Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA

Representante legal: TANIA VÁZQUEZ CORBACHO
C.I.F.: G36817385

Coordinador técnico:

Enderezo:
Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate
36207 - VIGO - Vigo - PONTEVEDRA

Teléfono:
FAX:
Móvil: 698175266

URL: http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/
Email: escola@xaruma.org

Nº de voluntarios: 5

Novas

(22-03-2019)

Cartaz MTL

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

Formación práctica e profesionalizante

Se che gusta traballar con persoas e para persoas, formando parte de proxectos de dinamización e intervención, este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).


Datas: 6 de abril – 23 de xuño.

Horario: sábados e domingos de 9-14 e de 15 a 19 (horario xeral). Dispoñemos dun pequeno espazo con microondas para poder comer na entidade.

Lugar: Vigo (barrio de Teis)

Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
Animación
Educación para a Saúde
Educación Medioambiental
Organización e Recursos
Aportación: 210 € socios/as, desempregados e voluntariado activo da entidade; 230 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza, antes do 4 de abril: 90/110

Segundo pago, antes do 5 de maio: 70/70

Terceiro pago, antes do 5 de xuño: 50/50

Documentación a entregar:

– Fotocopia do DNI

– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

– Foto de carné

– Resgardo bancario

– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na páxina web cos datos correctos, e no prazo máximo de 3 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
Enlace: http://xaruma.org/curso-de-monitorado-de-actividades-de-tempo-libre/

Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds