Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE CARBALLO

Representante legal: JOSE LUIS BARCA AÑON
C.I.F.: G15406846

Coordinador técnico: JOSE LUIS BARCA AÑON

Enderezo:
AVDA. DO AMBULATORIO, S/N
15100 - CARBALLO - A CORUÑA

Teléfono: 981-704048
FAX: 981-704780
Móvil: 981-704048

URL: http://www.carballo.org
Email: pcivil@carballo.gal / a.v.p.v.c.carballo@gmail.com

Nº de voluntarios: 62

Quen somos:

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Carballo comezouse a xestar alá
polo ano 1977, como resposta a un incendio que se produciu na rúa Túnel. Pero ata o ano 1979, tras outro incendio de considerables dimensións na rúa Gran Vía, non chegou a organizarse como tal. Nun primeiro momento adoptou o nome de Bombeiros Voluntarios para, no ano 1981, ao facerse cargo do servizo de praias, pasar a tomar o nome actual.

Actualmente, temos o nº 15 no rexistro de Protección Civil da Xunta de Galicia. No rexistro da Entidade de Acción Voluntaria estamos inscritos co nº L-2.

Somos un grupo de 50 persoas altruístas que dedicamos o noso tempo libre, e algún non tan libre, ao servizo dos cidadáns do concello de Carballo e da bisbarra de Bergantiños. De entre as nosas funcións resaltariamos as de: Promoción da prevención e autoprotección cidadá, colaboración e actuación ante emerxencias, que pasa por ser o que máis tempo nos ocupa.

Actuamos porque nos move un sentimento de solidariedade cos demais, xa que somos conscientes da imposibilidade das administracións de cubrir o crecente aumento dos riscos, tanto os naturais coma os tecnolóxicos ou os antrópicos (inducidos polo home).

A quen vai dirixida:

En primeiro lugar, facemos formación; é dicir, formámonos nos distintos e variados campos nos que actuamos, perseguindo dous fins concretos:

1. Poder actuar, se fose preciso, diante dunha emerxencia con absolutas garantías de éxito, procurando minimizar o risco e, por conseguinte, que non chegue a afectarnos a nós.
2. Poder impartir os coñecementos adquiridos ao resto da poboación.

Para iso, asistimos a todos cantos cursos nos é posible en calquera punto da xeografía española e organizamos, charlas no noso concello, sobre todo con grupos de risco. Así, acudimos aos colexios, fogares da terceira idade, asociacións de amas de casa, etc.

Tamén repartimos a semana para estar pendentes dos acontecementos onde se producen movementos de masas (prevención).

Así mesmo, estamos distribuídos en seccións e cada semana cada unha destas seccións está de garda, por si se producise algún sinistro (actuación).

Quen pode colaborar:

Todas as persoas que estean animadas a axudar en distintas tarefas que temos na agrupación. Será requisito imprescindible, antes de empezar como voluntario, asistir a un curso de formación básica de voluntariado organizado pola agrupación e impartido por algunha das entidades de acción de
formación, dentro da estrutura da agrupación ou fóra dela.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds