Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN XARUMA

Representante legal: IGNACIO VALVERDE VIQUEIRA
C.I.F.: G27746486

Coordinador técnico:

Enderezo:
Apdo. de correos 3232
36206 - VIGO - PONTEVEDRA

Teléfono: 986127949
FAX:
Móvil: 698142158

URL: http://xaruma.org/
Email: xarumaorg@gmail.com

Nº de voluntarios: 35

Novas

(27-05-2015)


DÍA DO BARRIO DE TEIS!!

Pretendemos facer unha festa de xuntanza, unha xornada de convivencia, colaboración e solidariedade onde tecer vínculos e redes, para conseguir unha comunidade máis participativa e implicada.

Para elo, organizaremos varios grupos de traballo e convivencia:

- Recollida de alimentos nos supermercados do barrio

- Patrullas medioambientais (recollida de lixo e concienciación sobre reciclaxe)

- Patrullas de mellora das beirarrúas, detectando necesidades e barreiras, para facer deste un barrio máis accesible.

Ademais, tamén contaremos cun Feirón de productos artesanos de diferentes entidads sociais, grupos de música e folclore amenizando, xogos populares nos parques do barrio... E moitas máis sorpresas e actividades en favor do barrio e da sociedade.

Por todo elo, precisamos da túa colaboración! Únete a participar, sen ti non poderá ser posible. Ponte en contacto connosco a través do correo electrónico xarumaorg@gmail.com ou por teléfono no 986 127 949 ou no 698 142 158. Non se precisan coñecementos, simplemente gañas de participar e aportar algo, pois todos temos algo que aportar.

O día elixido será o sábado 20 de xuño, de 10:00 a 14:00 h. O punto de quedada será ás 10 no aparcadoiro do Colexio sito en Sanjurjo Badía 79, mais precisamos saber se contamos contigo antes, polo que fáinolo saber! Xa que vamos a colaborar, se tes problemas co horario, non te preocupes, cóntanolo, seguro que buscamos un xeito de contar coa túa participación, pois a actividade durará toda a mañá.

Reserva tamén o día 12 de xuño, haberá unha pequena reunión para ter claro todo o que vamos facer.

RECORDA!

"Moita xente pequena, nun lugar pequeno, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".


PRECISÁMOSTE!! COLABORA NO DÍA DO BARRIO!!

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds