Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACION ALIAD-ULTREIA

Representante legal: MANUEL VARELA VEIGA
C.I.F.: G27021120

Coordinador técnico: BRAIS VARELA CAMPOS

Enderezo:
RUA MILAGROSA, 99-101 ENTRESOLLADO
27003 - LUGO - LUGO

Teléfono: 982251948
FAX: 982251948
Móvil: 655395940

URL: www.aliad.org
Email: voluntariado@aliad.org

Nº de voluntarios: 23

Quen somos:

A Asociación ALIAD-ULTREIA ten a súa orixe na Asociación A.L.I.A.D. (Asociación Luguesa de Información e Axuda ao Drogodependente), fundada en 1984 na cidade de Lugo e posta en marcha por profesionais de diferentes ámbitos (médicos, psicólogos, profesores,etc) coa intención de informar a sociedade, da gravidade do problema das drogodependencias e atender ao conxunto de necesidades humanas que este xera. Nun principio o seu ámbito de actuación era a prevención, tratamento e incorporación de persoas drogodependentes pero A.L.I.A.D. pronto se especializou na área de incorporación.
ALIAD-ULTREIA foi evolucionando ao longo dos anos adaptándose a cambiante realidade social. Deste xeito co xurdimento de novas necesidades sociais, ademais de seguir atendendo ao colectivo relacionado coas drogodependencias, a asociación empezou a diversificar o tipo de actuacións e os/as beneficiarios/as destas. Foi no ano 2010 cando a asociación modifica o seu nome para pasar a denominarse ALIAD-ULTREIA. A razón disto é a ampliación do seu ámbito de actuación debido ao xurdimento de novas realidades e necesidades sociais.

ALIAD-ULTREIA traballa actualmente con persoas afectadas por calquera tipo de problemática social e, en consecuencia, céntrase na atención integral de individuos sometidos a un risco de exclusión por razóns fí­sicas, ambientais, económicas, culturais ou de calquera outra natureza.

A quen vai dirixida:

Os nosos programas van dirixidos aos tres seguintes colectivos en risco de exclusión social:

- Poboación drogodependente e exdrogodependente.

- Poboación reclusa e exreclusa tanto dentro coma fora de prisión.

- Mulleres en situación de prostitución ou vítimas de trata.

Quen pode colaborar:

Persoas (maiores de idade) con conciencia social, ganas de aportar e que supoñan un valor engadido nos programas que levamos a cabo, sempre en beneficio dos nosos usuarios/as.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Adulta

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds