Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE

Representante legal: PAULA VIDAL ABALO
C.I.F.: G32242422

Coordinador técnico: Angel Dorrío

Enderezo:
RÚA BEDOIA nº 5, 2 D
32004 - OURENSE - OURENSE

Teléfono: 988 374 318
FAX: 988 374 318
Móvil:

URL: http://www.amigosdaterra.net
Email: info@amigosdaterra.net

Nº de voluntarios: 30

Novas

(10-10-2017)

sve

Xornada de Experiencias sobre Voluntariado Europeo en Ourense

Amigos da Terra está levando a cabo un proxecto de promoción do Servizo Voluntario Europeo (SVE) que remata cunha xornada de intercambio de experiencias en torno a este voluntariado, que pode ser de interese tanto para ás mozas e mozos, organizacións que queiran traballar con voluntariado (asociacións xuvenís, culturais ou de veciños, centros de ensino, concellos, fundacións ou ONG) así como técnicos de emprego e xuventude municipais.

A través deste programa persoas menores de 30 anos poden traballar en máis de 20 países de Europa por un período que pode ir de 2 a 12 meses, colaborando a tempo completo en diversos proxectos que poden ser de carácter social (infancia, xuventude, persoas maiores), tecnolóxico, deportivo, artístico, cultural, vinculados ao patrimonio ou medio ambiente entre outros. Así para as mozas e mozos, non só se trata de vivir unha experiencia persoal única se non que no contexto actual de paro xuvenil increméntase as súas probabilidades de encontrar emprego.

10:15 Presentación da xornada

10:30 Que é o servizo de voluntariado europeo?

Requisitos de participación, duración, actividades, financiamento, etc… Angel Dorrio, técnico de Amigos da Terra

11:30 Experiencias de voluntariado nas organizacións

Proxectos que desenvolven con voluntariado europeo distintas asociacións. Sustinea (Asociación medio ambiental), OMIX Concello de Ribadavia, Amencer (Asociación Xuvenil)

12:30 Vivencias de voluntariado en España e no extranxeiro

Ana Méndes (Portugal), Réka Patócs (Hungría), Jana Núñez (España)

14:00 Petiscos

A xornada é de balde pero é necesaria a inscrición previa no correo voluntariado.galicia@amigosdaterra.net.

(26-09-2017)

sve

Promocionando o Servizo Voluntariado Europeo (SVE/EVS)

Por segundo ano Amigos da Terra realiza un proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Este programa fomenta a mobilidade dos mozos e mozas europeas para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en proxectos de moi diferente índole (deportivos, ambientais, sociais, culturais, etc)

Este voluntariado ao ter lugar no estranxeiro, amplifícanse as súas vantaxes, xa que non só se trata de desfrutar dunha experiencia persoal única se non que, tal e como constatan estudos recentes, adquírense coñecementos e se fortalecen habilidades craves que son altamente valoradas polas empresas. Sen embargo, a pesar das innumerables vantaxes que teñen este tipo de programas, sabemos que son practicamente descoñecidos entre a mocidade e incluso entre as entidades, xa que en Galicia apenas existen organizacións tanto de envío como de acollida.

Polo tanto, a través do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Amigos da Terra, unha asociación con máis de 16 anos de experiencia na xestión deste tipo de voluntariado, vai levar a cabo distintas actividades que se desenvolverán ata mediados de outubro. O obxectivo non é só difundir o SVE e as súas vantaxes entre a mocidade galega, se non intentar que se sumen máis entidades para enviar e acoller voluntariado de outras nacionalidades.

A diferenza do ano anterior, este ano a través das/os orientadores escolares desprazarémonos aos centros educativos para presentar o programa. Nestas presentacións levarase a cabo un primeiro achegamento ao SVE, as súas vantaxes, os requisitos de participación, a duración, as actividades que se poden levar a cabo e as condicións de financiamento. Tamén se contará ca testemuña de persoas voluntarias de diferentes países que achegarán a súas vivencias.

Para culminar o proxecto, realizaremos en Ourense un encontro final de convivencia e onde compartir experiencias entre toda a xente interesada e onde se convidarán a outras asociacións e persoas voluntarias, tanto estranxeiras como nacionais que desfrutaron ou están a levar a cabo o SVE, e que rematará cun xantar conxunto. A finalidade é socializar e horizontalizar as experiencias en torno a este voluntariado, estimular a relación social e crear un espazo de confianza no que xurdan novas iniciativas e que o espírito de emprendemento social se contaxie.

(26-08-2017)

Campaña Resíduo Mínimo: este sábado estamos en Moaña, quen se apunta?

Residuo Mínimo é unha a campaña de Educación Ambiental para a redución dos residuos e a compostaxe en O Morrazo
Participa!

Este sábado 26 de agosto precisamos a tua colaboración!
Esteramos de 11 a 13 horas no mercadiño municipal de Moaña. Precisamos xente que nos axude a difundir entre a cidadanía as ventaxas da compostaxe e como reducir os nosos residuos.

É unha boa oportunidade para aprender máis sobre estes temas e axudar a concienciar á xente sobre a necesidade dun cambio de modelo de consumo.

Por suposto, quedaríamos ca xente interesada previamente para darvos información e formación. Axúdasnos?? ;)

Cómo apuntarte?
en voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou no 988374318 polas mañás.

(22-06-2017)

praia barra

Participa na limpeza da praia de Barra e en EcoBueu!

Residuo Mínimo é unha a campaña de Educación Ambiental para a redución dos residuos e a compostaxe en O Morrazo
Participa!

Este domingo 25 de xuño precisamos a tua colaboración!
En Ecobueu, o mercado ecolóxico na Praza Massó de Bueu durante o día
Na Praia de Barra en Cangas, recollida de residuos de 9:30 a 12:30.

Cómo apuntarte e en qué consiste:
Limpeza da praia de Barra: punto de encontro no parking de terra fronte ao antigo camping de Ezequiel as 9.30h. Máis info
Mercado EcoBueu: en turno de mañá dende as 9.30h ou de tarde ata as 20.30h para apoio no posto de información da campaña. Máis info

Saída dende Vigo: para ambas actividades poremos punto de encontro, apuntate en info@residuominimo.com ou no 986 229 089 polas mañás.

omorrazo.residuominimo.com
Facebook
twitter

Descarga asociada

(02-06-2017)

Día Mundial do Medio Ambiente: “A Ruta do Consumismo”

O vindeiro luns, 5 de xuño, celébrase o Día mundial do Medio ambiente, e con esta data preténdese homenaxear ao planeta no que vivimos e recordar á poboación a necesidade de protexelo.

A nivel local, Amigos da Terra vai celebrar este día organizando unha actividade de sensibilización sobre as consecuencias ambientais dos nosos hábitos de consumo. Baixo a denominación “A Ruta do Consumismo” realizaremos un percorrido polas rúas do casco vello da cidade de Ourense, e no que participaran o alumnado de dous centros educativos o IES San Mamede de Maceda e o centro EPAPU de educación e promoción de adultos de Ourense.

Nesta ruta interpretativa do consumismo poderase coñecer, ao longo de diferentes paradas nas proximidades de diferentes establecementos comerciais, os problemas asociados a catro tipos de produtos de consumo moi habitual entre a mocidade e adolescentes: Alimentos, Roupa, Cosméticos e Equipos electrónicos.

Na parada destinada aos alimentos os alumnos coñeceran impactantes datos e poden reflexionar sobre as relacións entre a produción de determinados alimentos e a deforestación que acontece noutros países a miles de quilómetros de distancia, así como sobre os residuos químicos (pesticidas e abonos) que permanecen na nosa comida sen que sexamos conscientes deles.

Respecto aos cosméticos teñen a ocasión de coñecer varios dos ingredientes sintéticos e químicos que absorbemos pola pel e os riscos que representan sobre a saúde, mentres que na parada en relación á roupa se explicase a longa viaxe que debe facer unha peza dende a súa confección ata as tendas onde a mercamos, pondo atención nas problemáticas condicións do traballo e impactos ambientais que se suceden ao longo deste percorrido

Para finalizar hai ocasión de debater sobre a cara oculta do consumo dos equipos electrónicos, falando sobre os impactos da súa fabricación e do desexo da súa rápida substitución ao que a publicidade nos empurra ou tamén sobre a obsolescencia programada e a problemática da recuperación e reciclaxe de residuos electrónicos.

Con esta actividade preténdese concienciar os participantes sobre a necesidade de implicarse, a través da adquisición duns hábitos de consumo máis xustos e responsables, contribuíndo así á preservación dos recursos naturais e ao desenvolvemento dunha sociedade máis xusta, solidaria e respectuosa co medio.

Día 5 de xuño

Lugar: – Parque de San Lázaro – Parada de autobus diante da Subdelegación do Goberno ás 11 horas
-Praza do Ferro ás 11:30 horas

(11-05-2017)

eslovaquia

Servizo voluntario Europeo en Eslovakia

Praza vacante para ‪#‎EVS‬ ‪#‎SVE‬, SERVIZO VOLUNTARIADO EUROPEO

Dende amigos da terra buscamos a dous voluntarios/as para un proxecto medio ambiental en un centro ecolóxico en Eslovaquia, de Xuño a Novembro, durante 6 meses.

A descrición do proxecto podedes consultala aquí
http://evsinadt.blogspot.com.es/2017/05/evs-vacancie-for-spanish-volunteers-in.html

Para mas información contactar en sve@amigosdaterra.net

(13-03-2017)

reapir cafe

Repair Café de roupas!

Trae agulla, fío, tesoiras, e arranxa esas prendas faltas de cariño que agardan a que as remendes e as uses!
Dereito a unha consumición!!
Entrada de BALDE

Descarga asociada

(16-02-2017)

Repoboación forestal

O Grupo Scout ILEX levará este sábado 18 de febreiro 40 rapaces e rapazas a plantar árbores nesta zona que foi devastada por un incendio forestal no 2015, como xa fixo o ano pasado.

Amigos da Terra como entidade colaboradora da actividade convidamos ás nosas voluntarias e voluntarios a participar. O punto de encontro será ás 10:50 na parada de buses do Parque de San Lázaro (Ourense) e iremos e voltaremos no transporte público.

A prantación durará unhas 2 horas aproximadamente e logo faremos unha pequena ruta ata o Mosteiro de Naves e temos previsto estar xa de volta as 18:30 horas. Durante a ruta pararemos a xantar (cada un traerá a súa propia
comida).

Agradecemos a vosa participación! E lembrade que no no caso de que teñades previsto asistir mandade un aviso a voluntariado.galicia@amigosdaterra.net para que poidamos facer cálculos. Traede roupa cómoda, botas e un chubasqueiro como precaución.

(10-01-2017)

Servizo voluntario Europeo en Eslovakia

Praza vacante para ‪#‎EVS‬ ‪#‎SVE‬,SERVIZO VOLUNTARIADO EUROPEO

Dende Amigos da Terra buscamos a dous voluntarios/as para un proxecto medio ambiental en un centro ecolóxico en Eslovaquia, de Marzo a Novembro, durante 8 meses.

A descrición do proxecto podedes consultala aquí


Para mas información contactar en sve@amigosdaterra.net

(21-12-2016)

Charla do Servizo Voluntario Europeo

Continuando coa promoción e para dar a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo! Amigos da Terra levará a cabo unha charla sobre este programa dirixido as entidades xuvenís e centros educativos que estean interesadas.

Este mércores estaremos co alumnado e profesorado dos cursos das familias de Comercio e de Administración e da familia de Servizos socioculturais do CIFP Portovello en Ourense

Imparten a xornada:

Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)

descargar diptico informativo

(13-12-2016)


Andaina Solidaria Trandeiras – A Limia

Roteiro interpretativo

Trandeiras – A Medorra – Penedo do Tangaraño – Penedo da Moura – Castelo de Porteliña da Pena – Soutelo – Trandeiras

DÍA: 17 de decembro de 2016 (Sábado)

SAÍDA: ás 10:30 horas, local social Trandeiras (Xinzo da Limia)

PERCORRIDO CIRCULAR: 13 quilómetros doados de facer

XANTAR- Xornada de convivencia: 14:30 horas na fraga do Mosteiro do Bon Xesús da Limia

O roteiro percorre un dos mellores miradoiros do Val do Limia, A Medorra, Penedo do Tangaraño, Penedo da Moura, Castelo da Pena, Soutelo, Mosteiro do Bon Xesús..

Obradoiro de orientación-cartografía con xogo de pistas. Sorteo de agasallos ao remate da xornada e algunha que outra sorpresa máis.

IMPORTANTE avisarnos antes do 14 de decembro en ITACA (Xinzo da Limia) 617122397, Casa do Mosteiro (Trandeiras) 635 440703 ou no 657 185348

Prezo das actividades máis xantar 5 Euros. Prezo das actividades, avituallamento máis xantar 5 euros e a vontade.

O diñeiro recadado ímolo ingresar na conta de Medicos sen Fronteiras para axuda aos refuxiados

ORGANIZA: Plataforma Ríos Limpos.

COLABORAN: veciños e veciñas de Trandeiras e Soutelo, ITACA (Tenda Ecolóxica de Xinzo da Limia), Casa do Mosteiro de Trandeiras
(05-12-2016)

Día Internacional do Voluntariado 2016

O día 5 de decembro, celebrase o Día Internacional do Voluntariado, unha xornada proclamada no ano 1985 pola ONU, para dar a coñecer mellor a importante contribución das persoas voluntarias nos diferentes ámbitos da sociedade.

Dende Amigos da Terra sumámosnos a celebración deste día mediante a participación na “Mostra de Entidades de Acción Voluntaria” organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ourense, que se celebra na Praza Maior de Ourense, onde estaremos cun stand informativo da nosa asociación, para expoñer as actividades de voluntariado.

Tamén queremos animar aos mozos/as galegos con inquedanzas e motivacións por realizar actividades de voluntariado, a que teñen a oportunidade de participar no programa do Servizo Voluntario Europeo, e poder desenvolver un proxecto de voluntariado en diferentes países de toda Europa.

Por ultimo, queremos aproveitar para expresar a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, o tempo e implicación que adican de forma solidaria e altruísta co obxectivo de mellorar a situación do noso medio ambiente e da sociedade en xeral. Por todo elo, queremos agradecerlles a súa colaboración e solidariedade.
Bo día para todas/os.
(30-11-2016)

lixo

Xornada de Voluntariado: Limpeza do Montealegre

A plataforma Ríos Limpos, da que forma parte Amigos da Terra, dada a acumulación de todo tipo de lixo e refugallos no “MONTEALEGRE” convoca a unha pequena limpeza e a realización dunha instalación dunha “Árbore Lixo”.

Recolleremos todo tipo de lixo (plásticos, vidro, latas, lonas…) e realizaremos unha instalación dunha árbore feita con refugallos recollidos no monte.

Día 3 de decembro, sábado.

Ás 10:30 horas.

Fronte a entrada do “botánico de Montealegre”

(07-10-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo no Carballiño

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!


Casa da Cultura do Carballiño
O Carballiño

Venres 7 de Outubro ás 20:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.
(06-10-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo en Pontevedra

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!


Aula 6, Escola de Forestais
Campus A Xunqueira,
Pontevedra
Xoves 6 de Outubro ás 19:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.
(05-10-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo en Ponteareas

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!


Biblioteca Pública MunicipalA Perillana 9-11,

Ponteareas

Mercores 5 de Outubro ás 19:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.
(05-10-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo en Vigo

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!


Aula A2I, Escola de Enxeñería industrial
Rúa Conde de Torrecedeira, 86
Vigo

Mercores 5 de Outubro ás 12:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.
(04-10-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo en Vilaboa

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!


Casa da Cultura de Riomaior
Pazos,
Vilaboa

Martes 4 de Outubro ás 19:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.
(03-10-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo no Barco de Valdeorras

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!


Salón de Actos Edificio Multiusos (Concello novo)
Praza do Concello, 2
O Barco de Valdeorras
Luns 3 de Outubro ás 19:30 h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.
(03-10-2016)

Charla do Servizo Voluntario Europeo

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!

Salón de actos do IES Carlos Casares
Estrada da Rúa, 104
Viana do Bolo
Luns 3 de Outubro ás 17:00 h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)

Casa da Cultura de Riomaior
Pazos,
Vilaboa
Martes 4 de Outubro ás 19:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


Salón de Actos Edificio Multiusos (Concello novo)
Praza do Concello, 2
O Barco de Valdeorras
Luns 3 de Outubro ás 19:30 h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)

Aula A2I, Escola de Enxeñería industrial
Rúa Conde de Torrecedeira, 86
Vigo
Mercores 5 de Outubro ás 12:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)

Biblioteca Pública MunicipalA Perillana 9-11,
Ponteareas
Mercores 5 de Outubro ás 19:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)

Aula 6, Escola de Forestais
Campus A Xunqueira,
Pontevedra
Xoves 6 de Outubro ás 19:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)

Casa da Cultura do Carballiño
O Carballiño
Venres 7 de Outubro ás 20:00h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.
(29-09-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo en Lalín

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!

Espazo Xove Lalín (antiga Casa Xuventude)
R/ Pena Toares, 2

Lalin

Xoves 29 de Setembro ás 19:00 h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)



descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.
(28-09-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo en Verin

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!

Casa Xuventude

Verín

Mércores 28 de Setembro ás 19:00 h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)



descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.

Descarga asociada

(27-09-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo en Trives

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!

Salón de actos do Concello de A Pobra de Trives

Martes 27 de Setembro ás 19:00 h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)



descargar diptico informativo



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.

Descarga asociada

(26-09-2016)


Charla do Servizo Voluntario Europeo

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!
Sala CEMIT. Casa Xuventude

Rúa Curros Enriquez, 17

Xinzo de Limia

Luns 26 de Setembro ás 19:00 h

Imparten a xornada:
Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)


descargar diptico informativo


Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.

Descarga asociada

(19-09-2016)

Charla do Servizo Voluntario Europeo

Achégate a coñecer o Servizo Voluntariado Europeo!

Salón de Plenos do Concello de Maceda
Mércores 21 de Setembro ás 19:00 h

Imparten a xornada:

Ángel Dorrio (Técnico de Amigos da Terra)
Kelly Goris (Voluntaria de Holanda)



Amigos da Terra leva a cabo este proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE)., dirixido as OMIX entidades xuvenis que esten interesadas.

Descarga asociada

(14-09-2016)

sve,  servizo voluntario europeo

Promoción entre a mocidade galega do voluntariado europeo

Amigos da Terra comeza un proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Este programa fomenta a mobilidade dos mozos e mozas europeas para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.

Este voluntariado ao ter lugar no estranxeiro, amplifícanse as súas vantaxes, xa que non só se trata de desfrutar dunha experiencia persoal única se non que, tal e como constatan estudos recentes, adquírense coñecementos e se fortalecen habilidades craves que son altamente valoradas polas empresas. Sen embargo, a pesar das innumerables vantaxes que teñen este tipo de programas, sabemos que son practicamente descoñecidos entre a mocidade e incluso entre as entidades, xa que en Galicia apenas existen organizacións tanto de envío como de acollida.

Polo tanto, a través do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Amigos da Terra, unha asociación con máis de 16 anos de experiencia na xestión deste tipo de voluntariado, vai levar a cabo distintas actividades que se desenvolverán ata mediados de outubro. O obxectivo non é só difundir o SVE e as súas vantaxes entre a mocidade galega, se non intentar que se sumen máis entidades para enviar e acoller voluntariado de outras nacionalidades.

Para iso, a través das OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) realizaranse unha serie de charlas informativas nas capitais comarcais de varios municipios do Sur de Galicia (Xinzo, Celanova, Maceda, Bande, Trives, O Barco, Carballiño, Viana do Bolo, Verín, Castro Caldelas, Lalín, Vigo, Ponteareas, A Cañiza, Pontevedra entre outros). Nestas presentacións levarase a cabo un primeiro achegamento ao SVE, as súas vantaxes, os requisitos de participación, a duración, as actividades que se poden levar a cabo e as condicións de financiamento. Tamén se contará ca testemuña de persoas voluntarias de diferentes países que achegarán a súas vivencias.

Para culminar o proxecto, realizaremos en Ourense un encontro final de convivencia e onde compartir experiencias entre toda a xente interesada e onde se convidarán a outras asociacións e persoas voluntarias, tanto estranxeiras como nacionais que desfrutaron ou están a levar a cabo o SVE, e que rematará cun xantar conxunto. A finalidade é socializar e horizontalizar as experiencias en torno a este voluntariado, estimular a relación social e crear un espazo de confianza no que xurdan novas iniciativas e que o espírito de emprendemento social se contaxie.

(06-09-2016)

Servizo voluntario Europeo en Italia

Praza vacante para ‪#‎EVS‬ ‪#‎SVE‬, SERVIZO VOLUNTARIADO EUROPEO

Dende amigos da terra buscamos a un mozo voluntario, para un proxecto medio ambiental nunha reserva natural en Italia, de Outubro a Marzo, durante 6 meses.

A descrición do proxecto podedes consultala aquí
http://evsinadt.blogspot.com.es/2016/08/vacante-de-sve-en-un-proyecto.html

Para mas información contactar en sve@amigosdaterra.net

(07-04-2016)

Xornada de voluntariado ambiental Prantafragas en As Corcerizas

Para vindeiro 16 e 17 de abril, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental. Imos a organizar unhas XORNADAS de PRANTAFRAGAS realizando unha plantación de árbores e de landras de carballos para recuperar e restaurar unha zona queimada na Serra de San Mamede.

Dende Amigos da Terra animámosvos a participar na defensa dos nosos bosques e a colaborar na mellora do ecosistema forestal próximo a As Corcerizas

https://www.facebook.com/Ascorcerizas/




Se estás interesado/a en participar, poñedevos en contacto con nós en:

Correo-e: info@ascorcerizas.com ou voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Teléfono: 988 302 403


Moitas grazas
Esperamosvos na Serra!
(21-03-2016)

Colabora como voluntario/a no estudo sobre Comercio Xusto en Vigo

Amigos da Terra, Oxfam-Intermon e a Universidade de Vigo continúan co estudo sobre a introdución de produtos de Comercio Xusto en Vigo, nesta ocasión, analizando as condicións e dispoñibilidade para a venda deste tipo de produtos en tendas, supermercados, cafetarías e outros establecementos da cidade viguesa.

Queres colaborar?

Propoñémosche participar nun equipo de voluntariado que levará a cabo entrevistas presenciais en establecementos comerciais da cidade. Facilitarémosche formación, materiais, acompañamento e todo o que precises, nunha tarefa que poderás adaptar aos teus horarios.

Se queres participar segue estes pasos:

1. Envíanos un correo a cooperacion@amigosdaterra.net (antes do 8 de abril) para comunicarnos o teu interese.

2. Asiste á reunión preparatoria que teremos na semana do 11 ao 15 de abril. Alí informarémoste e, se decides participar, incluirémoste no equipo de enquisadores/as máis acorde á túa zona de preferencia.

3. Realiza as enquisas que podas entre os meses de abril e maio e envíanos a información que consigas.

Podemos entregarte un certificado pola túa colaboración e informarte doutras campañas e posibilidades de colaboración.

Axúdanos e participa na investigación!
(24-12-2015)

Bo Nadal e Feliz 2016

Cos nosos mellores desexos para todas e todos!

www.amigosdaterra.net

www.ascorcerizas.com

(15-12-2015)

Charla Informativa Voluntariado Europeo

Queres facer voluntariado no estranxeiro?
Achégate a coñecer distintas experiencias do Servizo Voluntariado Europeo.

Amigos da Terra ten unha dilatada experiencia no programa de Servizo Europeo de Voluntariado xa que dende o ano 2000 leva participando neste tipo de programas, tendo no seu haber a acollida de 66 persoas voluntarias de distintas nacionalidades e o envío de 65 persoas nacionais a diferentes países do mundo enteiro, aínda que principalmente do entorno europeo.

A pesar das innumerables vantaxes que teñen este tipo de programas (coñecemento dunha nova realidade, estancia de balde, perfeccionamento dun idioma estranxeiro, adquisición de novas competencias e aumento da empregabilidade entre outras), sábese que son practicamente descoñecidos entre a mocidade. Polo tanto, Amigos da Terra en colaboración ca Universidade de Vigo e a asociación Xustinea levarán a cabo unha charla sobre voluntariado europeo para difundir este programa e animar a participar a xente nova nesta experiencia única. Para o cal, primeiramente realizarase unha pequena introdución sobre o SVE, os requisitos de participación, a duración, as actividades que se poden levar a cabo e as condicións de financiamento. Despois a través da testemuña de varias persoas voluntarias de diferentes países (Grecia, Francia, Gran Bretaña, Italia e Portugal) Amigos da Terra e Xustinea achegarán a súas vivencias como voluntarias e voluntarios. Tamén contaremos ca visión inversa, a de un ourensán que estivo varios meses o ano pasado en Polonia desenvolvendo un proxecto cultural.

Mércores 16 as 18:30
Salón de Graos do Edificio de Ferro
Ourense

(02-12-2015)

diavoluntariado

Día Internacional do Voluntariado

O día 5 de decembro, celebrase o Día Internacional do Voluntariado, unha xornada proclamada no ano 1985 pola ONU, para dar a coñecer mellor a importante contribución das persoas voluntarias nos diferentes ámbitos da sociedade.

Dende Amigos da Terra sumámosnos a celebración deste día mediante a participación na "Feira de Entidades de Acción Voluntaria" organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ourense, que se celebra na Sala Valente de Ourense, onde estaremos cun stand informativo da nosa asociación, para expoñer as actividades de voluntariado. Ase mesmo participaremos nunha mesa redonda onde expoñeremos a nosa experiencia do Servizo Voluntariado Europeo.



Tamén queremos animar aos mozos/as galegos con inquedanzas e motivacións por realizar actividades de voluntariado, a que teñen a oportunidade de participar no programa do http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/voluntariado-europeo, e poder desenvolver un proxecto de voluntariado en diferentes países de toda Europa.


Por ultimo, queremos aproveitar para expresar a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, o tempo e implicación que adican de forma solidaria e altruísta co obxectivo de mellorar a situación do noso medio ambiente e da sociedade en xeral. Por todo elo, queremos agradecerlles a súa colaboración e solidariedade.

Bo día para todas/os

Descarga asociada

(03-11-2015)

Xornada de Restauración e Recuperación Medio ambiental na Serra do Larouco

A carón do "Banco máis triste " da Igrexa dos Mouros e moi preto da Pena Muller en pleno corazón do Larouco, imos comezar os traballos que minimicen os estragos co lume produciu neste verán. Queremos unha serra verde e con vida, elo precisa da nosa axuda.



Sairemos ás 10 da mañá do local social de Lucenza (Cualedro) entre outras accións organizaremos un pequeno obradoiro forestal para:

1.- Crear barreiras contra a erosión.
2.- Plantación e sementeira de árbores.
3.- Limpeza e arranxo dunha fonte.
4.- Limpeza e arranxo da área de lecer e da contorna da Pena Muller.
5.- Recollida de lixo.
6.- Limpeza de noiros e encauzamento das augas.
7.- Magosto na serra e xornada de convivencia.

Precisamos da túa axuda e colaboración.

O sábado día 7 podes axudarnos a facer este pequeno acto de desagravio a tan maltratada natureza, axudarnos ao comezo da restauración e recuperación da vida na serra.

Lembra levar comida e bebida para o xantar, ao magosto invitamos nós.


Para apuntarte chama aos teléfonos 988374318 ou envia un email a voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Organiza: AA VV Lucenza co apoio de Amigos da Terra

Descarga asociada

(16-10-2015)

Comenza a Escola de Sustentabilidade facendo “Camiño a París”

Amigos da Terra en colaboración ca Universidade de Vigo propón dúas sesións formativas no marco do cumio mundial do cambio climático (COP 21) que se celebrará en decembro en París. A primeira, "Buscando o cambio en París. Activismo no cumio mundial do cambio climático" terá lugar este martes 20 as 18:30 na Facultade de Ciencias no campus ourensán.


Durante esta sesión falarase sobre o concepto de activismo e ecoloxismo ambiental e o presidente de Amigos de la Tierra España, Víctor Barro, contaranos a súa experiencia en outros cumios ou actos reivindicativos. Reflexionarase sobre a actual política sobre cambio climático e as consecuencias e implicacións, tanto no norte como no sur, do novo acordo de limitación de emisións no cumio de Nacións Unidas sobre cambio climático, a COP París 2015.

Tamén traballaremos nunha choiva de ideas de accións de cara a Marcha polo Clima que terá lugar o día 29 de novembro, horas antes de que as/os líderes mundiais cheguen a París para asistir ao cumio climático.

Buscando o cambio en París. Activismo no cumio mundial do cambio climático (COP 21)

- Data: 20 de outubro

- Hora: 18:30

- Lugar: Aula B2 -- Facultade de Ciencias (Ourense)


Para poder asistir as charlas será necesario inscribirse no correo electrónico, voluntariado.galicia@amigosdaterra.net.


Aqui tedes máis información sobre a Escola de Sustentabilidade >>>>>
(06-10-2015)

illas cies

Apuntate ao voluntariado ambiental: participa no Parque Nacional das illas Atlánticas

Queres involucrarte no coidado da natureza? Acabamos de abrir a inscrición para que te apuntes ao campo de voluntariado do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Dende Amigos da Terra xunto a Ecocampus UAM estamos a organizar varios Campos de Voluntariado Ambiental en diferentes Parques Nacionais. A idea é concienciar sobre a importancia destes legados naturais a través de proxectos e actividades nos espazos da Rede de Parques Nacionais, os seus terreos e centros.


Aquí en Galicia desenvolveránse durante os meses de outubro e novembro no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, nas illas Cíes, Ons, Salvora e Cortegada e como principal actividade estudarase o desenvolvemento fenolóxico (cambios dun ser vivo ao longo do tempo) das principais especies de flora arbórea e arbustiva.

Apuntate aqui

Datas

10 de outubro - Illas Cíes
11 de outubro - Ons
16 de outubro - Sálvora
17 de outubro - Cortegada
18 de outubro - Illas Cíes
23 de outubro - Ons
24 de outubro - Sálvora
25 de outubro - Cortegada
30 de outubro - Illas Cíes
31 de outubro - Ons
1 de novembro - Sálvora
6 de novembro - Cortegada
7 de novembro - Illas Cíes
8 de novembro - Ons
13 de novembro - Sálvora
14 de novembro - Cortegada
15 de novembro - Illas Cíes
20 de novembro - Ons
21 de novembro - Sálvora
22 de novembro - Cortegada

Bota un ollo aos requisitos xerais de inscrición aqui >>>

Neste enlace tedes máis información específica sobre o voluntariado nas illas atlanticas en outono >>>>

Máis información e inscricions aqui >>>

Descarga a túa ficha de inscricion aqui >>>

Apuntadevos canto antes que as prazas son limitadas.

Descarga asociada

(10-09-2015)

evs sve

Voluntarias de Grecia e Hungría colaboran con Amigos da Terra

Amigos da Terra ven de recibir a dúas novas persoas voluntarias europeas Konstantinos Sbonias procedente de Grecia e Agnes Csirmaz de Hungría e, que acaban de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerán en Ourense durante os próximos dez meses. Os voluntarios sumaranse aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros e colaborarán no Centro de Educación Ambiental " As Corcerizas".

Este proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Erasmus+ da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.

Así mesmo, Amigos da Terra conta na actualidade con outros duas voluntarias europeos: Eszter Jákli de Hungría e Aurélie Lombard de Francia, que participan no mesmo proxecto dentro do programa Servizo Voluntario Europeo.

Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos o envío de voluntarios e voluntarias. Así, ao longo de este ano 2015 varios mozos e mozas galegos están a desenvolver proxectos de voluntariado, tanto no eido ambiental, como social ou cultural en diferentes países coma Eslovaquia, Irlanda, Italia e Suecia.

Por último, dende a asociación queremos animar a todos os mozos e mozas, menores de 30 anos, que queiran vivir unha a aventura do Servizo Voluntario Europeo que non desaproveiten a ocasión e que se poñan en contacto con nós (Telf 988 374 318 ou sve@amigosdaterra.net) ou pasen polas nosas oficinas (na rúa Bedoia, 5 – 2º) para facilitarlles mais información de xeito totalmente gratuito. O programa cubrirá todos os gastos de viaxe, aloxamento e manutención de ata 12 meses dos voluntarios e voluntarias que resulten seleccionados.
(20-07-2015)

adtsangue

XV Campaña

Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia vai a levar a cabo, por decimoquinto ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”, que acadou o ano pasado unha participación de 198 persoas.

A iniciativa terá lugar entre os días 20 e 24 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre as doazóns de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, sobre todo nestas datas, nas que fan máis falta as doazóns debido ao aumento do número de accidentes. Así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que como todos e todas sabemos, os índices de incendios forestais aumentan dun modo alarmante nos meses de verán, provocando a desaparición dos bosques galegos e a perda de biodiversidade.

Por iso, a través desta campaña temos a posibilidade de facer unha dobre contribución: axudar ás persoas e axudar ao medio ambiente.

Durante os seis días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios/as de Amigos da Terra distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.

A unidade móbil estará presente nos seguintes lugares da cidade de Ourense:


Luns 20: Praza da Mariña: UNIDADE MOBIL NA AVDA DE SANTIAGO, Nº 30 (só pola tarde de 16:30 a 21:00)

Martes 21: Bº O Couto: UNIDADE MOBIL NA RUA VILA REAL, Nº 6 (AO CARON DO COLEXIO SANTO ANXO)
das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.

Mercores 22: Bº O Posío: UNIDADE MOBIL NA RUA CORUÑA, Nº 10 das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.

Xoves 23 e Venres 24: Rúa do Paseo: UNIDADE MOBIL NA RUA do Paseo nº 37
das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.




Se queres participar como voluntario/a na campaña ponte en contacto con Amigos da Terra no 988374318 ou no correo: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

(31-08-2015)

invernadorio

Obradoiro práctico de bioconstrución_ invernadoiro con canas

Para o vindeiro mércores 2 de setembro continuamos cos traballos colaborativos na Horta da Terra no Barrio de O Polvorín en Ourense, onde faremos a remodelación e construción do invernadoiro con canas e material da horta.


Mércores 2 de setembro
dende as 11 da mañá ata as 20.00 horas

Horta da Terra, Rúa dos Ponxos, fronte ao parque de maiores, O Polvorín

facebook.com/groups/hortadaterra

Apúntate e inscríbete enviando un correo a: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou chamándonos ao numero 988 374318

Descarga asociada

(05-12-2014)

Día Internacional do voluntariado

Hoxe 5 de decembro, celebrase o Día Internacional do Voluntariado, unha xornada proclamada no ano 1985 pola ONU, para dar a coñecer mellor a importante contribución das persoas voluntarias nos diferentes ámbitos da sociedade.

Dende Amigos da Terra sumámosnos a celebración deste día mediante a participación na "Feira de Entidades de Acción Voluntaria" organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ourense, que se celebra na Praza Maior de Ourense, onde estaremos cun stand informativo da nosa asociación, para expoñer as actividades de voluntariado. Ase mesmo queremos convidaros a todas as demais actividades lúdicas que se organizan nese espazo. Podedes consultar a programación aquí.

Tamén queremos animar aos mozos/as galegos con inquedanzas e motivacións por realizar actividades de voluntariado, a que teñen a oportunidade de participar no programa do Servizo Voluntario Europeo, e poder desenvolver un proxecto de voluntariado en diferentes países de toda Europa.


Por ultimo, queremos aproveitar para expresar a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, o tempo e implicación que adican de forma solidaria e altruísta co obxectivo de mellorar a situación do noso medio ambiente e da sociedade en xeral. Por todo elo, queremos agradecerlles a súa colaboración e solidariedade.



Bo día para todas/os

(21-11-2014)

Conversa coloquio con Gustavo Duch: “Agriculturas campesiñas para cambiar sociedades”

Dentro das Xornadas Sementando Soberanía Alimentaria para o cambio, que organiza Amigos da Terra a nivel Estatal nos diferentes grupos locais, vimos a organizar diferentes charlas para informar sobre como nos alimentamos e cal é a situación actual da nosa agricultura e alimentación, e ademais de dar a coñecer as alternativas que xa están en marcha para alimentarnos de forma local.

Amigos da Terra Galicia organiza unha conversa coloquio con Gustavo Duch titulada "Agriculturas campesiñas para cambiar sociedades" que terá lugar o vindeiro venres 21 de novembro na cidade de Vigo, na Casa Galega da Cultura ( Praza da Princesa nº 2) ás 19 horas.

Gustavo Duch é escritor, veterinario, investigador e director da revista Soberanía Alimentaria, e o seu mas recente libro publicado é "Non imos tragar" . Gran defensor da cultura rural tradicional, a agricultura familiar e os dereitos das persoas que cultivan a terra.

Tamén ven colaborando con movementos como a Plataforma Rural e a Vía Campesiña, e campañas relacionadas coa loita pola soberanía alimentaria, como "No te comes el Mundo" ou "Somos lo que sembramos".

(23-09-2014)

cies

Xa podes apuntarte ao voluntariado ambiental: participa nos Parques Nacionais!

Queres involucrarte no coidado da natureza? Acabamos de abrir a inscrición para que te apuntes ao campo de voluntariado do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Dende Amigos da Terra xunto a Ecocampus UAM estamos a organizar varios Campos de Voluntariado Ambiental en diferentes Parques Nacionais. A idea é concienciar sobre a importancia destes legados naturais a través de proxectos e actividades nos espazos da Rede de Parques Nacionais, os seus terreos e centros.



Aquí en Galicia desenvolveránse no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, nas illas Cíes e Ons, e como principal actividade estudarase o desenvolvemento fenolóxico das principais especies de flora arbórea e arbustiva.



Apúntate aquí!


Datas

18 e 19 de outubro - Illas Cíes
25 e 26 de octubre - Illa de Ons

7 e 8 de febreiro 2015- Illas Cíes
14 e 15 de febreiro 2015 - Illa deOns

Bota un ollo aos requisitos de inscrición aqui >>>


(05-04-2014)

prantafragas

Xornadas de Prantafragas

O vindeiro sábado 5 de abril, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais e ambientais que se iniciaron no outono pasado no entorno de "As Corcerizas" na Serra de San Mamede

Imos a organizar unhas XORNADAS de PRANTAFRAGAS realizando unha plantación de árbores e de landras de carballos para recuperar e restaurar unha zona queimada na Serra de San Mamede.

DÍA. Sábado 5 de abril
SAIDA: ás 9:30 horas da explanada da comisaría de policía, As Lagoas (Ourense).
VOLTA: pola tarde ás 19:00 horas.
XANTAR: que cada un leve o seu


Se estás interesado/a en participar, poñedevos en contacto con nós en:

Correo-e: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)


Moitas grazas
Esperamosvos na Serra!

(29-01-2014)

Amigos da Terra celebra o Día dos humidais cun Roteiro polas riberias do Río Miño

Co gallo da conmemoración do 43 aniversario do Convenio Ramsar, celebramos un ano máis o día dos humedais, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta e querémosvos convidar á realizar unha saída polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense, para o domingo 2 de febreiro pola tarde.

Partiremos dende a Aula da Natureza do río Miño, ás 16:00 horas e tras un paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Miño, o río Loña e finalizaremos a nosa ruta no Barrio de "As Lagoas".



No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.



A data límite para anotarse será o venres día 31 de xaneiro pola tarde, por correo electrónico en:

aulanatureza@ourense.es

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ,

ou ben nos teléfonos 988 510 781 - 988 374 318.



Recordade que debedes levar un calzado adecuado para camiñar, roupa de abrigo e/ou de choiva, auga para beber e, si tedes, prismáticos e cámara de fotos.



En resumo:

Data da saída: 2 de febreiro

Percorrido: polas ribeiras do Miño, do Loña e Barrio de "As Lagoas"

Lugar de inicio do percorrido: Aula de Natureza do río Miño; paseo fluvial de Oira s/n, Ourense

Hora de saída: 16:00 horas

Tempo estimado: unhas tres horas, ata as 19:00 horas

Contacto: nos correos: aulanatureza@ourense.es ou voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

ou nos telefonos: 988510781 ou 988 374 318

Data límite incrición: 31 de xaneiro

(21-11-2013)

landras_b

VOLUNTARIADO ambiental en As Corcerizas... Xornadas de Prantafragas

Organizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o sabádo 23 ata o domingo 24 de novembro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais e ambientais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas:





Imos a organizar unhas XORNADAS de PRANTAFRAGAS e andamos a traballar en actividades que ensinen a recuperar-restaurar montes queimados, ecosistemas estragados, arranxar zonas de ribeira para evitar a erosión, a perda de solo e a destrución de ecosistemas fluviais…

O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo. Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verdurillas para a cea do sábado (a pasta e arroz a poñemos nós).



Chegada o sábado pola mañá e saída o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.



Se queres axudar e ser participe con nós, podes enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o voso apoio.



voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

988 374 318

Poremonos en contacto con vos para concretar horarios, desprazamento...


Moitas grazas
Esperamosvos na Serra!

(19-10-2013)

VOLUNTARIADO ambiental en As Corcerizas... De Voluntari@s A Voluntari@s

Continuando cos traballos forestais e ambientais que se iniciaron esta primavera no entorno de “As Corcerizas”, dende un grupo de activistas de Amigos da Terra organizamos para a vindeira fin de semana, dende o 19 ata o 20 de outubro, unha xornada de voluntariado ambiental para dar construción dun secadoiro de castañas con adobe, aprender tecnicas de bioconstrucion como facer diferentes mezclas de adobe, tamen desfrutaremos dos aires limpos da serra e faremos pan artesán.

O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo. Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verdurillas para a cea do sábado (a pasta e arroz a poñemos nós)
Chegada o sábado pola mañá e saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Se queres axudar e ser participe con nós, podes enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o voso apoio.

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
988 374 318

Poremonos en contacto con vos para concretar horarios, desprazamento...

Moitas grazas
Esperamosvos na Serra!
(18-10-2013)

sve adt

Charla sobre o Servizo Voluntario Europeo.

Jack Whitfield do Reino Unido e Pernille Hagen deDinamarca falarán sobre o
"Programa Xuventude –Servizo Voluntario Europeo" e as súas experiencias.

Luns, 21 de Outubro 2013,As 20:30h

Na Escola oficial de Idiomas de Ourense
Salón de Actos

Organiza: Departamento de Lingua Inglesa e Amigos da Terra

(A charla será en lingua inglesa)
(02-10-2013)

vol_corcerizas

VOLUNTARIADO ambiental en As Corcerizas... De Voluntari@s A Voluntari@s

Organizada dende un grupo de activistas da asociación Amigos da terra, a vindeira fin de semana, dende o 4 ata o 6 de outubro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas: construción dun valado de madeira para unha horta, e proxeccion de documentais ambientais....e para completar a xornada compartindo experiencias, organizaremos dous cursillos de cosmetica ecoloxica e pan artesán.



O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo. Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verdurillas para a cea do vernes e sábado (a pasta e arroz a poñemos nós)

Chegada o venres ás 18:00 pola tarde saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.



Se queredes participar nesta actividade debedes enviar un correo ou chamar por teléfono ao local da asociación en Ourense:



* correo: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
* teléfono: 988 374 318



Moitas grazas

Esperamosvos na Serra!
(01-08-2013)

Comeza o campo de traballo sobre bioconstrución de Amigos da Terra

O Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas", xestionado por Amigos da Terra, acolle dende hoxe e ata o vindeiro 12 de agosto, un campo de traballo internacional, baseado no coñecemento de novas técnicas de bioconstrución e xestión forestal, o intercambio de experiencias entre os/as participantes e a súa aplicación práctica a través da realización de traballos colectivos en "As Corcerizas".


Unha vintena de persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía española e de Francia, Turquia, Rusia, Uruguai e Italia, daranse cita neste centro, pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática. Un exemplo real de que é posible construír espazos máis confortables para nós e máis respectuosos co planeta.



Este campo de traballo forma parte do programa "Acción de Verán", campaña que convoca a Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e colabora a Concellería de Turismo do Concello de Ourense.



Durante estes doce días, os/as participantes recibirán formación e realizarán traballos de bioconstrución, forestais e de vixilancia ambiental para a prevención de incedios, contando con colaboradores como Guido Tomasini para o emprego do barro e Xosé Santos para a aseromento forestal.



Asemesmo presentarase o informe de reducción da pegada de Carbono "Cultiva a túa propia enerxía", realizado por Amigos da Terra coa colaboración da Fundación Biodiversidad.



O programa compleméntase con outros temas relacionados coa conservación do patrimonio, etnografía, xestión sustentable do monte, roteiros, obradoiros.
(11-03-2013)

Activismo ambiental na Serra de San Mamede

Dando continuidade ás accións de revalorización e recuperación do monte levadas á cabo por Amigos da Terra no entorno de As Corcerizas nos últimos anos; propomos, para o vindeiro 16 e 17 de marzo, un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede:

Roteiro nocturno de orientación, obradoiro de recuperación ambiental, plantación e ecovixiancia en zonas afectadas polo AVE, serán algunhas das actividades previstas.

O domingo, en colaboración cos veciños/as de Porto, teremos oportunidade de ver a desfeita e a pretensión de ADIF de ocupar e destruir preto de 20 hectáreas (200.000 metros cadrados) de soutos centenarios que se suman as xa ocupadas 27 hectáreas: 47 hectáreas destruídas de fragas autóctonas nun val moi pequeno.

Consulta a programación aqui

Activismo na Serra de San Mamede


Datas: 16 e 17 de marzo

Dirxido a todas as persoas interesadas na mellora e defensa do monte galego

Horas e puntos de encontro:

Sábado ás 20:00 en As Corcerizas

Domingo ás 10:30 en As Corcerizas

Domingo ás 13:30 na área de lecer de Porto, a carón do Río Arnoia,e se fai mal tempo no local social do pobo.

Porto-Alemparte.- 42º 10´ 40.04" N e 7º 35´ 29.89" W

Aloxamento e comidas
Aloxamento no albergue de As Corcerizas.
Cea e xantar por conta dos participantes.


ACTIVIDADE GRATUÍTA

As persoas que participen en toda a programación, serán convidados/as por Amigos da Terra ao almorzo e poderán disfrutar do albergue de xeito gratuíto a noite do sábado.
Reserva a túa praza antes do 15 de marzo se ves a durmir ao albergue.


MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS nos locais de Amigos da Terra e no:

988 374 318
info@amigosdaterra.net


Organiza Amigos da Terra coa colaboración das veciñas e veciños de Porto (Vilar de Barrio, Ourense)
(25-02-2013)

Desafío solidario

Plantación de 1000 árbores na Serra de San Mamede

O vindeiro 2 de marzo, xuntarémonos para a plantación de 1000 árbores autóctonas nas proximidades de As Corcerizas!

Como lembraredes, a primavera pasada destacou a nosa colaboración no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012, un evento deportivo na que parte dos cartos acadados se destinarían á reforestación da Serra de San Mamede, zona moi afectada polos lumes.
Pois agora chega o momento de implicarnos e repoboar 1 hectárea enteira de terreo!

Dende Amigos da Terra propomos a maiores, unha vez rematada a plantación, facer un roteiro ata o alto da Serra para disfrutar da paisaxe invernal da montaña en boa compañía.


Se estades interesados/as en colaborar poñédevos en contacto coa asociación para concretar as cuestións organizativas:


Data: 2 de marzo
Lugar: Serra de San Mamede. Monte Comunal de Castro de Escuadro, proximidade de As Corcerizas.

Confirmación de asistencia e máis información en :
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
988 374 318

Fagamos da Serra de San Mamede un espazo cada día máis vivo!

(02-07-2013)

axuda a vivir

Campaña Axuda a Vivir: Doa Sangue e Planta unha árbore

Un ano máis, Amigos da Terra en colaboración co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura organiza na cidade de Ourense a campaña: "Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore", que na edición do pasado 2012, acadou unha participación de 176 persoas.

A iniciativa terá lugar entre os días 15 e 19 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre as doazóns de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, sobre todo nestas datas, nas que fan máis falta as doazóns debido ao aumento do número de accidentes. Así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que como todos e todas sabemos, os índices de incendios forestais aumentan dun modo alarmante nos meses de verán, provocando a desaparición dos bosques galegos e a perda de biodiversidade.


Por iso, a través desta campaña temos a posibilidade de facer unha dobre contribución: axudar ás persoas e axudar ao medio ambiente.


Durante os cinco días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios/as de Amigos da Terra distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.



As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia distribuiranse do seguinte xeito:

Luns 15: Praza da Mariña: UNIDADE MOBIL NA AVDA DE SANTIAGO, Nº 30 Horario: de 15.30 a 21h

Martes 16 e Mercores 17: Rúa do Paseo: UNIDADE MOBIL NA RUA do Paseo nº 21 Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21h

Xoves 18: Bº O Couto: UNIDADE MOBIL NA RUA VILA REAL, Nº 6 (AO CARON DO COLEXIO SANTO ANXO)
Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21h

Día 19: Bº O Posío: UNIDADE MOBIL NA RUA CORUÑA, Nº 10 Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21h



Se queres participar como voluntario/a na campaña ponte en contacto con Amigos da Terra no 988374318 ou no correo: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

(21-11-2011)

plantacion

Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes.

Coñecer, valorar e capacitar para actuar.
Amigos da Terra levará a cabo durante a fin de semana do 26 ao 27 de outubro, unhas xornadas de sensibilización e acción ambiental para a recuperación de zonas afectadas polos lumes na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán.

Sementeiras, estaquillado, plantación de árbores autóctonas, miniobradoiro de Nendo-dango... son algunhas das accións previstas.

Poderedes aloxarvos de xeito gratuíto no albergue! ou vir directamente o domingo.


Máis información e inscricións na web de As Corcerizas

(13-10-2011)

Semana de Mobilización contra a Pobreza

Entre o 10 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en todo o Estado español a Semana de Mobilización contra a Pobreza. E en Galicia, como cada ano, a Coordinadora Galega de ONGD coordina todas as actividades que se levarán a cabo no territorio. Nestas rede participan as 48 ONGD integradas na Coordinadora Galega entre as que se atopa Amigos da Terra.



Desde o ano 2005 a sociedade mundial mobilízase durante esta Semana para esixir aos líderes políticos o fin da pobreza a través do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Hoxe, no actual contexto económico, político, social e cultural, esiximos aos gobernantes que non dean un paso atrás nas políticas de loita contra a pobreza, que rectifiquen os recortes sociais e que defendan a solidariedade internacional por enriba dos mercados.



O lema para este ano é: «Esixe Pobreza Cero. A solidariedade non se recorta!» e aquí podedes leer o manifesto completo.

(17-07-2011)

axuda

campaña

Un ano máis, Amigos da Terra en colaboración co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura organiza na cidade de Ourense a campaña: "Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore", que na edición do pasado 2010, acadou unha participación de 236 persoas.

A iniciativa terá lugar entre os días 15 e 22 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre as doazóns de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, sobre todo nestas datas, nas que fan máis falta as doazóns debido ao aumento do número de accidentes. Así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que como todos e todas sabemos, os índices de incendios forestais aumentan dun modo alarmante nos meses de verán, provocando a desaparición dos bosques galegos e a perda de biodiversidade.



Por iso, a través desta campaña temos a posibilidade de facer unha dobre contribución: axudar ás persoas e axudar ao medio ambiente.



Durante os seis días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios/as de Amigos da Terra distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.



As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia distribuiranse do seguinte xeito:



VENRES 15 DE XULLO: Bº ESTACIÓN, U.móbil diante da farmacia, R/Eulogio Gómez Franqueira, das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas.

LUNS 18 DE XULLO: Bº A CARBALLEIRA, U.móbil NA RÚA Nicomedes Pastor Díaz, das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas.

MARTES 19 DE XULLO: RUA DO PASEO, U.móbil no Paseo 37 (preto da "Ibense") das 09.30 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 21.00 horas.

MÉRCORES 20 DE XULLO: Bº O COUTO, U.móbil na Rúa Vila Real ao carón do Colexio Santo Anxo das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.

XOVES 21 DE XULLO: Bº O POSIO, na Rúa Coruña, esquina coa Rúa do Progreso, das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.

VENRES 22 DE XULLO: PRAZA DA MARIÑA, U.móbil na Prz.da Mariña (avd.Santiago nº50), das 9.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.



Se queres participar como voluntario/a na campaña ponte en contacto con Amigos da Terra no 988374318 ou no correo: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net


(05-06-2011)

dia mediomabiente

Día Mundial do Medio Ambiente - VIGO

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, dende Amigos da Terra levaremos a cabo na cidade de Vigo, para o domingo, 5 de xuño, unha ecovixía polo río Lagares, para observar o seu estado ante as continuas agresións ambientais que está a sufrir. A ruta dará comezo ás 11.00 horas, dende o Pazo Quiñones de León, rematando a actividade ás 18.00 horas.



Precisaredes levar comida-picnic,auga, calzado cómodo, e tamén recomendámosvos levar prismáticos,cámara de fotos, caderno de campo e lapis.


Animárvos e apuntárvos a festexar este día connosco!


Para máis información e inscricións poñervos en contacto nos enderezos electrónicos:

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

info@amigosdaterra.net,

ou nos teléfonos: 988 374 318 / 986 125 171


Data límite de inscrición: venres, 3 de xuño ás 14.00 horas.
(04-06-2011)

dia mediomabiente

Día Mundial do Medio Ambiente - Ourense

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, dende Amigos da Terra levaremos a cabo na cidade de Ourense, para o sábado, 4 de xuño, unha Xornada de Educación Ambiental, na que coñeceremos os mecanismos que temos a nosa disposición para facer fronte a unha agresión ambiental, e que se completará cunha ecovixía polo río Lonia, para coñecer o estado ecolóxico do mesmo e o seu contorno. A xornada dará comezo ás 10.00 horas na Aula da Natureza do río Miño en Oira, rematando a actividade ás 14.00 horas.

Precisaredes levar comida-picnic,auga, calzado cómodo, e tamén recomendámosvos levar prismáticos,cámara de fotos, caderno de campo e lapis.


Animárvos e apuntárvos a festexar este día connosco!


Para máis información e inscricións poñervos en contacto nos enderezos electrónicos:

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

info@amigosdaterra.net

ou nos teléfonos: 988 374 318 / 986 125 171



Data límite de inscrición: venres, 3 de xuño ás 14.00 horas.

[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds