalia Álvarez Lata, e o Concelleiro de Servizos Sociais do Concello da Coruña, D. Miguel Lorenzo Torres.

Na sesión de mañá analizaranse os programas en rede de atención a persoas sen fogar dos municipios nomeados, e as iniciativas locais promovidas pola Unión Europea. Pola tarde realizaranse dous obradoiros de traballo en grupo para avaliar o modelo de Barcelona e Xixón, e a súa aplicabilidade á cidade da Coruña.

A xornada estará aberta ao público e será de balde.

Máis información:
Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (OCV-UDC). Teléfono: 981 167000 (extensións 1752 e 1740), ocvcoop@udc.es
www.udc.es/cooperacion

Inscricións:
Mandar nome, apelidos e DNI a ocvcoop@udc.es

Descarga asociada

(13-03-2012)

II Xornada sobre chavolismo e infravivenda na cidade da Coruña

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña celebrará a II Xornada sobre chavolismo e infravivenda na cidade da Coruña o día 30 de marzo no Centro Cívico dos Mallos. O horario é de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas na sesión de tarde.

Contaremos con expertos na materia procedentes de entidades coma o Concello da Coruña ou a Fundación Secretariado Gitano, así como con experiencias en primeira persoa relacionadas co chavolismo e a infravivenda.

Expedirase un certificado de asistencia a aquelas persoas que o soliciten.

Para inscribirse mandar nome, apelidos, teléfono e DNI ao correo electrónico ocvcoop@udc.es

Máis información e programa na páxina web www.udc.es/cooperacion, no correo electrónico ocvcoop@udc.es ou no teléfono 981 167 000 ext 1740.

Descarga asociada

(14-02-2012)

Curso de Formación Básica en Voluntariado

Os días 8 e 9 de marzo celebraremos na Facultade de Socioloxía (Campus de Elviña) unha nova edición do Curso de Formación Básica en Voluntariado.

Consta de 15 horas de duración entre as 9:30 e as 14:00 e as 16:00 e 20:30 do xoves e entre as 9:30 e as 14:00 do venres. As clases terán lugar no Seminario Fernandez de la Rota, no palomar da Facultade de Socioloxía

O curso é gratuito para todo o voluntariado (15 € para os non voluntarios) e expedirase un certificado de asistencia.

O prazo de preinscripción permanecerá aberto ate o día 6 de marzo, cando publicaremos a listaxe de admitidos na nosa páxina web (www.udc.es/cooperacion). Os interesad@s en preinscribirse deberán aportar o seu nome, apelidos, DNI e especificar a qué entidade de voluntariado pertencen, ao correo ocvcoop@udc.es ou nos teléfonos 981 167 000 ext 1740/4916.

A prioridade de preinscripción será:
1) voluntariado da OCV.
2) voluntariado doutras entidades.
3) estudantado.
4) público en xeral.

Límite 25 prazas.

Máis información no correo ocvcoop@udc.es ou nos teléfonos 981 167 000 ext. 1740/4916

(08-02-2012)

Curso de habilidades sociais con persoas con discapacidade aplicado ao voluntariado

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, abre o prazo de preinscripción do Curso de Habilidades sociais con persoas con discapacidade aplicado ao voluntariado.

O curso terá lugar o vindeiro sábado 3 de Marzo no Centro Cívico de Monelos (A Coruña). Consta de 4 horas de duración (de 10:00 a 14:00) e será impartido por profesionais expertos na materia.

O curso é gratuito, tendo preferencia na orde de admitidos o voluntariado da OCV, o voluntariado doutras entidades, o estudantado da UDC e finalmente o público en xeral. O límite de prazas é de 15 persoas.

Emitirase un certificado de asistencia para aquelas persoas que o soliciten.

Para realizar as inscripcións hai que mandar nome, DNI, teléfono e especificar se es voluntari@ ao correo ocvcoop@udc.es, ou chamando ao 981 167 000 ext 4916

Plazo límite de preinscripción o 29 de febreiro.

Máis información na web www.udc.es/cooperacion ou no teléfono 981 167 000 ext. 4916.

(01-02-2012)

Necesítanse voluntariados para proxecto de Animación Hospitalaria

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, precisa voluntarios para o proxecto de animación hospitalaria que levamos a cabo no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera.

Os destinatarios das nosas actividades son menores hospitalizados de entre 0 e 3 anos.

O horario da actividade é os martes ou os mércores de 16:30 a 19:00 horas.

Aquelas persoas que queiran colaborar, poden poñerse en contaco con nós a través do correo ocv@udc.es ou no teléfono 981 167 000 ext. 1752.

(09-10-2012)

Cartel xornada

Xornada: A perspectiva de xénero na participación social dende o voluntariado e a cooperación

A xornada pretende facer un achegamento á realidade social do noso contorno máis próximo dende unha perspectiva de xénero, e coñecer cales son as politicas de actuación en materia de igualdade por parte da administración pública e das entidades de acción voluntaria.
Tamén coñeceremos, dende una vertente práctica, o traballo de diferentes actores da cooperación galega en materia de xénero.

Descarga asociada

(11-04-2013)

IV Xornadas: As persoas sen teito: unha visión dendo o ámbito da saúde mental

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña e a Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña organizan estas IV Xornadas sobre as persoas sen teito e a saúde mental.

Estas xornadas terán lugar o día 29 de abril de 2013 no Centro Cívico de Labañou, e están dirixidas tanto ás persoas voluntarias como ao persoal técnico que traballa con este colectivo.

Descarga asociada


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds