Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FUNDACIÓN JUANSOÑADOR

Representante legal: JESÚS HERNÁNDEZ ÁLVAREZ
C.I.F.: G24452435

Coordinador técnico: Eloína Ingerto López

Enderezo:
Praza da Milagrosa, 10.
27003 - A Coruña, Ourense, Vigo e Lugo (sede central). - Lugo - LUGO

Teléfono: 639 817 789
FAX: 982 203 534
Móvil: 639 817 789

URL: http://www.fundacionjuans.org
Email: coordinacion.galicia@fundacionjuans.org

Nº de voluntarios: 75

Novas

(05-12-2017)

Celebración Día Internacional Voluntariado LUGO

A Rede Lucense de Voluntariado, en adiante ReLuVol, organiza o martes, 5 de decembro en Lugo unha xornada de sensibilización co fin de visibilizar e reivindicar o papel do voluntariado na sociedade. Este ano ademáis,a ReLuVol, celebra o seu X aniversario dende a súa creación no ano 2007.

As actividades previstas darán comenzo ás 17:30 horas nas instalacións do “Vello Cárcere” cun espazo informativo das entidades de acción voluntaria que forman parte da Rede. Proxectarase un video onde se visualizará o traballo en
rede destes 10 anos. A continuación poderase participar nun photocall e nunha ximkana sobre o voluntariado.
O acto principal será ás 19 horas, coa lectura dun manifesto e coa homeaxe a persoas voluntarias como recoñecemento a súa labor voluntaria, e, para finalizar, contaremos co concerto de Adrián Vigo e David Taboada.
Esta xornada ten como obxectivo principal chamar a atención da cidadanía de Lugo, transcender á opinión pública e xerar un maiorcoñecemento da acción voluntaria, do seu valor e repercusión social.
Entidades que forman parte da ReLuVol: Aliad-Ultreia, Aspnais, Ateibo, Auxilia,
Cáritas Lugo, Capaces, Cogami, Dignidade, Down Lugo, Fundación JuanSoñador,
Fundación Secretariado Gitano, Raiolas e Universidade de Santiago.

(21-04-2016)

Aproximarse ao voluntariado como motor de cambio social

A Rede Lucense de Voluntariado traballa con alumnado do CIFP Politécnico de Lugo na promoción dos valores dun voluntariado transformador.

A Rede Lucense de Voluntariado vén traballando dende o ano 2007 na promoción dun voluntariado comprometido que contribúa á mellora social. Con esta aspiración, a Rede dinamizou 6 obradoiros no CIFP Politécnico de Lugo nos que, maleta en man, convidaban a percorrer unha viaxe: da transformación persoal á transformación social. Unha viaxe que entende o voluntariado como motor de cambio social e como recurso ao alcance de calquera, capaz de xerar ilusión para a construción dunha sociedade máis xusta e solidaria.

Participaron destes obradoiro 115 estudantes (106 mulleres e 9 homes) dos ciclos formativos de “Educación Infantil”, “Atención a Persoas en situación de dependencia” e “Farmacia e Parafarmacia”. A través de dinámicas de grupo, as e os estudantes dialogaron e construíron coñecemento compartido en torno á acción voluntaria. A proposta sustentouse na metodoloxía do World café, articulada en base a imaxes xeradoras de debate. Dinamizáronse procesos de reflexión que permitiron transitar de posicionamentos asistenciais a enfoques transformadores, nunha aposta decidida da Rede por promover esta perspectiva de voluntariado. A Rede aproveitou tamén o encontro para achegar información sobre as entidades que a compoñen, convidando á participación nos programas e iniciativas que desenvolven.

Esta agrupación está integrada por 11 entidades do ámbito social: AliadUltreia, Asociación Down Lugo, Asociación Raiolas, Asociación Xuvenil Ateibo, Aspnais, AuxiliaLugo, Cáritas Diocesana Lugo, Cogami Lugo, Fundación JuanSoñador, Fundación Secretariado Gitano e o Servizo de Participación da Universidade de Santiago de Compostela. Todas elas desenvolven programas de voluntariado a través dos cales dinamizan a participación da cidadanía lucense.

(17-03-2016)

Grupo ReLuVol no Día Internacional do Voluntariado 2015

Premio de Boas Prácticas

O pasado venres, con motivo da celebración do Día Mundial do Traballo Social 2016, o Colexio Oficial de Traballo Social, otorgou o premio de boas prácticas pola experiencia de traballo en rede “Enredando tecido social" a tres traballadoras sociais que forman parte da Rede Lucense de Voluntariado.

As Traballadoras Sociais, Eloína Ingerto e Tania Cobas (da Fundación JuanSoñador) e Carla Fernández (de COGAMI), presentaron como boas prácticas de traballo en rede, a experiencia da Rede Lucense de Voluntariado (ReLuVol).

Ten como punto de partida a crenza e a convicción do traballo en rede como instrumento de intervención e de organización grupal, fundamentado na colaboración, o intercambio, e a participación entre varias entidades-persoas que se unen por unha causa común, neste caso: A promoción do voluntariado como xeito de participación social e compromiso solidario.

Ten a súa orixe no ano 2007, froito dunha iniciativa persoal á que se foron sumando e incluíndo dez persoas máis en representación de diferentes entidades sociais e cunha meta común: dar resposta á necesidade de impulsar e promocionar o voluntariado organizado na cidade de Lugo. Iniciase así unha idea de colaboración e de cooperación entre as entidades que a integran, planteando a Rede como un sistema de organización aberto, como un espazo de comunicación, cunha estructura que favoreza a participación dun xeito igualitario e enriquecedor.

Actualmente está formada por entidades de acción voluntaria diferentes ámbitos (inclusión social, muller, infancia, xuventude, discapacidade e educación): Aliad Ultreia, Asociación Down Lugo, Asociación Raiolas, Asociación Xuvenil Ateibo, Aspnais, Auxilia Lugo, Cáritas Diocesana Lugo, Cogami Lugo, Fundación JuanSoñador, Fundación Secretariado Gitano e o Servizo de Participación da Universidade de Santiago de Compostela.

Na meta hai unha crenza firme no voluntariado como peza fundamental dunha sociedade inclusiva baseada na solidariedade e na participación activa da cidadanía.

https://www.youtube.com/watch?v=Brn2icHKPfY&feature=youtu.be

(05-12-2015)

Celebración Día Internacional do Voluntariado en Lugo

A Rede Lucense de Voluntariado celebra o Día Internacional do Voluntariado mañá, 4 de decembro,con actividades lúdicas e de sensibilización.

As Entidades que formamos parte da Rede Lucense de Voluntariado, gustaríanos poder contar coa túa presenza nos actos organizados para este venres 4 de decembro con motivo do Día Internacional do Voluntariado.
Queremos destacar o valor da solidariedade, como contrapunto ó individualismo que nos rodea, “Emprende a túa viaxe” é unha invitación que lanzamos a todas as persoas que queiran sumarse a descubrir, sentir e ilusionarse. Unha viaxe compartida que transforma.
O acto central comezará ás 17,30 horas, diante do Concello, na Praza Maior, coa lectura dun manifesto. Contaremos con diversas actividades lúdicas, de promoción e recoñecemento do voluntariado da cidade de Lugo.

REDLUVOL: Aspnais, Raiolas, Auxilia, Fundación Secretariado Xitano, Cáritas, Universidade de Santiago, Cogami, Aliad Ultreia, Down Lugo, Ateibo e Fundación Juan Soñador.

Descarga asociada

(19-10-2011)

ESPAZOS DE SENSIBILIZACIÓN

"UN EXTRAÑO"

A Fundación JuanSoñador, dentro das súas actividades de Espazos de Sensibilización, que organiza o Programa Teranga de atención a persoas inmigrantes, convídate á peza teatral “Un extraño”, realizada pola compañía de teatro “Los Últimos” (www.losultimosteatro.com), que terá lugar en:

- Ourense: 24 de outubro ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico A Ponte.

- A Coruña: 25 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio da Fundación Caixa Galicia.

- Vigo: 26 de outubro ás 20:30 horas nol Cine Salesianos.


Descarga asociada

(30-09-2011)

ESPAZOS DE SENSIBILIZACIÓN EN VIGO

INFANCIA E ADOLESCENCIA
A Fundacion Juan Soñador a través dos programas de infancia e voluntariado, organiza unha conferencia "EDUCAR ENTRE CONFLITOS E RISCOS", cando os adolescentes teñen dificultades para formar parte da sociedade, que terá lugar o 10 de outubro en Vigo, a cargo de Jaume Funes Artiaga,especialista neste campo profesional.

Entre os obxectivos deste espazo:

Promover e difundir o valor da solidaridade e compromiso social en defensa dos dereitos da infancia e adolescentes en situación de risco social ou exclusión social.

Favorecer a reflexión e o coñecemento sobre a realidade dos adolescentes na sociedade actual, especialmente os que teñen maiores dificultades.

Facilitar ferramentas de intervención aos diversos axentes implicados na educación de adolescentes.




Descarga asociada

(28-09-2011)

CONCURSO DE LEMAS

"PALABRAS PARA GRANDES ACTOS E ACTITUDES"

Fixose entrega dos premios do I concurso de lemas "Palabras para grandes actos e actitudes" realizado no mes de outubro nos proxectos que desenvolve a Fundacion en Galicia.

Seguiremos celebrando os valores solidarios que transmiten as persoas voluntarias a través da asociación.

Gracias a todos pola vosa participación.




Descarga asociada

(05-12-2016)

Celebración Día Internacional do Voluntariado Lugo

A Rede Lucense de Voluntariado organiza para o luns 5 de decembro en Lugo, a celebración do Día Internacional do Voluntariado. Este é o décimo ano consecutivo que a ReLuVol organiza unha xornada de sensibilización con motivo deste día, promocionando e reivindicando á participación social a través de accións solidarias no marco dos proxectos que levan a cabo as entidades que integran a Rede.

Este ano centrarase nunha xornada lúdica que comezará ás 18,00 horas no Mercado de Abastos. Ó longo da tarde desenvolveremos diferentes talleres de animación (pintacaras, xogos) e contaremos cunhas colaboracións especiales que se sumaron á celebración: Maxia a cargo de Nacho Samena e as actuacións da Escola de Danza Gravitty, Humans in motion e Rap con Corti Time.
O acto central comenzará ás 19,20 horas coa la lectura dun manifiesto.

Neste Día Internacional do Voluntariado queremos facer visible o voluntariado, sendo unha actitude ante a vida, “Voluntariado, unha viaxe apaixoante”. Invitámosvos a transformar realidades con máis valioso dos nosos recursos: o tempo "Facer voluntariado é querer cambiar o mundo e facerlo".

Esta celebración está organizada pola Red Lucense de Voluntariado integrada por diferentes entidades de acción voluntaria de Lugo que desenvolven acciones sociais, xuvenís e de voluntariado. As actividades están dirixidas a personal técnico das entidades, voluntariado, representantes das administracións, persoas destinatarias dos proxectos e á cidadanía en xeral.


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds