Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA

Representante legal: TANIA VÁZQUEZ CORBACHO
C.I.F.: G36817385

Coordinador técnico:

Enderezo:
Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate
36207 - VIGO - Vigo - PONTEVEDRA

Teléfono:
FAX:
Móvil: 698175266

URL: http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/
Email: escola@xaruma.org

Nº de voluntarios: 5

Novas

(21-04-2015)

Cartaz Grandes Xogos e Veladas

Monográfico de Grandes Xogos e Veladas

Aprende, actívate e divírtete!

Presentamos un novo monográfico diferente e meramente práctico. Levábades tempo pedindo unha formación do estilo, e por fin, o 13 de xuño, levaremos a cabo un monográfico cheo de grandes xogos.

Data: 13 de xuño

Horario: 11 a 14h, XANTAR, 15 a 19.30h, CEA, 21-23-30

A comida non está incluida, pero propomos convertilo nun momento para compartir. Dispomos de espazo, tanto aberto como pechado, para poder disfrutar deste momento tod@s xunt@s mentres compartimos experiencias e soños.

Aportación: 13 € socios/as, 16 € non socios/as*

Para inscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na web www.xaruma.org. ÚNICO REQUISITO DE MATRICULACIÓN: en observacións dinos cal é o teu gran xogo favorito e cóntanos as túas expectativas.

Se eres monitor/a, ben sabes que é raro revelar o gran xogo que toca, pois todo forma parte da sorpresa e da maxia, polo que tan só adiantaremos algún dos grandes xogos que faremos:

- O Feiticeiro

- África-Europa

- Improvisse

- Códigos

- Rommel & Montgomery (velada nocturna nun parque da cidade)

EMITIRASE DIPLOMA

*Non se devolverán os cartos salvo que se encha a praza ou o curso finalmente non se realice.

**O curso non se realizará cun grupo menor de 20 persoas.

Os contidos anteriormente citados poden variar segundo as expectativas amosadas.

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds