Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FEDERACION SCOUTS DE GALICIA

Representante legal: ADRIÁN DOCAMPO MARZOA
C.I.F.: R1500317A

Coordinador técnico: RUTH GONZÁLEZ PAIS

Enderezo:
Lg. de Xulacasa S/N - Parroquia de Figueiras
15898 - Santiago de Compostela - A CORUÑA

Teléfono: 981526777
FAX:
Móvil: 678797685

URL: www.scoutsgalicia.org
Email: scoutsgalicia@scoutsgalicia.org

Nº de voluntarios: 100

Novas

(12-09-2013)

QUERES SER VOLUNTARIO NUN GRUPO SCOUT?

O movemento scout é un movemento de educación no tempo libre baseado no voluntariado, onde monitores de diversos perfís comparten o seu tempo e experiencias con nenos e nenas de 8 a 19 anos.

Scouts de Galicicia – ECG ofréceche a oportunidade de entrar nun grupo scout e participar na educación e crecemento dos rapaces colaborando coas actividades e campamentos que se realizan ó longo do ano.

En Galicia hai un total de 13 grupos scouts pertencentes ó noso movemento espallados por toda a xeografía, que reúnen en total a preto de 500 nenos e a máis de 100 responsables adultos voluntarios.

Cada un destes grupos incide na educación integral dos seus rapaces e rapazas a través do tempo libre, contribuíndo ó seu desenvolvemento persoal e social e buscando neles persoas comprometidas, críticas e capaces de cambiar o mundo a mellor.

Para comezar a traballar nun grupo scout como voluntario, non é necesario ter o Título de Monitor de Tempo Libre antes de comezar, pois nós ofrecémosche a oportunidade de obtelo a través da nosa Escola de Lecer Nordesía.

Se che apetece mergullarte nesta aventura, tan só tes que poñerte en contacto connosco e facilitarémosche toda a información que necesites! Podes escribirnos a scoutsgalicia@scoutsgalicia.org ou chamarnos ó 678 797 685.

Anímate!
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds