Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACION GALEGA AMARANTE SETEM PARA O ECODESENVOLVEMENTO

Representante legal: ANA BELEN PINDADO RIVERO
C.I.F.: G36352359

Coordinador técnico: Fernanda Couñago Otero

Enderezo:
AVDA. ROMERO DONALLO, 17 BAIXO (sede central)
15706 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA

Teléfono: 881 978 705
FAX: 881 978 705
Móvil:

URL: http://www.amarantesetem.org
Email: central@amarantesetem.org amarante@amaranteong.org

Nº de voluntarios: 97

Novas

(29-09-2017)

Xornadas de formación para activistas e consumidores

Desde AMARANTE recuperamos os espazos de formación para dar ferramentas e espazos de debate a todas aquelas activistas e persoas que buscan unha informacion crítica.

Comezamos cun pequeno curso formativo de dous días dirixido a activistas e a novos activistas, así como a consumidoras responsables.

O curso ten dous módulos.

O primeiro “Que poñemos nos nosos pes?”, é unha dinámica sobre a campaña “Cambia os teus zapatos”.

O segundo “Teño unha boa idea da que falarte”, é un obradoiro sobre ferramentas para comunicar e informar, onde se empregará a campaña "Cambia os teus zapatos" como caso pratico a través de dinámicas participativas e creativas, como coñecemento do corpo, expresión corporal e oral.

As relatoras serán Nanda Couñago, directora en Galicia da Campaña Roupa Limpa, e Bibiana Piñeiro, dinamizadora cultural e artista plástica.

As xornadas serán o venres 6 de outubro entre 18,00 e 20,00 horas e o sábado 7 de outubro entre 10,30 e 13,30 horas.

O lugar de celebración será na CASA AZUL de Pontevedra (rúa Sor Lucía, 4)


A inscripción que podes facela no correo central@amarantesetem.org, ata o xoves 5 é de balde.

O curso forma parte dun programa máis amplo de voluntariado financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Descarga asociada

(21-05-2014)

AMARANTE SETEM organiza no CIAC unha xornada sobre a “Comunicación Social e as alternativas existentes a nivel galego”

A V Xornada do “Xanela Aberta, asómate ao cambio” contará coa participación, entre outros, de medios como Galiza Ano Cero ou Praza Pública

A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, apresenta unha xornada formativa adicada á Comunicación Social e os medios alternativos de información.

As actividades enmarcadas nesta xornada desenvolveranse o sábado 24 de maio, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras e debates programados para o sábado.

Pola mañá as actividades serán abertas a todo o público. Iniciarase cun obradoiro sobre a Cultura de transición e os medios de comunicación; e remataremos cun debate en torno à Comunicación Social presentado por Iago Martínez, xornalista e membro de Galiza Ano Cero e a Revist a Luzes. Unha mesa de debate na que contaremos, entre outras convidadas, con José Manuel Pereiro (decano do Colexio de Xornalistas de Galicia), David Lombao (director de Praza Pública) ou Belén Regueira (xornalista e investigadora). As actividades desta xornada estarán dinamizadas e coordenadas por Galiza Ano Cero.

A importancia dos medios de comunicación e o xeito de interpretar a realidade con independencia, onde as organizacións sociais temos moito que dicir, será o eixo central desta xornada. A comunicación social é imprescindible nos tempos que estamos a vivir. Coñecer a reflexionar cos medios galegos que están creando outro xeito de comunicar é importante de cara a construír outro xeito de informar e transformar.


Programación:

Resistencias IV: Comunicación Social e medios alternativos. Sábado 24 de Mayo. CIAC - Compostela

10.30 – 12.30 Son mamíferos os xornalistas? A Cultura de transición e os medios de comunicación.
Iago Martínez. Galiza Ano Cero.

13.00 – 14.30 Debate sobre a Comunicación Social. Galiza Ano Cero.

17.00-20.00 Formación interna para as persoas inscritas no Xanela: preparando as viaxes.


Con esta V Xornada remata a formación no Xanela e as persoas que completaron a formación preparan xa as súas estadías coa organización do Movemento dos Sem Terra do Brasil e a Asociacion de Mulleres do Téxtil Attawassoul de Marrocos, que se realizarán nos meses de xullo e agosto.


Para máis información e inscricións:
Estefanía Elexpuru: educacion@amarantesetem.org
TLF: 665 812 444



Descarga asociada

(06-05-2014)

RevoltAllo audiovisual. Mesa-faladoira sobre o valor do audiovisual de carácter social

O valor do audiovisual como ferramenta de tratamento e denuncia ante problemáticas sociais e
medioambientais.

Este MÉRCORES 7 DE MAIO, dentro da programación do REVOLTALLO AUDIOVISUAL (organizado pola AV XUNTANZA, VERDEGAIA E AMARANTE) terá lugar unha "mesa-faladoira" sobre o valor do audiovisual como ferramenta de tratamento e denuncia ante problemáticas sociais e
medioambientais, na que participarán creadoras galegas con experiencia na realización de curtametraxes e documentarios de carácter social.
As participantes confirmadas até o momento son: XOSÉ BOCIXA, CORA PEÑA E AS HABITANTES DE ILLA BUFARDA.
A sesión terá lugar no local da AV. A XUNTANZA (Corredoira das Fraguas, 30) a partir das 20h.
E na vindeira finde DO 16 AO 18 DE MAIO, o
REVOLTALLO ofrécevos a posibilidade de participar nun obradoiro de realización de curtas con tecnoloxía "caseira", cunha duración de 8,5
horas (cota de 20EUR).
Para máis información e inscricións (até 14 de maio): revoltallo2014@gmail.com



Descarga asociada

(09-04-2014)

AMARANTE SETEM organiza en Arqueixal unha xornada sobre Decrecemento e alternativas locais de consumo no eido da alimentación e do téxtil

A III xornada do “Xanela Aberta, asómate ao cambio” contará coa participación de organizacións galegas como Verdegaia, Sindicato Labrego Galego e MOV3.

A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, apresenta unha xornada formativa adicada ao Decrecemento e alternativas locais de consumo no eido da alimentación e do textil.

As actividades enmarcadas nesta xornada desenvolveranse ao longo da fin de semana do 12 e 13 de abril, na eco-aldea de Arqueixal (Palas de Rei), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras programadas para o sábado e o domingo.

A xornada comeza na mañá do sábado 12 de abril cunha reflexión participativa en torno ao Decrecemento no contexto social e medioambiental galego, dinamizada por Verdegaia e Amarante Setem.

Durante a tarde do sábado contarase co Sindicato Labrego Galego e persoas de Amarante Setem vinculadas á plataforma MOV3, para coñecer e reflexionar sobre as posibles alternativas locais de produción e consumo no eido da alimentación e do téxtil.

E para rematar a xornada, na tarde do domingo 13 contarase con Xosé Luis, de Arqueixal para presentar este proxecto de ecoagroturismo que leva xa tempo dando vida á Comarca da Ulloa.

Programación: Resistencias II: Decrecemento e alternativas de consumo.

Sábado 12 de Abril. Arqueixal

12.00 – 14.00 Decrecemento no contexto galego. Verdegaia – Amarante Setem.

Xantar colectivo

16.30 – 18.00 Alternativas no eido da alimentación. Sindicato Labrego Galego (SLG).

18.00 – 18.30 Descanso

18.30 – 20.00 Alternativas no eido textil. MOV3. Amarante Setem

20.00 - 20.30 Peche e agradecementos.


Domingo 13 de Abril. Arqueixal

16.30 – 18.30 ConstruíndoBio. Xosé Luis (Arqueixal).


O 12 e 13 de abril tedes unha cita en Arqueixal (Palas de Rei) para falar de decremento e alternativas ao modelo de produción e consumo actual.
Esta actividade está aberta a todas as persoas interesadas.


Para máis información e inscricións:
Estefanía Elexpuru: 665 812 444
educacion@amarantesetem.org

Descarga asociada

(27-03-2014)


Presentación do libro BANCA ARMADA VS BANCA ÉTICA

Amarante Setem e Fiare-Galiza organizan en Compostela a presentación do libro Banca Armada vs Banca Ética do economista e investigador Jordi Calvo.

A presentación terá lugar o sábado 29 de marzo ás 19h na Libraría Couceiro de Compostela e contarase coa participación do autor.

Banca armada é o termo que tras seis anos de campaña do Centro de Estudos pola Paz JM Delàs ( Justicia i Pau), SETEM e o Observatorio da Débeda da Globalización ( ODG) denunciando os investimentos das entidades financeiras na industria de armamento, utilízase para referirse aos bancos e caixas que invisten en armamento. Neste libro amósase que máis de 60 entidades financeiras e, sobre todo, os grandes bancos, teñen investido polo menos 45.000 millóns de euros en armas na última década.
Sen embargo, os bancos armados presumen de ser responsables coa sociedade. Para iso desenvolveron departamentos de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), que se enmarcan no enfoque stakeholder, polo que as empresas deben responder fronte á sociedade do impacto das súas actividades. Pero un banco que axuda á produción ou venda de armamento non pode ser considerado responsable coa sociedade e, polo tanto, a súa RSC non é máis que un cúmulo de estratexias de marketing social, de accións para limpar a mala imaxe que lles poden reportar os seus investimentos irresponsables coa sociedade ou que non respectan os dereitos humanos. Este libro demostra que, tan só tendo en conta os investimentos en armamento, as entidades financeiras non son sinceras cando din aplicar políticas de RSC e que a súa principal preocupación é que a súa reputación non se vexa afectada. Fronte a iso, a única opción para estar seguras de que o noso banco non inviste en armas é a banca ética, que ao contrario que a banca tradicional, asegura ás súas clientas que nunca investirá en armamento. 
Sábado 29 de marzo ás 19:00 horas na Libraría COUCEIRO, Praza de Cervantes 6, Santiago de Compostela.

Máis información en www.bancaarmada.org

Contarase coa participación do autor: Jordi Calvo, Economista, investigador e autor.



(24-03-2014)

cartaz

AMARANTE Setem presenta a segunda xornada formativa do programa Xanela aberta 2014

O Xanela Aberta, asómate ao cambio, é un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes para coñecer as loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais.
Nesta ocasión presentamos a II xornada formativa adicada a “Impactos sociais das políticas fronte a crise” que terá lugar na fin de semana do 29 e 30 de marzo.

O sábado 29 de marzo contaremos con Jordi Calvo, investigador do Centre Delás de Estudios por la Paz de Justicia i Pau, de Barcelona e que vén de publicar o libro titulado “Banca Armada vs Banca Ética.”
E o domingo 30 de marzo, estaremos na Comarca de Bergantiños. Xunto con integrantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e de ORO NO analizaremos os impactos da megaminaría especulativa sobre o territorio e asistiremos á proxección do documental “A Rosa de Corcoesto” onde contaremos coa presenza do seu realizador, Xosé Bocixa.
Finalmente, se o tempo acompaña, faremos un roteiro pola zona cero de Corcoesto da man das integrantes da Plataforma e remataremos a xornada cun xantar compartido.

Os lugares e horas de encontro para participar destas actividades son:
Sábado 29 de marzo: CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela)
De 10:30 a 14:00 horas.
http://www.ciac-compostela.org/es/situacion.html
Domingo 30 de marzo: Coristanco, Edificio de Servizos Múltiples.
De 10:30 a 15:00 horas.

Anímamos a participar a todas as persoas interesadas!

Para máis información e inscricións contactade con:
educacion@amarantesetem.org
ou no teléfono: 986 848 159

Descarga asociada

(06-03-2014)

cartaz

REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO XANELA ABERTA 2014

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza a XIII edición do Xanela Aberta este vindeiro sábado 8 de marzo. O Xanela Aberta. Asómate ao Cambio, é un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes que posibilitan o coñecemento das loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo cinco xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e coñecer ás organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:
- Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil: http://www.mst.org.br
- MCCH en Ecuador: http://www.fundmcch.com.ec
- Asociación Attawassoul en Marrocos: máis información en http://amarantesetem.org

As datas para a formación son:

I Xornada: Impactos da cooperación internacional. CIAC (Compostela). Sábado, 8 de marzo.

II Xornada:
Impactos sociais das políticas fronte a crise. CIAC (Compostela). Sábado, 29 de marzo.
Resistencias I. Contra a minaría. Plataforma de Corcoesto – Bergantiños e Oro No. Coristanco. Domingo, 30 de marzo.

III Xornada: Resistencias II. Decrecemento e alternativas locais no consumo de alimentación e roupa. Arqueixal (Palas de Rei). Sábado e Domingo 12 – 13 de abril.

IV Xornada: Resistencias III. Loita Feminista Global. CIAC (Compostela). Sábado, 26 de abril.

V Xornada: Resistencias IV. Comunicación e medios alternativos de información local. CIAC (Compostela). Sábado, 24 de maio.

Xornada de Avaliación: CIAC (Compostela). Sábado, 20 de setembro.

As xornadas formativas están abertas a todas as persoas interesadas. Se tamén queres viaxar a coñecer ás organizacións colaboradoras son precisos os seguintes requisitos:
Ser maior de idade.
Asistir a todas as xornadas formativas

Pago de Matrícula:
50€ se traballas.
30€ para estudantes, desempregadas e socias/ activistas de Amarante.

Para inscribirte ou pedir máis información:
educacion@amarantesetem.org ou no teléfono 986 84 81 59


Descarga asociada

(26-02-2014)


Preséntase en VIGO o programa XANELA ABERTA 2014

Xa está aberto o prazo de INSCRICIÓN do “Xanela Aberta 2014. Asómate ao Cambio”
A Asociación galega AMARANTE Setem comeza unha nova edición do Xanela Aberta.

Un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes para coñecer as loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).
Para dar a coñecer este programa, persoas que participaron en edicións anteriores darán unha charla na COVA DOS RATOS o venres día 28 de febreiro, ás 20.00 horas.

Ata o 6 de marzo está aberto o periodo de inscrición para participar neste programa de educación para o desenvolvemento que pretende promover unha conciencia crítica, activa e transformadora que nos achegue ao compromiso pola xustiza social; onde ofrécese a posibilidade de coñecer as loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais.
Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo cinco xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto para coñecer as organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:
- Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil: http://www.mst.org.br
- MCCH en Ecuador: http://www.fundmcch.com.ec
- Asociación Attawassoul en Marrocos: máis información en http://amarantesetem.org.

As datas das xornadas de formación son: 8 de marzo, 29 e 30 de marzo, 12 e 13 de abril, 26 de abril, 26 de abril e 24 de maio e a avaliación o 20 de setembro.

As xornadas formativas están abertas a todas as persoas interesadas. Se tamén queres viaxar a coñecer ás organizacións colaboradoras son precisos os seguintes requisitos:
Ser maior de idade.
Asistir a todas as xornadas formativas

Pago de Matrícula:
50€ se traballas.
30€ para estudantes, desempregadas e socias/ activistas de Amarante.As datas das xornadas de formación son: 16 de marzo, 6 e 7 de abril, 20 de abril, 25 de maio e a avaliación en setembro

Para inscribirte ou pedir máis información:
educacion@amarantesetem.org
ou no teléfono 986 84 81 59


Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

(04-02-2014)

Ábrese o Prazo de Inscrición do XANELA ABERTA 2014

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza a XIII edición do Xanela Aberta. Asómate ao Cambio, un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes para coñecer as loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).

O período de inscrición estará aberto desde o 1 de febreiro e ata o 6 de marzo.

Para coñecer máis de preto esta experiencia, as persoas que participaron en anos anteriores realizarán unha serie de palestras durante o mes de Febreiro.

As datas das charlas son:
Lugo: Venres, 14 de febreiro. C.S. Madia Leva (R/ Serra de Ancares, 18). Ás 20:30h.
Compostela: Mércores 19 de febreiro. Biblioteca Ánxel Casal (Avda. Xoan XXIII, s/n). Ás 19.00h.
Pontevedra: Xoves, 20 de febreiro. Local de Amarante.(R/San Román,9). Ás 19.30h.
A Coruña: pendente; máis info próximamente en www.amarantesetem.org/xanela
Vigo: pendente; máis info próximamente en www.amarantesetem.org/xanela

O programa formativo contará con 5 xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir cunha das organizacións coas que colabora Amarante:
Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )
MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )
Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son: 8 de marzo, 29 e 30 de marzo, 12 e 13 de abril, 26 de abril, 26 de abril e 24 de maio e a avaliación o 20 de setembro.

As xornadas formativas están abertas a todas as persoas interesadas. Se tamén queres viaxar a coñecer ás organizacións colaboradoras son precisos os seguintes requisitos:
Ser maior de idade.
Asistir a todas as xornadas formativas

Pago de Matrícula:
50€ se traballas.
30€ para estudantes, desempregadas e socias/ activistas de Amarante.

Para inscribirte ou pedir máis información:
educacion@amarantesetem.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986 84 81 59

Máis info:
Para coñecer experiencias doutros anos: XANELA Aberta

Xanela Aberta. Asómate ao Cambio pretende promover unha conciencia crítica, activa e transformadora que nos achegue ao compromiso pola xustiza social.
Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

Descarga asociada

(15-06-2013)

cartaz

ESPAZO DE TROCO, MARTES 18 DE XUÑO NO MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO

Coincidindo coa FESTA DE TERCEIRO ANIVERSARIO do Mercado entre Lusco e Fsuco, nas Terrazas do Parque de Belvís de 19:30 a 20:30h.

Espazo de Troco é unha inciativa de varios colectivos de Compostela,
que se iniciou co fin de favorecer un espazo de intercambio de bens e valores.
Dende o pasado mes de marzo o espazo abriuse tamén á venda de segunda man,
de xeito que agora tamén se poderán mercar e vender obxectos usados.

A xestión dos produtos e o tipo de intercambio (troco, cesión ou
venda) dependerá exclusivamente das persoas que veñades,
de xeito que podedes traer as cousas que queirades (agás alimentación e artesanía),
e montar o voso propio posto de troco ou segunda man.

Vémonos o vindeiro martes 18 de xuño nas terrazas de Belvís, entre as 19:30 e as 20:30h!


Descarga asociada

(10-04-2013)

cartaz

ESTREA NA GALIZA DO DOCUMENTAL

Até que punto a sociedade é consciente do xeito
en que se emprega o seu diñeiro?

As organizacións Fiare Galiza e AMARANTE Setem en colaboración con Adicae, Coop57 e AIS O Peto organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas.
A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez nas cidades de Vigo e Pontevedra.
Neste documental tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa no que se busca que cada persoa tire as súas propias conclusións.
Despois da proxección haberá unha charla-coloquio con responsábeis de Amarante Setem, Fiare Banca Ética e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, e na que poderá participar todo o público asistente.

DATA/LUGAR DA PROXECCIÓN
A entrada será libre até completar aforo.
Proxección do documental.

- Compostela: 16 de abril (19h) Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
- Vigo: 17 de abril (19:30h) Centro Cívico de Teis, Rúa Camiño Maceiras s/n.
- Pontevedra: 18 de abril (20h) Teatro Principal, Rúa Paio Gómez Chariño 6.

Descarga asociada

(14-10-2015)

Amarante Setem e Roupa Limpa presentan “Fíos Fóra”, un documental coral sobre as obreiras e o sector do téxtil galego

A produtora Illa Bufarda foi encargada de elaborar o documental

Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Con esta sinopse, AMARANTE Setem e a Campaña Roupa Limpa queren presentarvos o seu documental “Fíos Fora. Historias de obreiras, entre costuras e patróns”, que dende as conversas de moitas persoas protagonistas narra o que foi o sector do téxtil galego dende seus nacementos ata a súa deslocalización e o impacto deste modelo industrial.

Illa Bufarda foi a produtora creativa encargada de levar a cabo este traballo coral e diverso en voces e protagonistas, onde participaron ex traballadoras do téxtil en Galicia, personaxes vencellados ó sector empresarial e talleres e traballadoras do téxtil en Marrocos.

Realizaremos a estrea internacional na Coruña,cidade e provincia de gran referencia nestre sector industrial; tamén faremos outra proxección en Pontevedra, sede da organización.

A continuación, deixámosvos a axenda de datas e programación prevista para o mes de novembro, que continuará nos vindeiros meses por máis cidades e vilas.

ESTREA INTERNACIONAL na Coruña:
Auditorio do Centro Ágora, Xoves 12 de Novembro as 19:45h
Actuación de Mónica de Nut, proxección de Fíos Fóra e coloquio aberto coas traballadoras protagonistas, Amarante e Illa Bufarda.
Proxección en Pontevedra:
Teatro Principal, Venres 13 de Novembro as 20:00h.
Coloquio aberto coas traballadoras protagonistas, Amarante e Illa Bufarda.
Proxección no OUFF-Ourense Film Festival:
Centro Cultural Marcos Valcárcel: Mércores 18 de Novembro as 20:30h
Proxección en CINEEUOPA(Festival Internacional de Cine):
(pendente de data de proxección)

Neste enlaces podedes consultar toda a información relativa ao documental:

Páxina Web de Fíos Fóra

Páxina Facebook Fíos Fóra


O documental culmina un proxecto de 3 anos adicado a formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil, a denuncia sobre as condicións de explotación das traballadoras e as alternativas para un consumo responsable de roupa. Este traballo foi financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

Amarante Setem é unha asociación galega que traballa no eido da educacion, o consumo responsable e a economía social. Fai campañas de sensibilización e incidencia plítica e forma parte da Rede Internacional Roupa Limpa dende hai 10 anos.
http://www.amarantesetem.org/

Roupa Limpa é unha rede internacional presente en 16 paises europeos que traballa en rede con 200 organizacións para dar voz as traballadoras da confección a nivel global e mellorar as súas condicións laborais e de vida.
http://www.ropalimpia.org/

Illa Bufarda é unha produtora integrada por dúas profesionais do sector audiovisual, Sabela Iglesias e Adriana P.Villanueva. Dende o ano 2012 traballan como proxecto cultural sensible e comprometido coa promoción e a divulgación da cultura dende un eido ben definido: a linguaxe audiovisual.

(10-01-2014)

AMARANTE organiza un encontro con iniciativas relacionadas co téxtil, deseñadoras/es, tendas de segunda man e estudantes de moda para a creación da Plataforma galega de moda sostible: MOV3

AMARANTE SETEM organiza este sábado 11 de xaneiro o primeiro encontro con iniciativas relacionadas co téxtil ecolóxico, novas deseñadoras e deseñadores, estudantes do último curso das escolas de moda galegas, tendas de segunda man e tendas de roupa ecolóxica para impulsar a creación dunha Plataforma galega de moda sostible. Este primeiro encontro realizarase no Pazo da Cultura de Pontevedra de 10:00 a 14:00 horas.

Esta iniciativa, que levará por nome “MOV3. Galicia viste consciente”, ten como obxectivo impulsar a construción de alternativas de roupa e a creación dunha plataforma en internet, onde todas as persoas consumidoras interesadas no consumo responsable de roupa teñan acceso de primeira man sobre todas as ofertas que existen en Galicia.
Nesta plataforma quérese visibilizar e promover outro xeito de producir e consumir roupa en Galicia, e promover o consumo responsable de roupa a través da segunda man ou a través de iniciativas, marcas e deseñadores e deseñadoras que aposten por roupa feita con criterios sociais e de sostibilidade, con tecidos ecolóxicos, e/ou de comercio xusto e producida en Galicia, reducindo o impacto ambiental e favorecendo o desenvolvemento local e a creatividade.
Neste primeiro encontro, ó que están confirmadas un total de 25 persoas entre marcas, deseñadoras/es, estudantes e tendas de roupa de segunda man e/ou reciclaxe, sentaranse as bases da plataforma e o traballo que se realizará ata a súa presentación oficial en maio.
Contamos coa colaboración da deseñadora María Almazán, para realizar unha intensa formación, no que traballaremos sobre a necesidade dun sector téxtil acorde cuns estándares de sostibilidade e dignidade laboral. Nesta fase formativa realizarase un traballo de creación propia, que consistirá no deseño dunha peza de roupa orixinal baseado nos criterios de ecoloxía e /ou Comercio Xusto, con telas que lles serán proporcionadas por Amarante, e producida polos talleres galegos que se porán á súa disposición.
Todo este traballo en rede será finalmente plasmado na plataforma web “MOV3. Galicia viste consciente”, na que colabora o ilustrador Iván R, que visibilizará, a través de vídeos e pezas audiovisuais, a trazabilidade das pezas creadas, xunto coa posta en valor das tendas de recuperación de roupa e segunda man, e onde todas terán un espazo permanente e dinámico de difusión e comunicación dos seus proxectos.

Este proxecto conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia e a D.X. de Cooperación Exterior.

(19-12-2013)

AMARANTE Setem celebra un Mercado Transparente que promove un “Consumo Responsable tamén no Nadal”

AMARANTE Setem inicia a súa campaña de Nadal con unha actividade de sensibilización e información das alternativas de consumo que supoñen a mellor forma para se enfrontar á crise económica, social e ambiental que estamos a vivir: a organización de un MERCADO TRANSPARENTE, que oferta produtos elaborados tanto en Galicia como en países menos desenvolvidos baixo os estándares de dignidade, calidade e saúde do Comercio Xusto.

AMARANTE propón e defende outro modelo de consumo en Nadal, un consumo responsable, onde se respectan os dereitos sociais e laborais das persoas produtoras, e os dereitos das persoas consumidoras a unha calidade e transparencia dos produtos que compran.

Para propoñer outro modelo de consumo en Nadal e promover agasallos solidarios, AMARANTE visibiliza o seu traballo de loita pola xustiza social en un MERCADO TRANSPARENTE, onde as persoas consumidoras terán acceso directo a produtos de fresco e envasados elaborados de xeito artesanal por artesáns, tanto de países países menos desenvolvidos como de Galicia, baixo criterios de respecto ó medio ambiente, salarios dignos, desenvolvemento colectivo e sostible, igualdade e non explotación infantil.

O obxectivo desta iniciativa é mostrarlle á cidadanía que existe toda unha inmensa variedade de produtos de calidade e a prezos asequibles que respectan os dereitos humanos e o medio natural, e que son unha alternativa para aquelas persoas que no Nadal queren facer as súas compras de acordo ós criterios de un consumo consciente e responsable.

Xunto con AMARANTE, participará o grupo de consumo de Pontevedra “A Gradicela” e produtores e produtoras galegas do Sindicato Labrego Galego (SLG).

Data: sábado 21 de Decembro, de 11:30 a 14:00 horas
Lugar: Praza de Ourense, Pontevedra (ó lado da Praza da Ferrería)



RECOMENDACIONS DE REGALOS SOLIDARIOS


Como persoas consumidoras, exercemos un papel moi importante coas nosas compras, xa que cos nosos cartos podemos apoiar un modelo económico, onde priman os beneficios empresariais por enriba das persoas, ou outro, basado no respecto ós dereitos humáns e laborais das persoas traballadoras, a calidade dos produtos e a sostibilidade medioambiental.

Entre os exemplos de agasallos solidarios, AMARANTE oferta:

- CESTAS DE PRODUTOS DE ALIMENTACION: conservas, cervexas, aceite, marmeladas, mel, patés..., elaborados en Galicia, ou cafés, chocolates, azucre, panela, pastas..., feitos noutros países baixo os criterios do Comercio Xusto.

- ROUPA, TÉXTILES E ARTESANÍA: bolsos e monedeiros de plástico reciclado, xogos de café, inciensos, decoración e fogar... proveniente de cooperativas e asociacións de produtoras e produtores, organizadas/os de xeito democrático, de todo o mundo.

- COSMETICA NATURAL: xabóns, champú, crema, after shave, desodorante... feitos con produtos naturais e respectando o medioambiente.

- REGALO INTANXIBLE E SOLIDARIO: AMARANTE tamén recomenda un regalo intanxible e solidario: unha participación de seis meses no seu proxecto de Solidariedade e Ecodesenvolvemento, onde a persoa agasallada recibe un regalo de benvida, información periódica sobre o mundo da Solidariedade e un 10% de desconto nas tendas de AMARANTE durante eses seis meses.

Todos estes produtos poden conseguirse na tenda de AMARANTE Setem:
Pontevedra, Rúa San Román, 9.

(16-03-2013)

cartaz

Proxección de “InTransition 2.0” no ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar”, organizado por AV Xuntanza, Amarante e Verdegaia.

O próximo mércores día 20 de marzo terá lugar en Compostela a segunda sesión do ciclo de cinema e debate “Coñecer para Cambiar” que organizan as asociacións A Xuntanza, Amarante e Verdegaia en Compostela.
s etc

Nesta sesión proxectarase o documental “In Transition 2.0”, que trata sobre o Movemento En Transición. Un movemento social presente en máis de 34 países e engloba a comunidades que responden ao cambio climático con creatividade e humor, centrándose na reconstrucción das súas economías e comunidades locais mediante iniciativas de agricultura urbana, moedas complementarias, alternativas enerxética.

Co ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar” preténdese abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais (consumismo, medio ambiente, banca ética, etc), empregando a linguaxe audiovisual para achegar estas realidades ao público en xeral e promover o intercambio de ideas e inquedanzas, nun clima ameno e distendido.

Todas as proxeccións do ciclo realizanse o terceiro mércores de cada mes ás 20h no local da Asociación Veciñal A Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37. Compostela). A entrada é de balde e até completar o aforo.

Ademais, este ano os colectivos organizadores deron inicio á primeira edición do concurso de curtas “Filmar para Cambiar”. Até o 30 de abril as persoas, colectivos e centros sociais ou educativos interesados en participar poderán enviar as súas curtas, que serán proxectadas no derradeiro día do ciclo de cinema, o 22 de maio. A curta gañadora do concurso será elexida ese mesmo día por votación do público.
As bases do concurso pódense consultar nas webs dos colectivos organizadores.

(13-12-2012)

cartaz

Mesa redonda

Martes 18 de decembro na Libraría AENEA ás 20h

Presentación da publicación "MIRADAS GLOBAIS POR OUTRA ECONOMÍA" e mesa redonda con algunhas das organizacións protagonistas:
- FIARE (banca ética)
- SOM ENERGIA (cooperativa de enerxías renovábeis)
- COGAMI (inserción laboral de persoas con discapacidade)
- AMARANTE Setem (comercio xusto e consumo responsábel)

Descarga asociada

(11-12-2012)

AMARANTE Setem: Curso sobre Consumo Responsable e Teatro de Rúa

Compostela, do 11 ao 16 de decembro.

Curso de formación teórico-práctica sobre o consumo responsable de alimentación, roupa e finanzas, que inclúe varias sesións de teatro de rúa coa finalidade de capacitar ás participantes na realización de accións de rúa para a denuncia e conscientización social.

(05-11-2012)

AMARANTE: difundindo o Comercio Xusto na estación ferroviaria de Pontevedra

AMARANTE estará unha vez máis na estación de Adif de Pontevedra, este xoves 8 e venres 9 de Novembro, en un stand de produtos de Comercio Xusto que será atendido por persoas voluntarias e profesionais da organización galega, facilitando así que as persoas poidan coñecer de preto esta respetuosa alternativa comercial e tamén adquirir produtos de alimentación, cosmética ou artesanía de calidade, sostibles e éticos.

O posto informativo-comercial permanecerá aberto entre as 11 e as 13:30 horas pola mañán, e entre as 17 e as 20 horas pola tarde.

A través desta iniciativa, as persoas que acudan á estación ferroviaria atoparán produtos elaborados en 40 países de América Latina, África, Asia e Galicia baixo os criterios do Comercio Xusto, é dicir, as persoas campesiñas e artesáns reciben un salario digno, tanto eles como elas, e realizan o seu traballo en condicións laborais adecuadas; ademais, non existe explotación laboral infantil e os procesos de produción son respectuosos coa contorna natural. Con todo iso, esta alternativa comercial busca combater a pobreza e favorecer o desenvolvemento dos pobos.

Entre os artigos de Comercio Xusto, pódense atopar produtos de alimentación, cosmética e hixiene, papelería, complementos, bixutaría, roupa ou xoguetes.

Esta campaña, que se realizará de maneira simultánea noutras 12 estacións ferroviarias de 8 comunidades autónomas, foi organizada pola Coordinadora Estatal de Comercio Xusto en colaboración con Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), no marco do Programa Estación Aberta.

Para máis información sobre esta actividade, e o Comercio Xusto en xeral, poden consultar a web www.comercioxusto.com, ou na web de www.comerciojusto.org.

(17-09-2012)

AMARANTE SETEM celebra un OBRADOIRO de CONSUMO RESPONSÁBEL E CONSTRUCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL

AMARANTE SETEM, conxuntamente coa Asociación Queremos Galego Marín, convídante a participar no "OBRADOIRO de CONSUMO RESPONSÁBEL E CONSTRUCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL", este venres 21 de SETEMBRO, de 18:00 a 21:00 horas na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MARÍN (Avda Ourense, 8)

No OBRADOIRO traballarase e reflexionarase sobre o modelo de consumo que temos e as súas consecuencias, para promover actitudes e accións de consumo responsábel, tanto a nivel individual como colectivo.

Entre as cuestións a desenvolver no obradoiro inclúense os conceptos de "desenvolvemento sustentábel" e "consumo responsábel", as implicacións do modelo de consumo actual sobre as persoas e o medio ambiente, nomeadamente no eido da alimentación, da produción téxtil ou da banca; ao mesmo tempo analizaranse as alternativas vixentes a este modelo, e as accións que calquera persoa pode implementar no seu día a día para tentar construir unha sociedade máis xusta.

A asistencia é de balde, mais o número de prazas é limitado; prégase inscrición previa no teléfono: 658 044 507 ou no enderezo electrónico: queremosgalegomarin@gmail.com

Enviamos adxunto tanto o programa como o cartaz do obradoiro.

DATA: Venres 21 de SETEMBRO, de 18:00 a 21:00 horas

LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MARÍN (Avda Ourense, 8)


Descarga asociada

(18-07-2012)

AMARANTE sae á praza: MERCADO TRANSPARENTE en Pontevedra

AMARANTE Pontevedra celebrará un MERCADO TRANSPARENTE na Praza de Ourense (ó lado da Peregrina), este sábado 21 de Xullo, das 11h ás 14h.

Con este evento, AMARANTE quere facilitar o acceso a unha alternativa sostible ó sistema de consumo no que estamos (no que maioritariamente se explota ás persoas produtoras, denigra o médio ambiente e despreza a saúde e a intelixencia das persoas consumidoras), ofrecendo e informando sobre outros produtos que respetan os dereitos das persoas e o medio ambiente, como son os produtos de Comercio Xusto provenientes dos países do Sur (por exemplo, o azucre de cana ou panela, cafés, chocolates, quinoa, arroces, cous-cous...) e os produtos frescos e envasados galegos (verduras, produtos lácteos, mel... ), ofrecidos directamente polas persoas produtoras.

Tamén se celebrará ó mesmo tempo un MERCADO DE TROCO, para que se poida “conseguir aquilo que se precisa a cambio do que xa non se usa”. Hai que lembrarse de levar algo para cambiar por outra cousa que poida interesar (libros, roupa, xoguetes... etc), xa que nesta actividade NON se usa o diñeiro como material de intercambio, se non que se entrega un ben, que xa non se use e que sexa todavía perfectamente útil para outra persoa, a cambio de outro que se precise.

“ MERCADO TRANSPARENTE é aquel mercado en que todas as persoas que interveñen nel (produtoras, intermedarias e compradoras) teñen a máxima información sobre as condicións do mesmo, e esa información é igual e veraz para todas”.


Participarán neste mercado o Grupo de Consumo Responsable de Pontevedra "A Gradicela" e oSindicato Labrego Galego (SLG), que ademais colaborarán con AMARANTE dando información sobre as características de este tipo de consumo, ético e consciente, e as diferentes alternativas ás que podemos acceder como consumidoras e consumidores responsables.

(08-06-2012)

AMARANTE Setem organiza obradoiros de consumo responsable en Vigo, Pontevedra e Compostela

A reflexión e a formación de conciencia crítica é indispensable para que sexan posibles accións colectivas alternativas ao modelo actual de produción, comercialización e consumo de bens.
Con dito motivo, AMARANTE organiza unha serie de obradoiros este mes de xuño para traballar o consumo responsable nas cidades de Vigo, Pontevedra e Compostela.

Entre as cuestións que serán tratadas no obradoiro inclúense os conceptos de desenvolvemento sustentable e consumo responsable, as implicacións do modelo de consumo actual sobre o medio ambiente e as persoas, nomeadamente no eido da alimentación e da produción téxtil; mais tamén serán tratadas as alternativas vixentes a este modelo e as accións que calquera persoa pode implementar no seu día a día para tentar non ser cómplice.
Estes obradoiros están dentro do proxecto Voces do Sur financiado pola Xunta de Galicia.

Aberto prazo de inscricón para todas as persoas interesadas.

Máis información: www.amarantesetem.org

(04-06-2012)


AMARANTE presenta en Compostela unha exposición sobre Consumo Responsable

A exposición permanecerá na Biblioteca Pública Ánxel Casal ata o 15 de xuño

A exposición fai un percorrido polo modelo de consumo actual e as súas consecuencias, para ir dando pasos cara outro modelo de consumo máis xusto e responsable.

Entre os temas que trata encóntranse as desigualdades no consumo, a contaminación, a explotación dos recursos naturais e a presentación de alternativas como o comercio xusto, as finanzas éticas e o consumo responsable na alimentación e na roupa.

Esta exposición vai acompañada dun obradoirio que terá lugar o luns 11 de xuño na Biblioteca Pública Ánxel Casal. As persoas interesadas poden inscribirse en compostela@amarantesetem.org

Descarga asociada

(28-05-2012)

AMARANTE nas Xornadas Interculturais de Cangas

AMARANTE participa un ano máis nas VIII Xornadas Interculturais de Cangas, que este ano centránse na Cooperación e no Comercio Xusto, co obxectivo de potenciar o principio de igualdade entre as persoas, favorecer o encontro de culturas e dar a coñecer as diferentes experiencias de cooperación e sensibilización desenvoltas por diferentes ONG, entre elas, as de AMARANTE.

AMARANTE estará presente na proxección de documentais de cooperación do venres 1 de Xuño, no Auditorio Municipal, ás 21:00 horas, a través do documental "PEQUENAS DOSES DE SUPERVIVENCIA: OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO", e na Festa Intercultural que se celebrará o sábado 2 de xuño, ás 18 horas, na Alameda Vella, onde dará a coñecer o seu proxecto de Solidariedade e Ecodesenvolvemento e as actividades que realiza cara á unha xustiza global, ó mesmo tempo que ofrecerá degustación e venda de diferentes produtos de Comercio Xusto.

SINOPSE "PEQUENAS DOSES DE SUPERVIVENCIA: OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO" (40 min):
O proxecto deste documental analiza o fenómeno que supón a modalidade do Comercio Xusto en Ecuador, visto dende a óptica das tres grandes áreas que forman o seu proceso produtivo: a colleita, a manufacturación do produto e a distribución e venta, tanto no interior como no exterior do país.
Dedicado a coñecer as condicións nas que se traballa co comercio xusto no país latinoamericano e cales son as características das comunidades e cooperativas que participan neste proxecto, e arroupados/as pola FUNDACIÓN MAQUITA (MCCH), os reporteiros/as de AGARESO desprazados/as alí no mes de xuño de 2009, desvelaron todas as claves que establecen unhas liñas comerciais máis respectuosas co/a produtor/a, materializado nos establecementos da ongd AMARANTE (Pontevedra: San Román, 9 / Compostela: San Pedro, 67), que comercializa directamente diferentes produtos de esta fundación.

Descarga asociada

(25-05-2012)

AMARANTE realiza en Compostela un Obradoiro de Consumo Responsable

Obradoiro de consumo responsable e construción de alternativas ao modelo de consumo actual.

11-06-2012 - Reflexionaremos sobre o modelo de consumo que temos e as súas consecuencias, para promover actitudes e accións de consumo responsable tanto a nivel individual como colectivo.

Descarga asociada

(11-05-2012)

Continuan as actividades adicadas ó día comercio xusto

Produtoras locais e produtos de comercio xusto estarán nas cidades de Pontevedra e Ribadeo

Co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO continúan coas actividades adicadas ó Día do Comercio Xusto.
Para dar a coñecer e compartir a cidadanía outro xeito de consumo e a alimentación e outro modelo de comercio internacional, convidámosvos a participar das actividades dende o 12 ata o 16 de maio en Pontevedra, Santiago e Ribadeo.
Entre as actividades teremos: mercados transparentes e mercadiños de troco, conferencias, teatro e degustacións de produtos de comercio xusto.
60 Cafeterías de Pontevedra e de Santiago no Barrio de San Pedro terán café de comercio xusto nos seus locais o 12 de maio en apoio o día do comercio xusto

Descarga asociada

(16-04-2012)

AMARANTE SETEM estará nas estacións de tren de Pontevedra e Santiago de Compostela cun posto informativo-venta de COMERCIO XUSTO do 18 ao 21 de abril

Os días 18 e 21 de abril,  e o 19 e 20 de abril AMARANTE SETEM estará nas estacións de Adif de Santiago de Compostela e de Pontevedra, respectivamente, con stands informativos e de venta de Comercio Xusto, no cal os usuarios poderán coñecer de cerca en qué consiste esta alternativa comercial, que ten por finalidade lograr un mundo máis xusto, así como adquirir produtos de artesanía ou alimentación.
Os horarios:
Santiago de Compostela:
18 de abril entre as 17:00 - 19:00
21 de abril entre as 12:00 - 14:00
Pontevedra:
19 de abril entre as  11:00  - 13:30 e 17:00 - 20:00
20 de abril entre as 11:00 - 13:30 e 17:30 - 21:00

Desta maneira, as estacións ferroviarias únense á campaña “Para disfrutar dun bo café, non fai falla que acabe moído ninguén” coa que se pretende destacar que o Comercio Xusto beneficia aos consumidores xa que se trata de produtos de gran calidade, elaborados con materias primas naturais e a través de procesos ecolóxicos. Pero tamén beneficia ás persoas que os elaboran xa que se garanten os seus dereitos laborais e unha calidade de vida digna. Ademáis no Comercio Xusto non existe explotación laboral infantil e promóvese a participación da muller nos órganos de decisión dos grupos produtores.

As outras estacións que tamén participarán son as de Vigo, A Coruña, Gijón, Oviedo, Vitoria-Gasteiz e Castellón.

Esta campaña, foi organizada pola Coordinadora Estatal de Comercio Xusto en colaboración con Adif (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), no marco do Programa Estación Aberta.

Co fin de transmitir esta idea, a Coordinadora Estatal de Comercio Xusto realizou outras actividades e materiais como un spot, cuña, anuncios para prensa e un banner. Estos poden ser descargados na web www.comerciojusto.org.

(23-03-2012)

Análise da parte humana da moda española

A Campaña Roupa Limpa (CRL)*, coordinada en Galicia por AMARANTE Setem, presenta en Pontevedra a investigación sobre a moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección que analiza as condicións de vida e traballo precarias que sofren as traballadoras nos talleres téxtiles de Tánxer que son provedores de grandes marcas internacionais (Inditex, Mango, Mayoral, El Corte Inglés¦ etc). A investigación realizouse a partir das viviencias de 118 obreiras, coa colaboración da Asociación marroquí Attawassol.

Celebrarase este próximo mércores 28, ás 12:00H, na Facultade de CC da Educación e do Deporte de Pontevedra, e contarase coa presenza de Eva Kreysler, Coordinadora estatal da CRL e Fernanda Couñago, Directora de AMARANTE Setem e Coordinadora da CRL na Galiza.

Este evento clausura as Xornadas de Igualdade que AMARANTE Setem ven celebrando durante todo o mes de marzo na Universidade de Pontevedra, co gallo de visualizar as discriminacións que sufren as mulleres, en concreto no sector téxtil, e reivindicar os seu dereitos.

Pódese consultar o informe completo na web de AMARANTE:

http://mail.amarantesetem.org/images/stories/documentacion/a%20moda%20espanhola%20en%20tanxer.pdf

Investigación CRL: parte da moda española fabrícase en Tánxer baixo condicións de explotación:

O informe descobre as duras condicións das obreiras de confección marroquís: exceso de horas de traballo, baixos salarios, abusos verbais e físicos, arbitrariedade na contratación e o despedimento, medidas disciplinarias desproporcionadas e obstáculos á acción sindical. As horas extras son obrigatorias e non se adoitan remunerar. Prolongan a xornada ata as 12 horas diarias, seis días á semana por salarios que non superan os 200 euros mensuais, e que, en ocasións, están por baixo dos 100 ao mes. As traballadoras máis novas, a miúdo menores de 16 anos, son consideradas aprendizas e fáiselles traballar sen contrato as mesmas horas que o resto, pero cobrando 0,36 á hora, tres veces menos que as súas compañeiras.


A deslocalización da confección en países como Marrocos permitiu ampliar os beneficios das grandes marcas téxtiles. Segundo o autor do informe, Albert Sales, “estas empresas teñen na súa man a capacidade, tanto de xerar situacións de explotación laboral, como de evitalas. Moitas asumiron códigos de conduta e compromisos, pero a pesar das medidas de Responsabilidade Social Empresarial, moitas traballadoras marroquí­s seguen vivindo situacións de pobreza á vez que cumpren cunha xornada laboral extremadamente longa.

A CRL recorda que esta investigaciós que se describen son desgraciadamente frecuentes en moitos outros países.
------------------------

*Campaña Roupa Limpa (CRL): a Campaña Roupa Limpa á unha rede internacional de ONG, sindicatos e organizacións de persoas consumidoras, coordinada por SETEM, que traballa para mellorar as condicións das traballadoras e os traballadores da industria global da confección.

(05-03-2012)

¿QUEN NOS FAI A ROUPA QUE LEVAMOS? SITUACIÓN DA MULLER TRABALLADORA NO SECTOR TÉXTIL

AMARANTE Setem celebra o Día Internacional da Muller con unhas Xornadas de Concienciación sobre a Igualdade de xénero, que se desenvolverán durante o mes de marzo de 2012 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo en Pontevedra.

O programa comprende unha serie de actividades de formación e sensibilización sobre as condicións laborais que se agochan trala produción de roupa para as grandes multinacionais, e que afetan nomeadamente ás mulleres por ser un sector tradicionalmente feminizado.

Pretende sensibilizar acerca das condicións sociais e laborais das traballadoras do setor téxtil que provee ás grandes multinacionais da roupa, promover unha reflexión crítica en torno á procedencia da roupa que compramos, e fomentar así un consumo consciente e responsable, e introducir o debate acerca da produción global e deslocalizada de roupa, así como das consecuencias ecolóxicas, sociais e humanas que esta comporta.


Mediante a presentación do derradeiro INFORME da Campaña Roupa Limpa "A moda española en Tánxer: Traballo e superviviencia das obreiras da confección" poderanse coñecer as condicións de explotación que sofren as traballadoras do téxtil en Tánxer; a EXPOSICION “100% Attawassoul” mostrará a labor da Asociación Attawassoul (Tánxer, Marrocos), na que as mulleres do téxtil reciben formación sobre o seus dereitos laborais, e co CICLO DE CINE-FORUM DOCUMENTAL promoverase a discusión acerca das consecuencias da produción masiva e deslocalizada de roupa.


∼ Mércores 7 de marzo:
Acto Inaugural con Juan de Sola (xornalista de AGARESO) e Amada Traba (profesora de Socioloxía da Facultade de CC Educación e Deporte):
Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 19:00h.

-Inauguración da EXPOSICIÓN "100% Attawassoul" (do 7 ao 30 de marzo, no Primeiro Andar da Facultade de CC Educación e Deporte)


-Inicio do CICLO DE CINE-FORUM DOCUMENTAL:
- Mércores 7 de marzo: proxección de “100% Mujer”.
- Xoves 15 de marzo: proxección de “China Blue”
- Xoves 22 de marzo: proxección de “Golpeados pero no vencidos”

Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 19:00h.

Mércores 28 de marzo: Acto de clausura.
PRESENTACIÓN DO INFORME DE INVESTIGACIÓN: "A moda española en Tánxer: Traballo e superviviencia das obreiras da confección"
. Coa presenza de Eva Kreysler, coordinadora estatal da Campaña Roupa Limpa e Fernanda Couñago, directora de Amarante Setem e coordinadora da Campaña Roupa Limpa na Galiza.
Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 12:00h

Estas xornadas están subvencionadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Descarga asociada

(15-02-2012)

O rural como alternativa

AMARANTE Pontevedra proxectará o DOCUMENTAL "A NOVA ALDEA" e dará posteriormente a CHARLA "O PLACER DO CONSUMO CONSCIENTE", onde se explicará por que consumindo dun xeito Responsable tamén nos axudamos a nós mesm@s. Darase tamén unha Lista de cousas que podemos facer nas nosas hortas nesta época do ano, sexan do tipo que sexan (urbanas, rurais, familiares, escolares...).

DATA e HORA: Xoves 23 de Febreiro, ás 19:30h e 20:30h, respectivamente.

LUGAR: Local social AMARANTE Pontevedra (Rúa San Román, 9)

- DOCUMENTAL: “A NOVA ALDEA” (Duración: 58 minutos / Idioma: Galego)

“A nova aldea” é un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego, que agora se atopa nunha crise profunda e a piques da súa desaparición. Non é un documental meramente descritivo, senón que albisca posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día (plantexando casos coma o de Milhulloa, Biocoop...), e cunha dignidade social e económica real, contemplando o rural con esperanza, coma un eido onde sexa posible vivir unha vida moderna e de futuro.

- Posterior CHARLA : “O PLACER DO CONSUMO CONSCIENTE”

Participará na mesma Áurea Goitia ("O Pisco, Horta e Xardinería Ecolóxica")

"Sempre é unha satisfacción e unha ledicia ver no prato os produtos por nós cultivados. Coa información axeitada: coñecer que cultivos tolera a nosa terra, as asociacións e rotación destes, como facer un bo compost...etc, obteremos os mellores resultados.

Na espiral da vida, grazas a ese Consumo Consciente, sénteste mellor contigo mesm@ porque sabes que estás facendo as cousas ben e consegues que moita xente saiga adiante realizando maravillosos proxectos, éticos e sostibles"


(O Pisco)

(13-02-2012)

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur, un programa de formación en Cooperación e Solidariedade que ofrece a posiblidade de visitar os proxectos que a organización galega desenvolve en parcería con organizacións do Sur.

A partires do 6 de febreiro e ata o 22 de marzo abrirase o periodo de INSCRICIÓN para participar neste programa de Educación para o Desenvolvemento.

O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.

Durante o mes de febreiro e Marzo as persoas que participaron no Xanela Aberta ao Sur durante o pasado ano 2011 realizarán CHARLAS INFORMATIVAS para difundir a súa experiencia:
- A Coruña: 7 de marzo. Galería Sargadelos (Rúa Real, 56). 19:00 horas.
- Pontevedra: 1 de marzo. Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra. 12:00 horas.
- Compostela: 2 de marzo. Local de Amarante. (R/ San Pedro, 67) 20:30 horas
- Ourense. Pendente de confirmación. Máis información na web de Amarante.
- Ribadeo: 3 de marzo. 20:00 horas. Casa das letras.

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo CATRO XORNADAS FORMATIVAS que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante aproximadamente catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:
- MST: Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )
- MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )
- Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son: 24 de marzo, 14 e 15 de abril, 12 de maio, 26 de maio e a avaliación o 15 de setembro.

Os requisitos para participar son:
- Ser maior de idade
- Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas
- Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)

Tés máis información e aclaracións no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook. Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amarantesetem.org, ou nos teléfonos 986 84 81 59 e 981 584 713

Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

(15-12-2011)

MERCADO TRANSPARENTE DE PRODUTOS DE COMERCIO XUSTO E FRESCOS GALEGOS EN PONTEVEDRA

AMARANTE Setem celebrará¡ este sábado 17 de Decembro un MERCADO TRANSPARENTE con produtos de Comercio Xusto e produtos frescos galegos na Praza da Peregrina, das 11h ás 14h.

MERCADO TRANSPARENTE É aquel mercado en que todos os que interveñen nel (productores, intermedarios e compradores e) teñen a máxima información sobre as condicións do mesmo, e esa información ao igual e veraz para todos”.

Coa realización de este tipo de mercado, AMARANTE pretende facilitar que, neste complicado mes de compras e agasallos, todo o mundo teña fácil acceso a un consumo local, sustentable, consciente e solidario.

Colabora neste mercado o Sindicato Labrego Galego (SLG), ofertando tanto os seus produtos como información sobre este tipo de consumo.


Tamén se celebrará ao mesmo tempo un Mercado de Troco, para que se poida conseguir aquilo que se precisa a cambio do que xa non se usa.
Hai que lembrarse de levar algo para cambiar por outra cousa que poida interesar (libros, roupa, xoguetes... etc), xa que nesta actividade non se usa o diñeiro como material de intercambio, senon outro ben que xa non se use e que sexa todavia perfectamente útil para outra persoa.

Seguindo a mesma liña de concienciación para un consumo responsable, AMARANTE tamén mostrará¡ unha EXPOSICION no seu local social de Pontevedra (San Romaño, 9): “Solidariedade nun mundo globalizado”

A exposición fai un percorrido polas distintas causas da pobreza, regras do mercado internacional, prácticas que provocan estragos medio ambientais, violacións dos dereitos humanos a mans de transnacionais, etc. Ademais das causas, tamén mostra as consecuencias destas políticas económicas na poboación dos países do Sur.

(18-11-2011)

AMARANTE Setem inaugura nova tenda e local social en Santiago de Compostela

A organización Amarante reubica a súa tenda de Comercio Xusto en Compostela, trasladándose para a Rúa de San Pedro, número 67.

Ademáis de ser un lugar de venta de produtos de alimentación, artesanía e textís de Comercio Xusto, tamén será un lugar de encontro de información e formación sobre temas medioambientais e sociais, como as Finanzas Éticas, Campaña Roupa Limpa, Ecoloxía, Cooperación e Solidariedade...

A súa inauguración terá lugar este xoves 17 de Novembro, no mesmo local

Estades tod@s convidad@s á nosa festa e a compartir con nós o inicio desta nova etapa.

(11-11-2011)

AMARANTE SETEM ADICA O MES DE NOVEMBRO A CONCIENCIAR SOBRE A DISCRIMINACIÓN DA MULLER E A SÚA LOITA HISTORICA POLOS SEUS DEREITOS.

Co gallo da celebración do 25 de Novembro contra a violencia de xénero, a organización AMARANTE adica as súas actividade in-formativas de este mes á loita da muller polos seus dereitos, coa proxección de un DOCUMENTAL galego, "Digna Rabia", a presentación do seu libro "Mulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social" e posterior CHARLA sobre o Empoderamento da muller, e unha EXPOSICION fotográfica sobre a realidade das traballadoras do textil en Marrocos.

- VIDEOFORUM coa proxección do filme: "DIGNA RABIA", este xoves, 17 de Novembro, ás 20:00h, no local social que Amarante ten na cidade de Pontevedra (Rúa San Román, 9).

SINOPSE: Este traballo cinematográfico, promovido, rodado e editado pola Universidade de Vigo e a Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, reflicte a represión da postguerra e da ditadura a través do testemuño de 27 mulleres de tres xeracións. Políticas, sindicalistas, traballadoras, esposas e fillas transmiten no documental, a través de entrevistas, os seus testemuños como vítimas, non só da represión ideolóxica, senón tamén da machista. No documental aparecen mulleres anónimas e tamén personaxes públicos, como a única alcaldesa de Galicia durante a II República, a exconselleira Manuela López Besteiro, ou a sindicalista Lidia Senra. O documental é froito dun ano de traballo, que incluíu imaxes inéditas do arquivo do NO-DO. "Digna rabia", traballo pioneiro no panorama audiovisual español en canto a ferramenta para profundar no perfil feminino da represión franquista, pretende porlle voz a outras moitas mulleres que converteron a súa rabia na súa propia dignidade.



- Presentación do seu LIBRO "Mulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social", e CHARLA sobre o empoderamento da muller, impartida por Lidia Senra, o Xoves 24, ás 12:00 horas, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra (Sala de Graos)

Amarante Setem ven de editar un novo material in-formativo sobre Solidariedade e Consumo Responsable: a publicación do número 2 da colección Madeixa. Este segundo número pódese baixar en formato PDF desde o apartado de publicacións da web de Amarante: http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/64-documentacion/257-publicacions.

Está adicado ás voces das mulleres no cambio social, e conta con relatos de activistas hondureñas, marroquís e brasileiras, así como do activismo feminista galego. A presentación farase a cargo da directora de Amarante, Fernanda Couñago, e dará a charla a sindicalista Lidia Senra, membro do Sindicato Labrego Galego (SLG) e da Vía Campesiña.

- EXPOSICION: “ATTAWASSOUL, realidade das traballadoras do textil en Marrocos”, no local social de Amarante, desde o día 14 de 11h a 13:30h, e de 17h a 20h, e os sábados, aberto pola mañán.

Reflexo da realidade que viven un grupo de mulleres traballadoras en empresas do téxtil na cidade de Tánxer (Marrocos), e que pertencen á asociación Attawassoul, na que reciben formación sobre dereitos laborais, alfabetización, ocio, etc. Outro dos seus obxectivos é sensibilizar á sociedade sobre a situación laboral que están a sufrir, como adicar un mínimo de 11 horas diarias a traballar nas fábricas onde se confecciona a roupa que consumimos nos países do Norte.


NOTA: tódalas actividades realizadas por AMARANTE son gratuítas e abertas a calquera persoa que desexe in-formarse sobre temas relacionados co Ecodesenvolvemento e a Solidariedade

Descarga asociada

(19-09-2011)

AMARANTE SETEM ADICA AS SÚAS ACTIVIDADES DE SETEMBRO Ó COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE

Despois de un breve un descanso nas súas habituais actividades de información e sensibilización, Amarante volve este mes de Setembro con unha interesante axenda cargada de cursos, charlas, documentais e exposicións adicadas ó Comercio Xusto e ó Consumo Responsable, no local de AMARANTE Setem en Pontevedra (Rúa San Román, 9) .

Este Xoves 22, ás 20:00h, proxectarase o DOCUMENTAL “OURO NEGRO, A VERDADEIRA HISTORIA DE STARBUCKS”, seguido de un debate e análise entre @s asistentes.
"Ouro negro" é un documental sobre o comercio do café. A industria do café é sumamente lucrativa: as compañías multinacionais embólsanse máis de 80.000 millóns de dólares anuais, o cal converte ao café na mercadoría comercializada máis valiosa de todo o mundo despois do petróleo. Trata sobre os esforzos de varias cooperativas en Etiopía por conseguir un prezo xusto para o seu café, e os esforzos do representante da cooperativa por facerse un oco no mercado mundial.


O venres 30, ás 17:00 horas celebrarase un CURSO DE COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE, formado por o visionado da Curtametraxe “A historia das cousas” + Charla formativa + Obradoiro de voluntariado en tenda:

1)_ proxeción da CURTA DOCUMENTAL"A historia das cousas"(de 17:00h a 17:30h): Este documental de 21 minutos presenta unha visión crítica da sociedade consumista, describe a economía de materiais (un sistema composto por extracción, producción, distribución, consumo e residuos), expón as conexións entre un gran número de problemas sociais e do ambiente, e convócanos a todos a crear un mundo máis sostible e xusto.

2)_ despois do visionado da curta, realizarase unha profunda CHARLA FORMATIVA SOBRE COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE (de 17:30h a 19:45h), presentada por Xan Hermida, principal exponente do Comercio Xusto en Galicia.

3)_ OBRADOIRO PRÁCTICO DE VOLUNTARIADO EN TENDA (de 20:00h a 21:00h) , onde se dará información dos produtos de Comercio Xusto e temas prácticos varios enfocados na comercialización de produtos de CX de Amarante en Galicia


Ademais, no mesmo local de AMARANTE Setem poderase visitar a EXPOSICIÓN ‘O Comercio Xusto en Galicia e no mundo”, , de 11,00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 h, de luns a venres (sábados, só pola mañán)

Descarga asociada

(06-06-2011)

Amarante Setem celebra a Semana Galega de Comercio Xusto, adicada ós Tratados de Libre Comercio (TLC´s) e á privatización dos dereitos e recursos

Entre o 10 e o 18 de xuño celebrarase a Semana Galega de Comercio Xusto que, chegada a súa XI edición, estará centrada este ano nos Tratados de Libre Comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que as políticas neoliberais están a impoñer.


Un ano máis, a iniciativa impulsada por AMARANTE Setem conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e de Verdegaia a nivel xeral, e con outros grupos en cada localidade.

As actividades que vai celebrar son:

XIRA DA COOPERATIVA TECTIL DE COMERICO XUSTO DE CHIAPAS (MEXICO), KINAL ANTZETIK:
A Semana Galega de Comercio Xusto conta coa presenza dunha cooperativista de Chiapas, Georgina Molina, especialista en temas de saúde e con profundo coñecemento sobre o problema do feminicidio na rexión.

Georgina Molina é membro da cooperativa textil, que traballa na recuperación da simboloxía Maia no vestir e en ourtras pexas (telas, bolsos, manteis...).

Georgina Molina ofrecerá dúas conferencias durante a súa estancia en Galicia:

- Martes 14 xuño ás 20,00 h. no local de Amarante (Pontevedra)
- Xoves 16 xuño ás 20,00 h. na Casa das Letras, (Ribadeo)


ademais de participar na MESA REDONDA que se celebrará o mercores 15 ás 19,00 horas na Biblioteca Anxel Casal (Santiago de Compostela), e na que intervirán:

- Nanda Couñago. Amarante (modera)
- Xan Duro. Verdegaia
- Ivan Forero. Plataforma Justicia por Colombia
- Georgina Molina. Jolom Mayaetik-Chiapas
- Lidia Senra. SLG

O achegamento á realidade de Chiapas complementase coa EXPOSICION "MULLERES MAIAS: TECENDO A SÚA HISTORIA", que se poderá visitar en horario de tarde no Hotel ARAGUANEY de Santiago de Compostela entre o 10 e o 15 de xuño.

Nesta exposición a cooperativa téxtil Jolom Mayaetik e Kinal Antzetik de Chiapas achéganos á vida das mulleres indíxenas a través 20 pezas artísticas, fotografías das súas autoras e o significado Maia dos símbolos que bordan.


MERCADO TRANSPARENTE:

Outra actividade central da Semana Galega de Comercio Xusto serán a realización de Mercados Transparentes, nos que se pretende sensibilizar á poboación das diferenzas dos prezos en orixe que se lle paga ás produtoras e finais, aos que as consumidoras os mercan.

Nesa acción de rúa estarán presentes produtores locais, haberá comercio xusto, mercados de troco, contacontos e outras actividades.

Participan nel AMARANTE Setem, Verdegaia e o SLG, xunto con a Cooperativa de Consumo A Gradicela en Pontevedra, o Mercado de Fusco Lusco en Santiago de Compostela, Fiare en Vigo ou a Asociación Veciños O Teson, a Finca As Fádegas e La Casa Azul en Ribadeo.

O Mercado transparente se celebrará:

- Sábado 11 de xuño de 11,00 a 14,00 horas:
En Pontevedra na Praza da Peregrina
En Santiago na Praza do Toural
En Vigo na Praza da Constitución

- Sábado 18 de xuño de 18,00 a 20,00 horas:
En Ribadeo na Casa das Letras
En Ourense na Casa da Xuventude

+ ACTIVIDADES:

En Ribadeo celebrarase o sábado 18 ás 20,00 horas na Casa das Letras de Ribadeo unha MESA REDONDA na que intervirán representantes de:

- Concello de Ribadeo
- Asociación Veciños O Teson
- Finca As Fádegas
- La Casa Azul
- Sindicato Labrego Galego
- AMARANTE Setem

No Local Social de AMARANTE Setem en Pontevedra durante todo o mes de xuño poderase contemplar a EXPOSICIÓN: "OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO" sobre a realidade da Fundación Maquita en Ecuador. Exposición realizada pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO )

Todalas actividades contan coa colaboración da AECID e da Subdirección Xeral de Cooperación da xunta de Galicia.

Descarga asociada

(18-05-2011)

Nova actividade sobre Finanzas Éticas en AMARANTE Pontevedra:

Dentro da temática de Finanzas Éticas, que está a desenvolver Amarante durante o mes de maio, realizarase un visionado de dúas curtas documentais sobre economías solidarias, experiencias e boas prácticas en Galicia , seguidas dun espazo de reflexión e debate, que será dinamizado polo persoal de ACSUR e Coop57.

O lugar de celebración é o local de Amarante en Pontevedra (Rúa San Román, 9), o xoves 26 de Maio ás 19:00 horas

Estas curtas son: "Minar", que aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes), e "Sempre foron cinco", que ofrece un paralelismo entre o modelo económico de superación e aforro das nosas avoas e novas alternativas financeiras non lucrativas.

Con esta campaña preténdese concienciar ás personas consumidoras sobre o seu papel activo como axentes de desenvolvemento, dándolles a coñecer prácticas económicas máis positivas e respetuosas co entorno e as persoas, como son o Comercio Xusto, a Banca e Aforro Ético, ou o Consumo Responsable, que buscan promover o desenvolvemento das sociedades dun xeito mais xusto e equilibrado.


Descarga asociada

(05-05-0012)

Semana Galega de Comercio xusto en Pontevedra, Santiago e Ribadeo

“Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”
“Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”

Co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO organizan a Semana Galega de Comercio Xusto cunha serie de actividades en Santiago, Pontevedra e Ribadeo para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. Nesta actividade tamén participan colectivos como Verdegaia ou a Cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela.

Para dar a coñecer e compartir a cidadanía outro xeito de consumo e a alimentación e outro modelo de comercio internacional, convidámosvos a participar das actividades dende o 5 ata o 16 de maio en Pontevedra, Santiago e Ribadeo. Entre as actividades teremos: mercados transparentes e mercadiños de troco, conferencias, teatro e degustacións de produtos de comercio xusto. 60 Cafeterías de Pontevedra e de Santiago no Barrio de San Pedro terán café de comercio xusto nos seus locais o 12 de maio en apoio o día do comercio xusto

Axuntamos a programacion e cartaz

Descarga asociada

(00-00-0000)


AMARANTE SETEM celebra un "OBRADOIRO de CONSUMO RESPONSÁBEL E CONSTRUCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL", este venres 21 de Setembro, de 18:00 a 21:00 horas na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MARÍN (Avda Ourense, 8)

Amarante-Setem Pontevedra, conxuntamente coa Asociación Queremos Galego Marín, convídante a participar no

OBRADOIRO de “CONSUMO RESPONSÁBEL E CONSTRUCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL ”,

A asistencia é de balde, mais o número de prazas é limitado; prégase inscrición previa no teléfono: 658 044 507 ou no enderezo electrónico: queremosgalegomarin@gmail.com

No OBRADOIRO traballarase e reflexionarase sobre o modelo de consumo que temos e as súas consecuencias, para promover actitudes e accións de consumo responsábel, tanto a nivel individual como colectivo.

Entre as cuestións a desenvolver no obradoiro inclúense os conceptos de "desenvolvemento sustentábel" e "consumo responsábel", as implicacións do modelo de consumo actual sobre as persoas e o medio ambiente, nomeadamente no eido da alimentación, da produción téxtil ou da banca; ao mesmo tempo analizaranse as alternativas vixentes a este modelo, e as accións que calquera persoa pode implementar no seu día a día para tentar construir unha sociedade máis xusta.


Enviamos adxunto tanto o programa como o cartaz do obradoiro.

DATA: Venres 21 de SETEMBRO, de 18:00 a 21:00 horas

LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MARÍN (Avda Ourense, 8)

Descarga asociada

(12-03-2012)

XANELA

14 MARZO, REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO XANELA ABERTA AO SUR 2013

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza a súa XII edición do Xanela Aberta ao Sur, que permite coñecer de primeira man o traballo de cooperación entre as organizacións que loita pola xustiza social e visitar e compartir coas organizacións de Brasil, Marrocos e Ecuador o seu traballo durante os meses de verán.

O programa formativo consta de 4 xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:
- Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )
- MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )
- Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

O período de inscrición remata o 14 de marzo.

As datas das xornadas de formación son: 16 de marzo (Compostela), 6 e 7 de abril (Palas de Rei), 20 de abril (Compostela), 25 de maio (Compostela) e a avaliación en setembro.
Os requisitospara participar son:
- Ser maior de idade
- Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas
- Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)

Tes toda a información para inscribirte clicando aqui:

http://amarantesetem.org/images/stories/xanelafolleto.pdf

Máis información en: educacion@amarantesetem.org
Teléfonos 986 84 81 59 ou no 981 584 713

Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela.
Facebook: http://www.facebook.com/pages/Amarante-Setem/

Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora. Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia




Descarga asociada

(02-03-2013)

Preséntanse en Compostela as Viaxes Solidarias 2013 “Xanela Aberta ao Sur”

Persoas que viaxaron a organizacións de Brasil, Ecuador e Marrocos contarán a súa experiencia este mércores 6 na Biblioteca Ánxel Casal

A Asociación galega AMARANTE Setem organiza dende hai 12 anos o programa de educación ao desenvolvemento Xanela aberta ao Sur, na que se dá a posibilidade de que galegos e galegas coñezan de perto o traballo das organizacións do Sur e a cooperación e solidariedade entre ás organizacións de distintos países.

Para dar a coñecer esta experiencia persoas que viaxaron o verán pasado a estes países estarán este mércores 6 de marzo ás 19:30 horas na Biblioteca Ánxel Casal.
Nesta charla presentarase o programa formativo e as persoas que estiveron coas organizacións o verán pasado falarán das súas experiencias e do traballo durante a súa estadía coa organización de mulleres do téxtil en Tánxer, Attawassoul, en Ecuador coas comunidades produtoras da organización MCCH, e en Brasil co Movemento dos Sem Terra; e de como iso fomentou a súa solidariedade e sensibilización sobre as causas da pobreza e o traballo diario das persoas para saír adiante e construír un mundo máis xusto.

Para ter un avance das experiencias e aprendizaxes das persoas que participaron noutras edicións do programa Xanela Aberta ao Sur, seguide a ligazón a este vídeo:
http://youtu.be/0kVqWi9x26M

Para todas as persoas que estean interesadas en realizar esta formación e experiencia, AMARANTE xa abriu o período inscrición que será dende 1 de febreiro e ata o 14 de marzo.

Para inscribirte ou pedir máis información:
educacion@amarantesetem.org
ou no teléfono: 981 584 713

(22-02-2013)

Filmar para cambiar

A XUNTANZA, VERDEGAIA e AMARANTE dan incio á primeira edición do concurso de curtas

Até o 30 de abril as persoas, colectivos e centros sociais ou educativos interesados en participar poderán enviar as súas curtas.

Todas as curtas presentadas serán proxectadas o 22 de maio dentro do ciclo de cinema "Coñecer para Cambiar". A curta gañadora do concurso será elexida ese mesmo día por votación do público.
Para consultar as bases do concurso e decargar o formulario de inscrción pódense visitar as webs dos colectivos organizadores.
E para solicitar máis información: filmarparacambiar@gmail.com

Descarga asociada

(05-02-2013)

PRESÉNTANSE EN RIBADEO AS VIAXES SOLIDARIAS

Ribadenses que viaxaron a organizacións de Brasil, Ecuador e Marrocos falarán este venres no “Amodiño” da súa experiencia.

A Asociación galega AMARANTE Setem organiza dende hai 12 anos o programa de educación ao desenvolvemento Xanela aberta ao Sur, na que se dá a posibilidade de que galegos e galegas coñezan de perto o traballo das organizacións do Sur e a cooperación e solidariedade entre ás organizacións de distintos países.

Para dar a coñecer esta experiencia persoas que viaxaron este verán a estes países estarán este venres 8 de febreiro ás 19:00 horas na tenda - bar de produtos ecolóxicos “Amodiño”.

Nesta charla presentarase o programa formativo e as persoas que estiveron coas organizacións este verán falarán das súas experiencias e do traballo durante a súa estadía coa organización de mulleres do téxtil en Tánxer, Attawassoul, en Ecuador coas comunidades produtoras da organización MCCH, e en Brasil co Movemento dos Sem Terra; e de como iso fomentou a súa solidariedade e sensibilización sobre as causas da pobreza e o traballo diario das persoas para saír adiante e construír un mundo máis xusto.

Para todas as persoas que estean interesadas en realizar esta formación e experiencia, AMARANTE xa abriu o período inscrición que será dende 1 de febreiro e ata o 14 de marzo.

Para inscribirte ou pedir máis información:
educacion@amarantesetem.org

Descarga asociada

(28-01-2013)

Ábrese o prazo de inscrición do XANELA ABERTA AO SUR 2013 de Amarante Setem

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza a súa XII edición do Xanela Aberta ao Sur, programa que permite coñecer de primeira man o traballo de cooperación entre organizacións que loitan pola xustiza social, e visitar e compartir o seu traballo durante os meses de verán, en Brasil, Marrocos e Ecuador.

O período de inscrición será dende 1 de febreiro e ata o 14 de marzo.

Para coñecer máis de preto esta experiencia, as persoas que viaxaron o verán pasado realizarán unha serie de palestras durante os meses de Febreiro e Marzo.

As datas das charlas son:
- Ribadeo: Venres, 8 febreiro. No Pub “Amodiño”. Ás 19:00h.
- Pontevedra: Sábado, 16 febreiro. Local de Amarante.(R/San Román,9). Ás 18.00h.
- A Coruña: Xoves, 21 de febreiro.Galería Sargadelos (Rúa Real, 56). Ás 19:00h.
- A Guarda: Sábado, 2 marzo. No Centro Social Fuscallo. Ás 20:00h.
- Compostela: Mércores 6 de marzo. Biblioteca Ánxel Casal. Ás 19:30h.
Para inscribirte ou pedir máis información:
educacion@amarantesetem.org
ou nos teléfonos 986 84 81 59 e 981 584 713

Máis info:
No Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela.
Síguenos tamén no Facebook.

Descarga asociada

(09-03-0011)

CONCERTO de apoio a iniciativa Non Sandblasting

 Os grupos “Bandista” de Turquía e “La Acustikasesina” de Galicia tocarán na Fábrica de chocolate en Vigo o venres 18 de marzo

A técnica do “sandblasting” na confección de vaqueiros deixa miles de vítimas nos países produtores


Esta técnica que consiste en desgastar os vaqueiros a través do chorro a presión de area que está provocando silicose e en casos graves a morte das persoas traballadoras.
Para dar a coñecer esta situación e conseguir apoios para esta iniciativa internacional que presiona ás empresas para que eliminen esta técnica e sexa prohibida a nivel mundial, a Campaña Roupa LImpa e AMARANTE Setem organizan en Galicia este concerto solidario que se realizará en Vigo na Fábrica de Chocolate o próximo 18 de marzo cos grupos “Bandista” de Turquía, grupo membro do Comité turco de apoio ós traballadores do sandblasting, e o grupo galego “La acustikasesina” cunha entrada de 3 euros.
O concerto iniciará ás 21.30 horas

Asemade o grupo turco Bandista tocará noutras cidades do estado dentro desta campaña.

La Acustikasesina comeza o ano con novos temas propios e novas incorporacións na banda, misturando o
seu estilo rumbero, punk, reggae, ska...con bases e sons electrónicos da man de Hadri Selekta, teclista e dj de Coruña que lle da um toque mais potente o grupo.
Bandista ten as súas raíces na diversidade cultural de Anatolia; cunha filosofía internacionalista, o seu son varía desde Django a Reggae, Bratsch a Ska, Dub e Afro-Beat. Cada actuación é un experimento situacionista d
e rabia e éxtase.

Podedes escoitalos en:

http://www.myspace.com/bandistaz
VIDEO: http://www.youtube.com/watch?v=LaGIA8okcHA
www.myspace.com/lacustikasesina
VIDEO: http://www.youtube.com/watch?v=ES0_7j29IJA

Mais info da campaña:
www.nosandablasting.org



Descarga asociada

(17-04-2013)


Obradoiro de Cociña de Comercio Xusto con Quinoa

AMARANTE Setem organiza en Compostela un obradoiro de cociña de Comercio Xusto para coñecer e experimentar receitas con QUINOA.

Algunhas das receitas que prepararemos:
- Crema de quinoa e cabaza.
- Empanada rechea de quinoa.
- Calabacín recheo de espárragos e quinoa.
- Pasta (de quinoa) con pisto.
- Polo con quinoa viúva
- Sobremesa con chocolate.
O obradoiro terá lugar o sábado 27 de abril de 10 a 14h no local da Asociación Veciñal das Brañas de San Andrés (Vista Alegre, 9. Compostela).
Prazas limitadas. Custo: 5€
Inscricións até o 25 de abril en: compostela@amarantesetem.org

A quinoa é un alimento tradicional andino cun alto contido en proteínas.
Os pobos andinos manteñen o cultivo deste alimento con prácticas ancestrais e ecolóxicas.


A quinoa é o único vexetal que posúe todos os aminoácidos esenciais, vitaminas e oligoelementos necesarios para o ser humano. Caracterízase polo seu alto contido en proteínas e é fonte de ferro, fósforo e calcio. Non contén glute, é rico en fibra e as súas graxas son monoinsaturadas e poliinsaturadas, polo que diminúe o nivel de colesterol. Ademais pode ser utilizada non só en dietas comúns senón tamén en dietas vexetarianas, celíacas, diabéticas, intolerantes á lactosa ou deportistas de alto rendemento.


AMARANTE comercializa quinoa procedente dunha das principais organizacións produtoras de quinoa de Comercio Xusto, a ecuatoriana MCCH (Maquita Cuchunchic - Comercializando como Irmáns) que engloba a 400 grupos de persoas agricultoras e artesás de distintos departamentos do país baixo os criterios de: salarios dignos, equidade de xénero, respeto medioambiental, beneficios para a comunidade, liberdade sindical etc.

(22-02-2011)

AMARANTE SETEM ABRE O PRAZO DE INSCRICION DO XANELA ABERTA AO SUR

Activistas que viaxaron o ano pasado ós campos de solidariedade realizarán charlas informativas nas distintas cidades galegas

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur. A partires do 7 de febreiro e ata o 24 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para participar neste programa de educación para o desenvolvemento.

O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.

Neste programa se mixtura a teoría coa práctica realizando xornadas de formación e visitas a proxectos de organizacións de Brasil, Ecuador e Marrocos. Durante o mes de febreiro e Marzo as persoas que participaron no Xanela durante o ano 2010 realizarán charlas informativas para difundir a súa experiencia. As datas:
A Coruña: Centro Cívico de Monelos. Días 24 de febreiro e 17 de marzo ás 19:30.
Lugo: Centro Cívico de Fingoi. Día 11 de marzo ás 20:00 h.
Compostela: Local de Amarante. Día 15 de marzo ás 20:00 h.
Vigo: Punto Xove. 17 de marzo ás 18.30 (rúa López Neira 27 (perto de Príncipe)
Ribadeo: Oficina de Turismo nova do Concello. Día 19 de marzo ás 20:00 h. Mais inauguracion da exposición “Os rostros do comercio xusto” da Asociación AGARESO.

Podes consultar mais datas no blog do xanela http://amarantesetem.org/xanelaDurante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:
- Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil (http://www.mst.org.br)
- MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )
- Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org)
• As datas das xornadas de formación son:
26 de marzo, 9 e 10 de abril, 21 de maio, 28 de maio e a avaliación o 17 de setembro
• Os requisitos para participar son:
- Ser maior de idade
- Residir en Galicia
- Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas
- Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)
• Tes máis información e aclaracións no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela
• Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amarantesetem.org ou nos teléfonos 986 84 81 59 ou no 881 978 705.

O proxecto está financiado pola Subdirección de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

Descarga asociada

(09-04-2013)

cartaz

Accións de rúa para o consumo responsábel de roupa

Formación para o desenvolvemento e aprendizaxe de accións performativas para acción social e denuncia no sector téxtil.

1.- Qué podemos facer e qué queremos facer para contar o que queremos contar onde o queremos contar e a quen o queremos contar.

2.- Aprendizaxe de ferramentas úteis para a creación libre de accións máis ou menos escénicas reivindicativas en torno ao consumo responsábel de roupa.

3.- Creación dunha acción performativa que sirva como mostra do traballo durante o taller e exposición deste a un público -mínimamente- obxectivo (coa conseguinte reflexión acerca deste contacto performer-público).

Descarga asociada

(03-04-2013)

cartaz

Sector Téxtil e Consumo Responsábel de Roupa. Performances para acción social

Do 4 ao 14 abril, AMARANTE Setem organiza en Pontevedra o curso:
Sector Téxtil e Consumo Responsábel de Roupa. Formación para contextualización e desenvolvemento de performances para a acción social e denuncia.

Este curso ten a finalidade de aprofundar na situación actual deste sector a nivel internacional e dar a coñecer alternativas locais de comercialización e produción. Asemade, darase a coñecer o traballo da Campaña Roupa Limpa neste eido. A CRL é unha campaña internacional de estudo e denuncia das condicións laborais nas fábricas do téxtil deslocalizadas, nomeadamente en países asiáticos e no norte da África, e que traballan para as grandes multinacionais do sector.
Doutra banda, o curso pretende tamén capacitar ás persoas participantes na planificación e desenvolvemento de accións performativas de rúa para a denuncia e chamada de atención sobre as problemáticas relacionadas co sector téxtil.
Para máis información e inscricións contactar con:
Ramón Carmelo
Teléfono : 660 136 556
Correo-e : rcarmelo@sinerxia.org

Descarga asociada

(31-05-2013)

cartaz

AMARANTE organiza 2 concertos en apoio á Campaña Roupa Limpa e ás vítimas de Bangladesh

O cantautor galego XOÁN CURIEL e o vasco JOSEBA GOTZON, ofrecerán dous concertos en apoio á recollida de sinaturas promovida pola Campaña Roupa Limpa para a indemnización das persoas vítimas das últimas traxedias en fábricas de Bangladesh.

A Campaña Roupa Limpa (CRL) é unha rede internacional de ONGs, sindicatos e organizacións de consumidoras que traballa dende o 2005 por mellorar as condicións laborais na industria do téxtil. En Galicia esta campaña é coordenada por AMARANTE Setem e no estado español pola Federación SETEM dende 1997.

Actualmente a Campaña Roupa Limpa está a organizar accións en toda Europa para reclamar ás principais marcas de roupa que paguen indemnizacións ás vítimas do incendio e derrubamento acontecidos en dúas fábricas de Bangladesh. Estas dúas traxedias, o derrubamento do Ra Praza hai un mes en o incendio de Tarzreen, ocasionaron a morte dun total de 1.239 persoas.

No caso da Galiza, onde Amarante coordina a Campaña, terá lugar unha xira de concertos cos cantautores Xoán Curiel e Joseba Gotzón, que presentarán un repertorio conxunto nos días 6 (Sala Pequeno Karma.22h) e 8 de xuño (Sala O Mintireiro.22h) de Pontevedra e A Coruña, respectivamente.

Esta xira solidaria, pretende contribuír á difusión da Campaña, máis tamén a conseguir o máximo de sinaturas para o reclamo das indemnizacións. Concretamente, a rede internacional pide ás marcas relacionadas coas fábricas Rana Plaza e Tazreen o seguinte:

Que se comprometan a prestar axuda inmediata e contribúan ao pagamento íntegro das indemnizacións para os traballadores e traballadoras feridas e os familiares das vítimas mortais, de acordo coas prácticas e os cálculos establecidos propostos polos sindicatos.
Que se comprometan cos sindicatos de Bangladesh e as organizacións que representan as vítimas, así como con IndustriALL, a federación sindical mundial que representa traballadoras e traballadores da confección, para asegurar que todos os pagamentos se fagan seguindo un proceso transparente e acordado.

E para isto a Campaña Roupa Limpa ten habilitado o seguinte web:
http://www.cleanclothes.org/action/current-actions/bangladesh-compensation

Descarga asociada

(28-01-2011)


Amarante Setem e Ver degaia botan a andar a 2ª edición do ciclo de cine “Coñecer para Cambiar”

Desta volta as proxeccións centraranse nas consecuencias sociais e ambientais do modelo de desenvolvemento vixente e na necesidade de ir “Mudando o Rumo”deste sistema.

O vindeiro xoves 03 de febreiro será o punto de arranque desta actividade ideada polas organizacións ecoloxista e de cooperación Verdegaia e AMARANTE Setem.

O ciclo desenvolverase do 03 de febreiro ao 03 de marzo no local social que comparten ambas organizacións na Avda. Romero Donallo, nº 17 en Compostela. As proxeccións terán lugar os xoves ás 20:30hs e a entrada é gratuíta ata completar o aforo (30 persoas).

Con esta actividade as organizacións implicadas pretenden abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais, empregando a linguaxe audiovisual como vehículo de achegamento á esas realidades.

Nesta segunda edición, os documentais escollidos pretenden amosar as nefastas consecuencias sociais e ambientais acareadas polo modelo de produción e consumo vixente, visibilizando ao mesmo tempo as experiencias de loita e resistencia encamiñadas a ir “Mudando o Rumo” dun sistema depredador co ambiente e cos dereitos humanos fundamentais.

Como novidade, este ano o ciclo abrirase cunha sesión de proxeción de curtas que encarnan a temática plantexada para esta actividade de sensibilización. Así, os curtas “La tierra es nuestra” (4min32s), “África, ¿estás ahí?” (21min58s) e “Mujeres de Intag” (29min) amosaranos os impactos do modelo de desenvolvemento capitalista para comunidades e medio ambiente, e achegaranos á iniciativas de organización popular, proxectos de economía social e de aposta pola soberanía alimentar.

O programa seguirá cunha ollada crítica á industria alimentaria en Norteamérica a través do documental “Food Inc” (Estados Unidos, 2008, 94 min), para logo coñecer da man de “Made in LA” (Estados Unidos, 2007, 72min) a historia de loita polo recoñecemento de dereitos laborais de traballadoras migrantes do sector téxtil.

O xoves 24 de febreiro, co documental “O poder da comunidade” (Cuba, Estados Unidos, 2006, 53min) toca aprender da experiencia cubana á hora de plantexar alternativas a unha realidade á que logo teremos que afrontar, como é a da escaseza de combustibles fósiles.

Para botar peche ao ciclo, escolleuse o documental “Amazonia: Masato o Petróleo” (España, 2009, 52min), que denuncia a conivencia entre o goberno peruano e os intereses das grandes empresas nacionais e transnacionais, e a loita por das comunidades labregas e indíxenas para poñer freo ao espolio dos seus recursos naturais e defender a súa dignidade.

Para combater o frío e estimular o debate, ofreceremos as persoas asistentes un chocolate de comercio xusto despois de cada proxección.

Programación completa do ciclo:
http://www.amarantesetem.org/index.php/amarante-compostela/260-amarante-setem-e-verdegaia-botan-a-andar-a-2o-edicion-do-ciclo-de-cine-conecer-para-cambiar

Descarga asociada


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds