Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN XARUMA

Representante legal: IGNACIO VALVERDE VIQUEIRA
C.I.F.: G27746486

Coordinador técnico:

Enderezo:
Apdo. de correos 3232
36206 - VIGO - PONTEVEDRA

Teléfono: 986127949
FAX:
Móvil: 698142158

URL: http://xaruma.org/
Email: xarumaorg@gmail.com

Nº de voluntarios: 35

Novas

(04-10-2016)

Día mundial da saúde mental. Portas abertas.

Cinefórum no local Xaruma.

Co gallo do día mundial da saúde mental, queremos convidarvos á xornada de portas abertas que organiza Xaruma o vindeiro luns 10 de outubro e que consistirá no visionado e debate de “Elling”. Unha película de Peter Naess que amosa a realidade de dous amigos que son propostos para ser reintegrados na comunidade. A traballadora social acaba de concederlles un apartamento onde deberán ser capaces de coidarse a si mesmos. Así, Elling e Kjell deben afrontar a súa volta ao mundo real tras dous anos de ingreso nunha clínica psiquiátrica. Unha nova vida agarda por eles.
O visionado terá lugar nas instalacións de Xaruma sita na rúa Sanjurjo Badía 79 no interior do centro Gárate. O día e a hora: o luns 10 de outubro ás 18:00. A actividade é gratuíta e a entrada é limitada ata completar aforo.
Esta película trasládanos os retos e desafíos que nos corresponden afrontar como sociedade en materia de inclusión das persoas en risco de exclusión social. Consideramos este visionado de interese para familias, colectivos e xente con interese e/ou vencellados co ámbito social, sanitario e educativo que queira ter unha aproximación á realidade social das persoas que precisan coidados especiais no eido da saúde mental. Tamén é unha oportunidade para disfrutar do bo cine sen máis pretensións!

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds