Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN DEL CENTRO DE DESARROLLO RURAL O VISO

Representante legal: JOSÉ ANTONIO PÉREZ CARRERA
C.I.F.: G32122376

Coordinador técnico: CARMEN BOHORQUEZ VERDUGO

Enderezo:
LODOSELO, S/N
32631 - SARREAUS - OURENSE

Teléfono: 988-454408
FAX: 988-462004
Móvil: 988-461571

URL: http://www.cdroviso.org
Email: info@cdroviso.org, cixdalimia@cdroviso.org

Nº de voluntarios: 45

Novas

(23-10-2012)

CURSO DE ATENCIÓN HIXÉNICO-SANITARIA DAS PERSOAS DEPENDENTES.

Curso teórico sobre as carecterísticas e necesidades de atención hixénico-sanitaria das persoas dependentes.

O "CDR O Viso" leva a cabo a realización dun curso gratuito a partir do 5 de novembro do 2012. O curso terá lugar no Centro Social de Lodoselo(Sarreaus) os luns e mércores de 16:00 hs a 21:00 hs.
Trátase dun módulo de 70 horas, de certificación válida para o recoñecemento da experiencia profesional.
Para máis información podedes chamar o 988 46 15 71 ou consultar na nosa páxina web www.cdroviso.org.

(10-04-2012)

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Convoca: CDR O Viso a través da súa ESCOLA DE TEMPO LIBRE LIMICORUM.

Curso de 200 horas homologado pola Xunta de Galicia.

Requisitos: Ter cumpridos os 18 anos e estar en posesión do graduado en ESO.

Curso intensivo coa posibilidade de aloxamento no albergue do Pobo Escola de Lodoselo.
Datas: do 17 de xullo ó 5 de agosto de 2012.

Inscrición ata o 28 de maio de 2012
Mais información na páx.web: www.cdroviso.org

Tfno: 988461571

(09-04-2012)

CAMPAMENTOS CDR O VISO 2012

“CAMPIÑO”
Participantes: rapaces/as de 6 a 11 anos
Datas: do 2 ó 6 de xullo
Horario: das 10:30 ás 17:30 (con xantar e merenda)-En Lodoselo (Sarreaus)

“Gardiáns do Bosque”:
Participantes: rapaces/as de 9 a 15 anos
Datas: do 8 ó 15 de xullo
Réxime pensión completa En Lodoselo (Sarreaus)

Este ano o CDR O Viso ofréceche dúas posibilidades de campamento diferentes en Lodoselo.

Nestes campamentos os/as nenos/as somérxense na vida do rural, adaptándose á natureza e gozando das súas posibilidades.
É un lugar de encontro onde se fomenta a convivencia, o contacto coa natureza e o respecto ó entorno a partir de moi diversas actividades.
Queremos que sexan campamentos de integración e polo tanto haberá prazas para nenos/as con necesidades educativas especiais. Tamén o centro cumpre coa normativa vixente de accesibilidade e eliminación de barreiras.

Ademais van ser campamentos de formación lingüística (galego /inglés/ castelán) xa que entre o equipo de educador@s contamos co voluntariado do SVE.


(07-04-2011)

Convocatoria curso: Director de Tempo Libre.

O C.D.R “O Viso”, a través da Escola de tempo libre LIMICORUM, organiza,
un curso do Director de Tempo Libre. A fase teórica-práctica desenvolverase de forma
intensiva durante 15 días cunha duración de 150 horas no albergue de Lodoselo
(Sarreaus, Ourense).

Datas: do 17 ó 31 de xullo do 2011. Curso intensivo.

Prazas: Grupo mínimo para realizar o curso 15 persoas. Límite de prazas 25.

Horario: Mañás de 9:00-14:00 hs
Tardes de 16:00-21:00 hs

Contido: Curso de 150 horas teórico-prácticas de carácter intensivo tendo a
posibilidade da estancia no albergue. O curso está homologado pola Xunta de Galicia.

Prezo: 230 € só o curso. Tense a posibilidade de manutención e aloxamento.

Prazo de pre-inscrición: o primeiro prazo de prescripción será ata o 30 de abril.

Información: para máis información tendes a posibilidade de contactar en
cixdalimia@cdroviso.org, chamando o número de teléfono 988 46 15 71. ou facéndonos
unha visita na páxina web www.cdroviso.org.

(07-04-2010)

CURSO DE MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Convoca: C.D.R O Viso a través da Escola de Tempo Libre “Limicorum”

Curso de 200 horas, homologado pola Xunta de Galicia.

Requisitos: Ter máis de 18 anos e ter o graduado escolar ou en E.S.O

Información: 988 46 15 71 ou cixdalimia@cdroviso.org

Datas: Dende 11 de xullo ata o 30 de xullo.

Prazo de preinscrición ata o 28 de maio.

(07-04-2010)

CURSO DE INICIACIÓN Á MAXIA

O C.D.R O Viso a través da Escola de Tempo Libre “Limicorum”
vai realizar un cursiño de iniciación á maxia con obxectivo de Introducir ás persoas participantes na práctica da maxia como actividade lúdica e como elemento dinamizador de grupos de tódalas idades. Búscase utilizar a maxia como recurso didáctico e como recurso de socialización.

Requisitos: Para o público en xeral. Educadores/as monitores/as de tempo libre, profesorado...

Información: 988 46 15 71 ou cixdalimia@cdroviso.org

Datas: días 29 e 30 de maio.

Horario: sábado e domingo de 9.30hs - ás 14.30hs

(07-04-2010)

Pobo escola de Lodoselo, un lugar para que os máis novos coñezan, vivencien e compartan a cultura do noso pobo

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, ante o descoñecemento da realidade rural e natural, a perda de identidade cultural, a reestructuración e cambio nos modelos de producción que está a provocar o esquecemento do acervo cultural dos nosos pobos e aldeas, oferta unha achega de coñecemento vital da realidade rural: contorna natural e humana, modos de vida... mediante o programa de Pobo escola. Esta iniciativa quere contribuír ao mantemento e desenvolvemento das persoas que quedan na nosa contorna.

Non se trata unicamente de aproveitar a contorna natural, senón, e sobre todo, de mellorala. Queremos coñecer e compartir cos máis novos, unha cultura que se está perdendo con cada veciño/a que morre.

As persoas que realizaron unha aprendizaxe, ao dalo a coñecer a outras persoas ou colectivos, socializan con eles o apreso conseguindo un efecto multiplicador á súa actividade á vez que actúa como mecanismo de motivación que rescata ás situacións de aprendizaxe da súa tradicional inutilidade.


Obxectivos:

- Ofertar aos colexios da comarca e da provincia unha/s xornada/s de convivencia no albergue do pobo escola con actividades formativas á vez que coñecen e vivencian a realidade rural, natural, modo de vida dos pobos.. (Economía, relacións sociais, cultura, etnoloxía, etc...) para frear a perda de identidade cultural rural.

- Propiciar aos grupos participantes o contacto coa natureza, o seu coñecemento e respecto a través da execución de actividades ambientais (reciclaxe, aula da natureza, agrícolas, gandeiros, de relación social co medio,)

- Favorecer a solidariedade, vivenciar o traballo en grupo e a creatividade da comunidade rural a través da súa participación como educadores/as nos talleres e actividades que se ofertan desde o pobo escola.

- Introducir o aspecto lúdico nas actividades que ofertamos como elemento importante na formación das persoas, desenvolvendo capacidades de relación e integración social e profundando na aprendizaxe autoguiado como un mecanismo crave.

- Estimular o interese dos/as participantes (alumnado) nos contidos que se desenvolven no deseño curricular e que teñen unha aplicación na vida diaria.


Actividades:
Mañás(por grupos:
•Fiado – tintes naturais
•Reciclaxe de papel- elaboración de bolsas de papel.
•Actividade medioambiental: planta (para este obradoiro cada. neno/a ten que traer un envase valeiro e limpo de leite/zume etc...(tetra brik)
•Fornada.

Xantar: Cada neno/a trae a súa comida.

Tardes:
•Xogos populares e tradicionais. Xogos con paracaídas….
•Recollida do pan do forno.
•Actividades na horta e con animais, paseo en burro.

As actividades para colexios, realízanse a partires do mes de marzo. Para reservar o día chamar ó teléfono: 988 461 571. Horario de atención: luns, martes, mércores e venres, de 9.00 a 13.00 horas e dende as 15.00 ás 19.00 horas. O enderezo electrónico de contacto é info@cdroviso.org.

Tamén se poden organizar actividades para varios días, fins de semana, excursión fin de curso, colonias...



(14-07-2009)

Foto tomada por El País para ilustrar a reportaxe Una casa en la que envejecer

Unha casa na que envellecer en Lodoselo

O diario El País publicou o pasado sábado, 11 de xullo a reportaxe "Una casa en la que envejecer" na que dá conta dunha das iniciativas do Centro de Desarrollo Rural (CDR) O Viso denominada "A túa outra casa" a través da cal se habilitou unha vivenda comunitaria para que 12 veciños da bisbarra da Limia non teñan que abandonar o rural.

Xunto co persoal que atende aos usuarios da vivenda, colaboran ademais tres mozos de Nicaragua, Costa Rica e Polonia que realizan o Servizo Voluntariado Europeo -acción pertencente ao programa europeo Xuventude en Acción- e outros 36 voluntarios da comarca.

Ler a reportaxe >>


Voluntarios europeos no Viso
No seguinte vídeo editado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (minutos 13:07 a 16:40) pódese ver a entrevista a dous voluntarios europeos que colaboraron no proxecto "A túa outra casa" do CDR O Viso, así como noutras iniciativas da asociación.

Vídeo Xuventude en Acción >>



[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds