Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

Representante legal: JUAN GONZÁLEZ PÉREZ
C.I.F.: G15629629

Coordinador técnico: Andrea Manuela García Corzo

Enderezo:
R/ VARSOVIA, 4C-6ª PLANTA
15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA

Teléfono: 986843436
FAX:
Móvil: 698144536

URL: http://www.fondogalego.org/web/
Email: info@igadi.org, comunicacion@fondogalego.org

Nº de voluntarios: 47

Novas

(22-04-2019)

Bases da convocatoria

Vacacións con Traballo en Mozambique e Cabo Verde

O Fondo Galego vén de abrir unha nova convocatoria do programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das administracións locais socias e da Xunta de Galicia.

Tres empregadas e empregados da administración local e autonómica que exerzan o seu labor en municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo. O programa de cooperación técnica e de sensibilización está cofinanciado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

As e os participantes nas Vacacións con Traballo achegan asesoramento técnico nos países empobrecidos e intercambian coñecementos, ao tempo que supervisan os proxectos de cooperación internacional e facilitan a colaboración entre o poder local galego e o do país de destino. Ademais, enchóupanse doutras realidades e contribúen a concienciar sobre elas.

Ata o 26 de maio permanece aberto o prazo para presentar candidaturas á decimocuarta edición das Vacacións con Traballo, con tres perfís prioritarios. En Mozambique, a Fundação Encontro precisa dunha técnica/o ambiental con experiencia en reciclaxe, mentres que os municipios de Boane e Manhiça buscan unha persoa experta en finanzas municipais. En caso de non cubrir estas prazas, os perfís secundarios serían os de educador/a infantil e técnica/o de Deportes, respectivamente. A vila caboverdiana de Santa Cruz, pola súa parte, require unha técnica/o de Desenvolvemento Local, sendo a opción secundaria neste caso a dunha técnica/o agrónoma/o.

As candidaturas presentaranse enviando a ficha de solicitude ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta de motivación, e mais un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no correspondente concello ou deputación, e do órgano directivo competente no caso da Xunta ou das mancomunidades. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vinculación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués.

O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe, para a que as persoas seleccionadas poderán solicitar unha licenza laboral específica. Co fin de visibilizar a realidade do Sur e sensibilizar fronte as desigualdades, o voluntariado enviará publicacións para as redes sociais e tamén se editará un caderno dixital. Un total de 44 empregadas e empregados da administración local participaron desde 2006 nas Vacacións con Traballo.

Descarga asociada

(12-04-2018)

Vacacións con Traballo na África lusófona

O Fondo Galego vén de abrir unha nova convocatoria do programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das deputacións e concellos socios.

Dúas empregadas e empregados das deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pasarán entre 15 días e un mes colaborando cos parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo.

As e os participantes nas Vacacións con Traballo achegan asesoramento técnico nos países empobrecidos e intercambian coñecementos, ao tempo que supervisan os proxectos de cooperación internacional e facilitan a colaboración entre o poder local galego e o do país de destino. Ademais, enchóupanse doutras realidades e contribúen a concienciar sobre elas.

Ata o 30 de abril permanece aberto o prazo para presentar candidaturas á decimoterceira edición das Vacacións con Traballo, que buscan dous perfís prioritarios. En Mozambique, a Fundação Encontro, que atende a poboación vulnerable, precisa dunha técnica/o informática/o que lles axude a organizar a base de datos da súa área de Acción Social. En caso de non cubrirse esta praza, o perfil secundario sería o de educador/a social. O municipio caboverdiano de Santa Cruz, pola súa banda, require unha técnica/o de Turismo que contribúa a promover o turismo rural na Cámara Municipal. As opcións secundarias son as de técnica/o de Deportes, animador/a sociocultural e técnica/o de Mocidade.

As candidaturas presentaranse enviando a ficha de solicitude ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta de motivación, e mais un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no correspondente concello ou deputación. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vinculación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués.

O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe, na que as persoas seleccionadas investirán o seu período de descanso. Co fin de visibilizar a realidade do Sur e sensibilizar fronte as desigualdades, o voluntariado publica un blog e á volta tamén se edita un caderno dixital. Un total de 42 empregadas e empregados da administración local participaron desde o ano 2006 nas Vacacións con Traballo.

Descarga asociada

(06-04-2016)

Vacacións con Traballo

O Fondo Galego vén de abrir unha nova convocatoria do programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das deputacións e concellos socios.

Catro empregadas e empregados das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo.

As e os participantes neste programa de voluntariado internacional achegan asesoramento técnico nos países empobrecidos e intercambian coñecementos, ao tempo que supervisan os proxectos de cooperación internacional e facilitan a colaboración entre o poder local galego e o do país de destino. Ademais, enchóupanse doutras realidades e contribúen a concienciar sobre elas.

Ata o 30 de abril permanece aberto o prazo para postularse a algún dos catro perfís requiridos. A Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos solicita un de técnica/o de Turismo e outro de técnica/o de Desenvolvemento local, que contribuirán a impulsar o turismo comunitario. En Mozambique, a Fundação Encontro, que atende a menores vulnerables, precisa dun/ha traballador/a social, mentres que a Rede de Mulleres Autarcas oferta unha praza de técnica/o en Igualdade para fomentar a implicación feminina na política.

As candidaturas presentaranse enviando a ficha de solicitude ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta de motivación, e mais un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no correspondente concello ou deputación. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vinculación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués.

O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe, na que as persoas seleccionadas investirán o seu mes de descanso. Co fin de visibilizar a realidade do Sur e sensibilizar fronte as desigualdades, o voluntariado publica un blog e á volta tamén se edita un caderno dixital. Un total de 36 empregadas e empregados da administración local participaron desde o ano 2006 nas Vacacións con Traballo.

Folleto VcT 2016

Descarga asociada

(06-04-2017)

Vacacións con Traballo en Mozambique

O Fondo Galego vén de abrir unha nova convocatoria do programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das deputacións e concellos socios.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de abrir o prazo para que persoal das deputacións e concellos socios se presente ao programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, que este ano oferta senllas prazas para especialistas en iguavacaciónstraballo social en Mozambique. As persoas seleccionadas investirán o seu mes de descanso en cooperar cos parceiros da entidade no país lusófono.

A Fundação Encontro, que atende a menores vulnerables, contará co apoio dun traballador ou traballadora social que asesorará ao equipo tanto na recollida de datos sobre o terreo coma no seu posterior procesamento, co fin de deseñar futuras intervencións destinadas a mellorar a calidade de vida das comunidades, en base ás súas necesidades. A outra praza é para apoiar a Rede de Mulleres Autarcas de Mozambique, integrada por alcaldesas e concelleiras e que foi creada no seo da Asociación Nacional de Municipios Mozambicanos. Unha técnica ou técnico de igualdade asesorará na implementación de políticas municipais de xénero, apoiando a elaboración de plans transversais e actividades, así como o fortalecemento da Rede.

Ata o 10 de maio permanecerá aberto o prazo para presentar candidaturas á duodécima edición das Vacacións con Traballo. As persoas interesadas deberán enviar a ficha de solicitude ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta de motivación, e mais un escrito de apoio ou consentimento asinado pola política ou político que exerza a respresentación do Fondo Galego no correspondente concello ou deputación. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vinculación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués. O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe.

As e os participantes nas Vacacións con Traballo achegan asesoramento técnico nos países empobrecidos e intercambian coñecementos, ao tempo que supervisan os proxectos de cooperación internacional financiados e facilitan a colaboración entre o poder local galego e o do país de destino. Ao tempo, enchóupanse da realidade do Sur Global e contribúen a sensibilizar fronte as desigualdades publicando un blog, mentres que á volta se edita un caderno dixital. Un total de 40 empregadas e empregados da administración local participaron desde o ano 2006 nas Vacacións con Traballo.

Folleto VcT 2017

Descarga asociada

(01-12-2015)

X Xornadas Anuais de Cooperación

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza este xoves 3 de decembro as X Xornadas Anuais de Cooperación, que se celebrarán na Casa das Campás (Pontevedra) entre as 9.30 e as 14 horas.

O encontro conmemora o décimo aniversario das Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido a persoal técnico das deputacións e concellos socios. O evento contará con participantes nesta experiencia, así como con representantes sindicais, dos municipios de Cabo Verde e do Fondo Extremeño Local de Cooperación al Desarrollo. Tamén haberá teatro, café de comercio xusto e inaugurarase unha exposición fotográfica.

+info

Descarga asociada

(15-11-2012)

Banner do concurso

CONCURSO FOTOGRÁFICO IMAXES CON FONDO

ADIADO O PRAZO PARA PRESENTAR AS FOTOGRAFÍAS E PRESENTACIÓN DO XURADO.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprende neste 2012 co concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, aberto a calquera persoa maior de 12 anos de idade e residente en Galicia.

‘Imaxes con Fondo’ pretende ser unha ferramenta que promova a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno e coas persoas que nel habitan.
O certame estrutúrase en dúas seccións. No apartado dirixido a persoas adultas, convídase a reflexionar a través da imaxe arredor da repercusión das nosas prácticas sobre os países do Sur. Neste caso, o premio consiste nunha viaxe a Cabo Verde para realizar un traballo fotográfico sobre un dos proxectos apoiados polo Fondo Galego de Cooperación. Na categoría xuvenil, para mocidade de entre 13 e 17 anos, o tema central é a solidariedade na nosa sociedade e a recompensa será unha cámara Canon mais un lote de produtos de comercio xusto.
O xurado está constituído por Gabriel Tizón, Carlos Puga, Sonia Daponte e Rexina Vega, así coma a presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, Gema Filgueira, a propia presidenta do Fondo Galego, Teresa París, e máis unha representante do Concello de Oleiros, Marga Figueroa.
O prazo para concorrer ao concurso vén de adiarse ata o vindeiro 15 de novembro. A convocatoria está aberta a todas as persoas que residan en Galicia. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres instantáneas cada unha, co acompañamento dunha breve descrición en galego nun 'tweet' de 140 caracteres. Admítense obras inéditas, en cor ou en branco e negro, con formato jpg e unha resolución mínima de 300 ppp, dun tamaño que non exceda os 5 mb.
As propostas deberán enviarse ao enderezo imaxesconfondo@yahoo.es. O fallo do xurado darase a coñecer no acto de conmemoración do 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na redacción das bases colaboraron Agareso, a Asociación Provincial de Fotógrafos Profesionais de Pontevedra, a Asociación Provincial de Fotógrafos Profesionais de Lugo, a Agrupación Fotográfica Galega e a Asociación Fotográfica Galega 'Phosgalicia'.
A actividade ‘Imaxes con Fondo’ encádrase no Plan de Sensibilización 2012 do Fondo Galego de Cooperación, cofinanciado pola Xunta de Galicia.
Podedes ter máis información na nosa páxina web www.fondogalego.org

Descarga asociada


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds