Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FEDERACION SCOUTS DE GALICIA

Representante legal: ADRIÁN DOCAMPO MARZOA
C.I.F.: R1500317A

Coordinador técnico: RUTH GONZÁLEZ PAIS

Enderezo:
Lg. de Xulacasa S/N - Parroquia de Figueiras
15898 - Santiago de Compostela - A CORUÑA

Teléfono: 981526777
FAX:
Móvil: 678797685

URL: www.scoutsgalicia.org
Email: scoutsgalicia@scoutsgalicia.org

Nº de voluntarios: 100

Novas

(23-02-2014)


CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

A Escola de Tempo Libre Nordesía, dependente de Scouts de Galicia – ECG, convoca un novo curso de Monitor de Tempo Libre tanto para xente pertencente ós grupos scouts da Federación como para persoas alleas ó movemento.

O curso de Monitor de Tempo Libre da Escola de Lecer Nordesía terá lugar en Santiago de Compostela e as datas nas que se impartirá serán as seguintes:

Marzo 2014: 15-16, 22-23, 29-10
Abril 2014: 5-6, 13-13, 26-27
Maio 2014: 3-4, 10-11, 17-18, 24-25

O horario será de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00. Cada sesión ten un prezo de 25€ que inclúen a docencia, xestións de recursos, materiais didácticos e documentación, titorización durante a fase teórica e a fase práctica, seguro e tramitación dos títulos oficiais.

O prazo de inscrición rematará o 10 de marzo, e para facelo é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo nordesia@scoutsgalicia.org e cubrir un documento de inscrición que vos será remitido. Ademais, cabe sinalar que é obrigatorio ter cumpridos os 18 anos e posuír o título de graduado escolar ou equivalente.

Para máis información, podedes contactar connosco a través dalgunha destas vías:

Teléfono: 981 580 215 / 678 797 685 en horario de martes a venres de 9:30 a 14:00.
Sede: Rúa Altamira 2A, 15704 Santiago de Compostela.
Email: nordesia@scoutsgalicia.org

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds