Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA

Representante legal: TANIA VÁZQUEZ CORBACHO
C.I.F.: G36817385

Coordinador técnico:

Enderezo:
Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate
36207 - VIGO - Vigo - PONTEVEDRA

Teléfono:
FAX:
Móvil: 698175266

URL: http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/
Email: escola@xaruma.org

Nº de voluntarios: 5

Novas

(12-02-2019)

Cartaz curso director/a de actividades de tempo libre

Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre

Fórmate para coordinar grupos e actividades no tempo libre.

Ante o próximo cambio de normativa, o curso de director/a de actividades de tempo libre adquirirá un valor maior, pois esixirase para traballar en máis ámbitos de tempo libre, como por exemplo, ser docente nunha escola.

O título oficial de director/a de actividades de tempo libre ascende un nivel dentro do mundo da educación formal, ademais de darche acceso a outro tipo de formación oficial, como o título de director/a de campos de traballo, formación exclusiva das escolas de tempo libre.

O curso consta de 150 horas teórico/prácticas e 150 horas prácticas. Terá lugar os venres e sábados comprendidos entre o 15 de marzo e o 8 de xuño de 2019, atendendo ao horario que atoparás na web.

Tanto as datas como o horario do curso está aberto a cambio se así o manifesta o alumnado (sempre que sexa factible por parte da entidade).

Haberá tres xornadas abertas á sociedade de actividades de dinamización social directamente relacionadas coa titulación, organizadas polo propio alumnado, coa finalidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos na xestión e coordinación de actividades de lecer.

APORTACIÓN: 210 € para voluntariado, socios/as e persoas en desemprego con tarxeta de demandante de emprego, e 225 € para o resto das persoas.

Haberá posibilidade de facer o pago fraccionado en tres partes:

Matrícula e reserva de praza (antes do 13 de marzo): 80€ / 95€

Segundo pago (antes do 10 de abril): 75€ / 75€

Terceiro pago (antes do 10 de maio): 55€ / 55€

Requisitos (Decreto 50/2000):

* Título de monitor/a de actividades de tempo libre. (Achegarase copia do título oficial)

* Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional. (Achegarase copia do título ou documento que acredite a titulación mínima)

* Experiencia de traballo como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento. As horas deberán ter sido traballadas despois da obtención do título de monitor/a. (Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral, contratos ou calquera outro documento que acredite esa experiencia).

Contidos

1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:

Dirección de equipos e liderato
Análise das realidades sociais
2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:

As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
Educación en valores: o ideario educativo.
Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
Asociacións como espacio educativo.
3ª parte (85 horas). Área de xestión:

Planificación e deseño de proxectos de intervención
Estratexias de xestión
Organización e modelos organizativos
Administración, xerencia e xestión económica
Lexislación
Políticas e recursos institucionais

BONUS CONCILIA: para facilitar a conciliación da vida familiar, crearase un servizo de atención á infancia chamado Xogoteca durante as horas de curso (non inclúe o 25 e 26 de maio). Este servizo levarase a cabo baixo demanda dun mínimo de 5 nenos/as e terá custe económico, segundo o número de nenos/as apuntados.

Para inscribirte, simplemente deberás encher o formulario que atoparás na nosa páxina web.

http://xaruma.org/curso-de-director-a-de-actividades-de-tempo-libre-2/

O curso non se realizará se non hai un mínimo de 12 persoas apuntadas.

Os cartos non se devolverán salvo que a praza sexa cuberta ou o curso finalmente non se realice.

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds