Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA

Representante legal: TANIA VÁZQUEZ CORBACHO
C.I.F.: G36817385

Coordinador técnico:

Enderezo:
Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate
36207 - VIGO - Vigo - PONTEVEDRA

Teléfono:
FAX:
Móvil: 698175266

URL: http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/
Email: escola@xaruma.org

Nº de voluntarios: 5

Novas

(27-02-2016)

DTL 2016

Curso de director/a de actividades de tempo libre

Unha titulación con ampla demanda laboral

O curso consta de 300 horas divididas en 150 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 27 de febreiro - 1 de maio.

Horario: intensivo en fins de semana. de 10 a 14 e de 16 a 20.

Lugar: Vigo

Requisitos (Decreto 50/2000):

- Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional.

- Posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre.

- Experiencia de traballo de 250 horas ou 30 días de campamentos e/ou colonias.

Contidos:

1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:

Dirección de equipos e liderato
Análise das realidades sociais
2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:

As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
Educación en valores: o ideario educativo.
Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
Asociacións como espacio educativo.
3ª parte (85 horas). Área de xestión:

Planificación e deseño de proxectos de intervención
Estratexias de xestión
Organización e modelos organizativos
Administración, xerencia e xestión económica
Lexislación
Políticas e recursos institucionais

Aportación: 180 € socios/as e desempregados; 190 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza, antes do 25 de febreiro: 60/70

Segundo pago, antes do 8 de marzo: 60/60

Terceiro pago, antes do 8 de abril: 60/60

Documentación a entregar:

- Fotocopia do DNI

- Fotocopia título de bacharelato, formación profesional ou equivalente

- Acreditación de 250 horas de experiencia ou 30 días de campamento, mediante certificados de empresa, vidas laborais ou contratos.

- Copia do título de monitor/a de actividades de tempo libre.

- Foto de carné

- Resgardo bancario

- Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na nosa páxina web, e no prazo máximo de 3 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.


Título oficial homologado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds