Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER, FAGAL

Representante legal: ÁNGELES BLANCO LEDO
C.I.F.: G15656739

Coordinador técnico: Javier Hermida Porto

Enderezo:
Rúa República Checa nº52
15707 - Santiago de Compostela - A CORUÑA

Teléfono: 981595121
FAX:
Móvil:

URL: http://www.fagal.org
Email: fagal@fagal.org

Nº de voluntarios: 9

Novas

(26-08-2019)

III Andaina Solidaria da Federación Alzhéimer Galicia

Precisamos voluntarios para Andaina Solidaria

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Federación Alzhéimer Galicia organiza a III Andaina Solidaria, que terá lugar o sábado 14 de setembro en Santiago de Compostela. Ó igual que a realizada en pasados anos, realizaremos o último tramo do camiño ata chegar ao Espazo da Memoria, no Parque de Bonaval. Esta andaina, aínda que o público principal son as familias coidadoras e os membros das nosas asociacións, estará a aberta á poboación en xeral, que poderá unirse a esta actividade e completar con nós os aproximadamente 4 km que separan o punto de inicio da ruta do Espazo da Memoria.

A actividade comezará ás 10h no Monumento a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. Solicitarase ós asistentes que estean presentes nesta zona ás 09:30h para explicarlles o percorrido que se vai a realizar e os horarios previstos para o acto no Parque de Bonaval.

Precisamos persoas voluntarias que nos axuden na coordinación da Andaina. As tarefas a realizar serán o reparto de augas e distintivos ós asistentes, así como a manter ó grupo unido durante o transcurso da Andaina.

Podes inscribirte chamando ó 981595121 ou enviando un correo electrónico a comunicacion@fagal.org

(14-09-2016)


Andaina Solidaria

O sábado 17 de setembro a Federación Alzhéimer Galicia organiza unha Andaina Solidaria con motivo do Día Mundial do Alzhéimer.Nela participarán compoñentes das 13 asociacións que forman parte de FAGAL, así como cidadáns anónimos que queiran achegarse e acompañarnos durante os 4 km de camiño.

Esta actividade pretende ser un acto de confraternización entre os membros das asociacións pertencentes a FAGAL e tamén de unión ca xente da rúa, para que coñezan a nosa existencia e que poidan mostrar as súas inquedanzas respecto a esta doenza.

A andaina dará comezo ás 11h no Monte do Gozo, no monumento situado ó carón da Capela de San Marcos, situado na rúa do Gozo. A andaina terá unha duración de 4,5km e estímase que levará arredor de 1 hora e 30 minutos, percorrendo as seguintes rúas da cidade: Rúa do Gozo, Rúa Ponte de San Lázaro, Rúa San Lázaro, Rúa Valiño, Rúa das Fontiñas, Rúa Fonte dos Concheiros, Cruce Avenida de Lugo, Rúa dos Concheiros, Rúa de San Pedro, Travesa de San Pedro, Rúa do Medio e Rúa de Bonaval. A entrada ó Parque realizarase pola entrada lateral situada nesa rúa.

[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds