Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FEDERACION SCOUTS DE GALICIA

Representante legal: ADRIÁN DOCAMPO MARZOA
C.I.F.: R1500317A

Coordinador técnico: RUTH GONZÁLEZ PAIS

Enderezo:
Lg. de Xulacasa S/N - Parroquia de Figueiras
15898 - Santiago de Compostela - A CORUÑA

Teléfono: 981526777
FAX:
Móvil: 678797685

URL: www.scoutsgalicia.org
Email: scoutsgalicia@scoutsgalicia.org

Nº de voluntarios: 100

Novas

(26-06-2013)

Campamento scout

Campamentos de verán scouts 2013

Os distintos grupos da Federación Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego organizan este ano un total de oito campamentos de verán en distintos puntos da xeografía galega.

Nestes campamentos, dunha duración de entre 4 e 15 días dependendo do grupo que o realice, os mozos e mozas scouts potencian as habilidades sociais a través da convivencia, superan pequenos retos e aprenden a adaptar o medio ás necesidades humanas. Trátase dunha práctica de vida scout ó aire libre que lles permite gozar da natureza en todo o seu esplendor.

Os campamentos scouts están dirixidos a nenos e nenas de 8 a 19 anos que traballan en distintas unidades segundo a súa idade. Os responsables deseñan un programa de actividades adaptado a cada póla no que a educación en valores e a aprendizaxe a través da práctica son as máximas fundamentais.

Durante o verán 2013, os distintos grupos da Federación Scouts de Galicia – ECG realizarán os seus campamentos nestas datas e lugares:

- G.S. Ahadi: A Parte (Monforte de Lemos) do 16 de xullo ó 1 de agosto
- G.S. Alhoia: O Grove do 19 ó 28 de xullo
- G.S. Axóuxere e G.S. Xérmolo: Cercedo do 4 ó 14 de xullo
- G.S. Khanhiwara e G.S. Ronsel: Fontesanta (Arzúa) do 20 ó 28 de xullo
- G.S. Nyeri: Sistallo (Cospeito) do 15 ó 28 de xullo
- G.S. Pupieiriñas: Guláns (Ponteareas) do 3 ó 7 de xullo
- G.S. Stoas: Pontevea do 31 de xullo ó 11 de agosto
- G.S. Tau: Busto (Santiago de Compostela) do 5 ó 7 de xullo

Os campamentos scouts son o cumio dunha serie de actividades continuadas que realizan os rapaces ó longo de todo o ano nos seus respectivos grupos scouts, conducidas e orientadas por un equipo de responsables voluntarios. Non obstante, os campamentos de verán están abertos á participación de rapaces alleos ós grupos scouts e ofrécense como espazo para a realización das prácticas de monitores de tempo libre.

Os interesados en participar nun campamento scout poden contactar coa Federación Scouts de Galicia – ECG a través do teléfono 678 797 685 ou do email scoutsgalicia@scoutsgalicia.org.

Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego é unha Federación interdiocesana aprobada pola Conferencia Episcopal Española que reúne a preto de 500 nenos e a máis de 100 responsables adultos organizados en 13 grupos scouts. Cada un destes grupos traballa con rapaces de 8 a 19 anos incidindo na súa educación integral a través do tempo libre, contribuíndo ó seu desenvolvemento persoal e social e buscando neles persoas comprometidas, críticas e capaces de cambiar o seu entorno a mellor.
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds