Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER, FAGAL

Representante legal: ÁNGELES BLANCO LEDO
C.I.F.: G15656739

Coordinador técnico: Javier Hermida Porto

Enderezo:
Rúa República Checa nº52
15707 - Santiago de Compostela - A CORUÑA

Teléfono: 981595121
FAX:
Móvil:

URL: http://www.fagal.org
Email: fagal@fagal.org

Nº de voluntarios: 9

Demanda de voluntarios

Precisamos voluntarios para a II Andaina Solidaria de FAGAL

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Federación Alzhéimer Galicia organiza a II Andaina Solidaria, que terá lugar o sábado 16 de setembro en Santiago de Compostela. Ó igual que a realizada o pasado ano, realizaremos o último tramo do camiño ata chegar ao Espazo da Memoria, no Parque de Bonaval. Esta andaina, aínda que o público principal son as familias coidadoras e os membros das nosas asociacións, estará a aberta á poboación en xeral, que poderá unirse a esta actividade e completar con nós os aproximadamente 4 km que separan o punto de inicio da ruta do Espazo da Memoria.

A actividade comezará ás 11h no Monumento a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. Solicitarase ós asistentes que estean presentes nesta zona ás 10:30h para explicarlles o percorrido que se vai a realizar e os horarios previstos para o acto no Parque de Bonaval.

PERCORRIDO

A andaina terá unha duración de 5,5km e que se estima que levará arredor de 1 hora e 40 minutos e que percorrerá as seguintes rúas da cidade: Rúa das Estrelas, Camiño San Martiño de Aríns, Avda Fernando Casas Novoa, Rúa Miguel Ferro Caaveiro, Rúa San Lázaro, Rúa Valiño, Rúa das Fontiñas, Rúa Fonte dos Concheiros, Cruce Avenida de Lugo, Rúa dos Concheiros, Rúa de San Pedro, Travesa de San Pedro, Rúa do Medio e Rúa de Bonaval. A entrada ó Parque realizarase pola entrada lateral situada nesa rúa.

Este ano modifícase o primeiro tramo da Andaina debido ás obras que se están a realizar na Rúa Ponte de San Lázaro, o que impide o paso de vehículos e peatóns, polo que a duración da Andaina será maior.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds