Representante legal: JAVIER RODRÍGUEZ-LOSADA BOEDO
C.I.F.: G94065000
Coordinador técnico:
Enderezo:
Rúa Payo Gómez, 16 - 4º Oficina externa
15004 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono:
FAX:
Móvil:
URL:
Email: adm@tesourosdegalicia.com
Nº de voluntarios: 12
Quen somos:
Tesouros de Galicia pretende iniciar un movemento social cuxo obxectivo é a promoción do patrimonio galego e a súa identidade cultural.
Tesouros de Galicia é membro de International National Trust Organisation (INTO), unha rede internacional de fundacións e organizacións cuxo obxectivo é promover a conservación e valorización do patrimonio cultural e natural de todas as nacións.
Obxectivos:
A Asociación formúlase aberta e busca a implicación de todos os actores: particulares, entidades culturais, administracións, empresas, turistas, mozos escolares e universitarios. Así, tal e como se establece no artigo 5 dos nosos estatutos:
a) Promover, fomentar e soster iniciativas relacionadas coa recuperación do Patrimonio de Galicia, na súa vertente material ou inmaterial, dirixidas á posta en valor do Patrimonio como elemento dinamizador do turismo e economía de Galicia.
b) Fomentar e soster iniciativas relacionadas coa defensa, recuperación e promoción do ámbito natural e dos valores ambientais.
c) Promover iniciativas con entidades sensibilizadas coa herdanza patrimonial ou natural. De forma explícita, aquelas para a involucración e sensibilización do tecido empresarial na protección e promoción do patrimonio e ámbito natural, así como no crecemento sostible. Igualmente, fomentar o coñecemento e comercialización de produtos emblemáticos de Galicia, mediante a asistencia técnica e acompañamento na comercialización destes produtos a través do estudo e control, así como da organización de actividades de valorización e promoción destes.
d) Promover o voluntariado e facilitar toda clase de estudos, ou programas de intercambio cultural en relación cos fins da Asociación, así como a promoción, creación, sostemento e auxilio de obras asistenciais, docentes, ou de calquera outra índole para os seus beneficiarios.
e) O intercambio cultural internacional, xa sexa a través de actividades culturais, deportivas, educativas ou proxectos compartidos con entidades estranxeiras.
f) A promoción de valores: humanitarios e solidarios, de respecto ao ámbito, cultura e patrimonio. De forma explícita, a loita pola igualdade dos persoas de conformidade co artigo 14 da Constitución Española.
g) A colaboración na creación de entidades similares noutros territorios, así como o fomento de relacións con elas, a través da creación de redes estratéxicas con persoas, entidades e territorios con intereses converxentes.
h) A articulación de programas de cooperación e desenvolvemento con países comunitarios e con países extra-comunitarios.
A quen vai dirixida:
Tesouros de Galicia é unha asociación non adscrita a intereses comerciais nin políticos pero que invita a participar a empresas e Administracións. Unha entidade aberta constituída por particulares, aberta aos que queiran participar de forma voluntaria para estruturar a identidade cultural galega ao servizo de proxectos sostibles.
Quen pode colaborar:
A Asociación formúlase aberta e busca a implicación de todos os actores: particulares, entidades culturais, administracións, empresas, turistas, mozos escolares e universitarios.
Poboación destinataria segundo segmento de idade:
- Xuvenil
- Adulta
Poboación destinataria segundo sexo:
- Mulleres
- Homes
Áreas de intervención:
- Vol. e cooperación
- Vol. ambiental
- Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado:
- Entidades de iniciativa social e voluntariado
- Admin. pública e voluntariado
- Responsabilidade social corporativa