Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

GRUPO COMPOSTELA DE UNIVERSIDADES

Representante legal: MARÍA TERESA CARBALLEIRA RIVERA
C.I.F.: G15520307

Coordinador técnico: MARÍA TERESA CARBALLEIRA RIVERA

Enderezo:
RUA DA CONGA ( CASA DA CUNCHA) Nº1 2 ANDAR
15705 - SANTIAGO - A CORUÑA

Teléfono: 881812931
FAX: 881812932
Móvil: 619 685 245

URL: www.gcompostela.org
Email: grupo.compostela@usc.es

Nº de voluntarios: 0

Novas

(19-09-2019)

VOLUNTARIOS SÉNIOR NO CAMIÑO

programa de acción voluntaria no Camiño de Santiago para maiores de 55 anos

Que é?

‘Voluntarios sénior no Camiño’ é un programa de acción voluntaria que busca atraer a persoas maiores de 55 anos ao entorno do Camiño de Santiago co fin de fomentar a transmisión de coñecemento, valorizar a súa bagaxe experiencial e ofrecerlle novas canles de actividade social enriquecedoras no eido universitario.

Quen organiza?

O Grupo Compostela de Universidades (GCU) no marco da súa Academia Compostela no Camiño.

O programa está subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019.

Quen pode participar?

-Galegos ou estranxeiros asentados en Galicia.
-Maiores de 55 anos.
-Valórase o seu vencello ao mundo universitario (estudios, traballo, actividades, xestión, docencia).

Cando e onde?

As accións de voluntariado desenvolveranse en Santiago de Compostela (Galicia, ES) do 1 de outubro ao 31 de outubro de 2019.

Prazas dispoñibles

Hai dispoñibles un máximo de 8 prazas.


Accións de voluntariado que poden desenvolver

Bloque A
‘Transferencia de coñecemento’
Ensinar aspectos técnicos da rama profesional e intercambiar coñecemento e experiencias cos participantes das actividades do GCU no mes de outubro (charlas, sesións de mentoring, dinamización de grupos, etc.)

Bloque B
‘Divulgación do Camiño’
Apoiar na divulgación e visibilización do Camiño de Santiago e dos seus valores contribuíndo dende o seu campo profesional, e acompañar aos participantes das actividades do GCU no mes de outubro durante as súas estadías en Compostela.

Bloque C
‘Realización do Camiño’
Acompañar os peregrinos do GCU no Camiño, orientándoos e facéndolle de guía dende a súa rama profesional (intercambiando vivencias, debatendo e comentando aspectos do Camiño por onde pasan, etc.)


Cada voluntario dedicará alomenos 3 horas diarias durante un mes á súa labor, segundo lle sexa posible. De realizar menos de 3 horas diarias, sumaranse as horas diarias ata completar unha xornada de 3 horas.

Coberturas

Os voluntarios percibirán unha axuda de 5 euros diarios para custos de desprazamento e mantenza e estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil e accidentes.

Recoñecementos

Haberá unha sesión inicial de presentación. Os voluntarios serán recoñecidos cun diploma acreditativo ao final do programa.

Como presentar unha solicitude?

Enviando antes do 28 de setembro a grupo.compostela@usc.es:

-O formulario de inscrición en liña (ver aquí).
-1 copia do documento nacional de identidade (DNI) ou do número de identidade de estranxeiro (NIE), segundo corresponda.
-1 breve currículum vitae.
-Acreditación de coñecemento básico da lingua de acollida.

Selección de candidatos
Terase en conta a orde de entrada sempre que se cumpran os requisitos.

Os voluntarios serán seleccionados segundo o artigo 14 da Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de sexo, identidade sexual, orientación sexual, nacionalidade, orixe racial ou étnica, relixión, conviccións ideolóxicas ou sindicais, discapacidade, idade, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, de acordo cos fins ou obxectivos da entidade, natureza e características do cometido a desenvolver e as normas establecidas no seu estatuto de funcionamento interno. Asemade, velarase pola paridade de xénero, segundo a Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Anuncio de beneficiarios
A lista de beneficiarios será publicada na web do GCU (www.gcompostela.org).

Os beneficiarios serán notificados por e-mail e terán un prazo de 10 días para aceptar ou rexeitar (por escrito, en grupo.compostela@usc.es) a súa participación. Transcorrido o prazo sen recibir noticias, recorrerase á lista de agarda e repetirase o proceso.


Grupo Compostela de Universidades
Casa da Cuncha. Rúa da Conga, 1
15782 Santiago de Compostela (España)
Tel: 881 812 931 / Email: grupo.compostela@usc.es


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds