Representante legal: OMAIRA TUIRAN RUIZ
C.I.F.: G70264999
Coordinador técnico:
Enderezo:
RUA EMILIA PARDO BAZAN, 14 BAIXO
- ORDES - A CORUÑA
Teléfono: 981076405
FAX:
Móvil: 698149915
URL: https://www.andainapsm.org/
Email: andainapsm@gmail.com
Nº de voluntarios: 10
Quen somos:
Andaina Pro Saúde Mental é unha asociación sen ánimo de lucro formada por persoas con problemas de saúde mental e familiares, así como por un grupo de profesionais con experiencia no eido da saúde mental. Andaina PSM naceu no ano 2010 para cubrir o baleiro que existe na atención global a persoas con problemas de saúde mental en zonas rurais.
A quen vai dirixida:
O noso propósito é prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, a familiares e achegadas, fomentando a súa autonomía e dando sentido ao seu desenvolvemento cotiá. Para iso, apostamos por unha vida activa a nivel físico, social e laboral, da que as persoas con problemas de saúde mental son co-responsábeis. Procuramos a mellora da calidade de vida das persoas coas que traballamos e loitamos pola defensa dos seus dereitos.
Poboación destinataria segundo segmento de idade:
- Adulta
Áreas de intervención:
- Vol. e inclusión social
Ámbitos do voluntariado:
- Entidades de iniciativa social e voluntariado