Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACION ALIAD-ULTREIA

Representante legal: MANUEL VARELA VEIGA
C.I.F.: G27021120

Coordinador técnico: BRAIS VARELA CAMPOS

Enderezo:
RUA MILAGROSA, 99-101 ENTRESOLLADO
27003 - LUGO - LUGO

Teléfono: 982251948
FAX: 982251948
Móvil: 655395940

URL: www.aliad.org
Email: voluntariado@aliad.org

Nº de voluntarios: 23

Novas

(17-08-2016)

Cartel do curso

Curso de Inclusión social e participación para a transformación

Pensas que a túa implicación é importante para construír sociedades inclusivas? Tes interese en reflexionar sobre exclusión social e implicarte en accións transformadoras?

Neste curso achegarémonos a diferentes ámbitos de exclusión (drogodependencias, prisión, prostitución e trata), abordándoos en clave estrutural, é dicir, pasando do particular ao político, do inevitable ao cuestionamento.

Durante dúas fins de semana xerarase un espazo de reflexión colectiva, dinamizado por persoas recoñecidas pola súa implicación profesional e militante fronte a estas realidades, que buscarán enriquecer o noso pensar e motivar a nosa acción, nun proceso pedagóxico-práctico que nos transforma… da cabeza aos pes!

Consulta o programa en http://ongaliad.wix.com/curso

Ademais! Para o alumnado da USC a súa participación recoñécese como 1 crédito ECTS optativo para calquera titulación.

Descarga asociada

(30-08-2017)

Cartel curso

Tirando do Fío. Curso de participación social en prol da equidade de xénero.

Abordaremos a análise social dende a perspectiva de xénero; adquiriremos ferramentas para o traballo educativo con homes, repensando os patróns de construción das identidades de xénero; capacitarémonos para o acompañamento a mulleres vítimas de violencia; e para a acción social a través das redes. Participa!

A formación é un aspecto fundamental no acompañamento do voluntariado de Aliad Ultreia. É por iso que buscamos ofrecer anualmente unha formación de calidade que sensibilice á cidadanía sobre as problemáticas sociais coas que traballamos, que capacite para unha análise crítica destas realidades, e para que dote ás persoas voluntarias de ferramentes para actuar fronte as mesmas.

Este ano quixemos centrar a nosa formación na temática de xénero, atendendo ás demandas do noso voluntariado, así como ás necesidades de formación que esixe a implicación nos programas que desenvolve Aliad na área de muller.

O realizaremos tres sábados consecutivos (23 e 30 de setembro e 7 de outubro), en Lugo, contando con formadoras de ampla traxectoria profesional neste ámbito (Amanda Díaz Pena, Mónica González Ferreiro, Ana Barba Núñez e Teresa Campos Delgado), así como co colectivo Feminista Ilustrada, que veñen dende Sevilla para formarnos na incidencia social a través das redes.

Trátase dunha formación de interese para a cidadanía en xeral e, máis concretamente, para o voluntariado e para todas aquelas persoas implicadas en colectivos do ámbito social. Anímate a participar!

Para máis información, visita a nosa web de voluntariado: http://ongaliad.wixsite.com/voluntariado/formacion2

Descarga asociada

(05-02-2018)

Voluntariado xuvenil na cadea

Voluntariado xuvenil en prisión

Sumérxete nunha experiencia de participación transformadora dinamizando a túa proposta sociocultural, formativa ou físico-deportiva na prisión de Monterroso.

Se tes entre 20 e 30 anos, ganas de mergullarte nunha experiencia de participación no ámbito penitenciario e unha proposta interesante que dinamizar no centro, consulta as bases da convocatoria e anímate a participar.

Descarga asociada


[Hemeroteca]

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds